Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Saudi Aramco (árabe: أرامكو السعودية ʾArāmkū as-Suʿūdiyyah), oficialmente Saudi Arabian Oil Company (anteriormente Arabian-American Oil Company), é unha empresa pública de petróleo e gas natural de Arabia Saudita con sede en Dhahran. Desde 2020, é unha das empresas máis grandes do mundo por ingresos. Saudi Aramco ten as segundas reservas de cru comprobadas máis grandes do mundo con máis de 270 mil millóns de barrís, e a maior produción diaria de petróleo de todas as empresas produtoras de petróleo.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Lionel Brockman Richie, Jr., nado en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama) o 20 de xuño de 1949, é un cantautor e músico estadounidense que vendeu máis de 100 millóns de copias das súas cancións.Na década de 1970 formou parte da banda musical The Commodores, propiedade do famoso selo musical Motown de Detroit (Míchigan). A partir de 1981 iniciou a súa carreira como solista, logrando un grande éxito ao permanecer dúas semanas no Billboard co tema Hello para consolidarse posteriormente co tema Say you, say me, o cal gañou un Óscar da Academia á mellor canción nunha película.
A Head Full of Dreams é o sétimo álbum de estudio do grupo de música inglés Coldplay. Foi lanzado o 4 de decembro de 2015 polos selos discográficos Parlophone e Atlantic Records. É o segundo álbum da banda con Atlantic, despois de que Coldplay fosen transferidos dende Capitol Records America no 2013.
Os Chicago Bulls son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Chicago, Illinois. Os Bulls xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Fundados o 16 de xaneiro de 1966, o equipo ten a súa sede no United Center, pavillón que comparte cos Chicago Blackhawks da National Hockey League (NHL).
John Gerard ou John Gerarde nado en Nantwich en 1545 e finado en 1611 ou 1612, foi un botánico inglés. En 1597 publicou unha extensa obra ilustrada, Herball, ou Historia xeral das plantas, que foi o libro de botánica inglés máis difundido do século XVII. Esencialmente, a obra é unha tradución da de Rembert Dodoens en 1554.
Un contrarrevolucionario é calquera que se opón a unha revolución, sobre todo o que tenta reverter os seus resultados, parcial ou totalmente. O adxectivo contrarrevolucionario refírese ao movemento que desexa restaurar a situación ou os principios que prevalecían na época prerrevolucionaria. Unha contrarrevolución pode ter consecuencias positivas ou negativas, dependendo en parte do carácter beneficioso ou pernicioso da revolución que se reverte.
United Artists (UA) é un estudio estadounidense de cine e televisión. O estudio foi fundado en 1919 por D. W. Griffith, Charlie Chaplin, Mary Pickford e Douglas Fairbanks coa intención de controlar os seus propios intereses para non depender dos estudios comerciais potentes.Unha encarnación de United Artists foi formada en novembro de 2006 como sociedade entre o actor e produtor Tom Cruise e o seu socio de produción, Paula Wagner, e Metro-Goldwyn-Mayer. Paula Wagner deixou o estudio o 14 de agosto de 2008.
Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. Os filmes de entre 30 e 60 minutos son mediametraxes.
O CD8 (cluster de diferenciación 8) é unha glicoproteína transmembrana que serve como correceptor para o receptor de células T (TCR). Igual que o receptor TCR das células T, o CD8 únese a moléculas do complexo maior de histocompatibilidade (MHC), pero é específico para as de clase I. Hai dúas isoformas da proteína, alfa e beta, cada unha codificada nun xene diferente, ambos os dous situados no caso humano no cromosoma 2.
Na historia da criptografía, 97-shiki oobun Inji-ki (九七式欧文印字機) (Máquina de impresión do sistema 97 para caracteres europeos ("System 97 Printing Machine for European Characters")) ou Angooki B-gata (暗号機B型) ("Máquina de cifrado de tipo B"), chamada PURPLE (Púrpura) polos Estados Unidos, foi unha máquina de criptografía diplomática usada polo Xapón durante a segunda guerra mundial. A máquina era un dispositivo electromecánico.
O adamantium é un metal de ficción usado principalmente nos cómics de Marvel, a substancia máis dura do Universo Marvel. É dunha extraordinaria dureza e consistencia, dez veces maior que a do diamante. O nome, tanto etimolóxica como conceptualmente, está baseado no adamante da mitoloxía grega, o material do que estaba feita a fouce que Zeus lle deu a Perseo para matar a Medusa.
Alanis Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense. Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en grande parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.
Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a: Faro, parroquia do concello de Viveiro; Faro, lugar de dita parroquia; O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros; O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira; O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira; O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois; O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón. Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada; Faro de Avión, monte da serra do Suído; Monte Faro, monte da serra do Courel; Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.
Batalla de Alcazarquivir, tamén transcrito Alcácer-Quibir, Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir ou Ksar el-Kebir, en árabe: معركة وادي المخازن , ou a Batalla dos Tres Reis (en portugués A Batalha dos Três Reis, en castelán Batalla de los Tres Reyes, en árabe: معركة الملوك الثلاثة ), que tivo lugar no norte de Marrocos, preto de Ksar el-Kebir e Larache, foi unha batalla librada o 4 de agosto de 1578.
En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons.
An Post é o provedor estatal de correo da República de Irlanda dende 1984. An Post ofrece un servizo postal universal a tódolos recunchos do país como membro da Universal Postal Union. Os servizos que presta inclúen os envíos de correspondencia, paquetería, contas de depósito, Swiftpost (un all-Ireland ao día seguinte de prestación de servizos), EMS (o servizo internacional de correo express).
Federación Internacional de Natación
Federación Internacional de Natación polas súas siglas en francés FINA (Fédération Internationale de Natation), é unha organización de natación internacional con sede en Suíza e recoñecida polo COI, Comité Olímpico Internacional. A FINA foi fundada o 19 de xullo de 1908 en Londres, ao finalizar os Xogos Olímpicos de Londres 1908. Os oito países fundadores foron: Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Hungría, Reino Unido e Suecia.
A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.
Un alcázar (do árabe al-qaçr) pode referirse a: Alcázar, recinto fortificado de orixe moura; O alcázar, a parte da cuberta dos buques desde o pau maior ata a popa.Como topónimo, pode referirse a: En Galiza Alcázar de Milmanda, parroquia do concello de Celanova; O Alcázar, lugar da parroquia de San Mateo de Oliveira, no concello de Ponteareas; O Alcázar, lugar da parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño.Fóra de Galiza Alcázar de San Juan, vila manchega da provincia de Cidade Real.
Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares. Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874.
O voo 4230 de UM Airlines, tamén coñecido como o accidente do Yak-42 en Turquía, era un servizo chárter internacional de pasaxeiros dende o aeroporto de Manas, en Bixkek, ata o aeroporto de Zaragoza, cunha escala no aeroporto de Trebisonda, Turquía. O día 26 de maio de 2003 o Yakovlev Yak-42D que operaba a ruta esnafrouse intentando aterrar en Trebisonda. Debido á densa néboa a tripulación perdeu visibilidade e o avión chocou contra unha montaña preto de Maçka.Os 13 tripulantes e 62 pasaxeiros morreron no accidente.
O Teorema de Pitágoras é unha relación entre os tres lados dun triángulo rectángulo. Establece que o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos; é dicir, se a e b son as lonxitudes dos catetos e c a da hipotenusa do triángulo rectángulo, verifícase a chamada "igualdade pitagórica": a 2 + b 2 = c 2 {\displaystyle a^{2}+b^{2}=c^{2}\!\,} O teorema leva o nome do matemático grego Pitágoras (ca. 570 a.C.—ca.
Karate (en xaponés: 空手), ou karatedo (空手道), é unha arte marcial xaponesa e un deporte de combate orixinario de Okinawa, que se desenvolveu con base na arte marcial nativa da rexión baixo as influencias do chuan fa, de orixe chinesa, e das escolas xaponesas tradicionais de arte marcial, chamadas koryu, que practicaban loita desarmada e armada, principalmente con espadas. Neste proceso, cando a influencia xaponesa se tornou preponderante, fóronse incorporando máis características do código de conduta dos samurais, o Budo.A influencia chinesa foi maior nun primeiro estadio de desenvolvemento, cambiando un paradigma primitivo dunha loita simple con agarramento e proxeccións, con máis énfase nos golpes traumáticos, e fíxose sentir nas técnicas dos estilos máis fluídos e pragmáticos da China meridional. Despois, en razón do cambio do escenario xeopolítico, comezou o tempo de predominio das disciplinas de combate do Xapón e, nese período, o máis común era simplificar aínda máis os movementos de orixe do chuan fa, facéndoos máis directos e renunciando a aquilo que non fose útil, como movementos acrobáticos ou que eran executados máis por razóns estéticas.O repertorio de técnicas do karate reúne principalmente golpes contundentes (atemi waza), como patadas, sopapos, xeonlladas etc., executados todos coas mans desarmadas.
Paquistán Oriental (en bengalí: পূর্ব পাকিস্তান Purbo Pakistan, e en urdu: مشرقی پاکستان Mashriqi Pakistan) foi unha provincia oriental de Paquistán que existíu entre 1955 e 1971. Paquistán Oriental creouse a partir da provincia de Bengala por un plebiscito no que foi a India británica en 1947. Bengala Oriental elixiu unirse a Paquistán e converterse nunha provincia de Paquistán denominada Bengala Oriental.
BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso.
A Igrexa católica latina, ou Igrexa católica de rito latino, é a maior igrexa particular autónoma da Igrexa católica. Trátase dunha igrexa particular das 23 que existen, englobándose as 22 restantes baixo a denominación de Igrexas católicas orientais. A Igrexa Latina xurdiu inicialmente na provincia romana de África, para despois estenderse a Roma e ás partes de lingua latina do Imperio Romano (Europa occidental e o norte de África).
Rembrandt Harmenszoon van Rijn, nado en Leiden o 15 de xullo de 1606 e finado en Ámsterdam o 4 de outubro de 1669, foi un pintor e gravador neerlandés, considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante do seu país. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron século de ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio. Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica.
O termo canal pode referirse a: Canal, vía artificial de auga; Canal, descrición hidráulica de diferentes tipos de canles; Canal, estado dos animais sacrificados, logo de lles separar as vísceras, para contar o peso real de carne vendida;Amais, como topónimo pode referirse a: Canal, lugar da parroquia de Cecebre, no concello de Cambre; Canal, lugar da parroquia de Moar, no concello de Frades; O Canal, lugar da parroquia de Oca, no concello de Coristanco; O Canal, lugar da parroquia de Ribadetea, no concello de Ponteareas.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.
Broken Sword: The Sleeping Dragon
Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror.
Protocolo pode ter varios significados: Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado. Un protocolo, que regula as normas de cortesía nas relacións interpersoais e nos actos sociais. O Protocolo criptográfico, que regula os procedementos de encriptación da información.
Futurama é unha serie de debuxos animados estadounidense creada por Matt Groening (creador de The Simpsons) e David X. Cohen (guionista tamén de The Simpsons). Está ambientada no ano 3000, na cidade de "Nova" Nova York, construída sobre as ruínas da antiga Nova York. Trátase dun programa animado de pouco máis de 20 minutos de duración producido por FOX que empezou a emitirse por televisión o 28 de marzo de 1999 en Estados Unidos, e permaneceu no ar até o 10 de agosto de 2003.
Tarazona é un concello español da comunidade autónoma de Aragón, situado na provincia de Zaragoza e cabeza da comarca de Tarazona e o Moncayo. Tamén é sede dun bispado. A súa poboación, en 2005, era de 10.875 habitantes Áchase no val medio do río Queiles, a unha distancia de 86 km da capital autonómica, Zaragoza, a 20 km do monte Moncayo e o seu parque natural e a 15 km do mosteiro de Veruela.
Vernon Jay "Verne" Troyer, nado en 1 de xaneiro de 1969 en Sturgis (Míchigan) e finado o 21 de abril de 2018 nos Ánxeles (California), foi un actor, cómico e youtubeiro estadounidense. É especialmente recoñecido polo seu papel de Mini-Me na serie de filmes Austin Powers (1997–2002). Troyer tiña hipoplasia cartilaxe cabelo e media 81 cm de alto.
Interplay Entertainment Corporation (NASDAQ: IPLY) é unha empresa estadounidense desenvolvedora e distribuidora de videoxogos, que foi fundada en 1983 como Interplay Productions por Brian Fargo. A compañía fora unha desenvolvedora de calidade ata que comezou a publicar os seus propios xogos en 1988, como Neuromancer e Battle Chess. Foi renomeada como Interplay Entertainment en 1998 e fíxose pública.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O conto da princesa Kaguya (かぐや姫の物語, Kaguya-hime no Monogatari) é un filme de animación xaponesa producido por Studio Ghibli que foi estreado no 2013. Co-escrito e dirixido por Isao Takahata, o filme conta coas voces de dobraxe de Aki Asakura, Kengo Kora, Takeo Chii, Nobuko Miyamoto, Atsuko Takahata, Tomoko Tabata, Tatekawa Shinosuke, Takaya Kamikawa, Hikaru Ijūin, Ryudo Uzaki, Nakamura Shichinosuke II, Isao Hashizume e Tamaki Kojo, e está baseado na historia O conto do cortador de bambú. É o quinto filme de Takahata para Studio Ghibli.
A dos cáncridos ou cancrídeos (Cancridae) é unha familia de crustáceos decápodos que inclúe seis xéneros viventes de cangrexos, e once fósiles, repartidos en dúas subfamilias (unha delas, incluíndo só xéneros fósiles). A maior parte da diversidade actual da familia encóntrase en augas temperadas do hemisferio Norte.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Abellio (tamén coñecido como Abelio, Abellion ou Abelion) é un deus celta da Galia antiga. Foi venerado no territorio dos Pireneos franceses e na zona que hoxe se corresponde coa rexión de Comminges. Tendo en conta o bo número de restos arqueolóxicos que se lle atribúen e a súa reducida extensión xeográfica de culto, é doado supoñer que se trataba dun deus dos máis importantes.
O océano Antártico, tamén coñecido como océano Glacial Antártico ou océano Austral (Southern Ocean en inglés), é o nome dado ao conxunto das augas que bañan o continente Antártico, que na realidade constitúen o prolongamento meridional dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. Moitos científicos, oceanógrafos e xeógrafos, non recoñecen a existencia do océano Antártico, considerándoo como unha conxunción de partes dos outros océanos.[Cómpre referencia]O océano Antártico esténdese desde a costa antártica até os 60° S, límite convencional cos tres océanos mencionados. É o penúltimo océano en extensión (só o océano Ártico é menor).
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
Gran Premio de Bélxica de 1951
O Gran Premio de Bélxica de 1951, foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 17 de xuño de 1951, no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 .
Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur.
A lei de Dollo ou lei de Dollo da irreversibilidade evolutiva ou principio de Dollo é unha hipótese proposta en 1893 polo paleontólogo belga nacido en Francia Louis Dollo, que di que a evolución non é reversible. A formulación desta hipótese tal como a fixo inicialmente Dollo era: "Un organismo non pode retornar, nin sequera parcialmente, a un estado previo polo que xa pasou na súa liña de antepasados." Esta enunciación é a miúdo malinterpretada como unha hipótese menos esixente referida á posibilidade de recuperar estruturas ou órganos perdidos, que é improbable que reaparezan na "mesma forma" (definida con pouca precisión).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.