Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio". Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Está baseado na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi.
The Parent Trap (filme de 1998)
The Parent Trap é un filme estadounidense de comedia familiar co-escrito e dirixido por Nancy Meyers que foi estreado en 1998. É un remake do filme homónimo de 1961 e unha adaptación da novela de Erich Kästner Das doppelte Lottchen. Dennis Quaid e Natasha Richardson interpretan unha parella que se divorcia pouco despois de casar; Lindsay Lohan intepreta a Hallie Parker e a Annie James, unhas xemelgas idénticas que se reúnen accidentalmente nun campamento de verán despois de vivir separadas dende o nacemento.
The Hateful Eight é un filme estadounidense de 2015 do xénero western revisionista escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Samuel L. Jackson, Kurt Russell, Jennifer Jason Leigh, Walton Goggins, Demián Bichir, Tim Roth, Michael Madsen e Bruce Dern, que interpretan oito descoñecidos que buscan refuxio dunha treboada de neve nunha parada de dilixencias pouco despois da guerra civil estadounidense.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
James Cameron's Avatar: The Game
James Cameron's Avatar: The Game é un videoxogo de acción en terceira persoa do 2009, desenvolvido a partir do filme de James Cameron Avatar. O xogo foi creado por Ubisoft Montreal para as plataformas PlayStation 3, Xbox 360, PC, Wii e Nintendo DS o 1 de decembro de 2009, cunha versión para a PSP realizada o 8 de decembro de 2009. Ubisoft anunciou que empregarían a mesma tecnoloxía do filme para poder xogar en 3D. Nunha entrevista en Nintendo Power, fíxose público que a versión para Wii emprega o sistema Jade engine de Ubisoft.
A lingua romanesa ou romanés (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldavia, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.
Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. Compite por converterse no estándar de medios ópticos sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño.
Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York e finado o 16 de xaneiro de 2021, foi un produtor e compositor estadounidense. Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals.
Os videoxogos de estratexia son videoxogos que requiren que o xogador poña en práctica as súas habilidades de planificación e pensamento para manobrar, xestionando recursos de diverso tipo (materiais, humanos, militares...), conseguir a vitoria. Na maioría dos videoxogos de estratexia, "ao xogador concedéselle unha vista do mundo absoluta, controlando indirectamente as unidades baixo o seu poder"."A orixe dos videoxogos de estratexia está fortemente vinculado cos seus curmáns próximos, os xogos de mesa de estratexia".
Spider-Man: Homecoming é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Jon Watts. É un filme de superheroes de Marvel Comics sobre a personaxe de Spider-Man, coproducido por Columbia Pictures e Marvel Studios, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o segundo "reboot" de Spider-Man e o décimo sexto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU).
Orochimaru (大蛇丸, Orochimaru) é un personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O nome de Orochimaru así como os de Jiraiya e Tsunade veñen da lenda xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語, O Conto de Jiraiya o galante). Orochimaru é un home, pero fala cun ton agudo e un pouco feminino en xaponés para darlle un ton máis sinistro.
Rick Dangerous é un videoxogo desenvolvido por Corel Design en 1989 para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, ZX Spectrum e DOS. Baseado no personaxe de Indiana Jones é un arcade de habilidade no que Rick Dangerous ten que superar tres fases diferentes, no templo azteca terá que recoller as estatuas do deus Sol, na pirámide exipcia onde terá que rescatar a pedra Ankhal que caeu en poder duns fanáticos que pretenden destruíla e a última fase é unha fortaleza nazi na que terá que salvar a uns prisioneiros británicos.
Sonic the Hedgehog ou "Sonic o ourizo" é unha serie de videoxogos de SEGA ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía. Tamén está presente en cómics, debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en 1991 na consola Sega Mega Drive (ou Genesis, como é coñecida nos EUA).
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
Urano é o sétimo planeta do sistema solar, situado entre Saturno e Neptuno, o terceiro de maior tamaño, e o cuarto máis masivo. Chámase así en honra da divindade grega do ceo Urano (do grego antigo Οὐρανός), o pai de Cronos (Saturno) e o avó de Zeus (Xúpiter). Aínda que é detectable a primeira ollada no ceo nocturno, non foi catalogado como planeta polos astrónomos da antigüidade debido á súa escasa luminosidade e á lentitude da súa órbita.
Richard Strauss, nado en Múnic o 11 de xuño de 1864 e finado en Garmisch-Partenkirchen, Baviera, o 8 de setembro de 1949, foi un director de orquestra e compositor alemán de música clásica, particularmente salientable polos seus poemas sinfónicos, óperas e lieder. A súa longa traxectoria abrangue dende o romanticismo serodio até a metade do século XX. Membro dunha familia de grandes intérpretes e compositores vieneses, Richard Strauss, o polifonista moderno máis importante, é un caso sobranceiro na historia da música, tanto pola influencia exercida sobre os seus contemporáneos, como pola autonomía dunha obra sen fendas nin descontinuidades. Strauss tivo sobre todo dous referentes musicais, Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Wagner, e no seu traballo ámbalas dúas figuras loitaron pola posesión da súa ánima artística.
Pokémon (ポケットモンスター, Poketto Monsutā, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
NHK Nippon Hōsō Kyōkai (日本放送協会) ou Corporación Emisora do Xapón é a única emisora pública do Xapón.Ràdio Toquio é o nome informal da NHK, que fai referencia ao seu rol orixinal como compañía de radiodifusión. Actualmente operan dous servizos de televisión terrestres (NHK General TV e NHK Educational TV, respectivamente : Televisión Xeral NHK e Televisión Educativa NHK), tres servizos por satélite (NHK BS-1, NHK BS-2 i NHK Hi-Vision, e tres emisoras de radio (NHK Ràdio 1, NHK Ràdio 2 e NHK FM). Emiten tamén cara o estranxeiro NHK World TV, NHK World Premium e NHK World Radio (que en galego serían: TV Mundial NHK, Mundial Superior NHK e Radio Mundial NHK).
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral. Malia estaren presentes en todas as culturas, non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm. Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais.
O xénero fantástico, comunmente chamado fantasía, é un xénero artístico de ficción no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais. No seu sentido máis amplo, o xénero fantástico áchase presente na literatura, cine, banda deseñada, videoxogos, xogos de rol, pintura, escultura, drama e, sobre todo, na mitoloxía e relatos antigos, onde tivo a súa orixe. Caracterízase por non dar prioridade a unha representación realista que respecte as leis de funcionamento do mundo real.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca.
James Francis Cameron, nado o 16 de agosto de 1954 en Chippawa, Ontario é un director de cine, produtor e guionista canadense. O seu traballo como gionista e director inclúe filmes como Piraña II (1981), Terminator (1984), Aliens (1986), The Abyss (1989), Terminator 2: O xuízo final (1991), True Lies (1994), Titanic (1997) e Avatar (2009).
Polaris, designada Alfa Ursae Minoris (α Ursae Minoris), e comunmente referida como Estrela do Norte ou a Estrela Polar por antonomasia (no hemisferio norte), é a estrela máis brillante na constelación da Osa Menor. Está moi próxima ao polo celeste setentrional, o que a converte na Estrela Polar setentrional contemporánea. Sitúase a 433 anos luz (133 parsecs).
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes.
Tyra Lynne Banks, nada en Inglewood (California) o 4 de decembro de 1973, tamén coñecida como BanX, é unha personalidade televisiva, produtora, empresaria, actriz, escritora, modelo e cantante ocasional estadounidense. Comezou a súa carreira aos quince anos e foi a primeira muller de orixe afroamericana que apareceu nas portadas de GQ e do número de bañadores de Sports Illustrated, en que apareceu dúas veces. Foi un anxo de Victoria's Secret entre 1997 e 2005.
O pianista (en inglés: The Pianist) é un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody. O filme é unha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Władysław Szpilman. Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes, e foi galardoada con tres Premios Óscar: mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión adaptado.
O proceso (título orixinal en alemán: Der Prozess) é unha novela inacabada de Franz Kafka, publicada postumamente en 1925 por Max Brod, baseándose no manuscrito inconcluso de Kafka. Narra a historia de Josef K., un oficinista bancario cunha puxante carreira nun importante banco da cidade, que é arrestado unha mañá por unha razón que descoñece. A partir deste momento, o protagonista adéntrase nun pesadelo para defenderse de algo que nunca sabe o que é e con argumentos aínda menos concretos, só para descubrir, unha e outra vez, que as instancias máis altas ás que pretende apelar son só as máis humildes e limitadas, creando así un clima de inaccesibilidade á 'xustiza' e á 'lei'.
iCarly é unha serie de televisión de comedia adolescente creada polo produtor de televisión, Dan Schneider e transmitida orixinalmente pola canle Nickelodeon. A serie trata da historia de Carly Shay, unha moza que xunto aos seus dous mellores amigos, Sam Puckett e Freddie Benson, crean un webshow chamado iCarly. A serie foi producida por Schneider's Bakery en asociación con Nickelodeon Productions.
Unha "raza fantástica" é un grupo de seres máis ou menos fantásticos mencionados normalmente nos universos imaxinarios da fantasía heroica, a ciencia ficción e os xogos de rol. O termo pode referirse a grupos étnicos, especies, nacionalidades ou grupos sociais. Nos xogos de rol a "raza" refírese a calquera especie que poida usarse como personaxe xogador ou non.
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
Tehran (/tɛəˈræn, -ˈrɑːn, ˌteɪ-/; persa: تهران Tehrân) é a cidade máis grande da provincia de Teherán e a capital de Irán. Con uns 9 millóns de habitantes na cidade e uns 16 millóns na área metropolitana do Gran Teherán, Teherán é a cidade máis poboada de Irán e da Asia Occidental, e ten a segunda maior área metropolitana do Oriente Próximo, despois do Cairo. Ocupa o posto 24 do mundo por poboación das áreas metropolitanas.
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo.
A Wikipedia en castelán é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua castelá. Foi creada o 11 de maio de 2001, acadando os 100 000 artigos o 8 de marzo de 2006 e o 1 000 000 de artigos o 16 de maio de 2013. Esta versión da enciclopedia contén 1.852.899 artigos e 6.812.717 usuarios, dos cales 14.630 son activos.
As Laurales son unha orde das fanerógamas (plantas con flores), un grupo basal das anteriormente chamadas dicotiledóneas, relacionadas coas Magnoliales. A orde ten arredor de 2.500 a 2.800 especies con 85 a 90 xéneros, con sete familias de árbores e arbustos. Moitas das especies son tropicais e subtropicais, con poucos xéneros de zona temperada.
Sasuke Uchiha (うちはサスケ, Uchiha Sasuke) é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha. Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha.
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol. É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, e equivale aproximadamente a 149 597 870 700 metros.
O cirílico é un alfabeto creado en Bulgaria no século IX, derivado da grafía uncial do grego aumentada con letras do alfabeto glagolítico, incluíndo algunhas ligaduras. Estas letras adicionais usáronse no antigo eslavo eclesiástico para sons que non existían no grego. O nome do alfabeto fai referencia aos irmáns bizantinos Cirilo e Metodio, quen crearon o máis antigo alfabeto glagolítico.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
O termo vídeo fai referencia a un proceso electromágnetico de rexistro de imaxe e son. Pode referirse ao soporte de rexistro chamando así á videocasete ou ao equipo encargado da gravación, chamado no ámbito profesional magnetoscopio. Tamén é posible falar de vídeo ao referirse a un determinado programa ao dicir que "está feito en vídeo"; isto remite a un modo de produción do programa ou a un tipo de imaxes que se diferencian na súa "textura" ás producidas polo cine (orixe fotoquímica).
Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo. A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo.
A Wikipedia en neerlandés (en neerlandés: Nederlandstalige Wikipedia) é a edición en neerlandés de Wikipedia. Comezada en xuño de 2001, esta edición tiña uns 100.000 artigos en outubro de 2005, e foi a cuarta Wikipedia en superar o millón de artigos, despois das edicións inglesa, alemá e francesa. Esta versión da enciclopedia contén 2.120.205 artigos e 1.269.164 usuarios, dos cales 4.002 son activos.
O silencio dos cordeiros (en inglés: The Silence of the Lambs) é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Demme que foi estreado en 1991. Está protagonizado por Jodie Foster, Anthony Hopkins e Scott Glenn. Está baseado na novela de Thomas Harris The Silence of the Lambs (1988), o segundo título sobre a personaxe de Hannibal Lecter, un brillante psiquiatra e asasino en serie caníbal.
The Beach Boys son un quinteto vocal e instrumental orixinal de Hawthorne (Os Ánxeles) que popularizou un estilo de pop coñecido por "Surfing" ou "Hot-Rod". As súas cancións responden a un movemento xuvenil de California da década de 1960, un despreocupado xeito de vivir que tiña nas praias, os coches, as mozas e o surf os seus principais sinais de identidade. O grupo estivo formado por tres irmáns: Brian (compositor, vocais, baixo, piano), Carl (guitarra, vocais) e Dennis Wilson (batería, vocais), xunto cun curmán da familia, Mike Love (vocal) e un veciño, Ao Jardine (guitarra, vocais).
O detective Conan (名探偵 コナン, Meitantei Conan) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón. O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV. No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos.
Volt, ou menos recomendable voltio, é a unidade do SI da tensión eléctrica, derivada a partir do ampere e mais do watt. O seu nome vénlle polo físico italiano Alessandro Volta, e o seu símbolo é V. Volt, no sistema métrico decimal, é unha unidade de medida de diferenza de potencial eléctrico. Un volt é igual á diferenza de potencial existente entre dúas secións transversais dun condutor percorrido por unha corrente eléctrica variable de 1 A, cando a potencia disipada entre as dúas seccións é igual a 1 watt.
A Wikipedia en italiano (en italiano: Wikipedia in italiano) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua italiana. Esta versión foi creada o 11 de maio de 2001 e a primeira edición foi realizada o 11 de xuño de 2001. É a novena meirande Wikipedia en número de artigos (despois da inglesa, da cebuana, da sueca, da alemá, da francesa, da neerlandesa, da rusa e da castelá).Esta versión da enciclopedia contén 1.805.946 artigos e 2.369.014 usuarios, dos cales 8.387 son activos.
A Mind Forever Voyaging (AMFV) é un xogo de ordenador interactivo creado por Steve Meretzky e publicado por Infocom en 1985. O nome procede do libro O preludio de William Wordsworth. O xogo está entre os máis respectados de Infocom polo seu ton serio e pola preocupación pola deriva social e política da humanidade, aínda que non tivo éxito comercial.
TRS-80 ou TRS-80 Micro Computer System é unha familia de ordenadores que foi fabricada pola compañía Tandy Corporation, sendo unha das pioneiras da computación persoal, polo lanzamento do TRS-80 Modelo I. A sigla TRS é orixinada do nome da compañía Tandy mailo da Radio Shack. A familia era composta de varios modelos de ordenadores, desde o Modelo I ata o Modelo II e, despois, polos modelos Color, e tivo moito éxito nas vendas, o que incentivou outras empresas a produciren varios clones noutros países e dentro dos Estados Unidos, como o Max-80 (EE.UU.), Aster CT-80 (Países Baixos) ou CP 500 (Brasil).A arquitectura do sistema era baseada nunha UCP formada polo microprocesador Zilog Z-80, que era mencionado polo número 80, do nome TRS-80. A velocidade de procesamento de datos era de 1,77 MHz e a capacidade de memoria RAM era de 4Kb.
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
A traxicomedia é unha obra dramática na que se mesturan elementos tráxicos e cómicos. Na Grecia clásica a traxicomedia (ou "drama satírico") adoitaba tratar un tema lendario, aínda que con efectos cómicos, protagonizados, fundamentalmente, polo coro. Os deuses non interviñan na vida dos homes, e pode haber máis dunha acción ó mesmo tempo.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
O Señor dos Aneis (en inglés: The Lord of the Rings) é unha triloxía épica de fantasía escrita por J. R. R. Tolkien. A historia comezou como unha secuela da novela de fantasía de Tolkien de 1937 O hobbit, mais finalmente converteuse nunha obra moito maior. Escrita por etapas entre 1937 e 1949, O Señor dos Aneis é un dos libros máis vendidos de tódolos tempos, con máis de 150 millóns de copias vendidas.O título da novela refírese ó principal antagonista da historia, o señor escuro Sauron, que na idade antiga creou o Anel Único para dominar os outros Aneis de Poder como a arma definitiva na súa campaña por conquistar e gobernar toda a Terra Media.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da península itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu grande importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe.
Centro-Val de Loira (en francés: Centre-Val de Loire) é unha rexión de Francia que agrupa a seis departamentos e cuxa capital atópase en Orleáns. Trátase dunha rexión marcada pola súa identidade rural, combinada con todo, con aglomeracións urbanas de forte tradición industrial. É a primeira produtora de cereais do país e a quinta rexión industrial de Francia.