Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial.
O golem é, na mitoloxía xudía, un ser animado creado enteiramente de materia inanimada a través dun proceso máxico. En hebreo moderno, o nome provén da palabra guélem (גלם), "materia"; por outra parte, nese idioma, a expresión jómer guélem (חומר גלם) á súa vez significa "materia prima". A palabra golem dáse na Biblia (Salmos 139:16) e na literatura talmúdica para referirse a unha substancia embrionaria ou incompleta.Como motivo, a figura do golem forma parte do imaxinario hebraico centro europeo e pertence por conseguinte á arte asquenací.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
O Bilbao Athletic, antes coñecido como Athletic Club B, é un equipo de fútbol español da cidade de Bilbao. Fundouse en 1964 e compite na Primeira División RFEF. Trátase do filial do Athletic Club. Segundo as normas, como filial xogará en polo menos unha categoría inferior á do primeiro equipo e tampouco lle está permitido participar na Copa do Rei.
Perceval ou le Conte du Graal (en galego Perceval, o Conto do Graal) é un romance inacabado de Chrétien de Troyes. Escrito probabelmente entre 1181 e 1191, foi dedicado ao patrón do escritor, Filipe da Alsacia, conde de Flandres. Chrétien traballara na obra a partir de escrituras fornecidas por Filipe.
A Terceira Federación, constituída inicialmente coma Terceira División RFEF, é a quinta categoría de fútbol masculino desde 2021, cando se disolveu a Segunda División B e a Terceira División. É a categoría posterior á Segunda Federación. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol.
Gartnait, fillo de Foith ou fillo de Uuid (morto no ano 635) foi un rei do pictos dende o ano 631 até o 635. A lista de reis da crónica picta cifra o seu reinado en catro anos, o cal se corresponde co sinalado nos anais irlandeses, malia que algunhas variantes cifran cinco ou oito anos. A súa morte é mencionada nos Anais do Ulster no 637.
Immanuel Kant, nado en Königsberg o 22 de abril de 1724 e finado na mesma vila o 12 de febreiro de 1804, foi un filósofo prusiano considerado a figura central da filosofía moderna. Kant sostivo que a mente humana crea a estrutura da experiencia humana, que a razón é a fonte da moral, que a estética xorde dunha facultade de xuízo desinteresado, que o espazo e tempo son formas da nosa sensibilidade e que o mundo tal como é «en si» é independente dos nosos conceptos sobre el. Kant provocou unha revolución copernicana da filosofía, semellante ao xiro de Copérnico da crenza milenaria de que o Sol xiraba en torno á Terra.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
The Ethnologue: Languages of the World (O etnólogo: linguas do mundo) é unha publicación impresa e virtual de SIL International (antes coñecida como o Summer Institute of Linguistics, "Instituto Lingüístico de Verán"), unha organización cristiá de servizos lingüísticos que estuda as linguas menos coñecidas, basicamente para prover servizos misioneiros aos seus falantes. Posúe estatísticas de 6.809 idiomas (edición do ano 2000, 6.912 na súa web en febreiro do 2007), incluíndo o número de falantes, a súa localización, dialectos, afiliación lingüística, dispoñibilidade de textos bíblicos etc. Actualmente é un dos inventarios máis completos das linguas existentes, xunto ao Linguasphere Register .
Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
Hideaki Anno (庵野 秀明, Anno Hideaki), nado en Ube o 22 de maio de 1960, é un animador, director de cinema e actor xaponés. É coñecido por ser o creador do popular anime Neon Genesis Evangelion. O seu estilo quedou definido pola incorporación do posmodernismo e da extensa representación dos pensamentos e emocións dos personaxes, a miúdo a través de escenas non convencionais que presentan a súa deconstrución mental.
Exchangeable image file format
Exchangeable image file format (Exif) é unha especificación para formatos de ficheiros de imaxes empregado por cámaras dixitais. Creouno a Japan Electronic Industry Development Association (JEIDA). Esta especificación emprega formatos de ficheiros existentes coma JPEG, TIFF e RIFF, aos que engade etiquetas específicas de metadatos.
Vexeta (ベジータ, Bejīta) é un personaxe ficticio do manga e anime Dragon Ball Z. O seu nome provén do seu pai, o Rei Vexeta, así como do seu planeta de orixe, o cal recibiu o seu nome trala súa conquista por parte dos Guerreiros do espazo. O nome Vexeta, é unha deformación do inglés Vegetable (ベジタブル, Begitaburu, Vexetal). Dada a súa peculiar personalidade, chea de orgullo e soberbia, viuse inmerso nunha continua disputa con Son Goku.
The Legend of Zelda: Breath of the Wild
The Legend of Zelda: Breath of the Wild (en xaponés: ゼルダの伝説 ブレス オブ ザ ワイルド, Zeruda no Densetsu: Buresu obu za Wairudo) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido e publicado por Nintendo para as consolas Nintendo Switch e Wii U. O xogo forma parte da franquía The Legend of Zelda e conta a historia do protagonista Link con amnesia, que esperta dun soño de cen anos unha misteriosa voz que o guía cara a derrota de Calamity Ganon antes de que poida destruír o reino de Hyrule. O xogo tivo un longo período de desenvolvemento que abrangueu cinco anos. Ó concibir Breath of the Wild, o produtor Eiji Aonuma quixo reformar as convencións do modo de xogo da serie Zelda.
Dique seco, ou dique de carena, é o nome que reciben as instalacións portuarias destinadas a poñer as embarcacións fóra da auga para efectuárense reparacións na súa parte externa. Estas reparacións que se realizan en forma periódica reciben o nome de carenado e efectúanse na parte do casco coñecida como obra viva ou carena. Dístínguense varias clases de diques secos: Varadoiro, é o sistema máis primitivo, que se emprega na actualidade só para embarcacións menores de pouco porte.
Tráfico de vehículos automóbiles
O tráfico de vehículos automóbiles, ou tránsito de vehículos automóbiles, ou circulación de vehículos automóbiles ou, máis frecuentemente, simplemente tráfico, é o fenómeno causado pola utilización das vías (sexan rúas, estradas ou autoestradas) por vehículos, sexan automóbiles (coches, autobúses, camións. motos, bicicletas) e tamén por vehículos de tracción animal e peóns, para fins de circulación (para os estudos de tráfico, cómpre tamén considerar as paradas de autobús).Os gobernos dos distintos países ditan leis que rexen o tráfico e regulamentan os vehículos, e leis de circulación que regulan o tráfico para facilitar e ordenar o fluxo dos vehículos (en España, a Ley sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial e o Reglamento General de Circulación).
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
Midsommar é un filme sueco-estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Ari Aster e protagonizado por Florence Pugh, Jack Reynor, William Jackson Harper, Vilhelm Blomgren e Will Poulter. É unha coprodución entre os Estados Unidos e Suecia, e foi rodada en localizacións de Budapest no verán e no outono de 2018. Midsommar estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 3 de xullo de 2019 a través de A24, e en Suecia o 10 de xullo de 2019 a través de Nordisk Film.
Variety é unha revista estadounidense de entretemento e tendencias propiedade de Penske Media Corporation. Foi fundada por Sime Silverman en Nova York en 1905 como un semanario; en 1933 engadiu Daily Variety, baseado nos Ánxeles, para cubrir a industria do cine; e en 1998 lanzou Daily Variety Gotham, baseado en Nova York. Variety.com é unha páxina de novas de pago, con críticas, arquivos, resultados de recadación, base de datos de acreditacións, e calendario de producións e estreas.
Clasificación Decimal Universal
A Clasificación Decimal Universal ou CDU é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas. Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst College en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema Dewey de clasificación. Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal.
O Xefe de Goberno é o máximo funcionario do poder executivo e responsable do goberno dun Estado ou dunha subdivisión territorial (estado, provincia etc.) de mesmo. O proceso de elección de xefes de goberno varía de acordo ao país e depende, entre outros factores, da forma do goberno empregada no mesmo. Nun sistema parlamentario o título que adopta o xefe de goberno pode ser: Primeiro Ministro, Premier, Chanceler, Presidente do Consello de Ministros, Presidente do Goberno ou outro.
David John Hurley, nado en Wollongong, Nova Gales do Sur, o 26 de agosto de 1953, é un militar retirado e político australiano, ex-alto oficial do exército australiano e, actualmente dende o 1 de xullo de 2019, o 27º Gobernador Xeral de Australia. Anteriormente foi o 38º Gobernador de Nova Gales do Sur, entre 2014 e 2019.
Morcant Bulc foi un príncipe britón, probabelmente un rei, do norte de Britannia, durante o período que vai entre o final do Imperio Romano e o establecemento dun estado inglés a principio da Idade Media. Morcant aparece nunha liñaxe de Homes do Norte nas dinastías en galés antigo. Semella que foi precedido polo seu pai, Cuncar, e sucedido polo seu fillo, Coledauc.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Valencia Club de Fútbol Mestalla
O Valencia CF Mestalla é o primeiro equipo filial do Valencia Club de Fútbol, de Primeira División. Fundado en 1944, xoga actualmente na Segunda División B Española.
Un espectáculo é un acto público destinado a atraer a atención dos que o contemplan co fin de provocar neles emocións diversas (dor, alegría, abraio, tristura,...). A transcendencia social dos espectáculos fixo necesaria a construción de lugares expresamente destinados á contemplación en vivo deses actos, como son teatros, circos, cines, estadios... Cando o espectáculo non precisa de espectadores en vivo senón a distancia, o espectador pode contemplalo a través dun medio de comunicación: televisión, internet,...
Hearthstone (antes coñecido como Hearthstone: 'Heroes of Warcraft') é un xogo de cartas coleccionables en liña creado pola empresa Blizzard Entertainment. Está centrado no universo de Warcraft, e é de descarga gratuíta, aínda que con compras opcionais para acelerar o ritmo de colección de cartas e acceso a contidos extra. O xogo foi anunciado o 22 de marzo do 2013, non obstante, durante o PAX East 2013 presentouse unha demo.
Aliens, o regreso é a segunda parte da franquía de ciencia ficción Alien. Se a primeira película creou o concepto da feroz criatura asasina, a segunda dálle forma ao Universo imaxinario de Alien, do cal se basean para facer máis novelas e historietas, así como os videoxogos correspondentes á súa historia.
Mubi, anteriormente coñecida como The Auteurs, é unha páxina web filmográfica en liña que integra elementos das redes sociais con video streaming. Foi descrita como unha "cinemateca online". O sitio permite que os seus usuarios vexan filmes, polo xeral tras o pagamento dunha tarifa, e conéctaos con outros usuarios de similares intereses.
O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente.
A frecuencia cardíaca é o número de latexos do corazón ou pulsacións por unidade de tempo. A súa medición realízase baixo determinadas condicións (en repouso ou en actividade) e está expresa en batimentos por minuto (bpm). A medición do pulso pode facerse en diferentes puntos do corpo, sendo o máis común o pulso, o pescozo (sobre a carótide) ou o peito.
VVVVVV é un videoxogo de plataformas creado por Terry Cavanagh, desenvolvido orixinalmente en Adobe Flash e publicado o 11 de xaneiro de 2010 para Microsoft Windows e OS X. Simon roth adaptou o xogo a C++ no 2011, que foi publicado como parte do Humble Indie Bundle #3. Esta adaptación permitiu trasladar o xogo posteriormente a outras plataformas coma Linux, Pandora e Nintendo 3DS. A diferenza de moitos videoxogos de plataformas, en VVVVVV o xogador non pode saltar. No seu lugar pode reverter a dirección da gravidade, provocando que o protagonista caia cara abaixo ou cara arriba.
Myanmar, oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman.
Jacob e Wilhelm Grimm foron dous irmáns alemáns, coñecidos polas súas coleccións de contos populares e contos infantís e polos seus traballos de lingüística, en particular os relacionados cos cambios fonéticos na historia das linguas xermánicas. Súa é a denominada Lei de Grimm e seu é o primeiro gran dicionario do alemán estándar: o Deutsches Wörterbuch. Entre os contos máis famosos publicados por eles están os clásicos do xénero como Hansel e Gretel, Cincenta, Carapuchiña vermella, O príncipe ra, Polgariño e Brancaneve e os sete ananiños.
A lousa é unha rocha metamórfica formada pola compactación de arxilas, aparece en cor escuro dividida en xistos, moi empregada nos tellados da provincia de Lugo. Está considerado como un dos materiais mais sostibles ambientalmente para as cubertas de edificios debido á súa mínima emisión de CO2 e consome menos auga que unha de cerámica. España é o primeiro exportador do mundo desta pedra, obtidas nos xacementos do Bierzo, Valdeorras, Zamora e Badaxoz.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
The Legend of Zelda: A Link to the Past
The Legend of Zelda: A Link to the Past, coñecido como Zelda no Densetsu Kamigami no Triforce (ゼルダの伝説 神々のトライフォース, Zeruda no Densetsu Kamigami no Toraifōsu, lit. "A lenda de Zelda: Triforza dos deuses") no Xapón, é un videoxogo de estilo aventura desenvolvido e publicado por Nintendo para a videoconsola Super Nintendo Entertainment System, terceira entrega da serie The Legend of Zelda. Lanzouse nun primeiro momento no Xapón o 21 de novembro de 1991, e máis tarde en Norteamérica, o 13 de abril de 1992, e o 24 de marzo en Europa.
A Aldea Oculta de Konoha (木ノ葉隠れの里, Konohagakure no Sato, Aldea Oculta da Folla) (tamén coñecida simplemente como Konoha) é unha das cinco grandes aldeas ninjas do manga e anime Naruto. Atópase no País do Lume, no universo ficticio que sustenta á serie. Esta aldea é sen dúbida a máis importante na historia, en tanto que o protagonista e a maior parte dos personaxes secundarios pertencen a ela.
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo.
Ronald Gerald Wayne, nado en 1934 en Cleveland, é o terceiro e pouco coñecido fundador da empresa de computadoras Apple Computer (ademais de Steve Jobs e Steve Wozniak). Foi el quen ilustrou o primeiro logotipo de Apple (un debuxo de Isaac Newton debaixo dunha maceira). Ademais escribiu os manuais de instrucións do Apple I e o convenio de colaboración.
O humor negro é un tipo de humor que se exerce a propósito de cousas que suscitarían, contempladas dende outra perspectiva, piedade, terror, mágoa ou emocións similares. Cuestiona situacións sociais que xeralmente son serias mediante a sátira. O asunto máis recorrente no humor negro é a morte e todo o que está relacionado con ela.
Salvador pode referirse a: Cristo, que na relixión cristiá é chamado «O Salvador» por conducir á salvación da alma; Salvador, un nome de pía masculino; Salvador, cidade brasileira capital do estado de Baía; O Salvador, país de América Central. Salvador (futbolista) foi un futbolista galego de comezos do Século XX que xogaba na demarcación de dianteiro.
Paisaxe (extensión de terreo que se ve dende un sitio), é un concepto que se emprega de xeito diferente por varios campos de estudo, aínda que todos os usos do termo levan implícita a existencia dun suxeito observador e dun obxecto observado (o terreo) do que se destacan fundamentalmente as súas calidades visuais e espaciais. A paisaxe, concibida como unha compoñente do ambiente, é obxecto de protección por parte de diversas leis e institucións nacionais e internacionais (UNESCO e Consello de Europa). A paisaxe, dende o punto de vista xeográfico, é o obxecto de estudo primordial e o documento xeográfico básico a partir do cal se fai a xeografía.
Un centrocampista é unha das posicións do fútbol, situado xeralmente entre os defensas e os dianteiros do seu equipo. Algúns centrocampistas xogan un papel defensivo estritamente definido, parando ataques, e son coñecidos como centrocampistas defensivos. Outros teñen límites máis difusos, sendo máis móbiles e eficientes no pase, como os chamados pivotes, os organizadores ou os todocampistas.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Lista de episodios de Dragon Ball GT
Lista de episodios de Dragon Ball GT, continuación dos animes As bólas máxicas e Dragon Ball Z.
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Os videoxogos de estratexia son videoxogos que requiren que o xogador poña en práctica as súas habilidades de planificación e pensamento para manobrar, xestionando recursos de diverso tipo (materiais, humanos, militares...), conseguir a vitoria. Na maioría dos videoxogos de estratexia, "ao xogador concedéselle unha vista do mundo absoluta, controlando indirectamente as unidades baixo o seu poder"."A orixe dos videoxogos de estratexia está fortemente vinculado cos seus curmáns próximos, os xogos de mesa de estratexia".
Stephen Gary Wozniak, nado o 11 de agosto de 1950 en California, é un enxeñeiro electrónico estadounidense. Os seus inventos e máquinas están recoñecidos como grandes contribucións á revolución da computadora persoal nos anos setenta. Wozniak fundou Apple Computer xunto con Steve Jobs e Ronald Wayne en 1976 e creou os computadores Apple I e Apple II a mediados dos anos setenta.
"Beat It" é un sinxelo escrito e interpretado polo artista estadounidense Michael Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). É o terceiro sinxelo do seu sexto álbum en solitario, Thriller (1982). Eddie Van Halen executa o solo de guitarra, mais o seu selo discográfico impediulle aparecer no vídeo musical.
Lawrence Edward "Larry" Page, nado en East Lansing (Míchigan) o 26 de marzo de 1973, é un científico informático e empresario estadounidense. Page é cofundador, xunto con Serguei Brin de Google, anteriormente chamada BackRub. Page é o director executivo (CEO) da compañía matriz de Google, Alphabet Inc.
O bengalí é unha lingua indoeuropea falada polo pobo bengalí que habita en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Assam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio. En bengalí a lingua chámase bangla (বাঙলা).
C-18 (人造人間18号, Jinzō'ningen Jūhachigō) é un personaxe ficticio do universo de Dragon Ball. É un dos androides creados polo Doutor Guero, para matar a Son Goku xunto a C-16 e C-17. Posteriormente, incorpórase ós Guerreiros Z e forma unha familia con Krilín, con quen ten unha filla que nace durante entre as sagas de Célula e a de Majin Boo.
A aviación consiste no deseño, desenvolvemento, fabricación, produción, operación, e utilización para fins privados ou comerciais, como o transporte de materiais ou persoas, de aeronaves, especialmente as máis pesadas que o ar. O voo en si é a parte da operación que inclúe o desprazamento controlado, a través do ar, de aparatos que usan para desenvolver o seu voo a forza sustentadora de superficies fixas ou móbiles, impulsados polo seus propios motores, como avións e helicópteros, ou sen motor, como os planadores. Os dirixibles e os globos aerostáticos non se inclúen neste concepto, por tratarse de enxeños cunha capacidade de voo baseada no principio de Arquímedes, sendo anteriores no tempo aos aerodinos, cun sistema de voo fundamentado no uso de superficies sustentantes.
Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas calidades como corredor de contra o reloxo, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.
The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación.