Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Enrico Caruso, nado en Nápoles o 25 de febreiro de 1873 e finado o 2 de agosto de 1921, foi un tenor italiano, un dos máis famosos do mundo na historia da ópera. Caruso foi tamén o cantante máis popular en calquera xénero durante o primeiros vinte anos do século XX e un dos pioneiros da música gravada.[Cómpre referencia] Cantou en moitas das salas de ópera máis importantes do mundo, incluíndo o Teatro San Carlo de Nápoles, La Scala de Milán, o Teatro Colón de Buenos Aires e o Covent Garden de Londres, aínda que é máis coñecido por ser o primeiro tenor do Metropolitan Opera en Nova York durante dezasete anos.
Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest
Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest (titulado orixinalmente Super Donkey Kong 2: Dixie & Diddy (スーパードンキーコング2 ディクシー&ディディー, Sūpā Donkī Kongu Tsū: Dikushī ando Didī)) é un videoxogo de plataformas de 1995 desenvolvido por Rare e publicado por Nintendo para a consola Super Nintendo Entertainment System (SNES). Lanzouse o 21 de novembro de 1995 no Xapón, e o 14 de decembro en América do Norte e Europa. É o segundo título da serie de videoxogos Donkey Kong Country, e a secuela de Donkey Kong Country (1994).
Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. Compite por converterse no estándar de medios ópticos sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño.
Unha batalla é un combate entre dous ou máis contendentes onde cada un deles tratará de derrotar os demais. Normalmente teñen lugar nun contexto de guerra ou campaña militar, e normalmente poden ser ben definidas polo espazo, o tempo e acción levada a cabo. As guerras e as campañas son guiadas pola estratexia mentres que as batallas son as fases nas que se emprega a táctica.
O Commodore 64, tamén coñecido como C64, C-64, C= 64, e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64, é un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International. Atópase no Libro Guinness dos Récords como o modelo de computadora máis vendido de tódolos tempos, con estimacións independentes que indican un número de unidades vendidas de entre 10 e 17 millóns de unidades.A súa produción deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016). Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET, o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM, e ten unhas especificacións técnicas de son e gráficos superiores en comparación con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800, con sprites de múltiples cores e un procesador de son máis avanzado.
The Wall Street Journal é un xornal estadounidense internacional en lingua inglesa, con énfase especial en noticias de negocios e economía. Publícase seis días á semana na cidade de Nova York por Dow Jones & Company, unha división de News Corp, xunto coas edicións asiáticas e europeas. Journal é o xornal en circulación máis grande dos Estados Unidos.
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes.
O Salvador (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade.
SCUMM (Script Creation Utility for Maniac Mansion en inglés, "Utilidade de creación de guións para Maniac Mansion") atópase a medio camiño entre unha linguaxe e un motor para videoxogos para aventuras gráficas. SCUMM foi creado por Lucasfilm Games (despois coñecida como LucasArts) e desenvolvido por Aric Wilmunder e Ron Gilbert para o seu videoxogo Maniac Mansion en 1987, considerado como unha das primeiras aventuras gráficas da historia dos videoxogos. Foi o motor de aventuras gráficas máis popular nos anos oitenta e principios dos noventa, tendo en AGI e SCI de Sierra On-Line os seus principais competidores.
Leoš Janáček, nado na localidade de Hukvaldy (Moravia, daquela pertencente ao Imperio Austríaco e na actualidade na República Checa) o 3 de xullo de 1854 e finado o 12 de agosto de 1928 en Ostrava (Checoslovaquia), foi un compositor, organista, teórico musical, folklorista, publicista e profesor checo. Inspirouse nas músicas tradicionais da súa Moravia natal, así como a de tódolos pobos eslavos, para crear un estilo musical orixinal e moderno.
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
O Empire State Building é un rañaceos de 102 plantas dedicado a oficinas situado na Quinta Avenida entre a intersección das rúas 33 e 34 de Manhattan no oeste da cidade de Nova York, en Estados Unidos. A súa altura é de 381 metros, pero acada 443 metros contando coa antena. O nome do edificio deriva do alcume que ten o Estado de Nova York: "Empire State" ("Estado do Imperio").
Unha tarxeta gráfica é o compoñente físico do ordenador encargado de converter a información dixital (sinais eléctricos) que lle chega dende o microprocesador en información comprensible e representable pola pantalla do ordenador, para que poida ser vista polo usuario. Conéctase xeralmente a algunha das rañuras de expansión (segundo a época de fabricación; ISA, VLB, PCI, AGP, PCI EXPRESS...), aínda que tamén pode ir integrada na placa base. As tarxetas gráficas non son dominio exclusivo dos PCs; tamén as incluían dispositivos como os Commodore Amiga (conectadas mediante os slots Zorro II e Zorro III), Apple II, Apple Macintosh, Spectravideo SVI-328, equipos MSX e, por suposto, as videoconsolas.
Adobe Flash (antes: Macromedia Flash), ou simplemente Flash, é un programa principalmente de gráfico vectorial - a pesar de soportar imaxes bitmap e vídeos - utilizado xeralmente para a creación de animacións interactivas que funcionan embutidas nun navegador web e tamén a través de escritorios, móbiles, teléfono, tabletas e televisores. O produto era desenvolvido e comercializado por Adobe Inc., empresa especializada en desenvolver programas que auxilian o proceso de creación de páxinas web. Adóitase chamar só de flash os arquivos xerados polo Adobe Flash, é dicir, a animación en si.
O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.
Un sistema operativo similar a Unix ou Unix-like é aquel que se comporta dun xeito similar ó sistema Unix, inda que non necesariamente aplique ou cumpra as Single UNIX Specifications, que definen tal sistema operativo. O termo pode incluír a software libre e código aberto inspirado polo UNIX dos Laboratorios Bell ou deseñados para emular as súas características; produtos comerciais e propietarios e incluso por versións baseadas na licenza de código de UNIX. Non hai unha definición estándar para definir o termo e algunhas veces xorden opinións contrarios acerca de se un sistema operativo é similar a Unix ou non.
Addenda et corrigenda son morfoloxicamente xerundios (en latín: gerundivum 'relativo ao que debe levarse a cabo') en neutro plural, que equivalen respectivamente a o que debe engadirse ou corrixirse (cf. axenda). No mundo editorial, tan empregados ata non hai moito, significan apéndice, o primeiro, e fe de erratas, o segundo.
Breaking Bad é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White (Bryan Cranston), un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón.
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt.
A Wikipedia en árabe (en árabe: ويكيبيديا العربية) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua árabe. Foi creada o 9 de xullo de 2003. Foi a primeira das Wikipedias nunha lingua semítica en acadar os 100 000 artigos o 25 de maio de 2009, e tamñen a primeira nunha lingua semítica en superar a cifra dun millón de artigos, o cal conseguiu o 17 de novembro de 2019.Esta versión da enciclopedia contén 1.209.058 artigos e 2.437.356 usuarios, dos cales 4.534 son activos.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.
Super Nintendo Entertainment System
A Super Nintendo Entertainment System, tamén coñecida como Super NES ou SNES, é unha videoconsola de 16 bits lanzada por Nintendo en norteamérica, Europa e Australia. No Xapón é coñecida como Super Famicom (スーパーファミコン), e en Corea do Sur como Super Comboy (현대슈퍼컴보이), licenciada e distribuída por Hyundai Electronics. A Super Nintendo Entertainment System foi a segunda consola de sobremesa de Nintendo e a sucesora da exitosa Nintendo Entertainment System (NES, tamén coñecida como Famicom no Xapón).
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Voyna i mir (en ruso: Война и мир) é un filme soviético co-escrito e dirixido por Sergei Bondarchuk. É unha adaptación cinematográfica da novela de 1869 Guerra e paz de Lev Tolstoi. O filme, estreado en catro partes entre 1966 e 1967, está protagonizado por Bondarchuk no papel de Pierre Bezukhov, xunto con Vyacheslav Tikhonov e Ludmila Savelyeva, que interpretan o príncipe Andrei Bolkonsky e a Natasha Rostova, respectivamente.
Barítono é a voz cuxa tesitura se acha entre a de baixo e a de tenor. Os seus agudos diferéncianse da voz do tenor por seren máis escuros e os seus graves diferéncianse da voz do baixo por seren máis lixeiros e brillantes. É a voz masculina máis frecuente e, en ocasións, considérase a voz masculina expresiva por excelencia, e pode engadir a claridade e a flexibilidade á forza e ao esplendor.Na ópera e no teatro musical, o papel de vilán ou de home poderoso na trama adoita ser interpretado por un barítono.Na formación habitual de coros de voces mixtas (SATB) os barítonos inclúense na corda dos baixos.
Computer Entertainment Rating Organization
A Computer Entertainment Rating Organization (特定非営利活動法人 コンピュータエンターテインメントレーティング機構, Tokutei Hieiri Katsudō Hōjin Konpyūta Entāteinmento Rētingu Kikō) (CERO) é a organización que se encarga de clasificar os videoxogos no Xapón con niveis de clasificación ("rating") que informan ao consumidor acerca da natureza do produto e para que grupo de idades é adecuado. Foi establecido en xullo de 2002 como unha división da Computer Entertainment Supplier's Association, e usando a ESRB norteamericana como modelo e foi oficialmente recoñecido como organización sen fines de lucro en 2003.
Logan é unha cidade do condado de Cache, en Utah, EUA. Segundo o censo do 2000, ten unha poboación de 42.670 habitantes, cun incremento importante sobre a poboación de 1990, cando tiña 32.771 habitantes. Estímase que a poboación no 2005 incrementárase até os 47.357 habitantes. A área metropolitana de Logan ten 109.666 residentes.
O Ducado de Sussex é un título nobiliario usado na Casa Real Británica. Foi conferido por primeira vez o 24 de novembro de 1801 ao príncipe Augusto Federico, sexto fillo do rei Xurxo III do Reino Unido e da súa esposa, a raíña Carlota. Tamén foi nomeado conde de Inverness e barón Arklow no mesmo acto, títulos así mesmo pertencentes á nobreza británica.
Ōkami (大神, literalmente "gran deus", "gran espírito" ou "lobo" se se escribe 狼) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por Clover Studio e publicado por Capcom. Foi estreado para PlayStation 2 de Sony Computer Entertainment no 2006, no Xapón e en América do Norte, e no 2007 en Europa e Australia. Malia o peche da Clover Studio uns meses despois do lanzamento inicial do xogo, unha versión para a consola Wii de Nintendo foi desenvolvida e producida por Ready at Dawn, Tose e Capcom, que foi estreado en América do Norte en abril de 2008, en Europe en xuño de 2008, e no Xapón en outubro de 2009.
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes , destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a internet de forma pública o 29 de agosto de 2005. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon.
Unha abreviatura é a representación escrita dunha ou varias palabras mediante unha ou varias das súas letras, a fin de que a palabra ou as palabras resulten máis curtas no texto. Créanse eliminando algunhas das letras ou sílabas finais ou centrais. Calquera escritor pode crear unha abreviatura para o seu uso particular.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
Sospeitosos habituais (en inglés: The Usual Suspects) é un filme estadounidense de 1995 escrito por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixido por Bryan Singer. Está protagonizado por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor secundario), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak. Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibido nas salas de cinema durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractivo para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto.
A narratoloxía é a disciplina da crítica literaria que se ocupa do estudo interno da narrativa en sentido sincrónico e paradigmático, é dicir, tomando os textos como entidades estruturais observables mediante un aparello teorético que permite a análise en atención ós principios (universais) que rexen a construción dun texto. Os narratólogos ocúpanse con temas como a caracterización, o tempo narrativo vs. tempo narrado, a trama ou argumento, os narradores-focalizadores vs.
Lucasfilm Games, compañía de videoxogos que tivo a súa orixe en maio de 1982 como a división de xogos de Lucasfilm Ltd., a produtora cinematográfica de George Lucas. Lucas quería que a súa compañía traballara noutras áreas de entretemento, polo que cooperou con Atari para producir videoxogos. Os primeiros resultados desta colaboración foron xogos de acción coma Ballblazer e Rescue on Fractalus.[Cómpre referencia]En 1990 recibiu un cambio de nome, para pasar a chamarse LucasArts Entertainment Company.
O Sinclair ZX Spectrum ou ZX Spectrum foi un microordenador de 8 bits baseado no microprocesador Z80 de Zilog, fabricado pola compañía británica Sinclair Research e lanzado ao mercado o 23 de abril de 1982. En Europa, o Sinclair ZX Spectrum foi o microordenador doméstico máis popular da década dos 80. O seu deseño optimizado e compacto fixo as delicias de miles de afeccionados á informática e os videoxogos.
La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi con libreto de Francesco Maria Piave. Está baseada na novela de Alexandre Dumas A dama das camelias (1852), aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Foi estreada o 6 de marzo de 1853 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
O ollo dos humanos, como o doutros vertebrados, e un órgano que detecta a luz e é a base do sentido da vista. A súa función consiste basicamente en transformar a enerxía lumínica en sinais eléctricos que son enviadas ao cerebro a través do nervio óptico. O ollo humano funciona de forma moi similar ao da maioría dos vertebrados e dalgúns moluscos.
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
O lied (plural lieder) é en alemán canción pero na tradición musical europea pasou a denominar un tipo de canto de orixe alemá desenvolvido no romanticismo alemán para un cantante só e piano, dunha fonda e íntima sensibilidade, sen pretensión ningunha, de virtuosismo vocal baseado no clima poético dun texto polo xeral de gran calidade, Goethe, Schiller ou Heine etc. Preténdese que a música vaia máis alá do poema explorando a zona sentimental de misterio, querenza do romanticismo alemán. O piano, máis que acompañando á voz, dialoga con ela en forma de comentario sonoro paralelo que acentúa o carácter irreal e máxico da composición.
Chámase tenor o cantante que ten o rexistro agudo da voz masculina. Diferénciase do barítono (de voz lixeiramente mais grave) polo seu timbre claro e brillante. A verba tenor vén do latín tenere: ‘sustentar’, debido a que na música eclesiástica do renacemento, o tenor sostiña notas largas mentres que outras voces cantaban melismas vocais.
World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Está baseado no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol. Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.
High School Musical é un telefilme musical estadounidense escrito por Peter Barsocchini e dirixido por Kenny Ortega. É o primeiro título da franquía musical High School Musical. Foi descrito como unha adaptación moderna de Romeo e Xulieta, e High School Musical conta a historia de dous adolescentes de instituto que pertencen a dous grupos escolares rivais.
Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual. Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual.
Unha soprano coloratura (en italiano soprano d'agilitá e en alemán Koloratursopran) é un tipo de voz de soprano especializada en música con pasaxes rápidos e saltos áxiles, nun estilo ornamentado ou con embelecementos elaborados, incluídas as pasaxes rápidas de escalas e os trilos, sexan escritas ou improvisadas. O termo coloratura refírese ás elaboradas ornamentacións dunha melodía, que é un compoñente típico da música escrita para esta voz. Dentro da categoría coloratura, existen roles escritos especificamente para voces lixeiras coñecidas como soprano lírica de coloratura e outros para voces grandes coñecidas como soprano dramática de coloratura, así como outros roles que poden ser cantados por calquera das dúas.
League of Legends (abreviado como LoL) é un videoxogo multixogador desenvolvido e publicado por Riot Games para Microsoft Windows e OS X. O xogo é un modelo freemium que se sostén con micro-transaccións. Inspirado polo modo de xogos como Warcraft III: The Frozen Throne e Defense of the Ancients os fundadores de Riot buscaron desenvolver un xogo independente do mesmo xénero. Dende o seu lanzamento en outubro de 2009, o xogo é de balde e monetízase mediante a personalización de personaxes que se poden comprar.
O London Eye (ollo de Londres), tamén coñecido como Millennium Wheel (nora do milenio), rematado en 1999 e aberto ao público en marzo do ano 2000, foi a maior nora-miradoiro do mundo ata a apertura da Estrela de Nanchang en maio de 2006, e a posterior Singapore Flyer no 2008. O London Eye alcanza os 135 metros de altura sobre o extremo occidental dos Jubilee Gardens, no South Park do Támese entre as pontes de Westminster e Hungerford. A nora está ó lado de County Hall e fronte ás oficinas do Ministerio de Defensa.
A rupia (en hindi e urdu: रुपया, transl. rupayā, do sánscrito rúpya, rūpyakam, "moeda de prata") é o nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas. Divídese en cen unidades, denominadas centavos nas illas Seychelles, Mauricio e Sri Lanka; paise (singular: paisa) na India, Paquistán e Nepal; sen en Indonesia; laaris nas Maldivas.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O baixo é un instrumento musical eléctrico de catro, cinco ou seis cordas (o máis habitual son catro), un híbrido entre a guitarra e o contrabaixo, tal como o explica o seu nome orixinal: guitarra baixa (en inglés bass guitar). Adoita a tocarse sobre todo usando os dedos, pero tamén pode tocarse con puga. O baixo de catro cordas afínase habitualmente igual que o contrabaixo, que se corresponde a tons unha oitava máis baixos que as catro cordas máis graves dunha guitarra (Mi, La, Re, e Sol).
Thriller 25 é unha edición especial polo 25 aniversario do sexto álbum do artista Michael Jackson, Thriller. O álbum orixinal vendeu entre 51 e 65 millóns de copias en todo o mundo, sendo o álbum máis vendido de toda a historia. O proxecto dun "segundo capítulo" de Thriller foi publicado por vez primeira en Access Hollywood a finais de 2006.
Microsoft Excel é un programa de folla de cálculo integrado no paquete informático Microsoft Office. Xunto co resto dos programas do paquete, está traducido ó galego. Presentado ó longo do tempo en varias versións, ten un paralelo no programa Calc de OpenOffice, tamén traducido ó galego pero baixo licenza de software libre.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
Ingvar Eggert Sigurðsson nado o 22 de novembro de 1963 é un actor islandés que traballou fundamentalmente no cine islandés. Entre os seus papeis máis coñecidos están o de Friðrik Þór Friðriksson no filme Englar alheimsins e o de Baltasar Kormákur Mýrin. Ademais dos seus traballos no cine, Ingvar tamén actuou na televisión.
Un disquete é un disco removible de almacenamento fixo de datos. O termo equivalente en inglés é floppy-disk, que significa "disco flexíbel". Pode ter o tamaño de 3,5 polgadas con capacidade de almacenamento de 720 KB (DD, Double Density) até 2,88 MB (ED, Extra Density), aínda que o máis común actualmente sexa 1,44 MB (HD, High Density), ou 5,25 polgadas con almacenamento de 160 KB (Single Side = Face Simples) até 1,2 MB (HD).
GameSpot é unha páxina web especializada en videoxogos que achega novas, análises, recensións e informacións relevantes sobre os xogos lanzados no mercado. O sitio web foi creado en maio de 1996 por Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein. Foi comprado pola ZDNet, unha marca que, tempos despois, foi adquirida pola CNET, a actual dona de GameSpot.
Broken Sword: The Sleeping Dragon
Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror.
Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador. Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.