Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Un actor de voz é unha persoa que proporciona a súa voz para calquera soporte audiovisual: videoxogos, atraccións, series radiofónicas, series de televisión, stop motion, animacións (como debuxos animados, filmes e curtas animados), publicidades de televisión e radio. Cando fai falla cantar nun papel dado, ás veces contrátase un segundo actor de voz para as cancións. Un actor de voz non necesariamente ten que ser un actor de dobraxe.
Dungeons & Dragons (abreviado coma D&D ou DnD, en galego Alxubes e Dragóns) é un xogo de rol de fantasía (RPG - do inglés Role Playing Game) orixinalmente deseñado por E. Gary Gygax e Dave Arneson, e publicado por vez primeira en 1974 por Tactical Studies Rules, Inc. (TSR). A editorial que edita actualmente é Wizards of the Coast, unha filial de Hasbro.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
As bocaladas, grosarías, groserías ou palabras feas son un conxunto de formas lingüísticas que a comunidade lingüística ou parte dela considera inapropiadas, obscenas, indecentes, deshonestas, inxuriosas ou ofensivas. A quen emprega estas palabras con frecuencia considéraselle bocalán, malfalado, desbocado ou deslinguado.É propio das bocaladas referirse ao que socialmente se considera sacro (relixión, raza, orixe familiar ou nacional) ou tabú (escatoloxía, determinadas partes do corpo, sexo, sicalipse, humor negro); liberando a tensión emocional con expresións excesivas ou hiperbólicas (blasfemia, maldición, renego, xuramento, voto) ou dirixíndose a un destinatario concreto en forma de improperio, insulto, desprezo, ridiculización, estigmatización ou descrición persoal exacerbada.
Queen é unha banda británica de rock creada en Londres en 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara a unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.
Anne Lister, nada en Halifax o 3 de abril de 1791 e finada en Kutaisi o 22 de setembro de 1840, foi unha propietaria de terras, alpinista e viaxeira británica, coñecida polo seu diario codificado que orixinou o filme The Secret Diaries of Miss Anne Lister. Ao longo da súa vida, mantivo un diario onde narrou os detalles da súa vida cotiá, incluíndo as súas relacións lésbicas, as súas preocupacións financeiras, as súas actividades industriais e o seu traballo dedicado ao Salón Shibden. Os diarios conteñen máis de catro millóns de palabras e preto dun sexto delas (aquelas que tratan sobre os detalles íntimos das súas relacións amorosas e sexuais) foron escritas en código.
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
A preposición é a clase de palabra invariable que introduce o chamado sintagma preposicional. Constitúe un nexo en tanto que liga palabras, sintagmas e ata oracións, pero subordina unha destas unidades (o elemento rexido) á anterior (elemento rexente), da cal depende a través da preposición. Preceden necesariamente a un sintagma nominal.
O termo realia pode referirse a: Realia: en tradutoloxía, palabras que denotan obxectos, conceptos e fenómenos propios dunha determinada cultura; Premio Realia de Tradución Literaria: galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela; Realia: o uso pedagóxico de obxectos da vida real; Realia: grupo inmobiliario español; Torre Realia BCN: rañaceos situado na praza de Europa de L'Hospitalet de Llobregat, tamén coñecida como «Torres Fira».
Tubinga (en alemán: Tübingen) é unha cidade universitaria rica en tradicións, situada a beiras do río Neckar, e case 40 km ao sur de Stuttgart, no Estado alemá de Baden-Württemberg. A vida da cidade está dominada polos seus 22.219 estudantes (semestre de verán 2007), dos cales aproximadamente 15.000 teñen a súa residencia alí. Por iso é polo que Tubinga sexa a cidade coa idade media máis baixa de Alemaña.
Gurmukhi (en punjabi ਗੁਰਮੁਖੀ, ɡʊɾmʊkʰi) é un alfasilabario que se utiliza para escribir a lingua punjabi na India. Deriva da escrita laṇḍā e en última instancia da brāhmī. Estandarizouna o segundo gurú sikh, Angad no século XVI, e nesa escrita escribiuse o libro sagrado do sikhismo, o Gurú Granth Sahib.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros. Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final.
Este artigo trata sobre a personaxe bíblica, para o nome de muller véxase o artigo Raquel (nome).Raquel, (do hebreo: רָחֵל; Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella, como describe a Biblia, foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacob. Xacob era o seu curmán, e ela era a sobriña máis nova de Rebeca.
O dos mandibulados (Mandibulata) é un clado de artrópodos que comprende os actuais subfilos dos miriápodos (milpés, cempés e similares), os crustáceos e os hexápodos (insectos e outros), englobados estes dous últimos no clado dos pancrustáceos. O concepto de Mandibulata é antigo (Snogdrass, 1938), e actualmente considérase que os artrópodos con mandíbulas (crustáceos, miriápodos e hexápodos) forman un grupo monofilético, e que o seu clado irmán é o dos aracnomorfos, que comprende o resto dos artrópodos, os quelicerados e os extintos trilobites, carentes de mandíbulas. (Ver filoxenia dos artrópodos).
A Sega Dreamcast (en xaponés: ドリームキャスト) foi a última consola de videoxogos creada por Sega. Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicándose ao mundo das máquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.
Erich Mendelsohn, nado en Allenstein (Prusia Oriental, hoxe Polonia) o 21 de marzo de 1887 e finado en San Francisco (California) o 15 de setembro de 1953, foi un arquitecto alemán de orixe xudía, coñecido pola súa arquitectura expresionista da década de 1920, ademais de por desenvolver un funcionalismo dinámico nos seus proxectos para tendas e cines. Mendelsohn é un pioneiro da art déco e do Streamline Moderne, especialmente polo seu deseño da Mossehaus (1921).
O nacionalismo branco é un tipo de nacionalismo ou pannacionalismo racista que defende a crenza que as persoas brancas son unha raza e busca desenvolver e manter unha identidade racial e nacional branca. Moitos dos seus defensores identifícanse e adhírense ao concepto dunha nación branca ou dun "etnoestado branco".Os analistas describen o nacionalismo branco como algo que se solapa co supremacismo branco e o separatismo branco. O nacionalismo branco descríbese ás veces como un eufemismo ou un subconxunto do supremacismo branco, e os xornalistas e analistas empregaron ambos termos indistintamente.
O topónimo Airexe (variante de igrexa) pode referirse a: Airexe, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Baleira; Airexe, lugar da parroquia de Pacios, no concello de Baralla; Airexe, lugar da parroquia de Vilamane, no concello de Becerreá; Airexe, lugar da parroquia de Ligonde, no concello de Monterroso; Airexe, lugar da parroquia de Salgueiros, no concello de Monterroso; Airexe, lugar da parroquia de Bardaos, no concello do Incio; Airexe, lugar da parroquia da Cervela, no concello do Incio; Airexe, lugar da parroquia de Noceda, no concello do Incio; Airexe, lugar da parroquia de Rendar, no concello do Incio; Airexe, lugar da parroquia de Rubián de Cima, no concello do Incio; Airexe, lugar da parroquia de Vila de Mouros, no concello do Incio; Airexe, lugar da parroquia do Camiño, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia da Chanca, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Chorente, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Nespereira, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia da Pinza, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de San Fiz de Reimóndez, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de San Sadurniño de Froián, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de San Xulián da Veiga, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Veiga, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Vilar de Sarria, no concello de Sarria; Airexe, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Taboada; Airexe, lugar da parroquia de Cerdeda, no concello de Taboada; Airexe, lugar da parroquia de Fradé, no concello de Taboada; Airexe, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Taboada; Airexe, lugar da parroquia de Sobrecedo, no concello de Taboada; A Airexe, lugar da parroquia de Benade, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de Esperante, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de Labio, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de Muxa, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de Ombreiro, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de Prógalo, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de San Xoán de Pena, no concello de Lugo; A Airexe, lugar da parroquia de Suñide, no concello de Samos.
O hobbit é un conto longo de J. R. R. Tolkien, publicado o 21 de setembro de 1937 co título de The Hobbit. Foi traducido ao galego por Moisés Barcia Rodríguez e publicado por Edicións Xerais en 2000 e por Sushi Books en 2021 (ISBN 978-84-16884-11-7). Esta obra de corte infantil foi iniciada entre 1930 e 1931, e é a primeira vez que aparece o universo mitolóxico da Terra Media que máis tarde definirán O Señor dos Aneis e O Silmarillion, perfilándose algúns dos personaxes que logo participarán de forma moi activa n'O Señor dos Aneis, como Gandalf ou Bilbo.
Clark Terry, nado o 14 de decembro de 1920 en Saint Louis e finado o 21 de febreiro de 2015, foi un trompetista de jazz estadounidense. Durante a súa época de militar, estivo nas orquestras de Charlie Barnet, de Quincy Jones, e doutros grandes mestres. Despois foi protagonista de pequenas orquestras de jazz, destacando no seu instrumento, para logo, ao final, na década dos anos 40, ter a súa propia orquestra de jazz.
Pinkus Abortion Technician é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, publicado o 20 de abril de 2018 a través do selo Ipecac Recordings. Conta cos baixistas Steven McDonald e Jeff Pinkus, que está acreditado como compositor de catro das cinco cancións orixinal do traballo. O título é unha referencia directa ao álbum de Butthole Surfers Locust Abortion Technician.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Este artigo é sobre a cadea de montañas da Terra. Existe tamén unha cordilleira lunar chamada Cárpatos (Lúa).Os Cárpatos (checo, eslovaco, polaco e ucraíno Karpaty, romanés Carpaţi, húngaro Kárpátok) forman a á oriental do gran sistema de montañas da Europa, percorrendo 1500 km ao longo das fronteiras da República Checa, Eslovaquia, Polonia, Romanía e Ucraína.
Logos (en grego λóγος -lôgos- ) significa: a palabra en canto meditada, reflexionada ou razoada, é dicir: "razoamento", "argumentación", "fala" ou "discurso". Tamén pode ser entendido como: "intelixencia", "pensamento", "senso", a palabra grega λóγος -lôgos- foi e adoita ser traducida en linguas romances como Verbo (do latín : Verbum). É un dos tres modos de persuasión na retórica (xunto co ethos e o pathos), segundo a filosofía de Aristóteles.
Richard Paul "Rick" Astley, nado en Newton-le-Willows, Lancashire o 6 de febreiro de 1966, é un cantante, músico e personalidade da radio inglés. É coñecido pola súa canción de 1987, "Never Gonna Give You Up", que acadou o número 1 en 25 países. Astley ten o récord de ser o primeiro artista en solitario en conseguir que 8 sinxelos estivesen no Top 10 do Reino Unido.
Os xuetas, do catalán xueta/es [ɕwətə/s], conforman un grupo social da illa de Mallorca, descendentes de xudeus mallorquinos conversos ao cristianismo dos que se conservou, ao longo da historia, conciencia colectiva da súa orixe, por ser portadores dalgún dos apelidos, de liñaxe conversa, afectados polas condenas inquisitoriais por criptoxudaísmo no último cuarto do século XVII, ou por estar estreitamente emparentados con eles. Historicamente foron estigmatizados e segregados, polo cal, e ata a primeira metade do século XX, practicaron unha estrita endogamia. Hoxe en día, entre 18.000 e 20.000 persoas na illa son portadoras dalgún destes apelidos.
O ARNr 23S (ou 23S rRNA) é un ARNr de 2904 nucleótidos de longo que é un compoñente da subunidade maior (50S) do ribosoma de bacterias e arqueas como Escherichia coli. A acividade de peptidil transferase do ribosoma reside no dominio V deste ARNr, e este dominio é o stio de unión máis común dos antibióticos que inhiben a tradución de proteínas. Un exemplo destes antibióticos é o cloranfenicol, que actúa inhibindo a formación do enlace peptídico, que segundo recentres estudos estruturais tridimensionais ten dous sitios de unión diferentes dependendo da especie da que sexa o ribosoma.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
O conflito sexual ou antagonismo sexual é o fenómeno que ocorre cando os dous sexos dunha especie teñen estratexias óptimas de fitness que entran en conflito sobre a reprodución, especialmente sobre o modo e frecuencia de apareamento, que podería levar a unha carreira de armamentos evolutiva entre machos e femias. Nun exemplo, os machos poden beneficiarse de múltiples apareamentos, mentres que isto pode causar dano ou poñer en perigo ás femias, debido ás diferencias anatómicas entre eles. O conflito sexual subxace na distinción evolutiva entre machos e femias.O desenvolvemento dunha carreira de armamentos evolutivos pode tamén observarse no modelo da selección sexual de escorrentamento (chase-away model), que sitúa os conflitos intersexuais no contexto da evolución de características sexuais secundarias, explotación sensorial e resistencia das femias.
Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante a guerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar a Unión, abolir a escravitude, reforzar o goberno federal e modernizar a economía estadounidense.Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos no estado de Kentucky e criouse na fronteira, principalmente en Indiana, no que entón era o Afastado Oeste.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un pallaso ou unha pallasa é un artista que se dedica a facer rir aos outros coas súas bromas e chistes. Diferénciase dun humorista, que basea a súa graza nos xogos verbais, porque o pallaso está asociado a un aspecto extravagante, cheo de cores e exaxeracións e as súas actuacións inclúen xestos, interaccións co público e referencias ao circo, onde naceu esta profesión. O pallaso prototípico leva a cara chea de maquillaxe branca, cun gran nariz vermello a xogo cuns zapatos grandes.
O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divindade. Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Martiño ou Martín é un nome propio galego proveniente do latín Martinus, derivado de Mars, Martis, de Marte, o deus da guerra da mitoloxía romana. Por vir deste deus significa 'home marcial, belicoso, guerreiro'. Corre tamén a variante Martín moito máis empregada como nome de pila e os hipocorísticos Tiño, Tiñolo e Martiñoco.
Mirabilis jalapa é unha especie de planta, a máis común das plantas ornamentais do xénero Mirabilis, a cal está dispoñible en varias cores. Mirabilis en lingua latina quere dicir marabilloso e Jalapa (ou Xalapa) é a capital estatal de Veracruz, en México. Mirabilis jalapa foi cultivado polos aztecas con propósitos medicinais e ornamentais.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».