Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego, que dende maio de 2022 ocupa o cargo de director deportivo do RCD Espanyol. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Silvio Berlusconi, nado o 29 de setembro de 1936 en Milán e finado ibídem o 12 de xuño de 2023, foi un empresario e político italiano, líder do partido Il Popolo della Libertà. Foi o presidente do consello de ministros de Italia entre 1994 e 1995, dende o 11 de xuño de 2001 ata o 17 de maio de 2006, e desde 2008 a 2011. Líder de Forza Italia e magnate dos medios de telecomunicación (presidiu o grupo Mediaset).
O London Eye (ollo de Londres), tamén coñecido como Millennium Wheel (nora do milenio), rematado en 1999 e aberto ao público en marzo do ano 2000, foi a maior nora-miradoiro do mundo ata a apertura da Estrela de Nanchang en maio de 2006, e a posterior Singapore Flyer no 2008. O London Eye alcanza os 135 metros de altura sobre o extremo occidental dos Jubilee Gardens, no South Park do Támese entre as pontes de Westminster e Hungerford. A nora está ó lado de County Hall e fronte ás oficinas do Ministerio de Defensa.
O termo Raj, literalmente Dominio en lingua hindi, refírese á administración colonial que exercía o Imperio Británico na rexión do Indostán, é dicir o que hoxe é India, Paquistán e Bangladesh, así como na illa de Sri Lanka e outras menores no Océano Índico. A partir do ano 1886 o Raj tamén incluíu Birmania, que permaneceu baixo esta administración unificada ata 1937 . Esta administración iniciouse en 1858, cando o goberno desta rexión foi transferido pola Compañía Británica das Indias Orientais á Coroa, ata 1947, cando dividiuse a rexión en dous países, India e Paquistán, ós cales outorgóuselles a independencia.
Twice (hangul: 트와이스, estilizado como TWICE), é un grupo musical feminino multinacional formado por JYP Entertainment en Corea do Sur a través do programa de supervivencia SIXTEEN en 2015. O grupo ten nove integrantes: Nayeon, Jeongyeon, Momo, Sana, Jihyo, Mina, Dahyun, Chaeyoung e Tzuyu. O grupo debutou o 20 de outubro de 2015, co mini-álbum The Story Begins.O grupo popularizouse co lanzamento do sinxelo «Cheer Up» lanzado en 2016.
O termo louro fai referencia á cor acastañada que tira a dourada: Louro, a cor dourada do cabelo humano; persoa cos cabelos desa cor.O topónimo Louro pode referirse a: Louro, parroquia do concello de Muros; Louro, lugar de dita parroquia; Monte Louro, lugar de dita parroquia; Louro, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; Louro, lugar da parroquia de Setecoros, no concello de Valga; Monte e lagoa de Louro, zona especial de conservación (ZEC) formado polo monte Louro, a lagoa de Louro (tamén chamada lagoa das Xerfas) e a praia de Louro; Río Louro, afluente do Miño.O apelido Louro pode referirse a: Antón Louro, político galego (n. 1952).
A sauna castrexa (ou monumento con forno) é unha construción megalítica propia da cultura castrexa (territorio da antiga Gallaecia: Galicia, occidente de Asturias e Norte de Portugal) que consistía nunha sauna de uso ritual (rituais do baño de vapor). Nun principio pensouse que a orixe destas saunas galaicas era romana, porén hoxe sábese que xa existían nos castros varios séculos antes. Comezan a construírse a fins do século V a.C. ou comezos do século IV a.C..
Un neno ( pronunciación ) é, desde o punto de vista do seu desenvolvemento psicobiolóxico, toda criatura humana que non alcanzou a puberdade. Como sinónimo de infantil ou pueril, o termo aplícase a quen non é considerado adulto. Tamén o termo aplícase a quen, previa á adolescencia, vive a súa nenez.
A música alternativa é un termo que engloba a todos os tipos de música que se afastan da tendencia dominante ou dos modelos oficiais comunmente aceptados. Este tipo de música non conta con trazos diferenciadores que a convertan nun estilo musical único e recoñeocíbel, senón que agrupa un amplo número de xéneros musicais que se afastan da música comercial ou industrial e que teñen cada un as súas características propias.Este termo abrangue un gran número de subxéneros, entre os que destacan o rock alternativo, o grunge, o indie, a world music, a New Wave ou a música folk, Rap alternativo, entre outros. No entanto, os artistas representativos da música alternativa non sempre se encadran dentro do mesmo subxénero, senón que cada unha das súas composicións pode corresponder a un tipo distinto de música alternativa.
Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral. Malia estaren presentes en todas as culturas, non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm. Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais.
Metal alternativo é un subxénero do heavy metal que gañou popularidade a principios dos anos 90. As bandas deste xénero destacan polos seus pesados riffs de guitarra que tenden cara a experimentación, teñen letras pouco convencionais, tempos impares con máis contratempos que o metal normal, usa técnicas máis infrecuentes, afástase dos convencionalismos do heavy metal e incorpora un amplo rango de influencias fóra da escena musical do metal.
Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos
O Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos (coñecido no mundo anglosaxón simplemente como National Museum of Natural History) é un museo administrado polo Instituto Smithsoniano, localizado na National Mall da capital estadounidense, Washington D.C. As coleccións do museo totalizan máis de 125 millón de espécimes de plantas, animais, fósiles, minerais, rochas, meteoritos e obxectos culturais humanos. O museo é o segundo máis visitado dos museos smithsonianos. Ademais, no museo traballan máis de 185 profesionais da historia natural, o grupo máis grande dedicado ao estudo cultural e natural do mundo.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval. Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham. Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Juan sen Terra, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan.
O Servizo Nacional de Parques (en inglés: National Park Service) é unha axencia do Goberno Federal dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Interior. Foi fundado o 25 de agosto de 1916. Esta entidade é responsábel da xestión de 58 parques nacionais e de 333 outros locais de interese histórico, cultural e natural.
Amy Lynn Hartzler, máis coñecida como Amy Lee, nada como Amy Lynn Lee o 13 de decembro de 1981 en Riverside (California), é a pianista de formación clásica, cantante mezzosoprano, deseñadora, compositora e cofundadora do grupo estadounidense de rock gótico Evanescence. As súas influencias van desde músicos clásicos como Mozart até artistas modernos como Björk, Depeche Mode, Nirvana,Tori Amos, Danny Elfman e Plumb.No ano 2006 foi incluída no posto 69 entre os 1 000 mellores vocalistas de metai de todos os tempos pola revista Hit Parade, e o mesmo ano a súa banda foi elixida como a mellor do metal de 2006 por Rolling Stone.
OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites e outras fontes como bases de datos da administración. Dende 2016 OSM emprega en España cartografía PNOA para mapeado e edición.
O quechua, tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas indíxenas faladas polo pobo quechua, o cal habita principalmente nos Andes do Perú. Derivada dunha lingua ancestral común, é a familia de linguas precolombianas máis falada das Américas, cun estimado de 8-10 millóns de falantes en 2004. Aproximadamente o 25% (7,7 millóns) dos peruanos falan unha lingua quechua.
Asemblea Xeral das Nacións Unidas
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas é un dos seis principais órganos das Nacións Unidas. Está constituída polos representantes de tódolos Estados membros das Nacións Unidas e reúnese en sesións anuais dirixidas por un presidente elixido de entre os representantes. Como o único órgano da ONU na que están representados tódolos membros, a Asemblea serve como foro para que os membros propoñan iniciativas sobre paz, progreso económico e dereitos humanos.
Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart.
O indie pop é un xénero do rock alternativo orixinado no Reino Unido a mediados dos anos 80. Ten as súas raíces nas bandas de post-punk escocesas do selo Postcard Records de principios dos 80 (Josef K e Orange Juice) e na banda británica The Smiths. O indie pop inspirouse na ética DIY do punk e en ideoloxías relacionadas.
Un fenómeno é un acontecemento observábel, particularmente algo especial (literalmente "algo que pode ser visto", derivado da palabra grega φαινόμενoν phenómenon, 'aparencia', 'manifestación' (que á súa vez derivada de φαινομαι, 'aparecer', 'facer visíbel'); en plural, φαινόμενα phenómena, é o aspecto que as cousas ofrecen ante os nosos sentidos, é dicir, o primeiro contacto que temos coas cousas, o que denominamos experiencia Como, por exemplo, na área da física, os feitos observados por Galileo Galilei.A mesma palabra fai pensar que detrás do fenómeno pode existir unha estrutura non perceptíbel directamente, que o filósofo Immanuel Kant chamou nóumeno.
Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.
O hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma grande parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico.
A Universidade Harvard (Harvard University) é unha universidade privada, a máis antiga dos Estados Unidos, localizada en Cambridge, Massachusetts. Fundouna a colonia da baía de Massachusetts o 8 de setembro de 1636. Coñecida ao primeiro como New College, pasou a se denominar Harvard College o 13 de marzo de 1639 por John Harvard, que doara os seus libros e a maioría do seu capital á institución, que se converte en universidade en 1780.
Voyna i mir (en ruso: Война и мир) é un filme soviético co-escrito e dirixido por Sergei Bondarchuk. É unha adaptación cinematográfica da novela de 1869 Guerra e paz de Lev Tolstoi. O filme, estreado en catro partes entre 1966 e 1967, está protagonizado por Bondarchuk no papel de Pierre Bezukhov, xunto con Vyacheslav Tikhonov e Ludmila Savelyeva, que interpretan o príncipe Andrei Bolkonsky e a Natasha Rostova, respectivamente.
Tokusatsu (特撮) é a palabra xaponesa para denominar os efectos especiais e que fóra do Xapón identifica os filmes e series xaponesas que fan un considerable uso dos efectos especiais como filmes ou series de imaxe real tales como os de superheroes, como son as series de Metal Hero; kaijus como Godzilla; as de mecha, como Giant Robot ou aquelas producións que combinan dous ou máis destes xéneros, como Ultraman ou Super Sentai. En xeral abrangue temas que teñen que ver coa ficción científica, fantasía e terror. Constitúe unha das formas de entretemento máis populares do Xapón, pero fóra de Asia apenas teñen éxito uns poucos filmes e series, aínda que si conta cun importante número de afeccionados en todo o mundo.
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
X-Men: Days of Future Past é un filme de superheroes dirixido por Bryan Singer que foi estreado no 2014. Está baseado nos personaxes ficticios de X-Men que aparecen en Marvel Comics. É o sétimo filme sobre os X-Men e é unha secuela tanto de X-Men: The Last Stand (2006) como de X-Men: First Class (2011).
Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland. Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda.
Jamendo é unha comunidade creada en xaneiro do 2005 ao redor da música de libre distribución, onde os artistas poden subir a súa música de balde e o seu público escoitala e descargala do mesmo xeito. Dende a súa fundación, o número de artistas e álbums aloxados medrou de maneira exponencial. O nome provén da mestura de "jam" e "crescendo".
A lingua santali (en ol chiki: ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ; en nagari: সাঁওতালি) é unha lingua da subfamilia munda das linguas austroasiáticas. Está relacionada coas linguas ho e mundari, e fálase nos estados indios de Jharkhand, Bengala Occidental e Chhattisgarh. É unha lingua rexional recoñecida na India na súa constitución.
A iniciativa popular, tamén coñecida como iniciativa cidadá refírese á posibilidade amparada na constitución de que as persoas presenten peticións, cargo de xustiza, avalada polas súas firmas, para que se tome a consideración política un determinado asunto público, como pode ser unha reforma dun estatuto ou dunha lei, ou mesmo unha emenda constitucional. A iniciativa pode ser directa ou indirecta. Se é directa, a presentación da iniciativa desemboca nun referendo para aprobala ou rexeitala.
Denomínaselle conservante a calquera substancia engadida aos alimentos (sexa de orixe natural ou de orixe artificial) que poida deter ou minimizar a deterioración causado pola presenza de diferentes tipos de microorganismos (bacterias, lévedos e mofos). Esta deterioración microbiana dos alimentos pode producir perdas económicas substanciais, tanto para a industria alimentaria (que pode chegar a xerar perdas de materias primas e dalgúns produtos elaborados antes da súa comercialización, deterioración da imaxe de marca) así como para distribuidores e consumidores (tales como deterioración de produtos despois da súa adquisición e antes do seu consumo, problemas de sanidade etc.).
Marion Benson Owens, nada en San Francisco o 18 de novembro de 1888 e finada nos Ánxeles o 12 de maio de 1973, foi unha xornalista, escritora e guionista estadounidense, coñecida como Frances Marion, decotío citada como unha das mulleres guionistas máis destacadas do século XX, xunto con June Mathis e Anita Loos. Foi a primeira guionista en recibir dous premios Oscar.
Para a moeda de Acerbaixán, véxase Manat acerbaixano. O manat turcomán (código TMT; símbolo: m) é a unidade monetaria de Turkmenistán desde 1993, subdividida en 100 tenge (teňňe) como moeda fraccionaria.En 2009, o primeiro manat foi substituído polo novo manat turcomán, cunha taxa de cambio de 5.000 manats vellos por cada novo manat.
Fidelio oder die eheliche Liebe (en galego Fidelio ou o amor conxugal) é unha ópera en 2 actos con música de Ludwig van Beethoven e libreto en alemán de Joseph Ferdinand Sonnleithner baseado no libreto anterior en francés de Jean-Nicolas Bouilly que fora empregado en 1798 para a ópera Léonore, ou L’amour conjugal de Pierre Gaveaux e en 1804 para a ópera Leonora de Ferdinando Paer (Beethoven tiña a partitura desta). A súa estrea tivo lugar no Theater an der Wien de Viena o 20 de novembro de 1805.
Linus Benedict Torvalds, nado en Helsinqui o 28 de decembro de 1969, é un informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux, un kernel, e hoxe fai de coordinador do proxecto. Inspirándose no sistema operativo Minix, desenvolto por Andrew S. Tanenbaum para aprenderlle ós seus alumnos como funcionaba un sistema operativo, sentiu a necesidade dun sistema operativo de tipo UNIX capaz de executarse no seu PC. Torvalds fixo o desenvolvemento orixinal do kernel Linux no seu propio equipo durante o seu tempo libre.
O estreito de Magalláns ou estreito de Magallanes é un paso marítimo localizado no extremo sur de Suramérica, entre a Patagonia, Illa Grande da Terra do Fogo e varias illas situadas ao oeste desta, cara ao océano Pacífico. É o principal paso natural entre os océanos Pacífico e Atlántico. De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, a súa boca oriental está determinada pola liña que une o cabo Vírgenes co cabo do Espírito Santo.Porén, este límite non foi aceptado nin pola Arxentina nin por Chile, que asinaron o Tratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile, que estableceu no seu artigo 10º que «o extremo oriental do Estreito de Magalláns [está] determinado por Punta Dungeness no norte e o Cabo do Espírito Santo no sur», considerándoo integramente dentro da xurisdición de Chile, na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Monte Fuji (富士山, Fujisan, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ]) ou Fugaku , situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776´24 m.. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto. dunha illa na Terra.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
Na teoría da música occidental, un modo é un tipo de escala musical unido a un conxunto de comportamentos melódicos e harmónicos característicos. Os modos musicais formaron parte do pensamento musical occidental desde a Idade Media e inspiráronse na teoría da música grega antiga. O nome modo deriva da palabra latina modus, "medida, estándar, xeito, tamaño, límite de cantidade, método".
The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación.
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros.
Terminator 3: A rebelión das máquinas
Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que foi estreado no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
Legacy Recordings é unha división de Sony Music Entertainment. Foi fundada en 1990 de CBS Records (renomeado Sony Music en 1991) baixo o liderado de Jerry Shulman, Richard Bauer, Gary Pacheco e Amy Herot para xestionara as reedicións dos grandes catálogos de Columbia Records, Epic Records e outras discográficas asociadas. Controla arquivos de Sony Music, RCA, J Records, Windham Hill, Arista, LaFace, Jive, Buddah Records, Philadelphia International Records, así como Sony BMG Nashville.
O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .
NHK Nippon Hōsō Kyōkai (日本放送協会) ou Corporación Emisora do Xapón é a única emisora pública do Xapón.Ràdio Toquio é o nome informal da NHK, que fai referencia ao seu rol orixinal como compañía de radiodifusión. Actualmente operan dous servizos de televisión terrestres (NHK General TV e NHK Educational TV, respectivamente : Televisión Xeral NHK e Televisión Educativa NHK), tres servizos por satélite (NHK BS-1, NHK BS-2 i NHK Hi-Vision, e tres emisoras de radio (NHK Ràdio 1, NHK Ràdio 2 e NHK FM). Emiten tamén cara o estranxeiro NHK World TV, NHK World Premium e NHK World Radio (que en galego serían: TV Mundial NHK, Mundial Superior NHK e Radio Mundial NHK).
Fantastic Four (Os Catro Fantásticos) son un grupo de superheroes que obteñen os seus poderes ó sufrir un baño de raios cósmicos nun viaxe a Marte. Pertencen ó Universo Marvel de Marvel Comics, e a súa aparición significa o relanzamento do mundo dos cómics de superheroes que tivera o seu precedente nos anos trinta.
Super Mario Party (スーパー マリオパーティ, Sūpā Mario Pāti) é un videoxogo desenvolvido por NDcube e publicado por Nintendo para a consola Nintendo Switch. É o décimo primeiro título da serie de videoxogos Mario Party, e foi descrito como unha "renovación completa" da franquía, traendo e revitalizando elementos de xogo de títulos máis antigos á vez que introducía outros novos para acompañalos. Foi lanzado en todo o mundo o 5 de outubro de 2018 e vendeu 1,5 millóns de copias a finais dese mes.
O termo director executivo, así como director xeral, director xerente, executivo delegado, xefe executivo, presidente executivo, principal oficial executivo, conselleiro delegado ou primeiro executivo, adoitan usárense indistintamente para facer referencia á persoa encargada da máxima autoridade da xestión e dirección administrativa nunha organización ou institución. Aínda que nas pequenas empresas é habitual que o posto de presidente e de director executivo recaia na mesma persoa, non sempre é desta maneira, e adoita ser o presidente quen encabeza o goberno corporativo (estratexias xerais), e o director executivo quen representa a administración da empresa (a fase operativa das estratexias). Nas grandes empresas o director executivo pode contar cunha serie de directores para cada unha das responsabilidades da compañía, como é o caso do director de operacións, o director de finanzas e o director de información.No inglés utilízase normalmente o termo chief executive officer (director executivo) así como o seu acrónimo CEO, ou ben managing director (MD, director xeral), para designar este posto directivo.
e Coordenadas: 51°30′33″N 0°07′38″O A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos. A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.
Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O termo muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo rapaza o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho.
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial. A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos.
Ingvar Eggert Sigurðsson nado o 22 de novembro de 1963 é un actor islandés que traballou fundamentalmente no cine islandés. Entre os seus papeis máis coñecidos están o de Friðrik Þór Friðriksson no filme Englar alheimsins e o de Baltasar Kormákur Mýrin. Ademais dos seus traballos no cine, Ingvar tamén actuou na televisión.
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cunha aliñación internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista.
A esfera é o lugar xeométrico dos puntos do espazo que teñen unha distancia constante respecto a outro chamado centro. Non debe confundirse o valor areal da súa superficie co volumétrico do espazo que pecha. Os dous están en función desa distancia constante chamada raio (R), pero a medida deste último ten o valor de: V = 4 3 π R 3 {\displaystyle V={\frac {4}{3}}\pi R^{3}} mentres que o valor da súa superficie é: S = 4 π R 2 {\displaystyle S=4\pi R^{2}} Podería definirse tamén a esfera coma un poliedro de infinitas caras.
Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América
A Declaración de Independencia dos Estados Unidos é un texto aprobado polo Congreso Continental dos Estados Unidos de América o 4 de xullo de 1776 no que se anuncia que as trece colonias que se atopaban naquel momento en guerra con Gran Bretaña pasaban a constituírse en estados independentes e deixaban, polo tanto, de formar parte do imperio británico.