Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio". Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Está baseado na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi.
The Parent Trap (filme de 1998)
The Parent Trap é un filme estadounidense de comedia familiar co-escrito e dirixido por Nancy Meyers que foi estreado en 1998. É un remake do filme homónimo de 1961 e unha adaptación da novela de Erich Kästner Das doppelte Lottchen. Dennis Quaid e Natasha Richardson interpretan unha parella que se divorcia pouco despois de casar; Lindsay Lohan intepreta a Hallie Parker e a Annie James, unhas xemelgas idénticas que se reúnen accidentalmente nun campamento de verán despois de vivir separadas dende o nacemento.
A arte gótica é un estilo que se desenvolveu na Europa occidental durante os derradeiros séculos da Idade Media, dende mediados do século XII até a implantación do Renacemento (século XV para Francia e Italia, e ben entrado o século XVI nos lugares onde o gótico perviviu máis tempo). Trátase dun amplo período artístico, que xurdiu na rexión francesa de Illa de Francia e espallouse ao longo de Occidente. Segundo os países e as rexións desenvólvese en momentos cronolóxicos diversos, ofrecendo no seu amplo desenvolvemento fondas diferenciacións: máis puro en Francia (sendo ben distinto o de París e o da Provenza), máis horizontal e preto da tradición clásica en Italia (aínda que ao norte acóllese un dos exemplos máis paradigmáticos, como a catedral de Milán), con peculiaridades locais en Flandres, Alemaña, Inglaterra, Castela e Aragón.
A lingua groenlandesa (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.
Yale University Press é unha editorial universitaria asociada á Universidade Yale. Foi fundada en 1908 por George Parmly Day, e converteuse no órgano oficial de publicacións da Universidade Yale en 1961, pero segue tendo autonomía financeira e operativa.Dende 2009, Yale University Press publica cada ano 300 títulos novos en tapa dura e outras 150 edicións de peto e conta con máis de 6.000 libros en formato impreso. Os seus libros gañaron cinco Premios Nacionais do Libro, dous Critics Circle National Book Awards e oito Premios Pulitzer.
Sutorenjia Mukōhadan (ストレンヂア 無皇刃譚, Stranja Mukōhadan) é un filme xaponés dirixido por Masahiro Andō que foi estreado no 2007. O filme conta a historia de Kotaro, un cativo que é perseguido por un grupo de espadachíns da Dinastía Ming por razóns misteriosas. Entre eles hai un bravo loitador occidental chamado Luo-Lang, cuxo único desexo é atopar un rival do seu talle.
O joule (de símbolo J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s−2 = 1 N × m = 1 W × s. Dito doutras formas, a unidade joule pode definirse como: a enerxía cinética (movemento) dun corpo cunha masa de dous quilogramos que se move a unha velocidade dun metro por segundo (m/s) no baleiro. E c = 1 2 m v 2 {\displaystyle E_{c}={\begin{matrix}{\frac {1}{2}}\end{matrix}}mv^{2}} o traballo necesario para mover unha carga eléctrica dun culombio a través dunha tensión (diferenza de potencial) dun voltio.
Emily Jean "Emma" Stone, nada en Scottsdale (Arizona) o 6 de novembro de 1988, é unha actriz estadounidense. O seu primeiro filme foi Superbad (2007), e posteriormente co-protagonizaría en The House Bunny (2008), Zombieland (2009) e Paper Man (2009). Tamén é coñecida por outros filmes como Amor estúpido e tolo (2011), The Help (2011) The Amazing Spider-Man (2012, 2014), e The Croods (2013).
RSS é parte da familia de formatos XML, desenvolvidos especificamente para os sitios de novas e os blogs. Este tipo de sitios que se actualizan con frecuencia inclúen dentro das súas potencialidades, a posibilidade de compartir información e usala noutros lugares web ou programas. Este procedemento coñécese como sindicación.
A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
Os anfibios (Amphibia, do grego ἀμφί, amphí ('ambos') e βίος, bíos ('vida'), que significa «ambas as vidas» ou «en ambos os medios») son unha clase de vertebrados anamniotas (sen amnio, como os peixes), tetrápodos, ectotérmicos, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento. Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre, presentando na actualidade unha distribución cosmopolita ao atoparse exemplares en practicamente todo o mundo, estando ausentes só nas rexións árticas e antárticas, nos desertos máis áridos e na maioría das illas oceánicas.
Marjorie Jacqueline "Marge" Bouvier-Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a esposa de Homer e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
MediaWiki é un motor para wikis baixo licenza GPL, programado en PHP usando MySQL sobre Apache. Malia ser creado e desenvolvido para a Wikipedia e os outros proxectos da fundación Wikimedia, tivo unha grande expansión a partir de 2005, existindo gran número de wikis baseadas neste software que nada teñen que ver con dita fundación. A maioría deles dedícanse á documentación de software ou a temas especializados.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
Sauli Väinämö Niinistö, nado en Salo o 24 de agosto de 1948, é un político finlandés, 12º e actual presidente de Finlandia dende 2012. Avogado de profesión, Niinistö foi presidente do Partido Coalición Nacional (KOK) de 1994 a 2001, ministro de Xustiza de 1995 a 1996, ministro de Facenda de 1996 a 2003, viceprimeiro ministro de 1995 a 2001 e candidato do KOK nas eleccións presidenciais de 2006. Exerceu como presidente do parlamento de Finlandia entre 2007 e 2011 e é presidente honorífico do Partido Popular Europeo desde 2002.
Naruto: Shippūden (Traducido como: Crónicas do Furacán) é o nome con que se coñece á segunda parte da historia de Naruto, o manga de Masashi Kishimoto. Esta denominación é a que se adoptou no anime, e equivale á segunda parte do manga. O seguinte texto que está abaixo é o argumento de cada manga pero non esta dividido de acordo ao modo no que o manga avanza.
O patrimonio cultural é a herdanza de elementos tanxibles e intanxibles dun grupo ou sociedade que procede das xeracións pasadas. Non todos os patrimonios das xeracións pasadas son “patrimonio”; máis ben, o patrimonio é un produto da selección pola sociedade.O patrimonio cultural inclúe a cultura material (como edificios, monumentos, paisaxes, libros, obras de arte e artefactos), a cultura inmaterial (como o folclore, as tradicións, a lingua e o coñecemento) e o patrimonio natural (incluíndo paisaxes culturalmente significativas e a biodiversidade). O termo tamén se usa a miúdo en relación coa protección da propiedade intelectual indíxena.O acto deliberado de manter o patrimonio cultural do presente para o futuro coñécese como preservación, e é o que promoven os museos e os centros culturais, étnicos e históricos, aínda que estes termos poden ter significados máis específicos ou técnicos nos mesmos contextos.
Unha tumba, ou sepultura, é un lugar onde se enterran os finados, que se escava na terra ou se constrúe sobre ela. As tumbas poden estar parcial ou totalmente soterradas (agás a súa entrada) nun cemiterio, ou no interior dunha igrexa ou na súa cripta. As tumbas individuais adoitan estar seladas, mentres que as familiares, ou para grupos, teñen portas para acceder a elas cada vez que fose necesario.
Gran Selo dos Estados Unidos de América
O Gran Selo dos Estados Unidos é un signo para a certificación de documentos utilizado nos Estados Unidos de América, país que non conta cun escudo heráldico propiamente dito. Na composición figura o lema nacional: E Pluribus Unum, que significa en latín "de varios, un" ou "de moitos, un". O selo aparece no reverso dos billetes dun dólar.
Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros. Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
O Victoria and Albert Museum (a miúdo abreviado como V&A) de Londres é o maior museo do mundo de artes aplicadas e decorativas e deseño, así como de escultura, que alberga unha colección permanente de máis de 2,27 millóns de obxectos. Foi fundado en 1852 e leva o nome da raíña Vitoria e do príncipe Alberte. O V&A está situado no Royal Borough de Kensington e Chelsea, nunha zona coñecida como "Albertopolis" debido á súa asociación con príncipe Alberte, o Albert Memorial e as principais institucións culturais coas que estivo asociado.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2014
Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados na cidade rusa de Sochi entre o 7 e o 23 de febreiro de 2014, son os 22º Xogos de Inverno, e están organizados polo Comité Organizador de Sochi ao igual que os Xogos Paralímpicos.
Frederico II de Hohenstaufen, nado o 26 de decembro de 1194 en Iesi, na Pentápole, Sacro Imperio Romano Xermánico, e finado o 13 de decembro de 1250 en Castel Fiorentino, Sacro Imperio Romano Xermánico, foi rei de Sicilia, rei de Alemaña (fomalmente, Rei de romanos) e de Xerusalén, e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Era neto de Frederico Barbarroxa e de Roxerio II de Hauteville, e foi unha das figuras máis interesantes da historia universal polas súas cualidades extraordinarias e o seu carácter excéntrico, distinto ao dos homes da súa época e adiantado a eles en máis dun sentido. A súa personalidade, pouco convencional, levábao a romper de continuo cos usos e costumes do seu tempo, razón pola cal alcumárono xa en vida co adxectivo stupor mundi 'asombro do mundo'.
O patrimonio natural, segundo a Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural de 1972, está conformado, de xeito similar ao patrimonio cultural, por: Monumentos naturais de excepcionalidade estética ou científica constituídos por formacións físicas e biolóxicas. Formacións xeolóxicas e fisiográficas así como áreas delimitadas que constitúen o hábitat de especies animais e vexetais ameazadas. Lugares naturais ou espazos de excepcional valor dende o punto de vista científico, conservacionista ou estético.
O termo louro fai referencia á cor acastañada que tira a dourada: Louro, a cor dourada do cabelo humano; persoa cos cabelos desa cor.O topónimo Louro pode referirse a: Louro, parroquia do concello de Muros; Louro, lugar de dita parroquia; Monte Louro, lugar de dita parroquia; Louro, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; Louro, lugar da parroquia de Setecoros, no concello de Valga; Monte e lagoa de Louro, zona especial de conservación (ZEC) formado polo monte Louro, a lagoa de Louro (tamén chamada lagoa das Xerfas) e a praia de Louro; Río Louro, afluente do Miño.O apelido Louro pode referirse a: Antón Louro, político galego (n. 1952).
Katsushika Hokusai (葛飾 北斎), nado no distrito de Honjō o 12 de outubro de 1760 e finado en Toquio o 10 de maio de 1849, coñecido simplemente co nome de Hokusai (北斎), foi un pintor, debuxante especialista de ’ukiyo-e, gravador e autor de escritos populares xaponeses do período Edo. É un dos principais artistas desta escola coñecida como «pinturas do mundo flotante». . A súa obra influíu en numerosos artistas europeos, especialmente en Gauguin e Van Gogh.
Grey's Anatomy é unha serie de televisión estadounidense que se estreou orixinalmente o 27 de marzo de 2005 a través de American Broadcasting Company (ABC). A serie con historia ficticia sobre as vidas de cirurxiáns internos, médicos residentes e asistentes dun hospital que tentan facer carreira como doutores ó tempo que deben manter en equilibrio as súas relacións profesionais e personais. O título é unha alusión a Gray's Anatomy, un libro clásico de anatomía humana que foi publicado orixinalmente en Londres en 1858 e foi escrito por Henry Gray.
Andorra conta con 83.137 habitantes e unha densidade de poboación de 179 hab/km2, segundo o censo de 2007. Debido a unha política restritiva de concesión da nacionalidade, a poboación de nacionalidade andorrana só constitúe o 36,6% dos habitantes do país; o resto da poboación, aínda sendo maioritaria, non dispón de dereitos políticos.
Encontros na terceira fase (en inglés: Close Encounters of the Third Kind) é un filme estadounidense de 1977 escrito e dirixido por Steven Spielberg, e protagonizado por Richard Dreyfuss, Melinda Dillon, Teri Garr, Bob Balaban, Cary Guffey e François Truffaut. Conta a historia de Roy Neary, un traballador de Indiana, cuxa vida cambia após un encontro cun obxecto voador non identificado (ovni).
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt.
O vello e o mar (na versión orixinal en inglés: The Old Man and the Sea) é unha novela escrita polo autor estadounidense Ernest Hemingway en 1951 en Cuba, que foi publicada en 1952. Trátase do maior traballo de ficción producido por Hemingway publicado durante a súa vida. É unha das súas obras máis sonadas e céntrase na personaxe de Santiago, un envellecido pescador que loita cun xigantesco peixe vela na corrente do Golfo.
A American Chemical Society ( ACS ) ou Sociedade Estadounidense de Química é unha sociedade científica ( asociación profesional ) con sede nos Estados Unidos que apoia a investigación científica no campo da Química . Foi fundada en 1876 na Universidade de Nova York . Actualmente conta con preto de 160.000 membros de todas as titulacións académicas, nos campos da Química, da enxeñaría química e doutros campos relacionados.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios. Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C..
Un concerto é unha actuación musical na «que se executan composicións soltas». No eido da música clásica occidental tamén é a forma musical na que os materiais melódicos, rítmicos e harmónicos se combinan nunha composición, determinando así a calidade sonora global dunha peza. Designa a forma de relacionarse as diversas voces que interveñen nunha peza musical, entendendo como voces diversas liñas melódicas simultáneas, sexan vocais ou instrumentais.
Para o artigo sobre o lugar, véxase Gai, Vilaxuste, Portomarín Un gai ou gay (do inglés gay, esta do francés gai e esta do latín gaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres.
David Unaipon, (nado como David Ngunaitponi) (28 de setembro de 1872 - 7 de febreiro de 1967) foi un escritor, inventor e predicador aborixe australiano dos Ngarrindjeri. Chegou a ser un dos aborixes máis coñecido de toda Australia e rachou con moitos dos estereotipos dos aborixes. En conmemoración á súa figura, a súa face é a que sae nos billetes de 50$ australianos.
O voo 409 de Ethiopian Airlines era un servizo regular internacional dende Beirut ata Addis Abeba que se esnafrou no mar Mediterráneo pouco despois da engalaxe do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri o 25 de xaneiro de 2010, matando ás 90 persoas a bordo. Este foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Ethiopian Airlines dende o secuestro do voo 961 en 1996.
Agostino "Dino" De Laurentiis, nado o 8 de agosto de 1919, e finado o 10 de novembro de 2010, foi un produtor de cinema italiano. Xunto con Carlo Ponti, foi un dos produtores que levaron o cine italiano á escena internacional ó final da segunda guerra mundial. Produciu ou co-producido máis que 500 filmes, dos cales 38 foron nomeado ós Premios Oscar.
Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e OS X, cunha adaptación para Linux dous días despois.
A Nación Navajo (en navajo: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
O Día de Acción de Grazas, en inglés Thanksgiving, é unha celebración tradicional dos Estados Unidos e o Canadá, e habitual tamén no Brasil, nalgunhas illas caribeñas, en Liberia e en diversas comunidades de inmigrantes estadounidenses en Centroamérica e Israel. Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, aínda que orixinalmente se facía o último xoves. No Canadá, pola súa banda, celébrase o segundo luns de outubro.
Unha tarxeta gráfica é o compoñente físico do ordenador encargado de converter a información dixital (sinais eléctricos) que lle chega dende o microprocesador en información comprensible e representable pola pantalla do ordenador, para que poida ser vista polo usuario. Conéctase xeralmente a algunha das rañuras de expansión (segundo a época de fabricación; ISA, VLB, PCI, AGP, PCI EXPRESS...), aínda que tamén pode ir integrada na placa base. As tarxetas gráficas non son dominio exclusivo dos PCs; tamén as incluían dispositivos como os Commodore Amiga (conectadas mediante os slots Zorro II e Zorro III), Apple II, Apple Macintosh, Spectravideo SVI-328, equipos MSX e, por suposto, as videoconsolas.
Lions Gate Entertainment Corporation (ou Lionsgate) é unha empresa do entretemento canadense-estadounidense. A compañía fundouse en Vancouver, na Columbia Británica, o 3 de xullo de 1997, e ten a súa sede en Santa Monica (California). En novembro de 2013, era a produtora e distribuidora de cine con máis éxito, fóra do grupo das "major", en Norte América, e o sétimo estudio de cine máis proveitoso.
A cafeína é un composto alcaloide (do grupo das xantinas) que actúa como estimulante nos humanos. A cafeína é o mesmo composto químico que a guaranina (chamada así polo guaraná), a mateína (polo mate) e a teofilina (polo té). Orixinalmente se pensaba que estas substancias tiñan diferenzas químicas, pero despois descubriuse que son idénticas.
Kikuko Inoue (井上 喜久子, Inoue Kikuko), nada en Yokosuka o 30 de setembro de 1964, é unha actriz de voz xaponesa. É coñecida por ser a voz de Belldandy en Aa! Megami-sama, de Kasumi Tendo en Ranma ½, Kirumi Tojo en Danganronpa V3: Killing Harmony, Lust en Fullmetal Alchemist: Brotherhood e Mizuho Kazami en Please Teacher!.
O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade. O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións.
A traxicomedia é unha obra dramática na que se mesturan elementos tráxicos e cómicos. Na Grecia clásica a traxicomedia (ou "drama satírico") adoitaba tratar un tema lendario, aínda que con efectos cómicos, protagonizados, fundamentalmente, polo coro. Os deuses non interviñan na vida dos homes, e pode haber máis dunha acción ó mesmo tempo.
JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas. Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas.
A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais.
iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións.
Unha festa é un rito social mediante o cal as persoas marcan certo acontecemento derivado polo xeral dun motivo concreto ou especial, como un aniversario ou unha voda; non obstante, sobre todo na cultural occidental, non se considera imprescíndibel a existencia dun motivo definido, puidéndose xa que logo levar a cabo a festa coma un simple acto ocioso de xuntanza. Asé mesmo, o carácter festivo tamén engloba os festexos ou celebracións polulares, que segundo o tipo reciben o nome de foliadas ou romarías; tamén neste grupo de carácter folclórico entran as feiras. Como rito que é, a festa segue uns patróns, que adoitan incluír bailes, música e dispensación de comida e bebida.
A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur. O topónimo procede do río Oja (na zona norte da comunidade), que nomea unha extensa comarca que ocupa boa parte da marxe dereita do Val do Ebro ao sopé do Sistema Ibérico.
O retrato fotográfico é un xénero onde se reúnen toda unha serie de iniciativas artísticas que xiran en torno á idea de mostrar as calidades físicas ou morais das persoas que aparecen nas imaxes fotográficas. A súa práctica encóntrase xa nos inicios da fotografía onde destaca o labor realizado polos fotógrafos ambulantes, os fotógrafos comerciais dos estudios parisienses, os primeiros retratos psicolóxicos, o retrato popular presentado pola fotografía academicista, así como a obra documental de David Octavius Hill. Os representantes principais do retrato fotográfico nos seus inicios son Nadar, Disdéri, Julia Margaret Cameron, Lewis Carroll, Gustave Lle Gray, Etienne Carjat, Antoine Samuel Salomon, Pierre Petit ou Lady Clementine Hawarden.
Cidadán Kane (EUA, 1941, Citizen Kane no seu orixinal inglés) é o primeiro filme realizado directamente para cinema, de Orson Welles, quen o dirixe e o interpreta, e é considerado por grande parte dos espectadores e da crítica especializada como unha das obras mestras da historia do cinema e posibelmente o máis influente na historia do cinema. Welles dirixiu dúas curtametraxes antes de Cidadán Kane, pero para seren utilizadas en montaxes teatrais. Pénsase que Cidadán Kane está baseada nas vidas do magnate xornalístico William Randolph Hearst, do aeronauta e magnate do cinema Howard Hughes, e do magnate das finanzas Samuel Insull.
Considérase cinema musical todas aquelas producións cinematográficas que ofrecen cancións ou temas musicais bailables nunha parte fundamental do seu desenvolvemento argumental. O concepto do espectáculo que impera en todos os aspectos da sociedade dos Estados Unidos alcanza un dos seus máximos expoñentes no cinema e, dentro del, nas elaboradas coreografías, as melodías inesquecibles e as obras mestras que deu o xénero musical.Serviu non só para que o cinema alcanzase a madurez técnica ao que sacrificaba o star system do cinema mudo. Serviu tamén para alumar un xénero que até entón tecnicamente non existía.
Organización de Países Exportadores de Petróleo
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización económica internacional, con sede en Viena. Foi creada como resposta á baixada do prezo oficial do petróleo acordada unilateralmente polas grandes compañías distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificación e coordinación das políticas petroleiras dos países membros, coa defensa dos seus intereses como nacións produtoras.
Novo México é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. Limita ao norte co Colorado, ao leste co Oklahoma e Texas, ao sur con Texas e México, e ao oeste co Arizona. Novo México posúe a maior porcentaxe de hispanos do país: o 42,1% posúe orixe hispánica, sendo os dous maiores grupos étnicos - españois, que forman 24% da poboación do Estado, e mexicanos, 18%.
Twentieth Century Fox Television, Inc., máis coñecida como 20th Century Fox Television é a unidade de produción para a televisión do estudio de filmación da Fox filial da Fox Entertainment Group, parte da compañía de Rupert Murdoch News Corporation, á que tamén pertence 20th Television que para alén de producir para as estacións sindicadas da Fox tamén distribúe case toda a produción da Twentieth Century Fox Television.