Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O enlace glicosídico é un tipo de enlace covalente co que se unen as moléculas de carbohidratos ou azucres a outras moléculas ou grupos, que poden ser outros carbohidratos ou non. Un enlace O-glicosídico (o máis típico) fórmase entre o grupo hemiacetal dun sacárido (ou derivado) e un grupo hidroxilo (OH) doutra molécula. Se o grupo que se une ao carbohidrato non é outro carbohidrato, este último denomínase aglicona e a molécula conxunta é un glicósido.
Anthony Davis, Jr., nado o 11 de marzo de 1993 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Xogou de ala-pivote para a Universidade de Kentucky antes de ser seleccionado na 1ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets. Despois da súa temporada "rookie" na NBA, foi elixido no mellor quinteto de novatos da competición.
Un libro é unha obra manuscrita, impresa ou virtual, que consta dunha serie de follas que conteñen texto ou imaxes composto por, polo menos, 48 páxinas (sen contar as capas - segundo a Unesco). Un libro pode ser, por exemplo, unha novela, un ensaio ou un libro fotográfico. A palabra libro procede do latín liber, que significa cortiza.
David Maurice Robinson, nado o 6 de agosto de 1965 en Key West, Florida, é un antigo xogador estadounidense de baloncesto profesional que militou durante catorce tempadas en San Antonio Spurs da NBA. Cos Spurs conseguiu dous aneis da NBA (1999 e 2003), sendo ademais nomeado MVP da tempada en 1995. Debutou na 1989, ano no que logrou o galardón de Rookie do Ano. Ademais dun excelso anotador, Robinson destacou como un gran defensor, mostra diso foi o galardón de Mellor Defensor que levou en 1992.
Limites Romani ou Limes é o nome aplicado a unha zona de fortificacións fronteirizas romanas que protexían o seu imperio. Houbo algunhas fortificacións de fronteira en Dacia, Arabia Petrea, Numidia e Britania, pero o limes principal foi o de Agri Decumates contra os xermánicos co Limes Germanicus, na zona do río Danubio e do río Rin, e estaba formado por fortíns, foxos, muros e empaladizas; nalgúns lugares había torres redondas e noutros torres de madeira de observación. Está inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1987.
Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.376.314 artigos e 2.079.331 usuarios, dos cales 14.101 son activos.
Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920.
Unha variábel, ou variable, é un símbolo que representa un elemento ou cousa non especificada dun conxunto dado. Dito conxunto denomínase conxunto universal da variábel, universo ou variar da variábel, e cada elemento do conxunto é un valor da variábel. Sexa x unha variábel cuxo universo é o conxunto {1,3,5,7,9,11,13}; entón x pode ter calquera destes valores: 1,3,5,7,9,11,13.
Un manuscrito (do latín «manu scriptum», que significa escrito á man) trátase dun documento que contén información escrita á man sobre un soporte flexíbel e manexábel (por exemplo: o papiro, o pergamiño ou o papel), con materias como a tinta dunha pluma, dun bolígrafo ou simplemente o grafito dun lapis. O manuscrito non ten que ser necesariamente antigo; unha carta é un exemplo de manuscrito moderno. Xeralmente, con ese nome faise referencia a escritos realizados pola man de escritores importantes en calquera campo do saber.
Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, e finada en Detroit o 16 de agosto de 2018, foi unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibiu o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e foi unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos.
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña). É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
Miriam Peretz (hebreo: מרים פרץ: פרץ) nada o 10 de abril de 1954 en Casablanca (Marrocos) é unha educadora e oradora israelí. Tras as mortes en servizo de dous dos seus fillos nas Forzas de Defensa de Israel, Peretz comezou a dar conferencias sobre o Sionismo e a dó. Foi galardoada co Premio de Israel en 2018 e en 2021 presentouse ao cargo de presidenta do Estado de Israel.
O Fußball-Club Bayern München e. V. (comunmente en galego: Bayern de Múnic) é un club deportivo bávaro con sede na cidade de Múnic (Alemaña). É principalmente coñecido pola súa sección de fútbol profesional, a cal fai que o Bayern sexa o club de fútbol con máis éxito de Alemaña e un dos máis importantes de Europa.
Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio. Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India.
Nicolao Copérnico, nado o 19 de febreiro de 1473 en Toruń e finado o 24 de maio de 1543, foi un astrónomo e matemático que viviu a cabalo dos séculos xv e xvi e que revolucionou a concepción do universo grazas á súa teoría heliocéntrica do Sistema Solar, que desprazou a Terra coma centro do universo, concibida en primeira instancia por Aristarco de Samos. O seu libro de referencia, De Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre as revolucións das esferas celestes), onde expresa a súa débeda coas obras de Azarquiel e al Battani, publicado en 1543, pouco antes da súa morte, adoita ser considerado como o punto inicial ou fundador da astronomía moderna, ademais de ser unha peza clave no que se chamou a revolución científica na época do Renacemento. Copérnico pasou preto de vinte e cinco anos traballando no desenvolvemento do seu modelo heliocéntrico do universo.
Os vulgarismos son desvíos da norma dunha lingua que se dan no plano oral. Están producidos por alteracións vocálicas; no galego estas son: a metátese, a metafonía, a harmonización, a labialización, a aférese e, en menor medida (que tamén se dan no plano escrito) a prótese, a paragoxe, a epéntese ("i" epentético) e a síncope.
O analfabetismo é a incapacidade de ler e escribir, que se debe xeralmente á falta de aprendizaxe. Nos países que teñen unha escolarización obrigatoria, concretamente no Primeiro mundo, o analfabetismo é minoritario. Porén, nalgúns países a comprensión lectora pode ser deficiente a pesar de que a súa taxa de analfabetismo sexa pequena (iletrismo), xa que ler non é só decodificar as letras senón entender mensaxes por escrito.
A pena capital ou pena de morte é a execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xuízo dalgúns, merece a decapitación.
A cruz de Occitania - tamén chamada cruz Occitana, cruz de Languedoc, cruz de Forcalquier e cruz de Tolosa - é o símbolo de Occitania. Utilizouse por vez primeira como tal, probablemente, no escudo de armas dos condes de Forcalquier (Provenza), e logo polos condes de Tolosa no territorio tradicional de Languedoc. Máis tarde estendeuse a outras provincias de Occitania como Provenza, Güiena, Gascuña, Delfinado, Auvernia e Lemosín.
As tarxetas de felicitación utilizanse para transmitir felicitacións para unha ocasión dada. Na súa forma máis antiga, as tarxetas de felicitación existen baixo a forma de papel imprimido sobre o cal se anota unha mensaxe á intención dun amigo, dun membro da familia ou aínda dun colega de traballo. Hoxe en día, máis persoas vólvense cara á utilización de tarxetas de felicitación virtuais coñecidas tamén baixo o nome de tarxetas de felicitación electrónicas.
O calado dun corpo é a diferenza entre a súa parte máis somerxida e o nivel que acada a auga no corpo, polo tanto pódese definir como a altura dun corpo somerxida nun líquido, xeralmente aplicado a barcos, bateas, boias e demais obxectos marítimos ou fluviais na auga. Este calado dependerá da densidade do líquido, da superficie na que o corpo toca co líquido e da densidade do corpo principalmente. Por estas razóns mentres que un petroleiro, por exemplo, leva varios metros de barco afundidos, unha lancha planeadora apenas leva uns centímetros.
Kubuntu é unha derivación oficial do sistema operativo Ubuntu, pero con KDE como contorno de escritorio. Tal como se explica no sitio web de Kubuntu na wiki de Ubuntu: "O proxecto Kubuntu quere ser para KDE o que Ubuntu é para GNOME: Un sistema operativo integrado con tódalas características de Ubuntu, pero baseado no entorno de escritorio KDE. As novas versións de Kubuntu saen de maneira regular e predecible; faise unha nova versión cada vez que sae unha actualización de KDE". Tódolos paquetes comparten os mesmos arquivos que Ubuntu.
A dorsal do Pacífico Oriental, do Pacífico Leste, Gran Dorsal Pacífico- Antárctica, denominada tamén cordilleira Albatros ou cordilleira Illa de Pascua, é unha dorsal oceánica ou cordilleira submarina que se estende en sentido sur-norte polo fondo oriental do océano Pacífico, desde as inmediacións da Antártida, no mar de Ross, ata internarse no golfo de California, mantendo unha continuidade xeolóxica que culmina no lago salgado coñecido como mar de Salton, no deserto de Colorado. A lonxitude da dorsal é de aproximadamente 8.000-9.000 km. O punto máis alto, que xa aflora sobre o nivel do mar, sitúase en Illa de Pascua (539 m.s.n.m.).
Capitolio Nacional de Colombia
O Capitolio Nacional de Colombia é a sede do Congreso Nacional, máximo órgano lexislativo da República de Colombia. Atópase no custado sur da Praza de Bolívar, no centro histórico de Bogotá. O capitolio foi deseñado orixinalmente por Thomas Reed a solicitude do presidente Tomás Cipriano de Mosquera, construíuse entre 1848 e 1926 e diversos arquitectos estiveron ó seu cargo.
A Nintendo Switch (en xaponés: ニンテンドースイッチ; Nintendō Suitchi) é unha videoconsola desenvolvida por Nintendo e lanzada internacionalmente na maioría de rexións do mundo o 3 de marzo de 2017. A consola é unha tableta que pode acoplarse para funcionar como unha consola caseira ou un dispositivo portátil, o que a converte nunha videoconsola híbrida. Os seus controladores sen cable Joy-Con, con botóns estándar e joystick analóxico direccionais, detección de movemento e retroalimentación táctil, pódense conectar a ámbolos dous lados da consola para poder xogar en estilo portátil.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles.
Pteropus (subordo Yinpterochiroptera) é un xénero de megaquirópteros que comprende algúns dos morcegos máis grandes do mundo. Na literatura internacional dáselles nomes equivalentes a raposos/as voadores/as ou morcegos da froita, que se usan tamén para todos os megaquirópteros. Viven no sur de Asia, sueste asiático, Australia, África oriental e algunhas illas oceánicas dos océanos Índico e Pacífico.
Un presentador é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.). Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en doce ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e sete en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.759 .
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 é un filme estadounidense dirixido por Bill Condon que foi estreado no 2011. É o primeiro dos dous filmes baseados na novela de Stephenie Meyer Breaking Dawn.
A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de pontevedrés de Redondela, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mozos de Redondela.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Non confundir cos sinusoides dalgunhas funcións matemáticas ou de ondas Un sinusoide é un tipo de vaso sanguíneo capilar especial. Trátase de canais vasculares revestidos de endotelio de perfil transversal irregular, xeralmente de diámetro relativamente grande . Os sinusoides son similares a capilares fenestrados, pero non iguais, e clasifícanse como capilares descontinuos ou de poro aberto para distinguilos dos fenestrados.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Urbano Lugrís González, nado na Coruña o 28 de xaneiro de 1908 e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973, foi un pintor galego. A súa vida está chea dunha actividade creadora pouco común, que lle permitiu plasmar as súas inquedanzas artísticas en medios tan diversos como a poesía, o teatro, a pintura e incluso a arquitectura no deseño da capela dos Santos Reis do Valado.
O salto con pértega é un evento do atletismo onde os competidores empregan unha vara longa e flexíbel para alcanzar maior altura e pasar por riba dunha barra. As competicións con varas xa eran coñecidas na Grecia antiga, entre os cretenses e os celtas. Foi introducido como modalidade olímpica dende os primeiros Xogos en Atenas 1896 para os homes e dende Sydney 2000 para as mulleres.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Agustín Rajoy Feijóo, nado en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1956, é un economista e político galego vinculado ao Partido Popular. É licenciado en Económicas e Empresarais pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como profesor asociado da Universidade de León. En 2011 formou parte da candidatura do PP á alcaldía de León.É curmán directo do dirixente popular Mariano Rajoy.
A electricidade é un termo xeral que abrange unha variedade de fenómenos resultantes da presenza e do fluxo de carga eléctrica. Estes inclúen moitos fenómenos facilmente recoñecibles, tales como o relampo, a electricidade estática, e as correntes eléctricas dos cableados. Alén diso, é a propiedade da materia que se basea no movemento das cargas eléctricas que produce un desequilibrio entre as mesmas.
Berdreymi é un filme islandés de 2022 escrito e dirixido por Guðmundur Arnar Guðmundsson. A historia está ambientada nos suburbios de Reiquiavik durante a década de 2000, e céntrase nun grupo de mozos e a violencia que os rodea. Foi escollido como candidato de Islandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.