Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Segunda tempada de The Simpsons
A segunda tempada da serie animada The Simpsons foi emitida orixinalmente dende o 11 de outubro de 1990 até o 9 de maio de 1991, e tivo vinte e dous episodios, comezando con «Bart Gets an "F"». Outro episodio, «Blood Feud», estreouse durante o verán, despois do final oficial da tempada. Os produtores executivos para a produción da segunda tempada foron Matt Groening, James L. Brooks, e Sam Simon, quen xa o foron durante a tempada anterior.
Terceira tempada de The Simpsons
A terceira tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente na canle Fox dende o 19 de setembro de 1991 ata o 7 de maio de 1992. Os produtores executivos da tempada foron Al Jean e Mike Reiss, quen produciron vinte e dous episodios da tempada, mentres que os dous restantes foron producidos por James L. Brooks, Matt Groening e Sam Simon. A terceira tempada gañou seis premios Emmy na categoría "Mellor actuación de voz" e tamén recibiu un nomeamento no "Mellor programa animado de menos dunha hora" polo episodio Radio Bart.
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
A Billboard 200 é unha lista publicada semanalmente pola revista Billboard que amosa os 200 álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana en curso. Frecuentemente é usada para ver a popularidade dun artista ou grupo musical segundo a venda dos seus discos. Desde os anos 50 ata 1983 era chamada Top Pop Albums e ese ano cambiou o seu nome a Billboard, cambiando novamente en 1992 ao actual Billboard 200.
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
Unha magnitude física e unha propiedade dos sistemas físicos susceptible de ser medida e expresada mediante un número e unha unidade, e coa cal se pode establecer relacións cuantitativas. A técnica por medio da cal se asigna un número a unha propiedade física, como resultado dunha comparación de dita propiedade con outra similar tomada como patrón, a cal se adoptou como unidade, denomínase medición. Resulta fundamental establecer unha única unidade de medida para unha magnitude dada, de forma que poida ser comprendida pola xeneralidade das persoas.
Adobe Flash (antes: Macromedia Flash), ou simplemente Flash, é un programa principalmente de gráfico vectorial - a pesar de soportar imaxes bitmap e vídeos - utilizado xeralmente para a creación de animacións interactivas que funcionan embutidas nun navegador web e tamén a través de escritorios, móbiles, teléfono, tabletas e televisores. O produto era desenvolvido e comercializado por Adobe Inc., empresa especializada en desenvolver programas que auxilian o proceso de creación de páxinas web. Adóitase chamar só de flash os arquivos xerados polo Adobe Flash, é dicir, a animación en si.
A colaxe é unha técnica artística baseada en ensamblar diferentes elementos nun todo unificado. O termo provén do francés coller, que significa pegar. Aplícase fundamentalmente á pintura, pero por extensión pode referirse a calquera outra manifestación artística, como a música, o cine, a literatura ou a videocreación.
Warcraft II: Tides of Darkness
Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial.
Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST, Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003.
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes.
SEGA (株式会社セガ) é unha compañía internacional de videoxogos que traballa en software e hardware. Nos principios do ano 2001, Sega deixou de facer videoconsolas, e agora só traballa en xogos doutras consolas e máis en máquinas de salóns recreativos (arcade). As oficinas principais de Sega, tamén denominadas as de SEGA of Japan, están sitas en Toquio, Xapón.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996.
Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company. A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935 como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.
Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual. Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual.
Unha aeroliña, compañía aérea ou liña aérea é unha compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías. As compañías que transportan os clientes dunha forma acordada entre eles denomínanse chárter. As aeroliñas de bandeira son aquelas que teñen unha participación accionarial do Goberno e xeralmente posúen o monopolio dos voos internos.
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu. Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra. O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
O Commodore 64, tamén coñecido como C64, C-64, C= 64, e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64, é un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International. Atópase no Libro Guinness dos Récords como o modelo de computadora máis vendido de tódolos tempos, con estimacións independentes que indican un número de unidades vendidas de entre 10 e 17 millóns de unidades.A súa produción deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016). Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET, o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM, e ten unhas especificacións técnicas de son e gráficos superiores en comparación con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800, con sprites de múltiples cores e un procesador de son máis avanzado.
Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.
Hatake Kakashi (はたけカカシ, Hatake Kakashi) é unha das personaxes principais do manga e anime Naruto. É un jōnin da Aldea Oculta de Konoha e antes pertenceu ao ANBU. Sempre chega tarde aos sitios (aducindo desculpas pouco críbeis) e gústalle ler novelas eróticas en todo momento libre inda que é un gran ninja moi respectado e cunha intelixencia e habilidade privilexiadas.
O boxeo é un deporte no que dous loitadores se enfrontan golpeándose, de acordo a un preciso regulamento, cos puños recubertos por unhas luvas especiais e co torso nu para os profesionais. A primeira codificación das normas que regulan os encontros de boxeo remóntase a 1743, mentres que as regras aínda vixentes foron establecidas en 1889 polo marqués de Queensberry. Os encontros de boxeo comezaron realizándose sen limitación de asaltos, a continuación a 20 asaltos e logo a 15.
Matthew Abram Groening, nado o 15 de febreiro de 1954 en Portland, (Oregón), é un debuxante, produtor de televisión e escritor estadounidense, coñecido por ser o creador de The Simpsons. Ademais, tamén é o creador de Futurama e o autor da tira cómica semanal Life in Hell. Groening publicaba Life in Hell no semanario de Licorice Pizza, unha tenda na cal traballaba.
O número de onda e unha magnitude de frecuencia que indica o número de veces que vibra unha onda nunha unidade de distancia. Na literatura científica adóitase representar coa letra grega nu con til: ν ~ {\displaystyle {\tilde {\nu }}} . As súas unidades no sistema internacional son os ciclos por metro (ou metros recíprocos, m−1).
Tesla pode referirse a: Nikola Tesla (1856-1943), inventor austrohúngaro; tesla, unidade para a medición do campo electromagnético; Tesla, banda de rock; Serra da Tesla en Burgos, España; Tesla, personaxe de manga; Tesla, Inc., fabricante de vehículos eléctricos, con base en Silicon Valley (Estados Unidos); Nvidia Tesla, un procesador de uso xeral baseado na tecnoloxía dos procesadores gráficos (GPU).
DOS (Disk Operating System) é unha familia de sistemas operativos para PC: PC-DOS, MS-DOS, FreeDOS, DR-DOS, Novell-DOS, OpenDOS, PTS-DOS, ROM-DOS e moitos outros. O MS-DOS de Microsoft foi o máis extensamente usado, estes sistemas operativos corrían en hardware do tipo IBM PC usando CPU Intel x86 de 16 bits ou compatibles. Tiña unha interface de liña de comandos.
Paramount Pictures Corporation é unha empresa de produción e distribución de cine e televisión clasificado constantemente como un dos estudios máis grandes e con maior recadación. Paramount forma parte da Paramount Global e foi creado na década de 1910 co inicio da historia do cine, xunto con outros estudos importantes como 20th Century Fox, United Artists, Warner Bros, MGM, Columbia Pictures e RKO. Durante a década de 1930 esta política de estudos consolidouse e iso significou o auxe do cine estadounidense. Paramount decidiu neste momento glorioso polas superproducións históricas de Cecil B. DeMille como The Sign of the Cross (1932) e Cleopatra (1934), pola alta comedia representada por Ernst Lubitsch (Trouble in Paradise, 1932; The Merry Widow, 1934) e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian (City Streets, 1931; Dr.
StarCraft é un videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción desenvolvido e publicado por Blizzard Entertainment, lanzado orixinalmente para Microsoft Windows o 31 de marzo de 1998. Foi o primeiro xogo dentro da serie homónima. Unha versión para Mac OS foi publicada no 1999, e unha adaptación para a Nintendo 64 desenvolvida en colaboración con Mass Media foi publicada o 13 de xuño do 2000.
En matemática pura, a hipótese de Riemann, formulada por primeira vez por Bernhard Riemann en 1859, é unha conxectura sobre a distribución dos ceros da función zeta de Riemann ζ(s).A hipótese de Riemann, pola súa relación coa distribución dos números primos no conxunto dos naturais, é un dos problemas abertos máis importantes na matemática contemporánea. O Instituto Clay de Matemáticas ofreceu un premio dun millón de dólares á primeira persoa que desenvolva unha demostración correcta da conxectura. A maior parte da comunidade matemática pensa que a conxectura é correcta, aínda que outros grandes matemáticos como J. E. Littlewood e Atle Selberg se mostraron escépticos, aínda que o escepticismo de Selberg foi diminuíndo dende os seus días de mocidade.
O Benelux é unha rexión de Europa occidental que compoñen Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. O termo foi acuñado para referirmos á Unión Económica do Benelux, pero serve para designar a rexión histórica dos Países Baixos. A denominación Benelux formouse coas primeiras letras dos nomes dos países (na súa lingua orixinal) que forman a unión: BE de Bélxica, NE de Holanda (Nederland) e LUX de Luxemburgo.
Shigeru Miyamoto (en xaponés 宮本茂), nado en Sonobe-cho (Quioto) o 16 de novembro de 1952, é un deseñador de videoxogos xaponés, creador de Mario, ademais doutras das principais franquías de Nintendo como Donkey Kong ou The Legend of Zelda. É ademais o buque insignia da compañía nipoa, un dos pais dos videoxogos complexos e está considerado como o mellor deseñador da súa rama da industria do entretemento electrónico de todos os tempos, tanto pola crítica como polos seus propios compañeiros de profesión e as súas fans.
Os anfibios (Amphibia, do grego ἀμφί, amphí ('ambos') e βίος, bíos ('vida'), que significa «ambas as vidas» ou «en ambos os medios») son unha clase de vertebrados anamniotas (sen amnio, como os peixes), tetrápodos, ectotérmicos, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento. Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre, presentando na actualidade unha distribución cosmopolita ao atoparse exemplares en practicamente todo o mundo, estando ausentes só nas rexións árticas e antárticas, nos desertos máis áridos e na maioría das illas oceánicas.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish
"Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish" é o cuarto episodio da segunda tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 1 de novembro de 1990. No episodio, Bart atrapa un peixe de tres ollos río abaixo da central nuclear de Springfield.
Bego M. Santiago, nada o 18 de febreiro de 1980 en Santiago de Compostela, é unha artista visual contemporánea galega. O seu labor desenvólvese entre os Estados Unidos de América e Europa. Comezou formándose en disciplinas clásicas como a pintura e o debuxo, mais axiña se interesou polas artes visuais.
Célula nai pluripotente inducida
As células nai pluripotentes inducidas (normalmente abreviadas como células iPS, polas súas siglas en inglés de "Induced Pluripotent Stem") son un tipo de células nai con características pluripotenciais (con capacidade de xeraren a maioría dos tecidos) derivadas artificialmente dunha célula que inicialmente non era pluripotencial. Xeralmente, utilízase para obtelas unha célula adulta diferenciada procedente dun tecido, sobre a que se induce a expresión de varios xenes exóxenos, tales como Oct4, Sox2, c-Myc e Klf4, que poden desdiferenciala. Esta desdiferenciación denomínase reprogramación.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
As hemoglobinas embrionarias humanas están presentes esencialmente na etapa embrionaria e descubríronse en 1961. Estas inclúen a Hb-Gower 1, que consta de dúas cadeas dseta (ζ) e dúas épsilon (ε), e é a máis abundante, e outras que aparecen en baixos niveis son a Hb-Gower 2, que consta de dúas cadeas alfa e dúas 2 épsilon, a Portland-1, con dúas cadeas dseta e dúas gamma, e a Portland-2, con dúas cadeas dseta e dúas beta. As cadeas dseta e epsilon denomínanse cadeas de hemoglobina embrionarias, xa que practicamente desaparecen en etapas posteriores.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos, Ourol, o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
The Waylanders é un videoxogo de rol desenvolvido pola empresa coruñesa Gato Studio e estreado para Microsoft Windows en 2020. Baseado nas lendas galegas e na mitoloxía celta, a acción do xogo está ambientada en dous momentos temporais: o período celta e a Idade Media, nos inicios do Camiño de Santiago, sendo posible que o personaxe principal viaxe no tempo entre os dous períodos. O xogador poderá tomar o rol dun guerreiro, un gardián, un pícaro, un explorador, un feiticeiro ou un sanador, podendo escoller entre catro formas ou razas, humano, moure, semi-fomore e licántropo.
A anemia drepanocítica (tamén chamada anemia causada por drepanocitos, enfermidade da hemogoblina SS, enfermidade de células falciformes ou anemia falciforme) é unha enfermidade hereditaria, é dicir, que se transmite de pais a fillos e que se caracteriza por unha alteración da hemoglobina, proteína encargada de transportar o osíxeno no sangue. Os glóbulos vermellos cambian e adoptan unha forma semellante a unha fouce, de aquí o nome de anemia falciforme (falcem é fouce en latín).
O encoro de Caldas sitúase no río Umia, a un quilómetro da vila de Caldas de Reis, augas arriba. Ten unha capacidade de case sete millóns de metros cúbicos, e ocupa unha superficie de 81,7 hectáreas, cunha conca de 182 km² e un caudal medio de 9m³/s. Ten coma función a regulación do río Umia, así como o abastecemento de auga de boca a comarca do Salnés.
O diñeiro, cartos ou capital é calquera artigo ou rexistro verificable que se acepta xeralmente como pago de bens e servizos e reembolso de débedas, como poden ser os impostos, nun país ou contexto socioeconómico determinado. As principais funcións que distinguen o diñeiro son as de medio de cambio, unidade de conta, depósito de valor e, en ocasións, o estándar de pago aprazado. O diñeiro foi historicamente un fenómeno de mercado emerxente que posuía valor intrínseco como mercadoría; case todos os sistemas monetarios contemporáneos baséanse en diñeiro fiduciario sen respaldo e sen valor de uso.