Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Elvis é un filme estadounidense-australiano de 2022 dirixido por Baz Luhrmann e escrito por Luhrmann, Sam Bromell, Craig Pearce e Jeremy Doner. Conta a vida do cantante de rock and roll e actor estadounidense Elvis Presley, contada dende a perspectiva do seu representante, Tom Parker. Está protagonizado por Austin Butler como Presley e Tom Hanks como Parker, xunto con Olivia DeJonge, Helen Thomson, Richard Roxburgh, David Wenham, Kodi Smit-McPhee e Luke Bracey como o resto do elenco principal.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
Serguei Koroliov, en ruso: Серге́й Па́влович Королёв, ás veces transcrito Korolieb ou Koroliev, nado en Zhitómir o 30 de decembro de 1906 (calendario xuliano) e finado en Moscova o 14 de xaneiro de 1966, de nome completo con patronímico Serguei Pàvlovitx Koroliov, en ucraíno: Сергі́й Па́влович Корольо́в, Serhí Pàvlovitx Koroliov foi un enxeñeiro soviético de orixe ucraína, considerado o pai da cosmonáutica soviética. É considerado como un equivalente soviético de Wernher von Braun. Comezou a traballar co equipo de Andrei Túpolev deseñando avións de combate, a partir de 1940.
Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.
A fragata magnífica (Fregata magnificens), tamén chamada simplemente fragata ou rabiforcado, é unha ave mariña da familia Fregatidae. Ten unha lonxitude de 89 a 114 cm, polo que é especie máis grande dos fregátidos. Vive en augas tropicais e subtropicais de América, entre o norte de México e Ecuador na costa do Pacífico e entre Florida e o sur do Brasil na costa do Atlántico.
O cinema mudo é o que non utiliza son, soamente a imaxe e, habitualmente, a inclusión de carteis con textos (intertítulos). Orixinalmente o cinema foi mudo, pois a tecnoloxía para sincronizar o son gravado coas imaxes non se desenvolveu ata finais dos anos vinte do século XX. A este período inicial da historia do cinema chámaselle a Era Muda. Porén, malia que os filmes non tiñan son incorporado, as proxeccións non eran silenciosas, xa que habitualmente os cines tiñan un pianista que interpretaba música en directo para acompañar o filme.
Axencia Europea do Medio Ambiente
A Axencia Europea do Medio Ambiente (en inglés: European Environment Agency; EEA) é a axencia da Unión Europea que achega información independente sobre o medio ambiente. A súa misión é a recollida, elaboración e difusión de información sobre a situación e a evolución do medio ambiente a escala europea. Publica catro tipos de informes, entre os cales salientan os «Indicadores ambientais», considerados a principal contribución da Axencia.
Charles John Huffan Dickens, nado en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812 e finado en Gadshill Place o 8 de xuño de 1870, foi un escritor e crítico social inglés, un dos máis coñecidos da literatura universal. Creou algúns dos personaxes de ficción máis coñecidos do mundo, e, é considerado por moitos como o mellor novelista e o principal da era vitoriana. Foi mestre do xénero narrativo, ao que imprimiu certas doses de humor e ironía, practicando á vez unha aguda crítica social.
Johan August Strindberg, nado en Estocolmo o 22 de xaneiro de 1849 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1912, foi un escritor e dramaturgo sueco. Está considerado como un dos escritores máis importantes de Suecia e recoñecido no mundo, principalmente, polas súas obras de teatro; foi o renovador do teatro sueco e precursor en certa maneira dos chamados teatro da crueldade e teatro do absurdo.
As zonas especiais de conservación (ZEC) son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus hábitats e especies de interese ou en risco e que declara a Comisión Europea. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da Unión Europea dentro das candidaturas de lugares de importancia comunitaria (LIC) que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.
O antropónimo masculino gaio pode referirse ás seguintes personalidades da Roma Antiga: Gaio Poncio, comandante samnita (s. IV a.C.); Gaio Verres, gobernador en Sicilia (120 a.C. - 43 a.C.); Gaio Claudio Marcelo Menor (88 a.C. - 40 a.C.); Gaio César, Calígula (12 - 41); Gaio Plinio Segundo, escritor e científico, coñecido como Plinio o Vello (23 - 79); Gaio Valerio Flaco, poeta épico (~45 - ~90); Gaio Plinio Cecilio Segundoorador e xurista, coñecido como Plinio O Novo (~63 - 113); Gaio, xurista (120?
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
O humor negro é un tipo de humor que se exerce a propósito de cousas que suscitarían, contempladas dende outra perspectiva, piedade, terror, mágoa ou emocións similares. Cuestiona situacións sociais que xeralmente son serias mediante a sátira. O asunto máis recorrente no humor negro é a morte e todo o que está relacionado con ela.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
A Universidade de Gotemburgo é unha universidade estatal sueca, situada en Gotemburgo, fundada en 1954. Ten oito facultades e, no ano 2020, 53 500 estudantes, dos cales algo máis de 29 000 son estudantes a tempo completo, e 6 500 empregados, entre profesors e empragados da administración.Na Universidade impártense clases de música, arte, ciencias sociais e naturais, humanidades, ciencias da educación, formación do profesorado, informática, adninistración de empresas e, na Academia Sahlgrenska, medicina, ciencias do coidado e odontoloxía. Os estudantes teñen, con frecuencia, investigadores recoñecidos internacionalmente.
O prefixo, no ámbito da linguaxe, é un morfema derivativo que se antepón ao lexema ou raíz dando lugar a unha palabra derivada a partir doutra xa existente. Os prefixos en galego adoitan vir do grego ou do latín, así, respectivamente, dous exemplo de palabras con prefixo+raíz son hipopótamo ou postelectoral.
Skype é un programa gratuíto de código pechado que utiliza a tecnoloxía VoIP, actualmente propiedade de Microsoft. Foi desenvolvida polo danés Janus Friis e o sueco Niklas Zennström en 2003. En 2005 a empresa foi adquirida por eBay, e en 2011 por Microsoft.En 2013, a rede Windows Live Messenger (anteriormente MSN Messenger) integrouse en Skype.
O ferrocarril, camiño de ferro ou ferrovía é o modo de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por dous carrís metálicos que se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixan á plataforma pola que discorren. Orixinariamente os carrís foron de ferro, aínda que hai antecedentes de madeira, de aí o nome de ferrocarril, que atoparemos como ferro-carril nas antigas publicacións. A partir de 1870 os carrís foron construídos de aceiro.
Unha central hidroeléctrica é aquela que se utiliza para a xeración de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía potencial da auga represada nun encoro situado a nivel máis alto que a central. A auga é conducida mediante unha tubaxe de descarga á sala de máquinas da central, onde mediante enormes turbinas hidráulicas se produce a xeración de enerxía eléctrica.
One Direction (tamén coñecidos como 1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa de pop establecida en Londres, composta por Niall Horan, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson; o antigo membro, Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico de Simon Cowell Syco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programa The X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercado Up All Night (2011), Take Me Home (2012), Midnight Memories (2013), Four (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl".
The Sims 3 é un videoxogo de simulación social e estratexia da franquía The Sims, orixinalmente creado por Maxis e desenvolvido por Electronic Arts, para PC e Mac. Trátase da terceira entrega da popular serie The Sims (posterior ao videoxogo The Sims 2). Foi anunciado nunha entrevista de Electronic Arts en novembro de 2006 e lanzado o 2 de xuño de 2009 nos Estados Unidos, e o 26 de outubro de 2010 para as videoconsolas de sobremesa Xbox 360, PlayStation 3, Wii e Nintendo DS. O videoxogo tivo un éxito inmediato.
As presentacións son ficheiros que se poden usar para mostrar información visualmente de maneira atractiva diante dun auditorio. Constan de “páxinas”, chamadas diapositivas, que poden incluír texto, imaxes, vídeos, animacións, sons, vínculos etc. Á presentación, especialmente cando se fai utilizando un canón de vídeo, tamén se lle chama “diaporama”.
A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8-bit de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norte América, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas xogo de plataformas, Super Mario Bros.
Turning Red é un filme estadounidense de 2022 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi dirixido por Domee Shi, no seu debut como directora, e escrito por Shi e Julia Cho. Está protagonizado polas voces de Rosalie Chiang, Sandra Oh, Ava Morse, Hyein Park, Maitreyi Ramakrishnan, Orion Lee, Wai Ching Ho, Tristan Allerick Chen e James Hong.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Happy Tree Friends (Felices Amigos do Bosque, en tradución libre) é un deseño animado en Adobe Flash de humor negro de Mondo Mini Shows, creada por Kenn Navarro, Aubrey Ankrum, Rhode Montijo e Warren Graff. Como se mostra na web oficial, "non se recomenda para nenos". Mesmo con aparencia fofa e típica de deseños infantís dos personaxes, o deseño é moi violento, e case todos os episodios contén sangue, sufrimento, traxedias e mortes violentas.
O cabo Cod (Cape Cod en inglés), coñecido popularmente en inglés como the Cape (o cabo), e denominado cabo de Keel polos antigos exploradores nórdicos, é unha península no extremo oriental do estado de Massachusetts, no nordeste dos Estados Unidos. O seu territorio coincide co condado de Barnstable. Moitas pequenas illas achegadas, incluíndo Monomoy, Monmoscoy, Popponesset e Seconsett, pertecen tamén ao condado, como parte dos municipios do cabo.
Un xogo de rol é un xogo en que cada xogador participante interpreta un determinado rol ou papel dentro dunha aventura arbitrada polo chamado director de xogo. Nos xogos de rol, os xogadores, axudados polo Dx (Director de Xogo, Master, Narrador etc.), encarnan os papeis de personaxes que habitan outros mundos ou situacións diferentes ás reais, "vivindo" aventuras neses mundos que, normalmente, están inzadas de dificultades, inimigos, xentes e razas fantásticas, conflitos e maxia. Os xogos de rol desenvólvense ao redor dunha mesa, na cal se sentan os xogadores que encarnan aos "Px´s" (Personaxes xogadores) e o Director de Xogo.
Goberno é un corpo ou un ente que ten a autoridade e a potestade administrativa para facer e o poder para executar as leis dentro dun grupo ou organización civil, corporativo, relixioso ou académico. Nun sentido amplo, gobernar significa administrar ou supervisar, xa sexa un estado, un grupo de persoas, ou un conxunto de activos; é dicir, é a forma política coa que un estado é gobernado. A palabra galega "goberno" deriva do grego Κυβερνήτης (kyvernites).
Rincewind é un personaxe de ficción das novelas de Discworld do autor inglés Terry Pratchett. É un mago (fracasado) de nivel 0 que non dá aprobado os cursos da Universidade Invisible (Unseen University) en Ankh-Morpork. Rincewind pasa case todo o seu tempo escapando de varios grupos de persoas que intentan matalo por diferentes razóns.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
Le Monde diplomatique, chamado coloquialmente Le Diplo, é un xornal francés de periodicidade mensual fundado en maio de 1954 por Hubert Beuve-Méry a modo de suplemento para o diario Le Monde. Presenta unha liña editorial esquerdista, defendendo outro tipo de globalización e posicionándose a prol dos países do Terceiro Mundo.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal d'A guerra das galaxias (Star Wars). Anteriormente, Vader foi Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.
O mar Caspio é un mar interior que ocupa a parte máis fonda dunha depresión entre Asia e Europa, a depresión cáspica, que fai parte da gran depresión aralo-cáspica. É a masa de auga interior (Conca endorreica) maior do mundo, cunha superficie de 371.000 km² (sen incluír o lago de Kara Bogaz Gol) e un volume de 78.200 km³ con características comúns tanto cos mares como cos lagos. A miúdo é considerado o lago maior do mundo, aínda que non é de auga doce senón salgada.
Unha raza de cabalo é unha poboación seleccionada de cabalo doméstico, a miúdo cun pedigree recollido nun rexistro oficial. Porén, o termo é empregado frecuentemente para definir razas naturais de animais, ou cabalos seleccionados naturalmente dun fenotipo común e localizados nunha rexión xeográfica concreta. Dependendo da definición, hoxe en día existen centos de "razas", desenvolvidas para usos moi diferente.
The Legend of Zelda: Breath of the Wild
The Legend of Zelda: Breath of the Wild (en xaponés: ゼルダの伝説 ブレス オブ ザ ワイルド, Zeruda no Densetsu: Buresu obu za Wairudo) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido e publicado por Nintendo para as consolas Nintendo Switch e Wii U. O xogo forma parte da franquía The Legend of Zelda e conta a historia do protagonista Link con amnesia, que esperta dun soño de cen anos unha misteriosa voz que o guía cara a derrota de Calamity Ganon antes de que poida destruír o reino de Hyrule. O xogo tivo un longo período de desenvolvemento que abrangueu cinco anos. Ó concibir Breath of the Wild, o produtor Eiji Aonuma quixo reformar as convencións do modo de xogo da serie Zelda.
A tradución (do latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, o texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, o texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos.
Chuck Berry, nado en Saint Louis (Missouri) o 18 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 2017, foi un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano, pioneiro da música rock and roll. Berry refinou e desenvolveu o rhythm and blues elaborando os principais elementos que fixeron distintivo ao rock and roll con cancións como "Maybellene" (1955), "Roll Over Beethoven" (1956), "Rock and Roll Music" (1957) e "Johnny B. Goode" (1958). Escribiu letras que se centraban na vida adolescente e no consumismo, e desenvolveu un estilo musical que incluía solos de guitarra e teatralidade, Berry foi unha grande influencia nas posterior música rock.Nado nunha familia afroamericana de clase media, comezou a interesarse na música dende moi novo e realizou a súa primeira actuación en 1941 no Sumner High School.
Catedral de Santa María de Toledo
A catedral de Santa María de Toledo, chamada tamén Catedral Primada de Toledo, sé da Arquidiocese de Toledo, é un edificio considerado como a magnum opus do estilo gótico en España. A súa construción comezou en 1226 baixo o reinado de Fernando III o Santo e as últimas realizacións góticas déronse no século XV, cando en 1493 se cerraron as bóvedas dos pés da nave central, en tempos dos Reis Católicos. Está construída con pedra branca de Olihuelas (Olías del Rey).
Kyrre Gørvell-Dahll, nado en Bergen o 11 de setembro de 1991, é un DJ e produtor musical noruegués máis coñecido polo seu nome artístico Kygo. É famoso por facer remesturas do tema "I See Fire" de Ed Sheeran, que foi reproducido 27,7 milllóns de veces en Soundcloud e máis de 40 millóns de veces en YouTube. Despois dun tempo de descanso no 2014, colaborou co vocalista de Coldplay Chris Martin para crear un remix da canción "Midnight".
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
A National Audubon Society ou Audubon (Sociedade Nacional Audubon) é unha organización ecoloxista sen ánimo de lucro dedicada á conservación da natureza localizada nos Estados Unidos e incorporada en 1905. Audubon é unha das máis antigas deste tipo de organizacións no mundo e utiliza a ciencia, a educación e a defensa das súas bases para progresar na súa misión conservacionista. O seu nome déuselle en honor ao ornitólogo e naturalista franco-americano John James Audubon, que pintou, catalogou e describiu as aves de Norteamérica no seu famoso libro Birds of America publicado por partes entre 1827 e 1838.
O Rinoceronte de Dürer é un gravado en madeira de Albrecht Dürer realizado en 1515 que se converteu nunha icona cultural, e que segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na historia da arte». Está baseado en bosquexos e descricións duns dos primeiros rinocerontes que chegaron a Europa, concretamente na corte portuguesa.
O termo foro pode referirse a: Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral. Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.
Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
A colaxe é unha técnica artística baseada en ensamblar diferentes elementos nun todo unificado. O termo provén do francés coller, que significa pegar. Aplícase fundamentalmente á pintura, pero por extensión pode referirse a calquera outra manifestación artística, como a música, o cine, a literatura ou a videocreación.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
Etiopía (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte centroriental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes, que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
Yandere Simulator é un videoxogo en desenvolvemento que será publicado por YandereDev. O xogo céntrase nunha colexiala namorada chamada 'Ayano Aishi', máis coñecida como 'Yandere-chan', que debe acabar con calquera rapaza que ela cre que está atraer a atención do seu amor. Ó longo de 10 semanas, a principal protagonista do xogo, debe asasinar 10 rivais.
A Administración de Proxectos,ou xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades e técnicas na elaboración de actividades relacionadas para atinxir un conxunto de obxectivos predefinidos. O coñecemento e as prácticas da xestión de proxectos quedan mellor descritos en termos dos seus procesos compoñentes. Eses procesos poden clasificarse en cinco grupos de proceso (arranque, planificación, execución, control e peche) e nove áreas de coñecemento : xestión de integración de proxectos, xestión de alcance de proxectos, xestión de tempo de proxectos, xestión de custo de proxectos, xestión de calidade de proxectos, xestión de recursos humanos de proxectos, xestión de comunicacións de proxectos, xestión de riscos de proxectos e xestión de adquisicións de proxectos.
Nicolao Copérnico, nado o 19 de febreiro de 1473 en Toruń e finado o 24 de maio de 1543, foi un astrónomo e matemático que viviu a cabalo dos séculos xv e xvi e que revolucionou a concepción do universo grazas á súa teoría heliocéntrica do Sistema Solar, que desprazou a Terra coma centro do universo, concibida en primeira instancia por Aristarco de Samos. O seu libro de referencia, De Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre as revolucións das esferas celestes), onde expresa a súa débeda coas obras de Azarquiel e al Battani, publicado en 1543, pouco antes da súa morte, adoita ser considerado como o punto inicial ou fundador da astronomía moderna, ademais de ser unha peza clave no que se chamou a revolución científica na época do Renacemento. Copérnico pasou preto de vinte e cinco anos traballando no desenvolvemento do seu modelo heliocéntrico do universo.
Un motor de xogo (inglés: game engine) é un programa informático deseñado para a creación e desenvolvemento de videoxogos. Os desenvolvedores utilizan estes programas para crear xogos para consolas, dispositivos móbiles e ordenadores. As funcionalidades habituais que adoita fornecer un motor de xogo inclúen a renderización de gráficos 2D e 3D, un motor de físicas e detección de colisións, son, scripting, animación, intelixencia artificial e funcionalidades de rede entre outras.