Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A ópera é un xénero dramático no que a historia se canta na súa maior parte. Para a súa elaboración precísase dun compositor así coma dun escritor, que recolle a historia no libreto, polo que se chama tamén libretista. L'Orfeo (1607) de Claudio Monteverdi, está considerada coma a primeira ópera da historia.
O silencio dos cordeiros (en inglés: The Silence of the Lambs) é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Demme que foi estreado en 1991. Está protagonizado por Jodie Foster, Anthony Hopkins e Scott Glenn. Está baseado na novela de Thomas Harris The Silence of the Lambs (1988), o segundo título sobre a personaxe de Hannibal Lecter, un brillante psiquiatra e asasino en serie caníbal.
A realidade virtual é unha tecnoloxía de interface entre un usuario e un sistema operacional a través de recursos gráficos 3D ou imaxes 360º cuxo obxectivo é crear a sensación de presenza nun ambiente virtual distinto do real. Para iso, esa interacción é realizada en tempo real, co uso de técnicas e de equipamentos computacionais que axuden na ampliación do sentimento de presenza do usuario no ambiente virtual. Esta sensación de presenza adoita referirse como inmersión.
A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles. A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.
A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.
Gérard Xavier Marcel Depardieu nado en Châteauroux (Indre) o 27 de decembro de 1948, é un actor francés con nacionalidade rusa. Ademais é produtor de cinema, home de negocios e ocasionalmente realizador. Acadou numerosos recoñecementos ó longo da súa traxectoria como actor, entre os que destacan un nomeamento ó Oscar e un Premio César como mellor actor no filme Cyrano de Bergerac en 1990, un Premio César polo filme Le Dernier Métro en 1981 e un Globo de Ouro como mellor actor en Green Card no ano 1990.
Computer Entertainment Rating Organization
A Computer Entertainment Rating Organization (特定非営利活動法人 コンピュータエンターテインメントレーティング機構, Tokutei Hieiri Katsudō Hōjin Konpyūta Entāteinmento Rētingu Kikō) (CERO) é a organización que se encarga de clasificar os videoxogos no Xapón con niveis de clasificación ("rating") que informan ao consumidor acerca da natureza do produto e para que grupo de idades é adecuado. Foi establecido en xullo de 2002 como unha división da Computer Entertainment Supplier's Association, e usando a ESRB norteamericana como modelo e foi oficialmente recoñecido como organización sen fines de lucro en 2003.
O alemán suízo (Schweizerdeutsch, Schwyzerdütsch, Schwiizerdütsch, Schwyzertütsch) é unha das variedades da lingua alemá falados en Suíza, en Liechtenstein e nas zonas fronteirizas de Austria. A maioría dos suízos aprenden o alemán suízo na casa e nas rúas. Cada rexión de Suíza ten o súa propia variación do dialecto, chegando a ser difícil a comunicación entre rexións remotas; entre outras razóns, porque a maior parte dos programas de televisión e os debates políticos son sempre en alemán oficial (estándar).
Grand Theft Auto V, tamén coñecido como GTA V, é un videoxogo de mundo aberto (sandbox), acción e aventura desenvolvido polo estudo escocés Rockstar North e publicado por Rockstar Games. O xogo saíu á venda o 17 de setembro de 2013 nas plataformas PlayStation 3 e Xbox 360. É o primeiro xogo da serie principal da saga Grand Theft Auto despois do lanzamento de Grand Theft Auto IV en 2008, sendo o décimo quinto xogo da serie en total.
O CD-Rom ou Compact Disc Read Only Memory é un disco compacto de só lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar. Diferencianse dos CDs de son só polo contido que teñen: os discos compactos de son almacenan son, e estes almacenan datos.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
Walt Disney Animation Studios, con sede nos Estudios Walt Disney de Burbank (California) (antigamente coñecido como Walt Disney Feature Animation, Walt Disney Productions e Disney Brothers Cartoon Studio), é un estudio de cine que produce filmes de animacións, curtametraxes e especiais de televisión para The Walt Disney Company. Fundada o 16 de outubro de 1923, é unha división de The Walt Disney Studios. O estudio produciu 53 filmes, sendo o primeiro Snow White and the Seven Dwarfs (1937), e o máis recente Frozen (2013).
Manhattan é o nome dunha illa no río Hudson e tamén dun dos cinco distritos metropolitanos que forman a cidade de Nova York. O distrito metropolitano ten os mesmos límites que o condado de Nova York e inclúe a illa de Manhattan así como varias illas máis pequenas (Roosevelt, Randall, entre outras), a máis diso unha pequena porción de terra continental (Marble Hill, que xeograficamente está no Bronx, pero politicamente pertence ao condado de Nova York). No ano 2004, a poboación era de 1 562 723 persoas.
O French Touch é un xeito de facer música dos últimos anos da década dos noventa e dos primeiros anos do século XXI. Este estilo tamén é coñecido como "Neu-disco" (new disco) "French house", "filter house" ou "tekfunk". É complicado definir dun xeito preciso o concepto de French Touch, dada a natureza mesma deste movemento. Fundado sobre un ritmo house clásico, este estilo ten a súa orixinalidade na utilización de samples filtrados que proveñen maioritariamente do funk e do disco.
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e OS X, cunha adaptación para Linux dous días despois.
A Academia Sueca (Svenska Akademien en sueco) foi fundada o 20 de marzo de 1786 polo rei Gustavo III de Suecia, co obxecto de fomentar o uso do idioma sueco seguindo como modelo a Academia francesa (mesma academia sobre a que se modela a Real Academia Española). Consta de 18 membros, as súas funcións eran inicialmente similares á súa homóloga francesa.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.
Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluindo os directos dos esports, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube. A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan e Emmet Shear fundaron Justin.tv.
Unha base de datos é un ficheiro organizado de datos sobre un tema. Nos servizos públicos é empregado como un arquivo para ter un acceso rápido ós os seus datos administrados. En informática, unha base de datos é un ficheiro informático que se emprega para preservar datos de xeito organizado e que permite atopar está información rapidamente cando sexa preciso.
Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil producida pola multinacional Nintendo. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo Nintendo DSi software. A compañía presentou oficialmente o aparello no ano 2010 no Electronic Entertainment Expo de 2010, levando videoconsolas de proba para os asistentes ao evento.
O indie pop é un xénero do rock alternativo orixinado no Reino Unido a mediados dos anos 80. Ten as súas raíces nas bandas de post-punk escocesas do selo Postcard Records de principios dos 80 (Josef K e Orange Juice) e na banda británica The Smiths. O indie pop inspirouse na ética DIY do punk e en ideoloxías relacionadas.
Edmund Percival Hillary, nado en Auckland o 20 de xullo de 1919 e finado o 11 de xaneiro de 2008, foi un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.
O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús. Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) .
O búlgaro (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas. A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Exposición Universal é o nome xenérico de varias exposicións de grande envergadura celebradas por todo o mundo desde a segunda metade do século XIX. A organización que se ocupa oficialmente de nomear as cidades organizadoras deste tipo de eventos é a Oficina Internacional de Exposicións (BIE). As exposicións aprobadas polo BIE poden ser consideradas universais, internacionais ou especializadas, cunha duración de entre 3 e 6 meses. No entanto, calquera país ou cidade pode organizar feiras e exposicións similares sen o patronazgo do BIE. O concepto de exposición universal contribuíu fortemente á comunicación social dos logros imperialistas, ao incorporarse como curiosidades elementos etnográficos propios das culturas dominadas por parte das grandes potencias imperiais.
Der Hase und der Igel, en galego O ourizo e a lebre, é un conto ou Schwank (farsa humorística, na clasificación ATU 275C). Está nos Contos infantís e domésticos (Kinder- und Hausmärchen) dos irmáns Grimm na 5ª Edición de 1843 no lugar 187 (KHM 187) en baixo alemán e procede do Hannoversche Volksblatt de Wilhelm Schröder de 1840 (Ein plattdeutsches Volksmärchen. Dat Wettlopen twischen den Hasen un den Swinegel up de lütje Heide bi Buxtehude.
Cidadán Kane (EUA, 1941, Citizen Kane no seu orixinal inglés) é o primeiro filme realizado directamente para cinema, de Orson Welles, quen o dirixe e o interpreta, e é considerado por grande parte dos espectadores e da crítica especializada como unha das obras mestras da historia do cinema e posibelmente o máis influente na historia do cinema. Welles dirixiu dúas curtametraxes antes de Cidadán Kane, pero para seren utilizadas en montaxes teatrais. Pénsase que Cidadán Kane está baseada nas vidas do magnate xornalístico William Randolph Hearst, do aeronauta e magnate do cinema Howard Hughes, e do magnate das finanzas Samuel Insull.
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
Isabelle Huppert, nada en París o 16 de marzo de 1953 é unha actriz francesa. Ademais de ser unha das intérpretes máis prolíficas de Francia, Isabelle Huppert presenta unha filmografía de proxección internacional: dende Estados Unidos (da man de directores como Michael Cimino, Hal Hartley, Curtis Hanson ou Otto Preminger), Italia (baixo a dirección dos irmáns Taviani, Mauro Bolognini, Marco Ferreri e Marco Bellocchio), Rusia (con Igor Minaiev), Europa central (co alemán Werner Schroeter, a suíza Ursula Meier, o austríaco Michael Haneke, a húngara Márta Mészáros ou o serbio Aleksandar Petrović), ata países do continente asiático (co coreano Hong Sang-soo, o filipino Brillante Mendoza ou o franco-camboxano Rithy Panh). Como actriz de teatro traballou con directores como Bob Wilson, Yasmina Reza, Claude Régy, Krzysztof Warlikowski ou Jacques Lassalle.
O Poder xudicial é aquel que, de conformidade coa lexislación vixente, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos. Segundo a teoría clásica de Montesquieu, a división de poderes garante a liberdade do cidadán. Montesquieu compuxo a súa teoría logo dunha viaxe a Inglaterra onde interpretou que un poder xudicial independente pode ser un freo eficaz do executivo.
Auckland (en maorí: Tāmaki-makau-rau) é a área metropolita máis grande de Nova Zelandia e o maior núcleo de poboación do sur do Pacífico. Aínda que Wellington é a capital de Nova Zelandia, Auckland é a cidade máis importante, poboada e a capital económica do país. A 37 graos de latitude sur, na illa Norte, a cidade de Auckland está situada sobre un estreito istmo que separa dous portos naturais: o porto de Manukau, aberto ao Mar de Tasmania, ao oeste e o de Waitemata, que se abre ao golfo de Hauraki do océano Pacífico, ao leste.
Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
A acuarela é unha técnica pictórica sobre papel ou cartón que emprega cores en po preparadas con goma soluble na auga. Ó diluírse na auga obtense unha solución transparente que se aplica por capas sobre papel branco ou de cor. As cores utilizadas son transparentes (segundo a cantidade de auga na mestura) e ás veces deixan ver o fondo do papel (branco), que actúa como outro verdadeiro ton.
Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
Jacob e Wilhelm Grimm foron dous irmáns alemáns, coñecidos polas súas coleccións de contos populares e contos infantís e polos seus traballos de lingüística, en particular os relacionados cos cambios fonéticos na historia das linguas xermánicas. Súa é a denominada Lei de Grimm e seu é o primeiro gran dicionario do alemán estándar: o Deutsches Wörterbuch. Entre os contos máis famosos publicados por eles están os clásicos do xénero como Hansel e Gretel, Cincenta, Carapuchiña vermella, O príncipe ra, Polgariño e Brancaneve e os sete ananiños.
O bolero é un ritmo que mestura as raíces españolas coas influencias locais de varios países hispanoamericanos. Xurdiu no Caribe, mais sufriu modificacións, especialmente desenvolvendo temas máis románticos e un ritmo mais devagar. Ten tradición en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana, Colombia, Ecuador, México, o Perú, Venezuela, o Uruguai, a Arxentina e o Brasil.
Unha marisma salina, marisma salgada ou marisma de marea é un ecosistema marino na zona intermareal superior costeira entre a terra e as augas salgadas abertas ou augas salobres, que queda regularmente asolagada pola subida da marea. Está dominada por densos conxuntos de plantas tolerantes ao sal como moitas plantas herbáceas, herbas ou arbustos baixos. Estas plantas son de orixe terrestre e son esenciais para a estabilidade das marismas salinas para atrapar e pegar os sedimentos.
A música alternativa é un termo que engloba a todos os tipos de música que se afastan da tendencia dominante ou dos modelos oficiais comunmente aceptados. Este tipo de música non conta con trazos diferenciadores que a convertan nun estilo musical único e recoñeocíbel, senón que agrupa un amplo número de xéneros musicais que se afastan da música comercial ou industrial e que teñen cada un as súas características propias.Este termo abrangue un gran número de subxéneros, entre os que destacan o rock alternativo, o grunge, o indie, a world music, a New Wave ou a música folk, Rap alternativo, entre outros. No entanto, os artistas representativos da música alternativa non sempre se encadran dentro do mesmo subxénero, senón que cada unha das súas composicións pode corresponder a un tipo distinto de música alternativa.
Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores.
Sasuke Uchiha (うちはサスケ, Uchiha Sasuke) é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha. Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha.
Naruto: Shippūden (Traducido como: Crónicas do Furacán) é o nome con que se coñece á segunda parte da historia de Naruto, o manga de Masashi Kishimoto. Esta denominación é a que se adoptou no anime, e equivale á segunda parte do manga. O seguinte texto que está abaixo é o argumento de cada manga pero non esta dividido de acordo ao modo no que o manga avanza.
En matemática pura, a hipótese de Riemann, formulada por primeira vez por Bernhard Riemann en 1859, é unha conxectura sobre a distribución dos ceros da función zeta de Riemann ζ(s).A hipótese de Riemann, pola súa relación coa distribución dos números primos no conxunto dos naturais, é un dos problemas abertos máis importantes na matemática contemporánea. O Instituto Clay de Matemáticas ofreceu un premio dun millón de dólares á primeira persoa que desenvolva unha demostración correcta da conxectura. A maior parte da comunidade matemática pensa que a conxectura é correcta, aínda que outros grandes matemáticos como J. E. Littlewood e Atle Selberg se mostraron escépticos, aínda que o escepticismo de Selberg foi diminuíndo dende os seus días de mocidade.
O balinés é unha lingua malaio-polinesia falada por preto de 3,3 millóns de persoas (segundo datos de 2000) na illa indonesia de Balí, así como no norte de Nusa Penida, oeste de Lombok e leste de Xava. A maioría dos falantes de balinés tamén coñecen o indonesio. No ano 2011, a Axencia Cultural de Balí estimou que o número de persoas que aínda empregan a lingua balinesa no seu día a día na illa de Balí non supera o millón, xa que nas áreas urbanas os pais ensínanlles ós fillos a lingua indonesia ou o inglés, mentres que nas institucións e nos medios de comunicación masivos desapareceu completamente.
O termo película na súa definición máis xenérica fai referencia a substancias que poden ser aplicadas, como finas peles ou membranas. Algunhas ata poden ser tan finas como unha capa monomolecular. No uso común, o termo película refírese a unha emulsión que contén unha substancia sensible á luz como nitrato de prata sobre unha capa plástica.
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Macbeth é unha traxedia en cinco actos de William Shakespeare, escrita en prosa e en verso, que fala sobre a traizón e a ambición desmedida. Foi composta probablemente cara a 1606 e estreada pouco despois. Representouse no Teatro do Globo o 20 de abril de 1611, pero é posible que xa se representase con anterioridade, pois non se menciona que se tratase da primeira representación.
O sundanés (Basa Sunda /basa sʊnda/, en alfabeto sundanés ᮘᮞ ᮞᮥᮔ᮪ᮓ, literalmente "lingua dos Sunda") é unha lingua falada por 39 millóns de persoas do terzo oeste da illa de Xava, un 15% da poboación de Indonesia. Existe produción literaria en sundanés, aínda que reducida, 68 títulos en 2012 e 25 en 2015.
A Relación de aspecto (tradución directa do inglés aspect ratio) dunha imaxe é a proporción entre a largura e a altura e calcúlase dividindo a primeira pola segunda, considerando esta última como a imaxe visíbel na pantalla. Polo xeral, exprésase como «X:Y». Así, por exemplo, a relación de aspecto dunha pantalla de televisión tradicional é de 4:3, que tamén se pode expresar como 1,33:1, ou ben o formato panorámico dos 16:9 (ou 1,77:1).
Calvin Cordozar Broadus, Jr., nado en Long Beach (California) o 20 de outubro de 1971, é un rapeiro, cantautor e actor estadounidense, máis coñecido polos seus nomes artísticos Snoop Doggy Dogg, Snoop Dogg e Snoop Lion. Snoop vendeu máis de 30 millóns de álbums en todo o mundo. A súa carreira musical comezou en 1992, cando foi descuberto por Dr.
Un túmulo é o nome que recibe unha morea de terra e pedras sobre unha tumba ou varias, e que se remonta á época das Idades de Pedra, de Bronce e de Ferro. En Galicia atopamos restos de túmulos en todo o territorio. Orixinariamente consistía nunha morea de rochas que recubrían directamente o corpo, mais a súa estrutura foi modificada e estes soterramentos foron cubertos por terra até formar verdadeiras montañas artificiais, ao longo dos séculos, e medrando en tamaño até chegar a se converter en cámaras funerarias nas que repousaban tanto o guerreiro morto como as súas armas e as súas principais pertenzas.
Despois da realización dos xogos intermedios de 1906 en Grecia, considerados non oficiais e que non tiveron os seus resultados computados polo Comité Olímpico Internacional, os Xogos da IV Olimpíada foron realizados en Londres, Gran Bretaña, entre o 27 de abril e o 31 de outubro de 1908. Orixinalmente deberían ter sido realizados en Roma, mais unha erupción do volcán Vesuvio obrigou ás autoridades italianas a usar todos os seus recursos económicos para combater os efectos da traxedia e a desistir de albergar os Xogos, que acabaron por ser transferidos á capital británica. Considerados os primeiros Xogos realmente ben organizados para un evento desta envergadura, despois dos fracasados e improvisados Xogos de París e Saint Louis, a pesar de ter novamente a súa duración alongada por máis de seis meses, obtiveron o empeño persoal do Rei de Inglaterra para a súa realización e se desenvolveron no primeiro complexo olímpico construído, o Shepperd’s Bush Stadium, en White City, suburbio de Londres, con capacidade para cen mil espectadores e que constaba de estadio de fútbol, pista de atletismo, piscina, pista de ciclismo e instalacións para a ximnasia e a loita.
Benevento (italiano Benevento, latín Beneventum, grego Benebentos) é unha cidade de Italia na Campania, capital da provincia de Benevento. Está na confluencia dos ríos Sabato e Calore Irpino, e tiña 63.026 habitantes o 2005. A comuna de Benevento esténdese por unha área de 129 km² e ten lindes cos concellos de Apollosa, Castelpoto, Foglianise, Fragneto Monforte, Paduli, Pesco Sannita, Pietrelcina, San Leucio del Sannio, San Nicola Manfredi, Sant'Angelo a Cupolo e Torrecuso.