Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203). O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
A masa é unha propiedade dos obxectos físicos que, basicamente, mide a cantidade de materia. É un concepto central na mecánica clásica e disciplinas afíns, expresando a magnitude que, para un corpo determinado, indica a proporción entre forza e aceleración. No Sistema Internacional de Unidades mídese en quilogramos.
Rheged (pronunciado en galés: /r̥ɛgɛd/) foi un dos reinos do Hen Ogledd ("Vello Norte"), a rexión britónicofalante no que hoxe é o norte de Inglaterra e o sur de Escocia, durante a alta Idade Media. Descoñecemos cales foron os seus límites exactos, pero seguro que a actual Cumbria no noroeste de Inglaterra canda amplos territorios adxacentes pertencíanlles. Nas fontes históricas Rheged aparece intimamente ligado co rei Urien Rheged e a súa familia.
Edward Bellamy, nado o 26 de marzo de 1850 e finado o 22 de maio de 1898, foi un escritor americano principalmente coñecido pola súa novela de ficción científica ambientada no ano 2000, Looking Backward, publicada en 1888; hai unha tradución desta obra ao galego intitulada Se o socialismo chegase, feita por Tomás González Ahola, en Urco Editora, 2009.Finou ao 48 anos de idade, vítima da tuberculose.
Georges-Francis "Johnny" Servoz-Gavin, nado en Grenoble o 18 de xaneiro de 1942 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 2006, foi un piloto de carreiras francés, de automobilismo deportivo e monoprazas. Participou en 13 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula entre a tempada 1967 de Fórmula Un e a tempada de 1970, non conseguindo cualificar nun. Logrou un podio e un total de nove puntos de campionato.
Lions Gate Entertainment Corporation (ou Lionsgate) é unha empresa do entretemento canadense-estadounidense. A compañía fundouse en Vancouver, na Columbia Británica, o 3 de xullo de 1997, e ten a súa sede en Santa Monica (California). En novembro de 2013, era a produtora e distribuidora de cine con máis éxito, fóra do grupo das "major", en Norte América, e o sétimo estudio de cine máis proveitoso.
Amasia[Cómpre referencia] (Amasya en turco) é unha cidade de Turquía, capital da provincia de Amasia, con 80.000 habitantes, está situada nas beiras do río Yesil a 390 metros sobre o nivel do mar. Na antigüidade foi a capital do Reino do Ponto co nome de Amasia (Αμασεια), unha das cidades máis importantes de Asia Menor e cidade natal de Estrabón, un xeógrafo grego da antigüidade.
Unha alomona é unha substancia química producida e liberada polos individuos dunha especie que afecta o comportamento doutra especie para beneficio do produtor da substancia pero non do receptor. A produción de alomonas é unha forma común de defensa, especialmente polas especies de plantas contra os insectos herbívoros. Tamén as usan os depredadores.
Steeltown Records foi un selo discográfico activo entre 1966 e 1972 que foi fundada por Gordon Keith en Gary, Indiana. É coñecido por ser o primeiro selo co que asinariron The Jackson 5 en 1967 antes de facelo con Motown en 1969. Dous sinxelo dos Jackson 5 foron lanzados en 1968 durante o seu breve acordo na discográfica—"Big Boy" e "We Don't Have To Be Over 21 (to Fall in Love)".
Are You Experienced é o álbum de estrea da banda anglo/estadounidense de rock The Jimi Hendrix Experience. Publicado o 12 de maio de 1967, foi o primeiro LP para o selo Track Records. O disco destacou a base R&B de Hendrix, a súa psicodelia, e o seu xeito de tocar a guitarra eléctrica con distorsión e retroalimentació, e converteuno nunha estrela internacional.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
O termo expresión, do latín expressĭo, -ōnis (etimoloxicamente, movemento do interior cara ao exterior, é dicir, unha presión cara a fóra), é a demostración de ideas ou sentimentos. A expresión pode quedar como un acto íntimo do que se expresa, ou transformarse nunha mensaxe que un emisor transmite a un receptor, co que se converte en comunicación. Segundo a forma de linguaxe utilizada para a expresión, diferéncianse varios tipos ou formas de expresión: a expresión artística, en arte, mediante a linguaxe artística,expresión literaria, en literatura, mediante a linguaxe literaria,expresión poética, en poesía, mediante a linguaxe poética, expresión teatral, en teatro, mediante os anteriores e, ademais, a linguaxe escénica,a expresión corporal é o comportamento exterior espontáneo ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante a linguaxe corporal (que tamén forma parte de disciplinas artísticas como o mimo, a danza e o propio teatro),a expresión facial é a manifestación dos sentimentos a través do rostro, a expresión sonora, a que se manifesta a través de sinais acústicas intelixíbeis, e a expresión oral, a que se manifesta mediante a fala; o seu oposto é a expresión escrita.O termo expresión adquire significados moi precisos en distintas disciplinas: En bioloxía, a expresión xénica é a transformación da información do ADN en proteínas a través do ARN mensaxeiro.
Ayu-mi-x 6 -Silver- é un álbum de remixes da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 26 de marzo do ano 2008 (o mesmo día que "Ayu-mi-x 6 -Gold-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. Este é o sexto título da serie de álbums "ayu-mi-x" e o seu primeiro álbum de remixes en catro anos, xa que en 2004 lanzara MY STORY Classical.
A face, faciana, cara ou rostro é a parte frontal da cabeza, nos humanos a parte anteroinferior, desde as cellas ao queixelo; nela están incluídos cellas, ollos, nariz, fazulas, boca, labios, dentes, pel e queixelo. Os tecidos brandos da cara expresan as emocións do individuo, pola acción dos músculos da mímica. Así mesmo, a aparencia facial é un elemento esencial da identidade de cada ser humano.
Max Alexander Chiton, nado en Reigate (Surrey) o 21 de abril de 1991, é un piloto inglés. Fixo o seu debut na Fórmula 1 na tempada 2013, competindo co equipo Marussia F1 Team, previamente competiu co equipo Carlin na GP2 de 2012. O seu irmán Tom tamén é un piloto de carreiras, que actualmente compite na World Touring Car Championship.
John Hadley, nado en Bloomsbury (Londres) o 16 de abril de 1682 e finado en East Barnet (Hertfordshire) o 14 de febreiro de 1744, foi un matemático e astrónomo inglés. Baseándose no pequeno telescopio reflector presentado por Newton á Royal Society, iniciou a tarefa de puír e construír un instrumento de mellor calidade; a base de tanteos descubriu un modo de mellorar a esfericidade do espello, axudándose para iso dunha fonte de luz auxiliar.
Croacia no Festival de Eurovisión
Croacia participou no Festival de Eurovisión como país soberano dende o Festival de Eurovisión 1993, após que Croacia lograra a súa independencia de Iugoslavia e fora admitida como membro da UER. Nun total de 6 veces, conseguiu entrar no TOP-10 dentro dunha gran final.
Spiderland é o segundo e derradeiro álbum da banda estadounidense de post-rock Slint, publicado o 27 de marzo de 1991 a través do selo Touch and Go Records. Cunhas dinámicas dramaticamente alternas e unhas voces que van dende a palabra falada ata os berros, o disco contén letras que fan fincapé na alienación. Spiderland foi a primeira edición con Touch and Go, e o derradeiro álbum do grupo.
2M1207b é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela anana marrón 2M1207 na constelación de Centaurus, e está a preto de 170 anos luz da Terra. Destacado por ser un dos primeiros candidatos a planeta extrasolar observados directamente (a través de imaxes no infravermello), foi descuberto en abril de 2004 polo Very Large Telescope (VLT) dende o Observatorio de Paranal, Chile, por un equipo do Observatorio Europeo do Sur liderado por Gaël Chauvin. Pénsase que ten entre 3 a 10 veces a masa de Xúpiter e podería orbitar ó redor da súa estrela primaria a unha gran distancia, semellante á distancia a que orbita Plutón ó redor do noso Sol.Este planeta é un xigante gasoso moi quente, a temperatura estimada da superficie é de aproximadamente 1.600 K (1.300 °C ou 2.400 °F), principalmente debido á contracción gravitacional.
Scout D1 foi un foguete espacial dos Estados Unidos propulsado exclusivamente por propelente sólido e pertencente á familia de foguetes Scout. Estaba concibido como un lanzador de baixo custo, podendo lanzar cargas de ata 183 kg a órbitas baixas. Foi usado desde tres sitios de lanzamento: a Base Vandenberg da Forza Aérea en California; o complexo de Wallops Island; e o Complexo de Lanzamento San Marco fronte ás costas de Nixeria.
Luc Paul Maurice Besson, nado o 18 de marzo de 1959 en París, Francia, é un director, guionista e produtor francés de cinema. Entre as súas obras destacan Le Grand Bleu, Nikita, Léon, Le Cinquième Élément e Arthur et les Minimoys. Ten no seu haber numerosos premios de cinema tanto franceses como internacionais.
Emma Newman, nada en Cornualla en 1976, é unha escritora británica de ciencia ficción e fantasía, podcaster e narradora de audiolibros. As súas candidaturas aos premios inclúen o British Fantasy Award (categorías: "mellor novela fantástica", "mellor novela") por Between Two Thorns en 2014 e o Arthur C. Clarke Award por After Atlas en 2017. A súa serie Planetfall foi nomeada ao Premio Hugo 2020 á mellor serie.
Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional Sheremetyevo en Moscova.
Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña
A Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña (oficialmente: UCI Mountain Bike World Cup) é unha competición de ciclismo de montaña organizada pola Unión Ciclista Internacional con varias probas diferentes disputadas por todo o mundo. Nos seus inicios, ano 1989, só existía o XCO. No ano 1991 engadiuse o Descenso, mentres que no 1998 engadiuse o Dual Slálom. No 2002 meteuse o Four Cross substituíndo o Dual Cross, pero en 2011 foi eliminado do programa da competición.
O ataque a Pearl Harbor foi unha ofensiva militar sorpresa efectuada pola Armada Imperial Xaponesa contra a base naval dos Estados Unidos en Pearl Harbor, Oahu, Hawai, na mañá do 7 de decembro de 1941. O ataque foi executado contra a frota do Pacífico da mariña dos Estados Unidos de América e as súas forzas de defensa, o corpo aéreo do exército, e a forza aérea da Mariña. O ataque damnificou ou destruíu 11 navíos de guerra, 188 avións, e matou 2.403 militares estadounidenses e 68 civís.
Manuela Pulgarín González, nada en Badaxoz (Estremadura) o 11 de xullo de 1940 e finada na mesma cidade o 4 de decembro de 2019, foi unha cantante de copla, música popular, e actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Rosa Morena. Conseguiu a súa popularidade en España na década de 1970, logo de percorrer gran parte de América e os Estados Unidos cando aínda era unha moza con gran virtuosismo vocal pero pouco coñecida no seu propio país.
Francisco Javier García Gaztelu
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao, Biscaia, o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros.
O panarabismo (en árabe: العروبة) é unha ideoloxía política que defende a unificación dos países de África do Norte e Asia Occidental, dende o océano Atlántico até o mar Arábigo, os cales son coñecidos colectivamente como mundo árabe. Está estreitamente conectado co nacionalismo árabe, que defende a idea de que os árabes constitúen unha única nación. A súa popularidade acadou o seu cumio durante as décadas de 1950 e 1960.
Partidos políticos de España inscritos de 1986 a 1990
Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1986 a 1990.
O grande incendio de Roma foi un gran lume urbano que se produciu en Roma no ano 64. Causou unha gran devastación durante seis días antes de ser controlado. Diferentes fontes acusaron o emperador Nerón de iniciar o lume, mentres que outras afirman que organizou medidas para contelo e prestar axuda ós refuxiados.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santa Comba de Ribadelouro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 946 habitantes (515 mulleres e 431 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 976 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 832 habitantes, sendo 381 homes e 451 mulleres.
Partido Comunista de los Pueblos de España
O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.
Alvariza pode referirse a: Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais. Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia. Alvariza, grupo musical folk galego.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980
Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Frente Obrero é un partido político español, inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior coas siglas FO o 13 de marzo de 2019, de ideoloxía republicana e federal. A pesar de que dende varios medios de comunicación considéraselles partidarios do comunismo, o partido rexeita esta ideoloxía e opta por denominarse fronte de masas, co fin de «chegar a máis sectores na súa loita política». Tamén rexeita a dicotomía da esquerda e a dereita, adoptando o que se coñece como terceira posición.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Euskal Herria Bildu , tamén escrito EH Bildu (en minúsculas no seu logo), é unha coalición política vasca de esquerdas, rexistrada como partido político, creada no 2012 e liderada na súa primeira participación por Laura Mintegi. Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
Partidos políticos de España inscritos de 1981 a 1985
Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1981 a 1985.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.