Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Elvis é un filme estadounidense-australiano de 2022 dirixido por Baz Luhrmann e escrito por Luhrmann, Sam Bromell, Craig Pearce e Jeremy Doner. Conta a vida do cantante de rock and roll e actor estadounidense Elvis Presley, contada dende a perspectiva do seu representante, Tom Parker. Está protagonizado por Austin Butler como Presley e Tom Hanks como Parker, xunto con Olivia DeJonge, Helen Thomson, Richard Roxburgh, David Wenham, Kodi Smit-McPhee e Luke Bracey como o resto do elenco principal.
A simbioxénese (ou teoría endosimbiótica ou teoría endosimbiótica en serie) é a principal teoría evolutiva da orixe das células eucariotas a partir de organismos procariotas. Esta teoría sostén que as mitocondrias, plastidios como os cloroplastos e posiblemente outros orgánulos das células eucariotas descenden de organismos procariotas que anteriormente eran de vida libre (máis relacionados coas bacterias que coas arqueas) nos que un entrou dentro doutro establecendo unha endosimbiose. As mitocondrias parecen estar filoxeneticamente relacionados coas bacterias Rickettsiales, mentres que os cloroplastos se pensa que están relacionados coas cianobacterias.
A natureza morta, tamén coñecida como bodegón, é unha obra de arte que representa obxectos inanimados, xeralmente obxectos cotiáns que poden ser naturais (animais de caza, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou cunchas) ou feitos polo ser humano (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas, pipas etc.) nun espazo artifical determinado. Esta póla da pintura sérvese dun exquisito arranxo, encanto colorístico e dunha iluminación fina para producir un efecto de serenidade, benestar e harmonía. Con orixes na antigüidade e moi popular na arte occidental dende o século XVII, a natureza morta da ao artista máis liberdade de acción na colocación de elementos de deseño dentro dunha composición que outros xéneros pictóricos como a paisaxe ou os retratos.
Un artigo científico (coñecido polo anglicismo paper polos investigadores) é un traballo de investigación relativamente breve destinado á súa publicación en revistas especializadas. Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis. En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
Bandeira dos Estados Unidos de América
A bandeira dos Estados Unidos de América, tamén chamada bandeira americana, consta de 13 barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul no cantón con 50 estrelas brancas. As 50 estrelas da bandeira representan os 50 estados do país, e as 13 barras representan ás Trece Colonias orixinais que se independizaron do Reino de Gran Bretaña e se converteron nos primeiros estados da Unión. Ten varios alcumes, como "Stars and Stripes" (estrelas e barras), "Old Glory" (vella gloria), e "The Star-Spangled Banner" (A bandeira das estrelas escintilantes).
Feiraco é unha empresa agrícola galega, fundada en Negreira en 1968. Actualmente as súas instalacións están situadas na parroquia de Agrón (Ames), entre os lugares de Arufe e A Ponte Nova. Está xestionada en réxime de cooperativa, desenvolvendo todo o proceso desde a recollida até a comercialización do leite e os produtos derivados.
Trainspotting é un filme británico de comedia negra dirixido por Danny Boyle que foi estreado no Reino Unido o 23 de febreiro de 1996. Está baseado na novela homónima de Irvine Welsh. Está protagonizado por Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle e Kelly Macdonald, no seu debut como actriz.
Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Martha Isabel Peralta Epieyú, nada en Monguí, La Guajira o 11 de novembro de 1988, é unha avogada colombiana, especialista en dereito ambiental e líder indíxena do pobo wayuu pertencente ao clan Epinayú Epieyú. É presidenta do partido político Movemento Alternativo Indíxena e Social (MAIS). Peralta foi elixida ao senado da república de Colombia nas eleccións lexislativas de 2022 dentro da coalición do Pacto Histórico.
Malcolm X, nado co nome de Malcolm Little en Omaha (Nebrasca) o 19 de maio de 1925 e finado en Manhattan (Nova York) o 21 de febreiro de 1965, tamén coñecido como El-Hajj Malik El-Shabazz (árabe: الحاجّ مالك الشباز), foi un activista político afroamericano estadounidense, ministro relixioso dos Musulmáns Negros (Black Muslims) e voceiro de Nación do Islam (Nation do Islam). Foi o fundador de Muslim Mosque, Inc. e da Organización para a Unidade Afroamericana.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Concurso España (tamén coñecido como Copa España) foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol— no que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball —unha escisión da Federación Española de Clubs de Foot-ball— organizou un torneo análogo, do que non se chegaría a disputar a fase final.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema. Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes, moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital es Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
Francisco Justo Pérez van-Leenden
Francisco Justo Pérez van-Leenden, nado en Riohacha, La Guajira o 3 de maio de 1949, e finado en Bogotá o 13 de xullo de 2019, foi un investigador e académico colombiano. Foi docente e reitor da Universidade da Guajira e membro do centro colombiano de estudos en linguas indíxenas da sociedade de historia da educación latinoamericana.
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado. O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Primeiro ministro de Arabia Saudita
O Primeiro ministro de Arabia Saudita é o xefe do Consello de Ministros e xefe de goberno do Reino de Arabia Saudita. Dende o reinado do Rei Faysal, o posto de primeiro ministro ocúpao o rei.
Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno. A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock. A saga resúmese no seguinte cadro: A comezos de 2023, non teñen tradución ó galego.
Símbolos de propiedade intelectual
Os símbolos de propiedade intelectual son signos tipográficos empregados para informar do réxime de dereitos de autor ou de copyright aos que están suxeitas creacións artísticas, literarias, científicas, audiovisuais, de software etc.
Medio dólar do Centenario da Doutrina Monroe
O medio dólar do Centenario da Doutrina Monroe foi unha moeda dese valor facial emitida en 1923 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de San Francisco, en conmemoración do centenario da Doutrina Monroe.No seu anverso amósanse os bustos dos presidentes estadounidenses James Monroe e John Quincy Adams. Os deseños de ambas as faces da moeda son obra do escultor Chester A. Beach, aínda que o reverso parece estar baseado nunha obra anterior do pintor Raphael Beck. En 1922, a industria cinematográfica enfrontouse a unha serie de escándalos, entre eles a acusación de homicidio involuntario contra a estrela do cime mudo Roscoe "Fatty" Arbuckle.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
A Wikipedia en malayalam (en malayalam: മലയാളം വിക്കിപീഡിയ) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua malayalam. Foi lanzada o 21 de decembro de 2002. O proxecto é unha das edicións de Wikipedia máis destacadas entre as dos sur de Asia en termos de calidade.Esta versión da enciclopedia contén 83.338 artigos e 170.019 usuarios, dos cales 255 son activos.
Camelle é un lugar da parroquia de Camelle no concello coruñés de Camariñas (comarca da Terra de Soneira). Tiña 918 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 430 homes e 488 mulleres. Por este lugar pasa a 5ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase á beira do río Támese, na illa da Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britannia.
Copa Deputación da Coruña de fútbol
A Copa Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, comunmente coñecida como Copa Deputación da Coruña foi un torneo futbolístico no que participaban anualmente clubs da provincia da Coruña. Estaba patrocinada pola Deputación da Coruña, que repartía premios en metálico aos equipos participantes en función do seu desempeño na competición, e era organizada pola Federación Galega de Fútbol. Foi creada en 1988 e desde entón celebrouse anualmente ata 2019 (agás no ano 1998).
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
O título faraón úsase para os gobernantes do antigo Exipto que gobernaron despois da unificación do Alto e Baixo Exipto por Narmer durante o Período tinita, aproximadamente no 3100 a.C. Non obstante, o título específico "faraón" non foi usado para dirixirse aos reis de Exipto polos seus contemporáneos ata o dominio de Merneptah na XIX dinastía, c. 1200 a.C. Xunto ao título de faraón para gobernantes posteriores, houbo un antigo título real exipcio usado polos reis exipcios que permaneceu relativamente constante durante a historia do antigo Exipto, inicialmente o nome de Horus, o nome Abella e Xunco (a súa tradución fidedigna é O Señor das Dúas Terras xa que os xeróglifos fan referencia, a abella ao Alto Exipto mentres que o xunco o fai ao Baixo Exipto) e o nome Dúas damas (nbtj), co título adicional de Horus Dourado, nomen e prenomen engadíronse sucesivamente polas dinastías posteriores. Exipto estivo continuamente gobernado, polo menos en parte, por faraóns nativos durante aproximadamente 2500 anos, ata que foi conquistado polo Reino de Kush a finais do século VIII a.C, cuxos gobernantes adoptaron para si mesmos a tradicional titulación faraónica.
As Aceráceas (Aceraceae) constituían unha familia de plantas que comprendía entre 120 e 150 especies de árbores e arbustos, polo xeral caducifolios con flores actinomorfas e hermafroditas ou unisexuais e froito en dobre sámara. Na actualidade moitos taxonomistas non a consideran unha familia e inclúen as súas especies na familia das sapindáceas (Sapindaceae), familia pertencente á orde Sapindales que conta con arredor de 140-150 xéneros cunhas 1400-2000 especies nativas de países cálidos. Entre outros xéneros, pertencen a ela os pradairos (xénero Acer) e os castiñeiros das bruxas (xénero Aesculus).
Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985, é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón. O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.
A Wikipedia en interlingua (en interlingua: Wikipedia in interlingua) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en interlingua. É a cuarta meirande Wikipedia nunha lingua artificial despois da Wikipedia en esperanto, da Wikipedia en volapük e da Wikipedia en ido.Esta versión da enciclopedia contén 29.737 artigos e 46.843 usuarios, dos cales 42 son activos.
A Universidade da Guajira (en castelán: Universidad de La Guajira: en wayuu: Shikii Ekirajia Pulee Wajira), tamén coñecida como Uniguajira, é unha universidade pública con sede na cidade de Riohacha, no departamento colombiano de La Guajira. A universidade foi creada pola ordenanza núm. 011 e 012 de 1976, pola Asemblea Departamental, e abriuse en febreiro de 1977.