Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e o Iemen polo sur.
Corinne Anita Loos, nada en Sisson (California) o 26 de abril de 1888 e finada en Nova York o 18 de agosto de 1981, foi unha guionista, dramaturga e escritora estadounidense. En 1912, converteuse na primeira muller guionista contratada en Hollywood, cando D. W. Griffith a contratou para Triangle Film Corporation. É coñecida pola súa novela cómica de 1925 Gentlemen Prefer Blondes, e a súa adaptación para Broadway da novela de Colette Gigi.
O rock progresivo (tamén coñecido como prog rock ou prog) é un amplo subxénero do rock que naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos entre mediados e finais dos anos 60 e tivo o seu máximo esplendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros. O rock progresivo acostuma combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando porén estruturas musicais e ideas relativamente raras.
Un encoro, presa, represa, vaira ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se constrúe nun río coa finalidade de depositar parte da auga para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da agua un elemento móbil. A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.
A Administración de Proxectos,ou xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades e técnicas na elaboración de actividades relacionadas para atinxir un conxunto de obxectivos predefinidos. O coñecemento e as prácticas da xestión de proxectos quedan mellor descritos en termos dos seus procesos compoñentes. Eses procesos poden clasificarse en cinco grupos de proceso (arranque, planificación, execución, control e peche) e nove áreas de coñecemento : xestión de integración de proxectos, xestión de alcance de proxectos, xestión de tempo de proxectos, xestión de custo de proxectos, xestión de calidade de proxectos, xestión de recursos humanos de proxectos, xestión de comunicacións de proxectos, xestión de riscos de proxectos e xestión de adquisicións de proxectos.
As Cortes de Castela-A Mancha (en castelán: Cortes de Castilla-La Mancha) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela-A Mancha. A súa sede atópase no antigo Convento de San Gil, situado na rúa Bajada del Calvario da cidade de Toledo. As Cortes de Castilla-A Mancha son un de tres órganos que conforman a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, xunto co Consello de Goberno e a Presidencia da Xunta de Comunidades.
MPlayer é un reprodutor de medios libre e de código aberto que destaca pola súa capacidade para reproducir unha enorme variedade de formatos de vídeo. A súa versión máis recente é a 1.0rc2. Está dispoñible para os sistemas operativos máis importantes, entre os cales están GNU/Linux e outros sistemas baseados en Unix, FreeBSD, Mac OS X e Windows.
A Illa de Manus é parte de Provincia de Manus no norte de Papúa Nova Guinea e é a illa máis grande das Illas do Almirantado. É a 5º maior das illas de Papúa Nova Guinea cunha superficie de 2.100 km², que mide ao redor de 100 km x 30 km. Esta cuberta de selvas, o que pode describirse como bosque húmido tropical de terras baixas.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
O oshiwambo (ás veces escrito oshivambo) é un conxunto de linguas, estreitamente emparentadas, da familia das linguas bantús, faladas por grupos da etnia dos ovambo no norte de Namibia. Son linguas estreitamente emparentadas co kwanyama, a lingua orixinal de todos os ovambo, e co ndonga. Existen sete variantes ou dialectos de oshiwambo: Oshikwanyama Oshindonga Oshikolonkadhi Oshimbalantu Oshikwaluudhi Oshingangera ShikwambiAs dúas primeiras ensínanse nalgunhas escolas.
Terminologia Anatomica [TA] (Terminoloxía Anatómica ou Terminoloxía Anatómica Internacional) é o corpo oficial de nomenclatura anatómica creado conxuntamente polo Comité Federal sobre Terminoloxía Anatómica (FCAT) e as 56 Asociacións membros das Asociacións Internacionais de Anatomistas (Federación Internacional de Asociacións de Anatomistas, IFAA). Publicouse en 1998 e substitúe o estándar previo, a Nomina Anatomica [NA]. Terminologia Anatomica contén a terminoloxía para aproximadamente 7500 estruturas anatómicas macroscópicas humanas.
A Igrexa siríaca maronita de Antioquía (en lingua siríaca: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia; árabe: الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية, al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya; latín: Ecclesia Maronitarum), máis coñecida simplemente como Igrexa católica maronita, é unha Igrexa particular católica, en comuñón coa Santa Sé de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por Marón, un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san Xoán Marón, foi elixido a finais do século VII. Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etnorrelixiosos do Líbano.
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica. Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario.
Perfect Blue (パーフェクトブルー, Pāfekuto Burū) é un filme xaponés de animación do xénero de suspense psicolóxico dirixido por Satoshi Kon e escrito por Sadayuki Murai. Está baseado na novela Perfect Blue: Complete Metamorphosis (パーフェクト・ブルー 完全変態, Pāfekuto Burū: Kanzen Hentai) de Yoshikazu Takeuchi. O filme conta a historia de Mima Kirigoe, membro dun grupo idol xaponés que se retira da música para comezar a súa carreira como actriz.
A tortura é o acto de causar dano físico ou psicolóxico intencionadamente a unha persoa ou animal. O obxectivo pode ser variado: obter unha confesión ou información da vítima ou dunha terceira persoa, como vinganza por un feito cometido pola vítima ou tamén unha terceira persoa, como preludio dunha execución (nese caso fálase de morte-suplicio) ou simplemente como entretemento do torturador. Este dano pódese causar de varias formas.
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ó oeste, Eslovaquia e Ucraína ó norte, Romanía ó leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ó sur. Ten unha poboación de ó redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.
A Dinastía Qing (chinés: 清朝, pinyin: Qīng Cháo, Wade-Giles: Ch'ing ch'ao; IPA t͡ɕʰíŋ t͡ʂʰɑ̌ʊ̯; manchú: , Von Möllendorff: Daicing Gurun), tamén coñecida coma a Dinastía Manchú, foi a derradeira dinastía gobernante da China, que estivo no poder entre 1644 e 1912 (cunha breve restauración en 1917). Foi precedida pola Dinastía Ming, a derradeira dinastía Han chinesa, e seguida pola República da China e a República Popular da China. A dinastía foi fundada polo clan manchú Aisin Gioro no que hoxe é o noroeste da China (tamén coñecida coma Manchuria).
The Futurist é un álbum da banda estadounidense de noise rock Shellac, publicado en 1997 pola propia banda só para os seus amigos. O álbum foi orixinalmente usado como música para unha actuación do grupo de danza contemporánea La La La Human Steps.A portada contén 779 nomes, un por cada copia do álbum. Na parte de abaixo hai un espazo en branco para que calquera non mencionado escriba o seu nome.
Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública. A pesar de ser recoñecido como un dos pais da socioloxía, xunto con Karl Marx, Auguste Comte e Émile Durkheim, Weber nunca se viu a si mesmo como sociólogo, senón como historiador; para el, a socioloxía e a historia eran dúas empresas converxentes. Con todo, sobre o final da súa vida en 1920, escribiu nunha carta ao economista Robert Liefmann: "Se me convertín finalmente en sociólogo (porque tal é oficialmente a miña profesión), é sobre todo para exorcizar a pantasma aínda viva dos conceptos colectivos (...)".Os seus traballos máis importantes relaciónanse coa socioloxía da relixión e o goberno, pero tamén escribiu moito no campo da economía.
Special! Best Mini ~2.5 Maime no Kare~
Special! Best Mini ~2.5 Maime no Kare~ (スッペシャル!ベストミニ ~2.5枚目の彼~) é o terceiro álbum do grupo xaponés de J-Pop chamado Berryz Kobo, lanzado ó mercado o 7 de decembro do ano 2005 baixo o selo Piccolo Town e producido por Tsunku. É o terceiro lanzamento realizado pola banda en catro semanas, sendo os dous anteriores o álbum "Dai 2 Seichouki" e o décimo single "Gag 100kaibun Aishite Kudasai".
Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.
Un gas de efecto invernadoiro (ou ás veces, simplemente, gas de invernadoiro) é un gas que absorbe e emite enerxía radiante nas lonxitudes de onda do infravermello térmico, causando o efecto invernadoiro. Os principais gases de efecto invernadoiro da atmosfera terrestre son o vapor de auga (H2O), dióxido de carbono (CO2), metano (CH4), óxido nitroso (N2O) e ozono (O3). Cantidades moderadas de efecto invernadoiro suavizan a temperatura media da Terra e se non existisen estes gases, a temperatura media na superficie da Terra sería de só -18 °C, en lugar da media actual de 15 °C (33 ºC máis).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022 e a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Putrajaya é unha cidade planificada, 25 km ao sur de Kuala Lumpur, que serve como o centro administrativo federal de Malaisia. A sede do goberno trasladouse en 1999 de Kuala Lumpur a Putrajaya, debido ao hacinamento e a conxestión na área de Kuala Lumpur. Con todo, Kuala Lumpur segue sendo capital nacional de Malaisia, ao ser a sede do Rei e o Parlamento, así como o centro comercial e financeiro do país.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Oliveira Dos Cen Anos, é o nome que recibe o himno creado en homenaxe ao centenario do Celta de Vigo. O tema foi composto en 2023 por Antón Álvarez Alfaro, coñecido profesionalmente como C. Tangana, acompañado por Pablo Drexler, Cristian Quirante Catalán, Xosé Lois Romero, Xisco Feijoó, Simeón Cantó Gavira e Quico Comesaña, producidos por, Álvarez, Drexler, Quirante e Harto Rodríguez, e interpretada pola Coral de Casablanca, As Lagharteiras, Lilaina, Cantó, Drexler, Quirante, e con voces da afección da peña Tropas de Breogán. A canción foi gravada nos estudios Planta Sónica de Vigo e Disquesi da Coruña e está escrita integramente en lingua galega.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Primeiro ministro de Arabia Saudita
O Primeiro ministro de Arabia Saudita é o xefe do Consello de Ministros e xefe de goberno do Reino de Arabia Saudita. Dende o reinado do Rei Faysal, o posto de primeiro ministro ocúpao o rei.
Oskar Matute García de Jalón, nado en Barakaldo o 5 de outubro de 1972, é un político nacionalista vasco. Dende 2009, lidera Alternatiba, partido político integrado en Euskal Herria Bildu. Anteriormente foi membro do Parlamento Vasco por Ezker Batua-Berdeak, entón o referente vasco de Esquerda Unida, partido no que militou cunha certa relevancia nos medios.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Gantz é un filme xaponés de ciencia ficción de 2011 dirixido por Shinsuke Sato. O filme baséase na obra de manga Gantz de Hiroya Oku. Está protagonizado por Kazunari Ninomiya e Kenichi Matsuyama, e conta a historia de dous estudantes de secundaria que morren e son transportados a un mundo alternativo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica
O Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, tamén coñecido como Convenio de Istambul ou Convención de Istambul, é unha convención do Consello de Europa que ten por obxectivo a loita contra a violencia contra mulleres e a violencia doméstica. Presentouse en Istambul en 2011 e está en vigor en Europa dende o 1 de agosto de 2014. En 2022, foi asinado por 45 países e ratificado por 37 países.
Bugatti é unha marca de automóbiles superdeportivos e de luxo, fundada en 1909 na entón cidade francesa de Molsheim, Alsacia polo italiano Ettore Bugatti. Hoxe en día pertence ao grupo alemán Volkswagen. Na súa primeira etapa, os coches Bugatti eran coñecidos pola beleza do seu deseño (Ettore Bugatti era dunha familia de artistas e considerábase á vez un artista e construtor) e polas súas moitas vitorias.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Scorpions é un grupo de rock e heavy metal alemán. É coñecido polas súas baladas rock coma "Still Loving You" (Aínda te amo) ou "Wind of Change" (Vento de cambios). Os compoñentes actuais son Rudolf Schenker (guitarrista principal, compositor e coros), Klaus Meine (cantante e autor das letras), Matthias Jabs (guitarrista de acompañamiento e compositor), James Kottak (batería) e Pawel Maciwoda (baixista).
Francisco Javier García Gaztelu
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao, Biscaia, o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.