Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Día dos Mortos é unha celebración mexicana de orixe hispánica que honra os defuntos o 2 de novembro, malia que comeza o 1 de novembro (Día de Defuntos), seguindo as celebracións católicas do Día de Todos os Santos. É unha festividade mexicana e estendida tamén por parte de Centroamérica, amais de en moitas comunidades dos Estados Unidos, onde existe unha gran poboación mexicana e centroamericana. A Unesco declarou esta festividade como Patrimonio da Humanidade.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego, que dende maio de 2022 ocupa o cargo de director deportivo do RCD Espanyol. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores.
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc. Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria.
O agnome ou agnomen era na Antiga Roma un alcume honorífico que se engadía ao nome de determinada persoa para resaltar unha das súas virtudes ou lembrar o éxito dun dos seus feitos. Era un sobrenome individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognomen).
Minas Xerais (en portugués, Minas Gerais) é o cuarto maior estado do Brasil, cunha extensión semellante á de Francia: 588 384,30 km². Localízase no Sueste e ten coma límites ó norte e nordeste a Baía, ó leste o Espírito Santo, ó sursueste o Estado do Río de Xaneiro, ó sur e suroeste o estado de São Paulo, ó oeste o Mato Groso do Sur e ó noroeste o estado de Goiás.
O termo compás pode referirse a: o compás, adro ou lonxa previo ó acceso de igrexas e conventos. o compás, un instrumento de navegación que indica a dirección dos polos magnéticos. o compás naútico (constelación norte) e o compás de debuxo (constelación sur), a primeira é unha constelación do hemisferio norte que pertencía a antiga (obsoleta) constelación Argo Navis e a segunda é tamén unha constelación pero do hemisferio sur, aínda que en astronomía a confusión é moito menor xa que normalmente son usados os seus nomes en latín; Pyxis para a constelación do norte (compás naútico) e Circinus para a constelación do sur (compás de debuxo).
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
O Republic F-105 Thunderchief foi un cazabombardeiro supersónico usado pola Forza Aérea dos Estados Unidos. Con capacidade de acadar velocidades de Mach 2, o F-105 realizou a meirande parte dos ataques de bombardeo durante os primeiros anos da Guerra do Vietnam; era o único avión estadounidense en ser retirado do combate debido ás súas altas perdas. Orixinalmente foi deseñado como un avión de ataque nuclear monopraza, e posteriormente foi desenvolvida unha versión bipraza Wild Weasel para a supresión das defensas aéreas inimigas.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
No sistema universitario, o reitorado é a máxima autoridade académica e ostenta a representación desta. Exerce a dirección, goberno e xestión da universidade, desenvolve as liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados (Consello Social, Consello de Goberno e Claustro Universitario), e executa os seus acordos. Para o desenvolvemento destas funcións é asistido polo Consello de Dirección no que están presentes os vicerreitores, a secretaria xeral e o xerente.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
A prominencia dunha montaña, tamén denominada prominencia topográfica, altura de culminación, altura relativa, altura autónoma ou factor primario, é unha noción usada en orografía para a clasificación das montañas. Defínese como o desnivel mínimo que hai que descender desde o cume dunha montaña para ascender a outra, calquera que sexa, máis alta. Canto máis prominente sexa unha montaña máis destacará entre as que a rodean, con independencia da súa altitude.
A milla é unha unidade de lonxitude que non forma parte do sistema métrico decimal. De orixe moi antiga, foi herdada da Antiga Roma e equivalía a mil pares de pasos camiñados por un home (en latín: mille passus, plural: milia passuum). Como os pasos eran dobres, a milla romana era aproximadamente igual a 1 467 m, e polo tanto un paso simple era duns 73 cm.
Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.
Un xornalista ou periodista é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión. Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información.
Países constituíntes ou nacións constitutivas é unha frase ás veces empregada, normalmente por institucións oficiais, en contextos nos cales un número de países compón unha grande entidade ou agrupación; así o OECD usou a frase en referencia á antiga Iugoslavia e as institucións europeas coma o Consello de Europa frecuentemente a empregan en referencia á Unión Europea. Non é terminoloxía técnica e non ten un sentido legal definido; 'constituínte' é simplemente un adxectivo, e a frase non ten un sentido claro fóra dun contexto da entidade ou agrupación de países en cuestión son constituíntes ou os seus compoñentes poden ser entendidos.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
A catedral de San Vito (en checo: Katedrála Svatého Víta ou Katedrála svatého Víta, Václava a Vojtěcha) é un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra de arte gótica da cidade. Dende 1989 está adicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto.
O ollo dos humanos, como o doutros vertebrados, e un órgano que detecta a luz e é a base do sentido da vista. A súa función consiste basicamente en transformar a enerxía lumínica en sinais eléctricos que son enviadas ao cerebro a través do nervio óptico. O ollo humano funciona de forma moi similar ao da maioría dos vertebrados e dalgúns moluscos.
O termo alemán Bildungsroman, traducido ao francés como "novela forma ou de aprendizaxe" e ao inglés como "novela de formación", fai referencia ás novelas de autoformación nas que se amosa o desenvolvemento físico, moral, psicolóxico ou social dun personaxe, xeralmente da infancia á madurez. O termo foi creado en 1819 polo filólogo Karl Morgenstern, e máis tarde recuperado por Wilhelm Dilthey, quen o lexitimou en 1870 e o popularizou en 1905.
L A T E X {\displaystyle \mathbf {L\!\!^{{}_{\scriptstyle A}}\!\!\!\!\!\;\;T\!_{\displaystyle E}\!X} } , ou LaTeX en texto plano, é un sistema de composición de textos, orientado especialmente á creación de libros, documentos científicos e técnicos que conteñan fórmulas matemáticas. LaTeX está formado por un gran conxunto de macros de TeX, escrito por Leslie Lamport en 1984, coa intención de facilitar o uso da linguaxe de composición tipográfica T E X {\displaystyle \mathbf {T\!_{\displaystyle E}\!X} } , creada por Donald Knuth. É moi utilizado para a composición de artigos académicos, teses e libros técnicos, dado que a calidade tipográfica dos documentos realizados con LaTeX é comparábel á dunha editorial científica de primeira liña.
Un substantivo animado é epiceno cando designa tanto a un individuo masculino como feminino independentemente do xénero gramatical do substantivo, pero con xénero fixo. Por exemplo: ourizo, gorila, aguia, rata. No caso de que sexa necesario distinguir o sexo, pódese recorrer a un adxectivo: unha aguia macho e unha aguia femia.
Un espello é unha superficie puída na que ao incidir a luz, esta reflíctese seguindo as leis da reflexión. O exemplo máis simple é o espello plano. Nel, un fai de raios de luz paralelos pode cambiar de dirección completamente como conxunto e continuar sendo un fai de raios paralelos, podendo producir así unha imaxe virtual dun obxecto co mesmo tamaño e forma que o real.
Un motor de xogo (inglés: game engine) é un programa informático deseñado para a creación e desenvolvemento de videoxogos. Os desenvolvedores utilizan estes programas para crear xogos para consolas, dispositivos móbiles e ordenadores. As funcionalidades habituais que adoita fornecer un motor de xogo inclúen a renderización de gráficos 2D e 3D, un motor de físicas e detección de colisións, son, scripting, animación, intelixencia artificial e funcionalidades de rede entre outras.
Der Hase und der Igel, en galego O ourizo e a lebre, é un conto ou Schwank (farsa humorística, na clasificación ATU 275C). Está nos Contos infantís e domésticos (Kinder- und Hausmärchen) dos irmáns Grimm na 5ª Edición de 1843 no lugar 187 (KHM 187) en baixo alemán e procede do Hannoversche Volksblatt de Wilhelm Schröder de 1840 (Ein plattdeutsches Volksmärchen. Dat Wettlopen twischen den Hasen un den Swinegel up de lütje Heide bi Buxtehude.
O Victoria and Albert Museum (a miúdo abreviado como V&A) de Londres é o maior museo do mundo de artes aplicadas e decorativas e deseño, así como de escultura, que alberga unha colección permanente de máis de 2,27 millóns de obxectos. Foi fundado en 1852 e leva o nome da raíña Vitoria e do príncipe Alberte. O V&A está situado no Royal Borough de Kensington e Chelsea, nunha zona coñecida como "Albertopolis" debido á súa asociación con príncipe Alberte, o Albert Memorial e as principais institucións culturais coas que estivo asociado.
O debuxo, máis ca unha técnica gráfica baseada no uso da liña, é a expresión dunha imaxe que se fai de forma manual, e dicir, usase a man para realizalo. Os materiais que se poden usar son moitos, coma tamén a superficie onde se pode facer. Os máis usados son o papel como soporte e o lapis como instrumento, e actualmente usase o ordenador cun lapiseiro óptico ou un rato.
Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal. Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica.
A terceira revolta servil foi a última a última dunha serie de rebelións sen conexión fracasadas contra Roma, coñecidas colectivamente como revoltas ser exército de escravos escapados, en torno a 120.000, baixo as ordes de Espartaco, famoso gladiador da época, atacou o rural do sur de Italia e derrotou a varios exércitos romanos enviados para capturalos ou destruílos. O obxectivo era a obtención da liberdade, e cruzaron toda a península para superar os Alpes, pero chegando á Galia Cisalpina por razóns non de todo aclaradas deron volta cara ao sur de Italia e acabaron sendo derrotados por Craso e Pompeio.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
O universo de Pokémon é un universo ficticio no que está ambientado a franquía Pokémon, a cal inclúe as historias e as obras ficticias producidas por The Pokémon Company, Nintendo, Game Freak e Creatures, Inc. O concepto do universo Pokémon, tanto nas obras de ficción como no mundo xeral de non ficción de Pokémon, provén da afección de coleccionar insectos, un popular pasatempo que o creado de Pokémon, Satoshi Tajiri, practicaba sendo neno. Os xogadores da serie de videoxogos son designados como adestradores Pokémon, e teñen dous obxectivos principais (como na maioría de xogos de Pokémon): completar a Pokédex conseguindo tódalas especies de Pokémon presentes na rexión ficticia na que está ambientada o xogo e adestrar un equipo de poderosos Pokémon para batallar con outros adestradores e converterse no máis forte: o campión Pokémon.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A declaración de guerra é unha declaración formal mediante un documento, que provén dun estado cara a outro, onde o primeiro declara o inicio de hostilidades. Na actualidade, este feito concrétase mediante un documento formal, pero na historia moitas veces se iniciaron guerras sen previo aviso. Formalmente este documento de "declaración de estado de guerra" pode estar refrendado pola sinatura do gobernante ou soberano, polo representante dos poderes do estado, o Senado ou a chancelería do país involucrado.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Guns N' Roses é unha banda de hard rock formada nos Ánxeles (Estados Unidos), en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o batería Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose.
Telmo Fidel Fernández Hevia é un guitarrista galego de jazz, toca co seu cuarteto unha mistura de jazz, rock e blues Estudou na Escola Estudio de Santiago, onde hoxe é profesor de guitarra. Fai parte do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e toca na SEM Big Band. Gravou varios discos con diferentes grupos, entre eles: S.P.J. Jazz Group, El Kiki, The Groovefathers, The Grooveclub.
StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida.
Xénero é unha palabra que significa "tipo, clase, categoría" e que ten distintos significados en galego. En bioloxía, o xénero é un taxon por riba da especie, é dicir, que agrupa un conxunto de especies con certos caracteres comúns, e que se inclúe, con outros xéneros, nunha familia, orde e clase. Por outra parte (e en relación cos xéneros gramaticais), nos organismos, incluída a especie humana, falamos de dúas clases de individuos, os machos (♂) e as femias (♀), segundo o seu xénero sexual.
Duff "Rose" McKagan, (Seattle, 5 de febreiro de 1964) é un músico estadounidense e baixista de rock, coñecido polos trece anos que formou parte da banda de hard rock Guns N' Roses. McKagan volveu a unirse á banda no ano 2016, despois de entrar no Rock and Roll Hall of Fame.A finais da súa primeira etapa con Guns N' Roses publicou un álbum en solitario, Believe in Me (1993) e formou o supergrupo de curta vida Neurotic Outsiders. Tras a súa marcha dos Guns en 1997 McKagan reuniuse brevemente coa súa vella banda de punk rock de Seattle 10 Minute Warning antes de crear o grupo de hard rock Loaded, na cal canta e toca a guitarra acústica.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Martin John Brundle, nado en King's Lynn (Norfolk) o 1 de xuño de 1959, é un antigo piloto de carreiras de automóbiles británico, máis coñecido como piloto de Fórmula 1 e como comentarista de ITV Sport de 1997 a 2008, a BBC de 2009 a 2011 e Sky Sports desde 2012.Brundle disputou o Campionato Británico de Fórmula 3 de 1983, terminando preto de Ayrton Senna, e os dous pasaron á Fórmula 1 ao ano seguinte. Brundle foi o World Sportscar Championship de 1988 con Silk Cut Jaguar, cunha puntuación récord de puntos, e gañou as 24 Horas de Daytona de 1988 e as 24 Horas de Le Mans de 1990 para Jaguar Cars.
Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes). Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes. Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
San Fins de Celeiros é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas, na provincia de Pontevedra, limita polo norte con Santiago de Oliveira, polo oeste con Arcos, polo leste con Guillade, polo suroeste con Lira, polo sur con Taboexa e polo sueste con Vilacova. Ten cinco entidades de poboación.
Saul Hudson, coñecido como Slash, nado o 23 de xullo de 1965 en Londres, (Inglaterra), foi un dos guitarristas máis importantes das décadas dos 80 e 90, destacando sobre todo a súa achega musical na banda rockeira Guns N' Roses ata mediados dos 90, cando debido a diferenzas co líder, Axl Rose, decidiu marchar da banda, da que estivo ausente por case vinte anos, volvendo retomar a actividade xunto co cantante no ano 2016. Durante a súa etapa fóra da lendaria banda, o guitarrista fundou o grupo Velvet Revolver, xunto cos seus compañeiros de Guns N' Roses, Duff McKagan e Matt Sorum, o guitarrista Dave Kushner (exmembro de Suicidal Tendencies e Infectious Grooves) e o cantante Scott Weiland, coñecido polo seu labor dentro da formación Stone Temple Pilots. Xuntos sacarían dous discos e contemplarían un éxito notable entre crítica e público, rematando o seu traballo conxunto no ano 2008, pouco despois de despedir a Weiland, acusado dun comportamento errático.
W. Axl Rose, de nome real William Bruce Bailey, nado o 6 de febreiro de 1962, é un músico cantautor, compositor e pianista estadounidense. Alcanzou a popularidade por tratarse do cantante, líder e compositor do grupo Guns N' Roses, co que tivo un grande éxito arredor do mundo a finais das décadas de 1980 e principios da de 1990. No ano 2016, colaborou como vocalista principal da banda AC/DC na xira mundial, en substitución de Brian Johnson, que padecía problemas de saúde auditivos.Situado no posto número 64 da listaxe “Os 100 mellores cantantes de todos os tempos” segundo Rolling Stone; sexto da listaxe “Os 100 mellores vocalistas do metal de todos os tempos” segundo Hit Parader; na segunda posición da listaxe “Mellores roqueiros de todos os tempos” segundo Kerrang Magazine; no terceiro lugar da listaxe “Os 50 mellores cantantes do metal de todos os tempos” segundo Roadrunner Records; e no cuarto lugar segundo NME. Ademais dos numerosos recoñecementos polo seu traballo como compositor.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 foi a 33ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 25ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 25 de setembro.
2022 (MMXXII) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A electricidade é un termo xeral que abrange unha variedade de fenómenos resultantes da presenza e do fluxo de carga eléctrica. Estes inclúen moitos fenómenos facilmente recoñecibles, tales como o relampo, a electricidade estática, e as correntes eléctricas dos cableados. Alén diso, é a propiedade da materia que se basea no movemento das cargas eléctricas que produce un desequilibrio entre as mesmas.
Unha colúmna térmica ou, simplemente, térmica, ou deriva vertical é unha masa de aire ascendente ou corrente convectiva ascendente na atmosfera, que transfire verticalmente enerxía térmica. As térmicas son creadas pola radiación solar desigual que recibe a superficie da Terra e son un exemplo de convección, concretamente de convección atmosférica.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Pedro Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México o 18 de xaneiro de 1940 e finado en Núremberg (Alemaña) o 11 de xullo de 1971, foi un piloto de automobilismo mexicano. Xunto co seu irmán máis novo Ricardo, dous anos menor, correu con bicicletas e motocicletas na súa adolescencia e chegou a ser campión mexicano de motos aos 13 anos en 1953 repetindo en 1954 e de aí saltou ao automobilismo de velocidade.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.842 .