Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Shanghai, ás veces escrito como Xangai (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo..
A Liga Premier de Rusia é a máxima categoría das ligas de fútbol en Rusia a nivel de clubs. A liga naceu en 1992 como herdeira da liga soviética ó desaparecer a URSS, e dende entón tense disputado cada ano durante as estacións de primavera, verán e outono, comezando en marzo e rematando en novembro. Actualmente os dous primeiros equipos da liga clasifícanse directamente para disputar a Fase de Grupos da Liga de Campións da UEFA. O terceiro equipo clasifícase para disputar a Rolda Previa da Liga de Campións da UEFA. Os equipos 4º e 5º clasifícanse para disputar a UEFA Europa League.
BDFutbol, (abreviación de Base de Datos del Fútbol) é un sitio web dedicado á recompilación de datos históricos do fútbol español. Fundado en 2008 por Víctor Muñoz (creador tamén de BDBasket), hoxe é posible consultar nel os datos de todas as tempadas de Primeira División desde 1928, Segunda División desde 1944 e Segunda División B desde 1981, ademais da Copa do Rei, entre outros campionatos, e algunhas competicións estranxeiras: Bundesliga (Alemaña, desde 1963); Premier League (Inglaterra, dende 1992); Serie A (Italia, dende 1988) e Ligue 1 ( Francia, dende 1996).A web pódese consultar en español, catalán e inglés.
O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 50 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 39 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés.
O Athletic Club, coñecido popularmente como Athletic de Bilbao, é un club de fútbol vasco con sede en Bilbao, Biscaia. Fundado no ano 1898 e un dos clubs decanos do Estado español e, xunto co Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, o único equipo que participou en tódalas edicións da liga de Primeira división. O club comezou xogando os seus primeiros partidos en Getxo, aínda que durante cen anos, entre 1913 e 2013 xogou os seus partidos como local no antigo estadio de San Mamés, lugar alcumado como "A Catedral".
The Independent é un xornal británico publicado por Independent Print Limited, de Alexánder Lébedev. Ten o alcume de «the Indie», mentres que a edición dos domingos é alcumada «the Sindie». Lanzado en 1986, é o máis novo de todos os xornais de tirada nacional do Reino Unido, cunha circulación de arredor de 250.000 exemplares en 2004.
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.
Un electrón-volt ou electronvolt (símbolo: eV) é unha unidade de enerxía, equivalente á enerxía cinética que adquire un electrón simple non ligado, ao percorrer un campo electrostático cunha diferenza de potencial dun volt. É unha unidade aceptada polo SI (Sistema Internacional de unidades), mais que non pertence a el. Debido a que o electrón-volt é unha unidade moi pequena, úsanse con frecuencia múltiplos como o Megaelectrón-volt (MeV) ou o Xigaelectrón-volt (GeV).
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol, de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 88 trofeos en distintas competicións (68 nacionais e 20 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000.
O Arsenal Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Londres. Fundado en 1886, xoga na Premier League, sendo un dos equipos con máis trofeos obtidos dese país. O Arsenal gañou trece ligas inglesas, dez Copas de Inglaterra e na tempada 2005-2006, chegaron á final da Liga de Campións da UEFA, onde foron derrotados polo FC Barcelona.
Universidade do Sur de Florida
A Universidade do Sur de Florida, tamén coñecida como USF, é unha universidade pública localizada en Tampa, Florida. Fundada en 1956, forma parte do Sistema Universitario Estatal de Florida, sendo a cuarta universidade pública dese estado, con 47.646 estudantes matriculados no ano académico 2012–2013. A USF conta con tres institucións independentes: USF Tampa, USF San Petersburgo e USF Sarasota-Manatee.
O salto é unha forma de deporte ou entretemento de alto risco, que consiste en se lanzar á auga dunha piscina, lago, río ou do mar desde algún punto fixo ou vibrátil. O punto fixo pode ser á beira da auga, unha rocha, montículo, pena, acantilado ou incluso unha ponte moi próximos á auga ou sobre ela, no caso de sitios naturais ou non adaptados para o deporte, pode realizarse desde unha plataforma ou á beira da piscina no caso de sitios si adaptados para iso. O punto vibrátil pode ser un trampolín no caso dun sitio adaptado, incluso pódese deixar caer desde unha corda tendida entre as inmediacións da superficie acuática.
O gran colisor de hadróns ou gran colididor de hadróns (en inglés: Large Hadron Collider ou LHC, siglas polas que é xeralmente coñecido) é un acelerador colisor de partículas localizado no CERN, preto de Xenebra (na fronteira franco-suíza). O LHC foi deseñado para colidir feixes de protóns de 7 Tev de enerxía (cada protón ten unha enerxía equivalente á enerxía cinética dun mosquito), sendo o seu propósito principal examinar a validez e límites do Modelo estándar, que é actualmente o marco teórico da física de partículas, do cal se coñece a súa ruptura a niveis de enerxía altos. O LHC tense convertido no acelerador de partículas máis grande e enerxético do mundo.
A Wikipedia en armenio (en armenio: Հայերեն Վիքիպեդիա) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua armenia. Foi creada en febreiro de 2003.A Wikipedia en armenio lanzou unha opción para ler os contidos, en caso de preferilo, na ortografía tradicional (Mesrobian) no canto da ortografía reformada (Abeghian). A Wikipedia en armenio tamén dispuña dalgúns artigos paralelos en armenio occidental, falado amplamente pola diápora armenia.
O Amsterdamsche Football Club Ajax, coñecido como Ajax Amsterdam, é un club de fútbol neerlandés da cidade de Ámsterdan. Foi fundado o 18 de marzo de 1900 e actualmente compite na Eredivisie, a máxima categoría do fútbol nos Países Baixos, na que milita dende os primeiros anos da competición. Disputa os seus partidos como local no Johan Cruyff Arena.
DrugBank é unha base de datos en liña de acceso libre, completa que contén información de fármacos e dianas de fármacos. DrugBank é un recurso tanto bioinformático coma quimioinformático que combina datos detallados de fármacos (é dicir, datos químicos, farmacolóxicos e farmacéuticos) con información completa das dianas de fármacos (é dicir, información de secuencias, estrutura, e rutas). Debido ao amplo ámbito que abrangue e as referencias completas e datos infrecuentemente ben detallados das descricións, DrugBank é máis parecida a unha enciclopedia de fármacos que a unha simple base de datos.
O Bolton Wanderers Football Club é un equipo profesional de fútbol inglés, situado na cidade metropolitana de Bolton, no Gran Manchester. Membro fundador da Football League, o Bolton tivo a súa primeira etapa de éxito na década de 1920, cando gañaron a FA Cup até en tres ocasións. Xa no ano 1958 o club consegue o seu cuarto título de copa grazas aos dous goles de Nat Lofthouse.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017, sumando ata o de agora 319 semanas como número un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
O tiro con arco é un deporte no que se utiliza un arco para disparar setas máis lonxe ou máis habitualmente con precisión sobre un albo, a súa orixe está na utilización do arco na caza e nas guerras. A persoa que practica este deporte chámase arqueiro. O tiro con arco olímpico é a modalidade practicada nos Xogos Olímpicos.
O alemán suízo (Schweizerdeutsch, Schwyzerdütsch, Schwiizerdütsch, Schwyzertütsch) é unha das variedades da lingua alemá falados en Suíza, en Liechtenstein e nas zonas fronteirizas de Austria. A maioría dos suízos aprenden o alemán suízo na casa e nas rúas. Cada rexión de Suíza ten o súa propia variación do dialecto, chegando a ser difícil a comunicación entre rexións remotas; entre outras razóns, porque a maior parte dos programas de televisión e os debates políticos son sempre en alemán oficial (estándar).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
AT&T (American Telephone and Telegraph) é unha empresa norteamericana de telecomunicacións. É a maior empresa de telecomunicacións do mundo e a segunda en telefonía móbil a nivel mundial. As súas orixes están en Southwestern Bell Telephone Company, unha filial de Bell Telephone Company, fundada por Alexander Graham Bell en 1880.
O butano (tamén chamado n-butano) é un hidrocarburo saturado, parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5 °C, formado por catro átomos de carbono e por dez de hidróxeno, cuxa fórmula química é C4H10. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou metilpropano.
Os árbitros asistentes, anteriormente chamados xuíces de liña son os axudantes do árbitro, encargados de asistilo desde fóra do terreo de xogo. A función principal deste tipo de árbitro é, entre outras, xulgar desde a súa posición na liña de banda as posibles accións antiregulamentarias dos equipos atacantes; comunmente o lance fóra de xogo, que é considerado como falta.
A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociación deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zúric, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo.
Un centrocampista é unha das posicións do fútbol, situado xeralmente entre os defensas e os dianteiros do seu equipo. Algúns centrocampistas xogan un papel defensivo estritamente definido, parando ataques, e son coñecidos como centrocampistas defensivos. Outros teñen límites máis difusos, sendo máis móbiles e eficientes no pase, como os chamados pivotes, os organizadores ou os todocampistas.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do coláxeno, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de osíxeno en formas inertes.
Selección de fútbol de Xamaica
A selección de fútbol de Xamaica (en inglés: Jamaica national football team) é o equipo que representa a Xamaica en campionatos internacionais de fútbol. A selección está rexida pola Federación Xamaicana de Fútbol (Jamaica Football Federation), afiliada á CONCACAF e á FIFA. A mellor época da selección foi a finais dos noventa cando conseguiron clasificarse para o mundial de Francia 1998.
O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre si dous equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 kg sobre a deslizante superficie a través dun corredor de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados todos os lanzamentos, puntúase en función da proximidade destas pedras á diana marcada ao final do corredor.
Un lago é unha grande extensión de auga rodeada de terra e sen movemento fluído. O topónimo Lagos pode referirse a: En Galicia Lagos, parroquia do concello de Láncara; Lagos, lugar de dita parroquia; Lagos, lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello da Estrada. Os Lagos, lugar da parroquia de Montoxo, no concello de Cedeira.
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C. Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor.
O Montreal Impact (Impact de Montréal en francés) é un equipo de fútbol profesional de Canadá e xoga na Major League Soccer. O equipo exerce localía na cidade de Montreal, na provincia de Quebec. O equipo foi fundado no ano 1992 e xogou na North American Soccer League, a segunda división do fútbol profesional norteamericano, ata o ano 2011.
COBOL (acrónimo de COmmon Business Oriented Language) é unha linguaxe de programación compilada similar á lingua na súa sintaxe e orientada a emprego en empresas. É unha linguaxe procedural, imperativa, e desde o 2002 orientada a obxectos. Emprégase especialmente en empresas, en finanzas e en equipos da administración; fundamentalmente en servidores de empresas e para procesamentos en lote e tarefas de transaccións.
Nova Friburgo é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro, situada no centro-norte do estado, en medio das montañas da rexión serrana, a 846 m de altura sobre o nivel do mar. Dista 136 km por estrada da capital do estado. A rexión foi inicialmente colonizada en 1820 (antes, por tanto, da independencia do Brasil) por 100 familias orixinarias da Suíza.
Kongzi ou Kong Fuzi, latinizado como Confucio (en pinyin Kǒng Zǐ, 孔子 o Kǒng Fūzǐ, 孔夫子; en Wade-Giles K'ung-fu-tzu, literalmente "Mestre Kong", ) nado o 551 a.C en Qufu durante a Dinastía Chou e finado no mesmo lugar o 479 a.C., foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente na Asia oriental ata hoxe en día, e sobre elas formouse o confucianismo.Confucio considerábase un transmisor dos valores das épocas anteriores que, segundo el, foran abandonadas na súa época. As súas ensinanzas filosóficas, chamadas confucianismo, enfatizaban a moral persoal e gobernamental, a corrección das relacións sociais, a xustiza, a bondade e a sinceridade.
O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é C#.C# (pronunciado "si xarp" en inglés, ou C díese) é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvido e estandarizado por Microsoft como parte da súa plataforma .NET, que despois foi aprobado como un estándar pola ECMA e ISO. A súa sintaxe básica deriva de C/C++ e utiliza o modelo de obxectos da plataforma .NET o cal é similar ao de Java aínda que inclúe melloras derivadas doutras linguaxes (máis notablemente de Delphi e Java). C# foi deseñado para combinar o control de linguaxes de baixo nivel como C e a velocidade de programación de linguaxes de alto nivel como Visual Basic.
O benceno, C6H6, é un líquido incoloro e inflamable, cun olor doce e agradable, base dos hidrocarburos aromáticos e constituínte natural do petróleo, aínda que usualmente sintetizado a partir doutros compostos que están presentes en maior cantidade relativa. Forma parte da mestura das gasolinas, do napalm etc, e é un disolvente moi usado e base para a produción de medicamentos, plásticos, gasolina, caucho sintético etc. É un coñecido carcinóxeno.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O dianteiro ou dianteira é unha posición de liña no fútbol, os xogadores que realizan este labor colócanse en posicións de ataque, próximos á portería rival e son no decurso dun partido os principais responsables de marcar os goles do seu equipo. As formacións modernas empregan entre un e tres dianteiros, pero o máis común é que haxa dous. Os adestradores adoitan colocar a un no medio campo (dianteiro centro), enfrontado á portería rival, mentres o outro (ou os outros) se coloca atrás deste ou nos laterais do campo (extremo esquerdo ou dereito), na procura de dar pases de gol ao outro dianteiro.
A fase G0 é o estado dunha célula que está fóra do ciclo celular replicativo. Clasicamente, pensábase que as células entraban en G0 principalmente debido a factores ambientais, como a deprivación de nutrientes, que limitban os recursos necesarios para a proliferación. Era considerada como unha fase de repouso.
O galope Gish (the Gish gallop) é unha estratexia retórica empregada nos debates que se centra en esmagar ao opoñente co maior número de argumentos posible, sen ter en conta a calidade, a veracidade ou a forza dos argumentos. Considérase un tipo de falacia ou metafalacia. O termo foi acuñado por Eugenie Scott e recibiu o nome do creacionista Duane Gish, quen utilizou a técnica con frecuencia nos debates sobre a evolución.
Lua (linguaxe de programación)
Lua (do termo galego/portugués lúa) é unha linguaxe de programación lixeira, multiparadigma e deseñada para clientes e sistemas embebidos. Lua é unha linguaxe multiplataforma cun intérprete en ANSI C e unha API relativamente sinxela en C.Lua deseñouse en 1993 como linguaxe que ampliase aplicacións e fose cubrindo as demandas de personalizacion das aplicacións. Ten as características esenciais da meirande parte das linguaxes procedurais máis sen características específicas de dominio.
Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 267 habitantes (148 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 191 habitantes, sendo 86 homes e 105 mulleres.
A carpintaría ou carpintería é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados. É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal.
Francisco Javier García Gaztelu
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao, Biscaia, o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022 e a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024.
San Fins de Celeiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponteareas, limita polo norte con Santiago de Oliveira, polo oeste con Arcos, polo leste con Guillade, polo suroeste con Lira, polo sur con Taboexa e polo sueste con Vilacova. Ten trece entidades de poboación: Cotres, Agro longo, A Baiana, A Rotea, Verdeal, As Cavadas, Espiñáns, San Roque, O Requeixo, O Outeiro, A Carreira, Ribadas e Soutelo, constando cinco delas no nomenclátor.
Tomé de Aquino ou Tomás de Aquino, nado en Roccasecca, (Nápoles) en 1225 e finado en Fossanova o 7 de marzo de 1274, foi un presbítero, frade, teólogo, filósofo e xurista católico pertencente á Orde dos Predicadores, é considerado o principal representante do ensino escolástica e unha das maiores figuras da teoloxía sistemática. En materia de metafísica, a súa obra representa unha das fontes máis citadas do século XIII, ademais de ser punto de referencia das escolas do pensamento tomista e neotomista. A Igrexa católica nomeouno Doctor Angelicus, Doctor Communis e considera a súa obra fundamental para os estudos de filosofía e teoloxía.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935 e falecido en Milán o 9 de xullo de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX. En 1960 converteuse no primeiro e único xogador masculino nado na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro. Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.