Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Eparca é un termo empregado no imperio Seléucida para indicar un alto cargo administrativo. O termo deriva do grego ἐπί epí "sobre" e de ἀρχεία arkhéia "goberno", para indicar o funcionario responsábel do goberno sobre un territorio particular, chamado ἐπαρχία (eparkhía) en grego (en latín eparchia).
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
O termo Francia Metropolitana (France métropolitaine ou simplemente a Métropole) refírese ao territorio continental de Francia en Europa máis as illas das costas continentaís do océano Atlántico, do canle da Mancha e do mar Mediterráneo, incluíndo a illa de Córsega. Exclúe os departamentos de ultramar e os territorios de ultramar, que, malia ser partes integrais da República Francesa, son referidos como Francia de Ultramar (France d'outre-mer). Nos departamentos e territorios de ultramar, unha persoa da Francia Metropolitana é referida como métro.
Terremoto do Océano Índico de 2004
O terremoto do Océano Índico de 2004, coñecido na comunidade científica como o terremoto de Sumatra-Andamán, foi un terremoto submarino ocorrido ás 00:58:53 UTC (07:58:53 hora local) do 26 de decembro de 2004. O terremoto provocou un tsunami que se converteu nun dos máis mortíferos da historia moderna, matando entre 240 000 e 300 000 persoas. A magnitude do terremoto estímase que foi de 9,1, o que o converte dun dos cinco terremotos máis fortes dende 1900.
A catedral de San Vito (en checo: Katedrála Svatého Víta ou Katedrála svatého Víta, Václava a Vojtěcha) é un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra de arte gótica da cidade. Dende 1989 está adicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto.
O pensador (en francés: Le Penseur) é unha das esculturas máis famosas de Auguste Rodin. O escultor concibiu esta peza entre 1881 e 1882 para decorar o tímpano do conxunto escultórico A Porta do Inferno, encargado en 1880 polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes de Francia. Isto serviría como entrada do Museo de Artes Decorativas de París, aínda que o proxecto non se concluíu.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial. A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos.
René Descartes, tamén coñecido como Cartesius, nado en La Haye en Touraine (localidade rebautizada como Descartes máis tarde) o 31 de marzo de 1596 e finado en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650, foi un filósofo e matemático francés. Fíxose moi coñecido sobre todo polo seu traballo revolucionario en Filosofía, e mais por ser o inventor do sistema de coordenadas cartesiano, que influenciou o desenvolvemento do Cálculo moderno.Descartes, por veces chamado o fundador da filosofía moderna e o pai da matemática moderna, é considerado un dos pensadores máis importantes e influentes da historia humana. Inspirou aos seus contemporáneos e a xeracións de filósofos.
A Universidade Ruprecht Karl de Heidelberg (en alemán: Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg; tamén coñecida simplemente Universidade de Heidelberg), é a universidade máis antiga de Alemaña, creada no ano 1386 na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg. O seu nome en latín é Ruperto Carola Heidelbergensis. O programa alemán para o fomento de investigación científica e actividades académicas de alto nivel, financiado con recursos federais e rexionais, levou a cabo en 2007, un "concurso de excelencia" entre os centros de estudos superiores do país.
O Golfo de Finlandia (finés: Suomenlahti; estoniano: Soome laht; ruso: Финский залив ; sueco: Finska viken) é o brazo oriental do mar Báltico. Esténdese entre Finlandia (cara ao norte) e Estonia (ao sur) ata San Petersburgo en Rusia, onde o río Nevá o drena. Outras cidades importantes ao redor do golfo inclúen Helsinqui e Tallinn.
Rocket League é un videoxogo baseado nas físicas de vehículos-fútbol desenvolvido e publicado por Psyonix, lanzado para Playstation 4 e Microsoft Windows o 7 de xullo de 2015, con versións para OS X, Linux, e Xbox One en desenvolvemento. É unha secuela do videoxogo do 2008 Supersonic Acrobatic Rocket-Powered Battle-Cars, con modo dun xogador e multixogador, local e online, incluíndo unha plataforma de cruzamento entre as versións de Playstation 4 e Microsoft Windows.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
O topónimo galego e castelán Florida pode referirse a: En Galiza A Florida, parroquia do concello de Vigo; Florida, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro; A Florida, lugar da parroquia de Campos, no concello de Melide; A Florida, lugar da parroquia de Rarís, no concello de Teo; A Florida, lugar da parroquia do Mato, no concello de Palas de Rei; A Florida, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Friol; A Florida, lugar da parroquia de Torneiros, no concello do Porriño; A Florida, lugar da parroquia de Padriñán, no concello de Sanxenxo.En América Florida, estado dos Estados Unidos de América; Florida, aldea do estado de Missouri; Provincia de Florida, no departamento de Santa Cruz, Bolivia; Florida, cidade do Uruguai; Departamento de Florida, con capital en dita cidade; Florida, comuna da VIII rexión de Biobío, Chile; Florida, municipio de Cuba; Florida, municipio de Porto Rico; Florida, barrio da cidade de Vicente López, na provincia de Bos Aires, Arxentina; Florida Oeste, barrio da cidade de Vicente López, na provincia de Bos Aires, Arxentina.
WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia.
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
Walt Disney Animation Studios, con sede nos Estudios Walt Disney de Burbank (California) (antigamente coñecido como Walt Disney Feature Animation, Walt Disney Productions e Disney Brothers Cartoon Studio), é un estudio de cine que produce filmes de animacións, curtametraxes e especiais de televisión para The Walt Disney Company. Fundada o 16 de outubro de 1923, é unha división de The Walt Disney Studios. O estudio produciu 53 filmes, sendo o primeiro Snow White and the Seven Dwarfs (1937), e o máis recente Frozen (2013).
A tradución (do latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, o texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, o texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos.
Unha tumba, ou sepultura, é un lugar onde se enterran os finados, que se escava na terra ou se constrúe sobre ela. As tumbas poden estar parcial ou totalmente soterradas (agás a súa entrada) nun cemiterio, ou no interior dunha igrexa ou na súa cripta. As tumbas individuais adoitan estar seladas, mentres que as familiares, ou para grupos, teñen portas para acceder a elas cada vez que fose necesario.
A replicación do ADN é o proceso de producir dúas réplicas idénticas a partir dunha molécula orixinal de ADN. Este proceso biolóxico ocorre en todos os organismos vivos e é a base da herdanza biolóxica. Na replicación interveñen moitos encimas. O ADN está constituído por dúas febras e cada febra da molécula de ADN orixinal serve como molde para a produción da febra complementaria, un proceso denominado replicación semiconservadora (ou semiconservativa), polo cal cada molécula replicada conserva unha febra orixinal e leva unha febra sintetizada nova.
O Saturno V foi un foguete desbotábel de múltiples fases e de combustíbel líquido usado nos programas Apolo e Skylab da NASA. O seu deseño estivo a cargo de Wernher von Braun no Marshall Space Flight Center (en lingua galega Centro de voo espacial Marshall) e os seus principais construtores foron Boeing, North American Aviation, Douglas Aircraft Company e IBM. Foi o máis grande da familia de foguetes Saturno.
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
A dimetilhidracina asimétrica, tamén coñecida como UDMH e 1,1-dimetilhidracina, é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco. Ten como fórmula H2NN(CH3)2 e úsase como propelente para foguetes espaciais. As mostras de UDMH vólvense amarelas ao ser expostas ao aire, absorbendo osíxeno e dióxido de carbono.
Protocolo pode ter varios significados: Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado. Un protocolo, que regula as normas de cortesía nas relacións interpersoais e nos actos sociais. O Protocolo criptográfico, que regula os procedementos de encriptación da información.
Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, Inglaterra. A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos.
Satellite Catalog Number (Número de Catálogo do Satélite), (tamén coñecido como NORAD Catalog Number, NASA catalog number, USSPACECOM object number ou sinxelamente Catalog number e variantes semellantes) é un número secuencial de 5 díxitos asignado polo USSPACECOM para todos os satélites que orbitan a Terra coa finalidade da súa identificación. Antes de que USSPACECOM, o catálogo foi apoiada por NORAD. O primeiro obxecto catalogado, número de catálogo 00001, é a última etapa do foguete que puxo en funcionamento o Sputnik 1. En decembro de 2012, o Catálogo Mestre da NSSDC fixo unha lista de 6916 satélites lanzado en órbita dende 1957, o último deles Kwangmyongsong-3 Unidade 2, o 12 de decembro de 2012.
Papel moeda, tamén billete ou carto, é un documento oficial, un título de crédito con algúns valores estándares estampados nas súas faces, que é emitido por un goberno por medio dun órgano específico, xeralmente un banco central, para servir como medio de pagamento e representación de base monetaria dun país ou dunha rexión económica, como é o caso da CEE. A súa orixe está intimamente relacionada á moeda metálica e aos títulos bancarios, pois, antes da súa adopción xeneralizada polos diversos países do mundo, o valor expresado no billete significaba a existencia dunha certa cantidade de riqueza, que xeralmente era ouro depositado nun banco. O costume do diñeiro, isto é, dos cartos seren un símbolo dunha cantidade de ouro era coñecido como padrón ouro.Grosso modo, o papel moeda é un tipo de diñeiro fiduciario, no cal o seu valor de face non corresponde a ningún valor intrínseco, mais ten como lastre só a confianza do goberno emitente. Co correr do tempo e co establecemento das economías nacionais, a relación de paridade entre riqueza depositada e valor de face do billete foi abandonada polos gobernos, o que se chamou de inconvertibilidade, é dicir, o valor estampado no papel deixou de significar un valor real para pasar a ser mera cifra abstracta.
Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América
A Biblioteca do Congreso é unha biblioteca de investigación que serve oficialmente ó Congreso dos Estados Unidos de América, pero que é de facto a biblioteca nacional dos Estados Unidos. É a máis antiga institución cultural federal do país. Segundo John Cole, trátase da meirande e máis internacional biblioteca do mundo.
Luke Skywalker é un personaxe ficticio e o protagonista da triloxía orixinal da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias creada por George Lucas. Interpretado por Mark Hamill, Skywalker fai a súa primeira aparición en A guerra das galaxias (1977) e nos filmes seguintes O imperio contraataca (1980) e O retorno do Jedi (1983). Tres décadas despois Hamill volve a interpretar o personaxe na triloxía de Star Wars, secuela da anterior, que empeza con Star Wars: The Force Awakens (2015) e Star Wars: The Last Jedi (2017).
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
Un pantano é unha zona húmida plana e pouco profunda co fondo xeralmente cuberto de lodo, onde vive vexetación herbácea adaptada, arbustiva e arbórea, que pode ter augas permanentes ou non, doces, salobres ou salgadas. Moitos pantanos orixínanse ao longo dos ríos, en vales e zonas baixas, e zonas abandonadas polos ríos como meandros e leitos fluviais abandonados, pero tamén en zonas costeiras e ribeiras de lagos. As augas dos pantanos flúen lentamente ou están encoradas, polo que neles se acumula materia orgánica e poden crecer bacterias que orixinan o "gas dos pantanos" (metano).
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
Unha linguaxe de programación é unha linguaxe informática consistente nun conxunto de instrucións nun código concreto que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o programador e o sistema informático, permitindo que os primeiros poidan comunicarse cos segundos que empregan o código máquina (unha combinación de 0 e 1) mediante un sistema semellante á linguaxe humana. Deste xeito, posibilítase que os humanos poidan expresar dunha forma precisa algoritmos para estes seren executados polos ordenadores, sen ter que compor manualmente as instrucións de baixo nivel nunha linguaxe de máquina. Estas linguaxes artificiais non permiten unha liberdade de expresión tan ampla como as naturais.
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Grande Asemblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.
Vesícula da membrana externa bacteriana
As vesículas da membrana externa bacteriana (VME ou, na literatura inglesa, OMV) son vesículas rodeadas de bicapa lipídica liberadas da membrana externa de bacterias gramnegativas. Estas vesículas foron as primeiras vesículas da membrana bacteriana que se descubriron, aínda que despois tamén se atoparon vesículas liberadas por bacterias grampositivas (que non teñen membrana externa). As vesículas da membrana externa foron descubertas e caracterizadas usando microscopia electrónica de transmisión polo científico indio Prof.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A homeostase (do latín científico homeostasis; do grego ὅμοιος hómoios 'similar', 'semellante' e στάσις stásis 'posición', 'estabilidade' ) é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.
Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio". Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Está baseado na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi.
Edward McKay Cheever Jr. (nado o 10 de xaneiro de 1958) é un antigo piloto de carreiras estadounidense que correu durante case 30 anos na Fórmula 1, coches deportivos, CART e a Indy Racing League. Cheever participou en 143 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un e comezou 132, máis que ningún outro estadounidense, pilotando para nove equipos diferentes desde 1978 ata 1989.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
O salto de esquí é un deporte olímpico de inverno creado en Noruega a principios do século XIX. Espallouse por Europa e América do Norte a principios do século XX principalmente por medio de Sondre Norheim, considerado o pioneiro do esquí moderno.As pistas de salto están clasificadas segundo a distancia que os esquiadores percorren no aire, e ten especificacións sobre a área de saída, a curvatura e a zona de salto. Cada salto é avaliado de acordo coa distancia e o estilo de execución. A puntuación da distancia está en relación ao K-point, liña trazada na área de aterraxe, algúns metros antes do final do outeiro, e que serve como referencia para os saltos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
PCI-Express (anteriormente coñecido polas siglas 3GIO, 3rd Generation I/O) é un novo desenvolvemento do bus PCI que usa os conceptos de programación e os estándares de comunicación existentes, pero baséase nun sistema de comunicación serie moito máis rápido. Este sistema é apoiado principalmente por Intel, que comezou a desenvolve-lo estándar co nome de proxecto Arapahoe despois de retirarse do sistema Infiniband.
Paraísos cercanos é unha serie documental de viaxes, de produción propia de Televisión Española, emitida por La 2, estreada o 23 de maio de 1997.Estivo dirixida primeiramente por Ina Rodríguez e Patricia Ferreira, a continuación por Raúl Alda Esteban e despois por Belén Molinero Montero, con locución de Luis Alonso Carrasco e José Ángel Juanes Seseña. Foi reemitida en varias ocasións.
A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país. O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A membrana externa bacteriana encóntrase en bacterias gramnegativas. A súa composición é distinta da que ten a membrana plasmática interna; entre outras cousas, a capa externa da bicapa lipídica da membrana externa de moitas bacterias gramnegativas ten un lipopolisacárido complexo, cuxa porción lipidica actúa como endotoxina e nalgunhas bacterias como Escherichia coli está ligada o peptidoglicano da parede pola lipoproteína de Braun. Nesta capa poden encontrarse porinas e outras proteínas da membrana externa, moitas relacionadas coa virulencia da bacteria.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.732 .
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Un mito (do grego μῦθος, mythos, conto) é a narración alegórica de fenómenos extraordinarios ou feitos inexplicables para os nosos devanceiros, protagonizada por personaxes fabulosos (deuses, semideuses, monstros) ou heroes. Nas comunidades antigas os mitos eran considerados como unha realidade vivida por diversos personaxes sobrenaturais.
Mosteiros e conventos de Galicia
Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias. Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións: Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal, o que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.