Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma gran parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico.
Selección de fútbol de Dinamarca
A selección de fútbol de Dinamarca (en dinamarqués: Danmarks fodboldlandshold) é o equipo representativo de Dinamarca nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Unión Dinamarquesa de Fútbol (Dansk Boldspil-Union), pertencente á UEFA. O seu maior éxito foi o título da Eurocopa de Suecia 1992.
A ultradereita, extrema dereita ou dereita radical refírese, dentro do concepto da existencia dunha esquerda e dereita, ao mais elevado grao de dereitismo no espectro ideolóxico. A política de extrema dereita envolve frecuentemente un foco na tradición, real ou imaxinada, en oposición as políticas e costumes que son considerados como reflexo do modernismo. Moitas ideoloxías de extrema dereita teñen desprezo ou desdén polo igualitarismo, mesmo que non sempre expresan apoio explícito á xerarquía social, elementos de conservadorismo social e oposición á maioría das formas de liberalismo e socialismo.
Wohin und zurück - Teil 3: Welcome in Vienna
Wohin und zurück - Teil 3: Welcome in Vienna é un filme austríaco de 1986 dirixido por Axel Corti. O filme foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 60ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Un movemento artístico ou estilo artístico é unha tendencia ou estilo referente á arte cunha filosofía ou meta específica en común, seguida por un grupo de artistas repercutores durante un período de tempo (como o movemento dadaísta ou o pop-art); ou característico dun período máis extenso da Historia da arte (coma o renacemento ou o barroco); ou restrinxido a un lugar determinado, co que se fala entón dunha escola artística (por exemplo a escola sienesa, a escola florentina ou a escola sevillana); ou limitado a un grupo de artistas nun lugar e intre concreto. Coa palabra estilo tamén se alude particularmente ás características que unifican ou distinguen unha obra artística doutra e a un autor doutro (o estilo persoal ou a vontade de estilo, que se fai máis marcada nos xenios da arte e na personalidade dos artistas burgueses, sometidos ao mercado de arte, sobre todo a partir do romanticismo); ou, menos usualmente, á kunstwollen (vontade da arte ou vontade artística, en expresión de Alois Riegl). Cada movemento ou estilo artístico reflicte a arte con certos trazos semellantes durante unha etapa de tempo, sendo un fenómeno de expresión artística que manifesta as características propias da época na que xorde.
Antoaneta Stefanova (en búlgaro: Антоанета Стефанова), nada en Sofía (Bulgaria) o 19 de abril de 1979, é unha xogadora de xadrez búlgara. Posúe o grao de Gran Mestra Feminina de xadrez e foi campioa mundial feminina. Foi a duodécima muller en conseguir a coroa mundial, nun torneo por eliminatorias disputado en 2004 por 64 xogadoras en Elistá (Kalmukia, Rusia) e recoñecido pola FIDE. En xaneiro de 2003 logrou unha puntuación ELO de 2.560, só superada por catro mulleres na historia (Judit Polgár, Zsuzsa Polgár, Xie Jun e Konery Humpy) e igualada por Maia Chiburdanidze e Alisa Galliamova.
O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .
Marrocos (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
O tenis é un deporte que disputado entre dous xogadores (individuais) ou entre dous equipos formados por dous xogadores cada un (dobres). Cada xogador usa unha raqueta para golpear unha pelota de goma oca cuberta de feltro por riba dunha rede cara á cancha do opoñente. O tenis moderno orixinouse no Reino Unido a finais do século XIX como "tenis de céspede", que tiña moitas similitudes con varios xogos de herba, así como co xogo antigo do tenis real.
O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde arredor do século IX a.C. Deriva do alfabeto fenicio e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes. Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade. En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...).
O Aix Maurienne Savoie Basket, ás veces coñecido como AMSB, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Aix-les-Bains, Savoia (Ródano-Alpes). Actualmente compite na LNB Pro B, a segunda máxima categoría do baloncesto francés. Disputa os seus partidos como local no Halle Marlioz, un pavillón con capacidade para 1.800 espectadores.
O neutronium ou neutronio, tamén chamado "elemento cero" é un termo creado por Andreas von Antropoff en 1926, varios anos antes do descubrimento do neutrón, para referirse a unha substancia teórica formada só por neutróns, é dicir, un elemento químico sen protóns ., que ocuparía o número atómico cero na táboa periódica. Este elemento de ficticio foi moi utilizado na ciencia ficción para referirse a unha fase ou estado de agregación extremadamente denso da materia. Como termo científico aceptado, o neutronio chámase masa compacta de neutróns que se forma no interior das estrelas de neutróns.
Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Phffft é un filme estadounidense de 1954 dirixido por Mark Robson. Está protagonizado por Judy Holliday, Jack Lemmon e Jack Carson, e conta con Kim Novak entre o elenco secundario. Foi escrito por George Axelrod, sendo o segundo filme protagonizado por Holliday e Lemmon dese ano, logo de It Should Happen to You.
Denomínanse bens económicos, por oposición aos bens libres, a aqueles bens que se adquiren no mercado pero pagando un prezo por eles e que satisfai directa ou indirectamente unha necesidade. É dicir, son bens materiais e inmateriais que posúen un valor económico e que, por ende, son susceptíbeis de seren valorados en termos monetarios. Neste sentido, o termo ben utilízase para nomear cousas que son útiles aos que as usan ou posúen.
My Chemical Romance foi unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Nova Jersey e formada no ano 2001. O grupo estivo composto polo vocalista Gerard Way, os guitarristas Ray Toro e Frank Iero e o baixista Mikey Way. Pouco despois de crearse, a banda asinou co selo Eyeball Records e editou o seu álbum de estrea, I Brought You My Bullets, You Brought Me Your Love no ano 2002.
Un xénero musical é unha categoría que reúne composicións musicais que comparten distintos criterios de afinidade. Estes criterios poden ser especificamente musicais, como o ritmo, a instrumentación, as características harmónicas ou melódicas ou a súa estrutura, e tamén basearse en características non musicais, como a rexión xeográfica de orixe, o período histórico, o contexto sociocultural ou outros aspectos máis amplos dunha determinada cultura. Os xéneros á súa vez divídense en subxéneros.
A Wikipedia coreana (en coreano: 한국어 위키백과; Han-gugeo Wiki Baekgwa) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua coreana. Foi fundada en outubro de 2002, e acadou 10.000 artigos o 4 de xuño de 2005.Esta versión da enciclopedia contén 640.478 artigos e 795.572 usuarios, dos cales 1.952 son activos.
O Bologna Football Club 1909 é un club de fútbol italiano da cidade de Boloña (Emilia-Romagna), formado en 1909 e refundado en 1993. Recibe o alcume de rossoblu debido ás camisas con raias azuis e vermellas que empregan, que son tamén as cores oficiais da cidade. Bologna foi un dos clubs fundadores da Serie A en 1929.
Melina Mercouri, nada en Atenas o 18 de outubro de 1920 e finada en Nova York o 6 de marzo de 1994, foi unha actriz e activista política grega. Naceu como Anna Amalia Mercouri, e fíxose ben coñecida ás audiencias internacionais cando participou na película de 1960 Never on Sunday, dirixida polo seu marido Jules Dassin. De feito, estivo facendo películas a partir de 1955, desde que apareceu na grega Stella.
Copa das Nacións de Montreux 2015
A Copa das Nacións de Montreux 2015 foi a 66ª edición da competición homónima. O torneo, organizado polo Montreux Hockey Club, tivo lugar entre o 1 e o 5 de abril de 2015 na cidade suíza de Montreux. Ao finalizar o torneo a selección portuguesa conquistou o 18º título da súa historia, sendo a cuarta vitoria consecutiva.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes. Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos.
O conflito sexual ou antagonismo sexual é o fenómeno que ocorre cando os dous sexos dunha especie teñen estratexias óptimas de fitness que entran en conflito sobre a reprodución, especialmente sobre o modo e frecuencia de apareamento, que podería levar a unha carreira de armamentos evolutiva entre machos e femias. Nun exemplo, os machos poden beneficiarse de múltiples apareamentos, mentres que isto pode causar dano ou poñer en perigo ás femias, debido ás diferencias anatómicas entre eles. O conflito sexual subxace na distinción evolutiva entre machos e femias.O desenvolvemento dunha carreira de armamentos evolutivos pode tamén observarse no modelo da selección sexual de escorrentamento (chase-away model), que sitúa os conflitos intersexuais no contexto da evolución de características sexuais secundarias, explotación sensorial e resistencia das femias.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
"ABC" é unha canción de The Jackson 5 que foi lanzada en 1970. Foi escrita co mesmo estilo que "I Want You Back", e foi escoitada por vez primeira en American Bandstand en febreiro de 1970. "ABC" substituíu á canción dos The Beatles "Let It Be" no número un dos Billboard Hot 100 en 1970, e permaneceu como número un dos sinxelos do soul durante catro semanas."ABC" foi o primeiro sinxelo do segundo álbum de The Jackson 5, ABC e está considerada unha das cancións máis emblemáticas da banda.
O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divindade. Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O meixón é a cría da anguía, única cría permitida polas leis de pesca. Cando se atopa nos mercados de peixe adoita ter 1 gramo de peso, mide algo menos de 8 centímetros de lonxitude e ten entre dous ou tres anos de vida. Os meixóns comercializados adoitan estar cocidas, en caso de estaren vivos son transparentes.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Un hipocorístico (do grego antigo ὑποκοριστικός, derivado de ὑποκορίζομαι, ou sexa, "chamar con voz suave") é unha palabra que transmite afecto ou cariño, como os nomes Fran, Sabeliña etc. ou os apelativos, como papá. Os hipocorísticos fórmanse de moitas maneiras, se ben a súa conformación fonética parte de diversas transformacións da palabra da cal se orixina, moitas veces motivadas na linguaxe infantil; entre eles podemos destacar: a supresión de sons, por aférese (Nando por Fernando, Sefa por Xosefa), apócope (Reme < Remedios, Fran < Francisco, ou síncope (Maribel < María Isabel).
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A ditadura militar de Chile, tamén chamada Réxime Militar, foi o réxime ditatorial militar estabelecido en Chile entre o 11 de setembro de 1973 e o 11 de marzo de 1990, e por extensión coñécese así ao período da historia chilena en que devandita ditadura estivo vixente. Este período comezou co golpe de estado que derrocou o goberno democrático do presidente Salvador Allende. As forzas armadas e de orde estabeleceron unha Xunta Militar de Goberno presidida polo comandante en xefe do Exército, Augusto Pinochet, quen se convertería no líder da ditadura durante toda a súa extensión.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.