Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Elvis é un filme estadounidense-australiano de 2022 dirixido por Baz Luhrmann e escrito por Luhrmann, Sam Bromell, Craig Pearce e Jeremy Doner. Conta a vida do cantante de rock and roll e actor estadounidense Elvis Presley, contada dende a perspectiva do seu representante, Tom Parker. Está protagonizado por Austin Butler como Presley e Tom Hanks como Parker, xunto con Olivia DeJonge, Helen Thomson, Richard Roxburgh, David Wenham, Kodi Smit-McPhee e Luke Bracey como o resto do elenco principal.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
A Wikipedia en armenio (en armenio: Հայերեն Վիքիպեդիա) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua armenia. Foi creada en febreiro de 2003.A Wikipedia en armenio lanzou unha opción para ler os contidos, en caso de preferilo, na ortografía tradicional (Mesrobian) no canto da ortografía reformada (Abeghian). A Wikipedia en armenio tamén dispuña dalgúns artigos paralelos en armenio occidental, falado amplamente pola diápora armenia.
Sidney Lumet, nado en Filadelfia o 25 de xuño de 1924 e finado en Nova York o 9 de abril de 2011, foi un director, produtor e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Foi nomeado ao Oscar ó mellor director catro veces, polos seus filmes Doce homes sen piedade (1957), A tarde dun día de cans (1975), Network, un mundo implacable (1976) e Veredicto final (1982).
A Virxe María, Santa María ou simplemente María (Mariam: grego: Μαριάμ; hebreo: מרים; árabe: مَريَمْ) foi unha muller xudía de Nazaret (Galilea), considerada segundo as tradicións cristiá e musulmá a nai de Xesús de Nazaret e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de Deus. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de Benaventurada Virxe María e Nai de Deus nas igrexas occidentais, e o seu equivalente Theotokos no cristianismo oriental, e Maryam, nai de Isa (Xesús) no islam. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é Cristo (é dicir, o mesías prometido ao pobo xudeu) e Deus Fillo encarnado, mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos profetas máis importantes enviados por Deus á humanidade.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973. O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG) e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
Un circuíto integrado (CI), tamén coñecido como chip ou microchip, é unha pastilla pequena de material semicondutor, dalgúns milímetros cadrados de área, sobre a que se fabrican circuítos electrónicos xeralmente mediante fotolitografía e que está protexida dentro dun encapsulado de plástico ou cerámica. O encapsulado posúe condutores metálicos apropiados para facer conexión entre a pastilla e un circuíto impreso.
Hideaki Anno (庵野 秀明, Anno Hideaki), nado en Ube o 22 de maio de 1960, é un animador, director de cinema e actor xaponés. É coñecido por ser o creador do popular anime Neon Genesis Evangelion. O seu estilo quedou definido pola incorporación do posmodernismo e da extensa representación dos pensamentos e emocións dos personaxes, a miúdo a través de escenas non convencionais que presentan a súa deconstrución mental.
Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón.
Mordor (en sindarin "país negro") é un país ficticio da Terra Media, o universo de ficción de J. R. R. Tolkien. Foi a rexión onde se refuxiou o Señor Escuro Sauron ata a conclusión da Guerra do Anel, no ano 3019 TI. É a terra do mal por excelencia na obra de Tolkien. Nesta rexión principalmente volcánica, situada ó leste de Gondor, Sauron forxou o Anel Único nas fraguas do Monte do Destino, contra o ano 1600 SI, co obxectivo de dominar por completo ós pobos da Terra Media.
Unha lista de éxitos musicais é unha maneira de darlle á música un grao, que vén da súa popularidade. estadounidense Billboard Hot 100 é unha das listas máis populares. A información sobre listas vén dalgunhas fontes diferentes, como o número de vendas, ás veces que se programou na radio, ou que se descargau, e outros criterios.
Sesame Street é un programa infantil de televisión estadounidense dirixido a nenos en idade preescolar, coñecido pola combinación de educación e entretemento, empregando uns monicreques coñecidos como the Muppets creados por Jim Henson, a animación, as curtas, o humor, e a utilización de referencias culturais. En Galicia emitiuse desde 1979 e durante os anos oitenta do século XX en castelán e en Televisión Española cunha versión española chamada Barrio Sésamo. Na versión española, ademais dos monicreques internacionais: Big Bird (Caponata), Ernie and Bert (Epi e Blas), Elmo, Grover (Coco), Cookie Monster (Triqui ou Monstro das Galletas), Kermit the Frog (a Ra Gustavo), e Count von Count (o Conde) apareceron personaxes nacionais que acadaron gran sona, uns humanos e dous monicreques: O ourizo Espinete e o papagaio Don Pimpón.
O Club Esportiu Europa é un club polideportivo español do histórico barrio de Gràcia de Barcelona, fundado en 1907. Ten seccións de fútbol, baloncesto, fútbol sala e fútbol feminino. É fundamentalmente coñecido polo seu primeiro equipo de fútbol, que actualmente compite na Terceira División, aínda que en 1928 tivo a honra de ser un dos dez clubs que fundou a Liga española de fútbol, militando tres tempadas na Primeira división española, e en 1923 foi finalista da Copa do Rei, caendo derrotado na final por un gol a cero.
The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
O LP ou Long Play (en galego: "Longa duración") é un disco musical de vinilo de 12 polgadas e que se reproduce a 33⅓ revolucións por minuto, co que pode albergar até unha hora de música. Lanzado en 1948, e dez anos despois na súa forma estéreo, a partir de 1967 converteuse no formato común para a edición de música até a chegada do CD. A partir dese momento o disco de música popular comezou a considerarse como unha obra de arte [Cómpre referencia] e a ser tratado como un todo indivisible. Até entón os diferentes formatos eran só contedores nos que cabían diferente número de cancións e que seguían unha lóxica puramente comercial.
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial. A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos.
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema. Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes, moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas.
Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (BVPH) é unha hemeroteca dixital española. Fundada en 2009 e xestionada polo Ministerio de Cultura e Deporte de España, dixitalizou numerosas publicacións periódicas, desde o século XVIII até o XXI. Nela recóllense fondos de diversas comunidades autónomas. A BVPH, que en 2013 contaba con 2037 títulos, compleméntase coa Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España.
Status social en socioloxía ou antropoloxía describe a posición social que un individuo ocupa dentro dunha sociedade (Posición social de alguen). O status permite, nas relacións interpersoais, saber o marco ou conxunto de comportamentos que se espera de ambos os actores sociais. O status varía segundo o tempo e o grupo ao que se pertence.
Parsec (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'. Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").
A orde Mononegavirales é unha orde de virus da clasificación do Comité Internacional de Taxonomía de Virus. Os seus membros chámanse mononegavirus. A orde comprende numerosos virus relacionados, os máis coñecidos dos cales son: virus Ebola, virus respiratorio sincicial humano, virus do sarampelo, virus das papeiras, virus Nipah, e virus da rabia.
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades estadounidenses, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas.
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
A lectura é o proceso que permite que, tras visualizar detidamente un texto, poidamos entender, interpretar ou maxinar o seu contido. A lectura é un acto comunicativo que precisa dun emisor, dunha mensaxe, dun código e dun receptor que o dea interpretado. A lectura non é unha actividade neutra: pon en xogo o lector e unha serie de relacións complexas co texto, o que le, o que desenvolve a lectura, é o receptor.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 8 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu á coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1). O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč").
A palabra forma pode referirse a: ArteForma musical, en música clásica, a forma, en sentido xenérico, designa unha estrutura ou unha tradición de escritura, que permite inscribir a obra na historia da evolución da creación musical. Forma, un dos elementos da arte.BioloxíaForma, categoría taxonómica que constitúe unha subdivisión xeralmente por debaixo da variedade ou da «raza».MatemáticasForma, figura espacial dos corpos. Forma canónica de Jordan, ou forma normal de Jordan, é un termo matemático empregado en álxebra lineal.
O pensador (en francés: Le Penseur) é unha das esculturas máis famosas de Auguste Rodin. O escultor concibiu esta peza entre 1881 e 1882 para decorar o tímpano do conxunto escultórico A Porta do Inferno, encargado en 1880 polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes de Francia. Isto serviría como entrada do Museo de Artes Decorativas de París, aínda que o proxecto non se concluíu.
Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional. Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano.
Jin-Roh (人狼, Jinrō, lit. "Lobishome") é un filme anime xaponés dirixido por Hiroyuki Okiura que foi estreado en 1999. É a terceira adaptación do manga de Mamoru Oshii Ken-Roh Densetsu, despois de dous filmes en vivo: The Red Spectacles e StrayDog: Kerberos Panzer Cops estreados en 1987 e 1991 respectivamente.
Matemáticas ou matemática (do grego μαθηματικός, mathematikós, 'o que aprende', que á súa vez deriva de μάθημα, máthēma, 'coñecemento', 'estudo', 'aprendizaxe') é o estudo abstracto de cuestións que abranguen os conceptos de cantidade, estrutura, espazo, cambio, e outras propiedades; se ben non hai unha definición xeralmente aceptada. Os matemáticos buscan patróns e formulan novas conxecturas das que tratan de establecer a súa verdade ou falsidade mediante unha demostración matemática. Cando as estruturas matemáticas son bos modelos de fenómenos reais, o razoamento matemático pode axudar a comprender e facer predicións sobre a natureza.
Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros. Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno. Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.
O termo orde podem referirse a: FilosofíaOrde, concepto filosófico oposto ao caos.RelixiónOrde sacerdotal, no cristianismo, o sacramento de incorporación a tarefas de pastor; Orde relixiosa, tipos particular de asociación relixiosa que respecta unhas regras comúns: orde franciscana, orde dominica, orde do Císter, orde de Cluny, orde de Santiago, orde Teutónica , orde de Malta, orde dos templarios etc.ExércitoOrde militar, en relación co significado anterior, grupo de combatentes que respecta unhas regras internas particulares, normalmente no marco duns principios e dunha misión específica. Coñécese co nome de ordes tamén os distintos galardóns, de carácter cívico-militar, que os estados e algunhas asociacións lles conceden aos mellores dos seus cidadáns e membros, como a Orde do Imperio Británico, a orde da Lexión de Honra francesa etc.Arquitecturaorde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta.Lingüística e informáticaImperativo, a expresión lingüística de mandato; Orde, en informática, instrución dada a unha máquina para que execute unha tarefa; Orde alfabética, secuencia pola que se distribúen os termos conforme a súa primeira letra inicial.BioloxíaOrde, determinado nivel de clasificación taxonómica;DereitoOrde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.ToponimiaOrde, lugar da parroquia de San Miguel de Vilapedre, no concello de Sarria;A Orde, lugar da parroquia de Vilarrubín, no concello da Peroxa.
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
The Parent Trap (filme de 1998)
The Parent Trap é un filme estadounidense de comedia familiar co-escrito e dirixido por Nancy Meyers que foi estreado en 1998. É un remake do filme homónimo de 1961 e unha adaptación da novela de Erich Kästner Das doppelte Lottchen. Dennis Quaid e Natasha Richardson interpretan unha parella que se divorcia pouco despois de casar; Lindsay Lohan intepreta a Hallie Parker e a Annie James, unhas xemelgas idénticas que se reúnen accidentalmente nun campamento de verán despois de vivir separadas dende o nacemento.
Trainspotting é un filme británico de comedia negra dirixido por Danny Boyle que foi estreado no Reino Unido o 23 de febreiro de 1996. Está baseado na novela homónima de Irvine Welsh. Está protagonizado por Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle e Kelly Macdonald, no seu debut como actriz.
Non confundir co condado de Orange, Nova York.O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1889 e conta cunha poboación de 3 046 876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos. Está situado ó sur dos Ánxeles e ó norte de San Diego.
The Purge: Anarchy é un filme estadounidense dirixido e escrito por James DeMonaco que foi estreado no 2014. É a secuela do filme de The Purge, e está protagonizado por Frank Grillo, Carmen Ejogo, Zach Gilford, Kiele Sanchez, Zoë Soul e Michael K. Williams, mentres que Edwin Hodge retoma o papel de Dwayne do filme anterior.
O citoesqueleto procariota é o conxunto de todos os filamentos proteicos estruturais da célula procariota (bacterias e arqueas). Anteriormente pensábase que os procariotas non tiñan citoesqueleto, pero os avances nas tecnoloxías de visualización e determinación da estrutura das células levaron ao escubrimento de filamentos nestas células a principios da década de 1990. Nos procariotas non só se atoparon análogos de todas as principais proteínas citoesqueléticas eucariotas, senón que neles tamén se descubriron proteínas citoesquelétias sen homólogos eucariotas.
Shutter Island é un filme americano de intriga e suspense psicolóxico dirixido por Martin Scorsese. A película está baseada na novela do mesmo nome escrita por Dennis Lehane no 2003. O filme está protagonizado por Leonardo DiCaprio, que interpreta a un policía de Boston enviado a un centro psiquiátrico, situado nunha pequena illa chamada Shuter Island, para investigar a estraña desaparición dunha perigosa paciente do hospital mental.
Ice Age: Dawn of the Dinosaurs
Ice Age: Dawn of the Dinosaurs é un filme estadounidense dirixido por Carlos Saldanha e Michael Thurmeier que foi estreado no 2009. Terceira parte do filme Ice Age.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Alien: Covenant é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott e escrito por John Logan e Dante Harper, baseado nunha historia de Michael Green e Jack Paglen. O filme é a secuela de Prometheus, sendo o segundo título das precuelas da franquía Alien e o terceiro dirixido por Scott. Está protagonizado por Michael Fassbender, Katherine Waterston, Billy Crudup, Danny McBride e Demián Bichir.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Concurso España (tamén coñecido como Copa España) foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol— no que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball —unha escisión da Federación Española de Clubs de Foot-ball— organizou un torneo análogo, do que non se chegaría a disputar a fase final.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Abraham Lincoln: Vampire Hunter
Abraham Lincoln: Vampire Hunter é un filme estadounidense dirixido por Timur Bekmambetov que foi estreado no 2012. Está baseado na novela de Seth Grahame-Smith Abraham Lincoln, Vampire Hunter.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.