Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935 e falecido en Milán o 9 de xullo de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX. En 1960 converteuse no primeiro e único xogador nado na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro. Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli.
A economía da Arabia Saudita está baseada na extracción do petróleo cun forte control gobernamental sobre as principais actividades económicas. Arabia Saudita é o país do mundo coas maiores reservas de petróleo xa descubertos (máis do 20% do total mundial), é o maior exportador de petróleo do mundo e ten papel de liderado na OPEP. O sector petrolífero é responsable por preto de 75% das ganancias, 45% do PIB e 90% das receitas das exportacións.Uns 40% do produto interno bruto viñan do sector privado, pero país ten estimulado a expansión deste, coa intención de diversificar a súa economía e empregar máis nacionais. Os intentos de diversificar pasan polos sectores de xeración de enerxía, telecomunicacións, exploración de gas natural e petroquímica.
O signo de fin de artigo, tombstone, Halmos, fin da demostración ou signo de Q.E.D. "∎" úsase en Matemáticas para sinalar a fin dunha demostración matemática, en lugar da abreviatura habitual "Q.E.D.", da frase latina "quod erat demonstrandum", "o que se quería demostrar". Nas revistas, é un dos signos que se emprega para indicar o final dun artigo. No Unicode, represéntase polo carácter 220E, que ten variantes gráficas.
ISO 9000 é unha norma de xestión da calidade internacional da Organización Internacional para a Estandarización (ISO). Para a certificación nesta norma debe ser feita unha auditoría por outra organización allea que debe ser quen garanta o cumprimento da normativa ISO así como a súa validez. Estas certificacións deben ser renovadas periodicamente e debe haber un seguimento das mesmas.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
Clasificación Decimal Universal
A Clasificación Decimal Universal ou CDU é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas. Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst College en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema Dewey de clasificación. Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal.
Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.
Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e o Iemen polo sur.
A bolsa de valores, ás veces simplemente bolsa, é un mercado onde se venden ou compran activos financeiros, como accións, obrigacións etc. Tamén se pode dicir que estas compravendas se realizan sobre a lei da oferta e a demanda. A bolsa de valores é un estabelecemento privado onde os seus membros realizan negociacións de compravenda de accións de sociedades ou compañías anónimas, así como títulos ou bonos públicos e privados, certificados, títulos de participación e unha variedade de instrumentos de investimento.
The Tansads foi unha banda inglesa de Wigan, Gran Manchester da década de 1990. Tocando unha mestura de folk, punk e música indie desenvolveron unha grande actividade nos circuítos de directo, pero non tanto a nivel de venda de discos. O final da carreira da banda foi narrado nun libro polo ex-membro Ed Jones.
A fase G0 é o estado dunha célula que está fóra do ciclo celular replicativo. Clasicamente, pensábase que as células entraban en G0 principalmente debido a factores ambientais, como a deprivación de nutrientes, que limitban os recursos necesarios para a proliferación. Era considerada como unha fase de repouso.
Patrimonio da Humanidade na Arxentina
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Oliveira Dos Cen Anos, é o nome que recibe o himno creado en homenaxe ao centenario do Celta de Vigo. O tema foi composto en 2023 por Antón Álvarez Alfaro, coñecido profesionalmente como C. Tangana, acompañado por Pablo Drexler, Cristian Quirante Catalán, Xosé Lois Romero, Xisco Feijoó, Simeón Cantó Gavira e Quico Comesaña, producidos por, Álvarez, Drexler, Quirante e Harto Rodríguez, e interpretada pola Coral de Casablanca, As Lagharteiras, Lilaina, Cantó, Drexler, Quirante, e con voces da afección da peña Tropas de Breogán. A canción foi gravada nos estudios Planta Sónica de Vigo e Disquesi da Coruña e está escrita integramente en lingua galega.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022 e a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2023 será a 74ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Francisco Javier García Gaztelu
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao, Biscaia, o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros.
O Indalo é unha figura de orixe ancestral que se atopa na Cueva de los Letreros, situada a carón do Maimón, no municipio almeriense de Vélez-Blanco. Trátase dunha pintura rupestre do Neolítico tardío ou da Idade do Cobre. Representa a unha figura humana cos brazos estendidos e un arco sobre ás súas mans.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Tomé de Aquino ou Tomás de Aquino, nado en Roccasecca, (Nápoles) en 1225 e finado en Fossanova o 7 de marzo de 1274, foi un presbítero, frade, teólogo, filósofo e xurista católico pertencente á Orde dos Predicadores, é considerado o principal representante do ensino escolástica e unha das maiores figuras da teoloxía sistemática. En materia de metafísica, a súa obra representa unha das fontes máis citadas do século XIII, ademais de ser punto de referencia das escolas do pensamento tomista e neotomista. A Igrexa católica nomeouno Doctor Angelicus, Doctor Communis e considera a súa obra fundamental para os estudos de filosofía e teoloxía.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Della Hayden Raney, nada en Suffolk, Virxinia o 10 de xaneiro de 1912 e finada en Detroit o 23 de outubro de 1987, foi unha enfermeira estadounidense do Corpo de Enfermeiras do Exército dos Estados Unidos de América. Foi a primeira enfermeira afroamericana en presentarse ao servizo na segunda guerra mundial e a primeira en ser nomeada enfermeira xefa. En 1944, converteuse na primeira enfermeira afroamericana afiliada ao Corpo Aéreo do Exército ascendida a capitá, e logo a comandante en 1946.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Dorelis Aurora Echeto de Portillo, nada en Guarero, municipio Guajira o 19 de xaneiro de 1967, é unha política, docente, lexisladora, activista polos dereitos indíxenas e autoridade venezolana. Dende novembro de 2022, é a directora do IPASME Maracaibo. Ademais, foi xefa dúas veces, en períodos distintos, da Zona Educativa Zulia (2008-2010 e 2022), entidade reitora educativa rexional zuliana do Ministerio do Poder Popular para a Educación de Venezuela, e en 2020 foi tamén presidenta do Consello Lexislativo do estado Zulia (CLEZ), así como deputada por varios períodos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Parque Nacional Alejandro de Humboldt
O Parque Nacional Alejandro de Humboldt é un parque nacional nas provincias cubanas de Holguín e Guantánamo. Leva o nome do científico alemán Alexander von Humboldt que visitou a illa en 1800 e 1801. O parque inscribíuse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2001 polo seu tamaño, rango de altitude, litoloxía complexa, diversidade de relevos e riqueza endémica de flora e fauna.
As amarilidáceas (Amaryllidaceae) son unha familia de plantas herbáceas, perennes, bulbosas ou rizomatosas, pertencentes á orde Asparagales das monocotiledóneas. Poden ser facilmente recoñecidas polas súas flores trímeras dispostas en inflorescencias similares a umbelas, as cales se achan rodeadas de dúas brácteas na extremidade dun escapo. A familia está composta por uns 73 xéneros e aproximadamente 1600 especies e distribúese por todo o mundo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 197.539.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego. A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopédias do mundo.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Patrimonio da Humanidade en Cuba
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.