Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor de medios do proxecto VideoLAN. Admite moitos códecs de son e vídeo, así coma diferentes tipos de ficheiros, ademais dos formatos de DVD, VCD e varios protocolos de transmisión. Tamén pode ser usado coma un servidor de fluxo en unicast ou multicast, en IPv4 ou IPv6 , nunha rede de alta largura de banda. O programa usa a biblioteca do códec libavcodec do proxecto FFmpeg para manexar os moitos formatos que admite, e emprega a biblioteca de descifraxe DVD libdvdcss para poder reproduci-los DVD cifrados.
KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.
O Citizens Bank Park é un parque de béisbol situado no Complexo Deportivo South Philadelphia de Filadelfia, Pensilvania (Estados Unidos). É o estadio local dos Philadelphia Phillies, equipo da Major League Baseball (MLB). Inaugurado o 3 de abril de 2004, acolleu o seu primeiro partido oficial o 12 de abril do mesmo ano, no cal os Philleis perderon ante os Cincinnati Reds (4–1).
A fórmula química ou fórmula molecular é un conxunto de símbolos e números que indicar o número real de átomos de cada elemento químico que hai na molécula nunha substancia química. Nos compostos orgánicos úsanse fórmulas químicas de varios tipos: condensada (empírica), semicondensada (semiempírica) ou semidesenvolvida e desenvolvida, segundo que se especifiquen ou non as unións interatómicas con menor ou maior detalle, se ben acostuma usarse algún tipo de fórmula semidesenvolvida.
O Museo Británico (en inglés: British Museum) é un museo sobre a cultura e historia humana situado na cidade de Londres (Inglaterra). As súas coleccións, constituídas por máis de 13 millóns de obxectos, atópanse entre as maiores e máis detalladas do mundo, formadas por obxectos de tódolos continentes que ilustran e documentan a historia da cultura dende os seus comezos ata a actualidade. O Museo Británico foi inaugurado en 1753.
Tate é o museo nacional de arte moderna do Reino Unido acollido principalmente na cidade de Londres. Comprende catro galerías: Tate Britain (aberta en 1897), Tate Liverpool (1988), Tate St Ives (1993) e Tate Modern (2000), coa aínda a galería online, Tate Online (1998). Foi fundada orixinalmente co nome de National Gallery of British Art e renomeada tras Henry Tate fundar un edificio especialmente para ela en Millbank, Londres.
Star Wars Episode VII: The Force Awakens
Star Wars Episode VII: The Force Awakens (tamén coñecido como Star Wars: The Force Awakens) é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que foi estreado en decembro de 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O retorno do Jedi (1983).
O wáter-polo, tamén chamado polo acuático[Cómpre referencia], é un deporte que se practica nunha piscina onde se enfrontan dous equipos. O obxectivo do xogo é marcar o maior número de goles na portería do equipo contrario. O campo de xogo e un rectángulo de 30 por 20 metros e as porterías son de 90 cm de alto e 3 metros de longo.
Organización Internacional do Traballo
A Organización Internacional do Traballo (OIT) é un organismo especializado das Nacións Unidas que se ocupa das cuestións relativas ó traballo e as relacións laborais. Foi fundada o 11 de abril de 1919, no marco das negociacións do Tratado de Versalles. A súa constitución, sancionada en 1919, compleméntase coa Declaración de Filadelfia de 1944.
A dos clupeinos (Clupeinae) é unha unha subfamilia de peixes teleósteos da familia dos clupeidos (Clupeidae).A subfamilia comprende algunhas das especies de peixes das máis consumidas pola humanidade, como as dos xéneros Clupea (arenques), Sardina, Sardinella (sardiñas) e Sprattus (espadíns). O seu rexistro fósil abarca desde o eoceno (hai 55 millóns de anos) até a actualidade.
O New Wave (nova onda) é un xénero musical xurdido entre mediados e finais dos anos 70 como derivado do punk rock, e que evolucionou de xeito independente na década dos 80. Inicialmente a música New Wave foi considerada o mesmo que o punk rock, ata que foi indentificado como un xénero de seu, incorporando aspectos da música electrónica e experimental, subcultura mod, disco e pop dos anos 60, así como gran parte do son e o carácter orixinal do punk rock, como a énfase nas cancións curtas e apegadizas. Nos anos 90 e 2000 houbo un renacer do xénero, e un feixe de bandas influenciadas por unha variedade de estilos de New Wave xurdiron acadando bastante popularidade a mediados da década dos 2000.
O agnome ou agnomen era na Antiga Roma un alcume honorífico que se engadía ao nome de determinada persoa para resaltar unha das súas virtudes ou lembrar o éxito dun dos seus feitos. Era un sobrenome individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognomen).
A tridimita (do grego Trydimos (tripleto) debido á formación frecuente de maclas con tres cristais) é un mineral silicatado e un polimorfo de alta temperatura do cuarzo. Áchase apenas en rochas magmáticas efusivas ácidas de alta temperatura (riolitas, obsidianas, traquitas, andesitas e dacitas). Tamén pode ser encontrado en meteoritos.
La Nova Esquerra de l'Eixample
La Nova Esquerra de l'Eixample é un barrio do distrito de l'Eixample da cidade de Barcelona. Antigamente formaba unha soa unidade con L'Antiga Esquerra de l'Eixample formando un só barrio que se denominaba l'Esquerra de l'Eixample. No barrio hai os tres edificios de Can Batlló (actual Escola Industrial), a prisión Modelo, o Matadoiro (actual Parque Joan Miró), a praza de touros de les Arenes e a Casa Golferichs.
The B-52s (estilizado como The B-52's antes de 2008) é un grupo musical de música new wave formado en Athens, Xeorxia en 1976. Os membros orixinais eran Fred Schneider (voz, percusión e teclado), Kate Pierson (órgano, baixo e voz), Cindy Wilson (voz, bongos, tambourine e guitarra), Ricky Wilson (guitarra) e Keith Strickland (batería, guitarra e sintetizadores). Despois da morte de Ricky Wilson en 1985, Strickland foi o guitarrista.
Este artigo trata sobre unha disciplina, para as mulleres que exercen a diplomacia véxase: diplomático, diplomática A diplomática é unha disciplina que trata do estudo das estruturas formais dos documentos solemnes, isto é, oriúndos das actividades gobernamentais ou notariais. A diplomática é parente da arquivística, designada como tipoloxía documental; arquivística é sinônimo de arquivoloxía. Á diplomática cómpre a tarefa da análise e da autenticidade documental, con base nos elementos formais, como o fondo paleográfico e a estrutura ou fórmula xurídica do documento.
Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares. Cita de Castelao sobre as aldeas en Sempre en Galiza: Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
Lloret de Mar é unha cidade e concello costeiro da comarca da Selva, no sur da provincia de Xirona, en Cataluña. Pioneira do turismo europeo na década de 1950, converteuse nun dos destinos turísticos mediterráneos máis importantes e coñecidos de España. Está dotada dunhas praias excelentes de area granulada.
Stonehenge é un monumento neolítico (crómlech) e da idade de bronce situado preto de Amesbury en Wiltshire, Inglaterra, a uns 13 km ao noroeste de Salisbury. Trátase dun monumento megalítico probabelmente construído como templo-calendario. Está situado cronoloxicamente no período neolítico ou na Idade de bronce.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
Chamaecyparis obtusa é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis. Orixinaria do centro do Xapón, onde é coñecida co nome de 檜 ou 桧, hinoki, é unha especie resistente e de crecemento lento que, en Europa, América e noutras zonas do mundo, é frecuente vela cultivada en xardíns grandes, sendo pouco frecuente nos pequenos, agás como plantas xoves do cultivar Crippsii.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG) é aquel que ten como membros Estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.
Organización de Aviación Civil Internacional
A Organización de Aviación Civil Internacional (OACI ou ICAO, correspondente ás siglas en inglés) é unha axencia da Organización das Nacións Unidas creada en 1944 pola Convención de Chicago para estudar os problemas da aviación civil internacional e promover os regulamentos e normas únicos na aeronáutica mundial. Diríxea un consello permanente con sede en Montreal.
Lateralus é o terceiro álbum da banda estadounidense de metal progresivo Tool. Foi editado o 15 de maio do ano 2001 a través do selo Volcano Entertainment, estreándose no número 1 da lista Billboard 200. O disco foi certificado ouro pola RIAA o 5 de agosto do 2003, e o 30 de agosto de 2004 prata pola BPI ao vender 60.000 copias no Reino Unido.
Daniel Mattheus "Danie" Gerber, nado o 14 de abril de 1958 en Porto Elizabeth, é un ex xogador surafricano de rugby, que defendeu as cores dos Springboks entre 1980 e 1992. Xogou principalmente na posición de centro co número 13, sendo considerado un dos mellores xogadores da historia nesa posición, ata o punto de ser elixido en 2007 para formar parte do International Rugby Hall of Fame (o Salón da Fama Internacional do Rugby). Tamén foi elixido xogador do ano en Suráfrica nos anos 1984, 1985 e 1992.
Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo. A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
O cuarzo é un mineral da clase 4 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz, composto de dióxido de silicio, tamén chamado sílice, SiO2. Ás veces, e incorrectamente, tamén é denominado seixo.Non é susceptíbel de exfoliación, porque cristaliza no sistema trigonal (romboédrico). Incoloro en estado puro, pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas (é alocromático).A súa dureza é tal que pode raiar os aceiros comúns.É moi abundante nas rochas graníticas.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
Cynthia Ann Stephanie Lauper, coñecida como Cyndi Lauper, nada en Brooklyn (Nova York) o 22 de xuño de 1953, é unha cantante, actriz, compositora e produtora estadounidense moi popular na década dos 80. Vendeu máis de 60 millóns de copias dos seus álbums en todo o mundo e foi a primeira cantante feminina en colocar 4 singles dun mesmo traballo no top 5 do Billboard americano.
Rai 2 é a segunda canle televisiva da RAI, a empresa estatal concesionaria en exclusiva do servizo público radiotelevisivo en Italia. Rai Due proponse como canle xeralista dirixida a un target novo. Iniciou as súas propias transmisións de radio o 29 de marzo de 1928 e as de televisión o 4 de novembro de 1961.
Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no Océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique.
Un electrón-volt ou electronvolt (símbolo: eV) é unha unidade de enerxía, equivalente á enerxía cinética que adquire un electrón simple non ligado, ao percorrer un campo electrostático cunha diferenza de potencial dun volt. É unha unidade aceptada polo SI (Sistema Internacional de unidades), mais que non pertence a el. Debido a que o electrón-volt é unha unidade moi pequena, úsanse con frecuencia múltiplos como o Megaelectrón-volt (MeV) ou o Xigaelectrón-volt (GeV).
Pteropus (subordo Yinpterochiroptera) é un xénero de megaquirópteros que comprende algúns dos morcegos máis grandes do mundo. Na literatura internacional dáselles nomes equivalentes a raposos/as voadores/as ou morcegos da froita, que se usan tamén para todos os megaquirópteros. Viven no sur de Asia, sueste asiático, Australia, África oriental e algunhas illas oceánicas dos océanos Índico e Pacífico.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (marzo de 2022) é o número 2 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 9 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2019, 2020 e 2021), gañador do Torneo de Wimbledon en 6 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018, 2019 e 2021 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016 e 2021, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013, 2016 e 2021), e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Forma parte do Equipo de Copa Davis de Serbia desde 2003, co cal obtivo o triunfo en 2010.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Ione Belarra Urteaga, nada en Pamplona o 25 de setembro de 1987, é unha política e psicóloga navarra, membro do consello cidadán estatal de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España. Foi deputada por Navarra das lexislaturas XI, XII, XIII e XIV do Congreso dos Deputados e voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados.