Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Potencial de quecemento global
O potencial de quecemento global ou índice GWP (do inglés global warming potential) é unha medida de canta radiación térmica infravermella sería absorbida nun período de tempo dado por un gas de invernadoiro engadido á atmosfera, expresada como un múltiplo da radiación que sería absorbida pola mesma masa engadida de dióxido de carbono (CO2). Mide a intensidade con que un gas inflúe no quecemento global comparado co CO2. O GWP é 1 para o CO2.
O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret, S.A.D., coñecido tamén coma Dreamland Gran Canaria por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias. Fundado en 1963 co nome de Colegio Claret, actualmente xoga na Liga ACB. Desde 2014, tras deixar o Centro Insular de Deportes, o equipo disputa os seus partidos como local no Gran Canaria Arena, recinto con capacidade para acoller 11 500 espectadores.
O amor é un concepto universal relativo á afinidade entre seres, definido de diversos xeitos segundo as diferentes ideoloxías e puntos de vista (artístico, científico, filosófico, relixioso). A miúdo, e fundamentalmente en Occidente, interprétase como un sentimento relacionado co afecto e o agarimo, e resultante e produtor dunha serie de actitudes, emocións e experiencias. No contexto filosófico, o amor é unha virtude que representa todo o afecto, a bondade e a compaixón do ser humano.
Partit Socialista del País Valencià
O Partit Socialista del País Valencià (PSPV-PSOE, en galego: Partido Socialista do País Valenciano) é a federación do Partido Socialista Obrero Español no País Valenciano, nada da confluencia da federación valenciana do PSOE e a federación valenciana do PSP co antigo Partit Socialista del País Valencià en 1978. Foi o partido político máis votado no País Valenciano ata as eleccións xerais de 1993, nas que se viu superado polo Partido Popular, que gañou todas as eleccións celebradas desde entón. Conseguiu maioría absoluta nas Cortes Valencianas nas eleccións de 1983 (51 deputados) e 1991 (45 deputados).
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
A produción musical, na industria discográfica, encárgase de distintos papeis, como controlar as sesións de gravación, instruír e guiar intérpretes musicais no proceso de gravación, reunir as ideas do proxecto, dirixir a creatividade, supervisar a gravación e a mestura, e realizar o proceso de masterización. Estas foron algunhas das principais funcións dos produtores desde a creación da gravación de son, pero na segunda metade do século XX os produtores tomaron un maior papel empresarial.Na industria da música hai dúas clases de produtores: o produtor executivo e o produtor musical, con papeis distintos: o produtor executivo é o responsable financeiro do proxecto e o produtor musical é o responsable da música.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
Un peiteado refírese a un estilo de levar o cabelo. A súa elaboración pode considerarse un aspecto de hixiene, moda e cosmética, malia que tamén inflúen moito aspectos prácticos, culturais e populares. Os diferentes estilos de peiteados empréganse frecuentemente como sinal de identidade cultural, social ou étnica, e poden reflectir o status social e a individualidade.
Aleksandr Sergeevich Pushkin, (en ruso: Александр Сергеевич Пушкин), coñecido como Aleksandr Pushkin (ás veces transcrito ao galego como Alexander ou Alexandre Puxquin), nado en Moscova o 26 de maio de 1799 e finado en San Petersburgo o 29 de xaneiro de 1837, foi un poeta, dramaturgo e novelista ruso, considerado o fundador da literatura rusa moderna. Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e sátira, que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como Gogol, Dostoievski, Tolstoi, e Tiútchev, así como nos compositores rusos Chaikovskii e Musorgskii.
Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti.
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real. O real (plural: reais, que máis tarde se popularizou en portugués como réis) foi a unidade de moeda de Portugal desde preto de 1430 ata 1911. Substituíu o diñeiro coa taxa de 1 real = 840 diñeiros e foi substituído despois polo escudo, como resultado da implantación da República en 1910, cunha taxa de 1000 reais (réis) = 1 escudo.
A física nuclear é unha rama da física que estuda as propiedades e o comportamento dos núcleos atómicos. A física nuclear é coñecida maioritariamente pola sociedade a traverso do seu papel na enerxía nuclear en centrais nucleares e no desenvolvemento de armas nucleares, tanto de fisión como de fusión nuclear. Nun contexto máis amplo, defínense a física nuclear e física de partículas como a rama da física que estuda a estrutura fundamental da materia e as interaccións entre partículas subatómicas.
Muhamad Iasir Abdul Rahman Abdul Rauf Arafat (en árabe: محمد ياسر عبد الرحمن عبد الرؤوف عرفات), popularmente coñecido como Iasir Arafat (en árabe: ياسر عرفات), ou polo seu nome kunya Abu Amar (en árabe: أبو عمار), nado en Xerusalén ou no Cairo, o 4 ou 24 de agosto de 1929 e finado en París o 11 de novembro de 2004, foi un líder palestino, presidente da OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e da ANP (Autoridade Nacional Palestina).
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Coldrain (estilizado como coldrain) é unha banda xaponesa de post-hardcore/metalcore formada en 2007 en Nagoia. Os seus membros son Masato David Hayakawa (voz), Ryo "Y.K.C" Yokochi (guitarra solista), Kazuya "Sugi" Sugiyama (guitarra rítmica, coros), Ryo "RxYxO" Shimizu (baixo, coros) e Katsuma Minatani (batería).
O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan).
Rotterdam (en neerlandés: Rotterdam, [ɾɔtər'dɑm] (AFI), escoitar) é unha cidade do oeste dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Meridional, preto da Haia e a uns 30 km do mar. É a segunda cidade máis poboada do país despois de Ámsterdam, cunha poboación de 635 389 habitantes. Forma xunto a cidade da Haia unha área metropolitana que acada os 2,3 millóns de habitantes.O seu porto, situado á beira do río Mosa, é o maior porto marítimo do mundo.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
As forzas armadas dun país son o conxunto de institucións oficiais e permanentes encargadas de aplicar as políticas de defensa nacional, así como a política exterior pola vía militar. Adoitan estar divididas nunha serie de ramas que agrupan os recursos militares do Estado en terra (Exército), mar (Armada) e aire (Forza aérea). A organización das forzas armadas baséase na xerarquía e na disciplina.
"Rock Around the Clock" é unha canción de Rock and roll escrita en 1952 Max C. Freedman e James E. Myers. Aínda que a primeira gravación foi a de Sonny Dae & the Knights, a versión máis famosa foi a de Bill Haley and His Comets en 1954. Non foi a primeira canción que poderiamos denominar rock mais si foi a primeira que chegou a número un na lista de vendas nos Estados Unidos.
O Supermarine Attacker é un caza a reacción embarcado británico deseñado e producido por Supermarine para o Fleet Air Arm (FAA) da Royal Navy. O tipo ten a distinción de ser o primeiro reactor en entrar en servizo coa FAA.Co obxectivo de introducir rapidamente reactores ao servizo da Armada, Supermarine propuxo adaptar o seu deseño máis avanzado de avión de pistóns, o Supermarine Spiteful, cunha nova fuselaxe para o motor Rolls-Royce Nene. Tras realizar o seu primeiro voo o 27 de xullo de 1946, o fase de probas de voo prolongouse moito tempo debido a varios problemas, como dificultades de manexo.
A música folk é un termo de orixe anglosaxoa empregado xeralmente para referirse á "música folclórica" moderna. Nalgúns contextos, por influencia do sentido en lingua inglesa da "folk music", o seu significado esténdese a toda a música folclórica, tanto á tradicional como á máis moderna baseada naquela. Os artistas de folk poden empregar temas musicais folclóricos xa existentes facéndolles un arranxo musical ou ben tomar simplemente o estilo e crear os seus propios temas orixinais.
RU-27, alcumado Scarlet Knight (Cabaleiro Escarla) polo equipo de atletismo Rutgers Scarlet Knights, é un vehículo subacuático autónomo (un planeador subacuático Slocum modificado) operado por oceanógrafos da Universidade Rutgers. En decembro de 2009 o RU-27 foi o primeiro robot en cruzar o océano Atlántico mergullado, levándolle 221 días.
O T26C foi un coche de carreiras monopraza cun chasis de sección en caixa, un motor de seis litros sen sobrealimentación de 4,5 litros e unha caixa de cambios Wilson de catro velocidades. O chasis e a caixa de cambios deriváronse do coche de carreiras dos anos 30 da compañía e eran semellantes aos usados nos seus coches de estrada da posguerra.O T26C debutou no Gran Premio de Mónaco de 1948, quedando segundo en mans de Louis Chiron. As vitorias do Gran Premio lográronse o ano seguinte con Louis Rosier gañando o Gran Premio de Bélxica de 1949 e Louis Chiron gañou o Gran Premio de Francia de 1949.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
Oskar Matute García de Jalón, nado en Barakaldo o 5 de outubro de 1972, é un político nacionalista vasco. Dende 2009, lidera Alternatiba, partido político integrado en Euskal Herria Bildu. Anteriormente foi membro do Parlamento Vasco por Ezker Batua-Berdeak, entón o referente vasco de Esquerda Unida, partido no que militou cunha certa relevancia nos medios.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Wallmapu, tamén chamado Wall Mapu, Wallontun Mapu ou Woyontu Mapu (do mapuche: wall mapu ou waj mapu, e; wallontu mapu, wajontu mapu ou woyontu mapu; que quere dicir territorio circundante, conxunto de territorios circundantes ou universo, respectivamente) é o nome dado por algúns grupos e movementos indixenistas, ademais de sectores sociais e políticos, ao territorio que os mapuches habitan ou habitaron historicamente no Cono Sur de América do Sur: dende o río Limarí polo norte até o arquipélago de Chiloé polo sur, na ribeira suroriental do océano Pacífico, e dende o centro e sur do interior da Provincia de Buenos Aires até a Patagonia, na ribeira suroccidental do océano Atlántico, abranguendo territorios soberanos da actuais Chile e a Arxentina. A orixe do termo atópase disputado, por unha banda, por quen lle atribúe unha orixe moderna durante a expansión do indixenismo da década de 1990, e por outro, por quen lle atribúe unha orixe ancestral oralmente transmitida ou kimun (do mapuche: kimün, kimvn, 'coñecemento' ou 'saber') do pobo mapuche (na súa orixe faría referencia ao concepto de "Universo" na relixión mapuche e non unha entidade política). Aínda que até a década dos 90 o seu uso concentrábase no movemento autonomista mapuche, a partir do estalido social de Chile do ano 2019 o seu recoñecemento aumentou entre a poboación xeral.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971, é un promotor inmobiliario e político español, vicesecretario de Relacións Internacionais do partido político Vox. É deputado da XIII e XIV lexislatura das Cortes Xerais, onde exerce de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados.
Scorpions é un grupo de rock e heavy metal alemán. É coñecido polas súas baladas rock coma "Still Loving You" (Aínda te amo) ou "Wind of Change" (Vento de cambios). Os compoñentes actuais son Rudolf Schenker (guitarrista principal, compositor e coros), Klaus Meine (cantante e autor das letras), Matthias Jabs (guitarrista de acompañamiento e compositor), James Kottak (batería) e Pawel Maciwoda (baixista).
Milan Kundera, nado en Brno o 1 de abril de 1929 e finado en París o 11 de xullo de 2023, foi un escritor checo en lingua checa e francesa. Orixinario da antiga Checoslovaquia obtivo a nacionalidade francesa en 1981. A súa obra de máis sona é probablemente Nesnesitelná lehkost bytí ("A insoportable levidade do ser"), publicada en 1984.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Castros da provincia de Pontevedra
Esta é unha listaxe non exhaustiva de 467 castros existentes na provincia de Pontevedra por comarcas, concellos e parroquias:
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Un galicismo é unha estrutura propia da lingua francesa aplicada noutra lingua. O francés foi lingua de cultura en toda Europa durante moitos séculos ata o século XIX, e a súa influencia foi moi importante nas linguas do leste europeo (romanés, ruso) e mesmo tamén nas occidentais (no portugués, e é abundantísmo no caso do inglés). No galego, a influencia do francés veu ademais na época medieval coa afluencia de peregrinos franceses no Camiño de Santiago.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Concepción Gamarra Ruiz-Clavijo, nada en Logroño o 23 de decembro de 1974, máis coñecida como Cuca Gamarra, é unha política española, secretaria xeral do Partido Popular. Foi alcaldesa da cidade española de Logroño, capital da comunidade autónoma da Rioxa, a primeira muller na historia da cidade que exerceu ese cargo. Chegou á alcaldía tras obter o seu partido, o PP, a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2011.
Puelmapu (do mapuche: terra do leste) é a parte do Wallmapu ou territorio mapuche que está ao leste da cordilleira dos Andes. Na concepción tradicional mapuche, o mundo terreal ou Nagmapu («Terra de abaixo») está composto por catro partes (Meli Witran Mapu, as «catro esquinas da terra»), das cales unha é o Puelmapu. Puelmapu é o escenario do conflito mapuche na Arxentina.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 197.606.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Mera é unha vila costeira do norte do concello de Oleiros que se estende polos límites entre as parroquias de Serantes e Maianca. A súa situación na ría da Coruña convértea nun destino turístico moi frecuentado no verán. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 506 habitantes (245 homes e 261 mulleres).
San Fins de Celeiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponteareas, limita polo norte con Santiago de Oliveira, polo oeste con Arcos, polo leste con Guillade, polo suroeste con Lira, polo sur con Taboexa e polo sueste con Vilacova. Ten trece entidades de poboación[Cómpre referencia]: Cotres, Agro Longo, A Baiana, A Arrotea, Verdeal, As Cavadas, Espiñáns, San Roque, O Requeixo, O Outeiro, A Carreira, Ribadas e Soutelo, constando cinco delas no nomenclátor.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.