Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
O portuñol é unha interlingua ou lingua de confluencia orixinada a partir da mestura de palabras da lingua portuguesa e da lingua castelá, linguas que teñen orixe no latín, moi común en cidades de fronteira entre países de lingua portuguesa e castelá. Debido á semellanza entre ambas as dúas linguas derivada de posuíren como lingua materna o latín, é moi común ás persoas que dominan unha desas linguas sentírense confortábeis para falar na outra imaxinando que basta con trocar unha palabra de portugués para a súa correspondente en castelán ou viceversa, sen ter en conta a gramática e a concordancia. É importante resaltar a dificultade de se clasificar o chamado "portuñol" como unha "lingua", visto que non presenta unha constancia de regras e termos, podendo variar de acordo con cada falante.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
A Fender Mustang é unha guitarra eléctrica de Fender Musical Instruments Corporation, introducina no mercado no ano 1964 como a base dun importante redeseño dos modelos de estudante da compañía, que eran a Musicmaster e a Duo-Sonic. Foi fabricada ata 1982 e re-lanzada en 1990. Nos anos 60 foi usada na música surf, e conseguiu o seu status de instrumento de culto nos anos 90 tras ser usada nun gran número de bandas de rock alternativo.
Serbia e Montenegro foi un estado federal situado nos Balcáns, descendente directo da Iugoslavia e composto polas repúblicas da Serbia e de Montenegro. Confinaba ao norte con Hungría, ao leste con Romanía e Bulgaria, ao sur coa Macedonia do Norte e Albania e ao oeste co mar Adriático (a través do cal contactaba con Italia), Bosnia e Hercegovina e Croacia. A capital do país era a cidade de Belgrado.
Pioneer 11, tamén coñecida como Pioneer G, foi unha sonda espacial lanzada o 6 de marzo de 1973 mediante un foguete Atlas-Centaur desde a base espacial de Cabo Cañaveral para sobrevoar Xúpiter e Saturno e estudar o Sistema Solar exterior, converténdose na primeira nave en visitar ámbolos dous planetas nunha soa traxectoria, a primeira en visitar Saturno e no segundo obxecto humano que saíu fora do Sistema Solar cara o espazo interestelar.
A palabra Taoísmo (ou Daoísmo) é xeralmente empregada para traducir dous termos chineses distintos, "Daojiao" (道教) (py Dàojiào, W-G Tao-chiao), que se refire aos "ensinanzas ou á relixión do Dao", e "Daojia", que se refire á (道家) "escola do Dao", a unha liña de pensamento da filosofía chinesa. Así, o termo Taoísmo ten máis dun sentido no occidente, pode referirse a: Unha escola de pensamento filosófico chinés que se basea nos textos do Tao Te Ching atribuídos a Lao Tsé e nos escritos de Chuang Tse. Un movemento relixioso chinés con orixe en Zhang Daoling no final da Dinastía Han que se estrutura en seitas como a Zhengyi ("Ortodoxa") e Quanzhen ("realidade completa").
Saint-Denis é unha comuna francesa situada no departamento de Seine Saint-Denis na rexión de Illa de Francia. Saint-Denis localízase nos suburbios de París, a 9,4 km ao norte de devandita cidade. Nesta localidade atópanse a necrópole real da Basílica de Saint-Denis e o estadio nacional de Francia, o Stade de France, construído para albergar a Copa Mundial de Fútbol de 1998.
Mute Records é un selo discográfico formado en 1978 por Daniel Miller, nun principio para realizar o seu propio sinxelo, T.V.O.D./Warm Leatherette, baixo o alcume de The Normal. Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas post-punk, como Fad Gadget (pseudónimo de Frank Tovey), a Einstürzende Neubauten, Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire. Cando a música electrónica se situou no cumio das listas de 1981 do Reino Unido, Mute Records asinou con artistas como Depeche Mode, Nitzer Ebb, Yazoo ou Erasure, bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.
Un glifo (do grego glýfō, esculpir ou tallar) é un signo gravado ou, por extensión, pintado. Por exemplo, os glifos da escrita maia ou da exipcia, tradicionalmente máis coñecidos neste último caso como xeroglífico (do grego talles sacros ou sacerdotais). En tipografía, un glifo é unha representación gráfica dun carácter, de varios caracteres ou de parte dun carácter e é o equivalente actual do tipo de imprenta (a peza que tiña gravada a letra).
The Simpsons (en galego, Os Simpson) é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea. A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe.
O Hawthorn Football Club, alcumado Hawks (do inglés: Falcóns), é un club de fútbol australiano con sede en Mulgrave, barrio da cidade de Melbourne, Victoria, que compite na Australian Football League (AFL). O equipo fundouse no ano 1902 en Hawthorn, sendo o equipo menos lonxevo do estado na AFL. Hawthorn, que se uniu á competición en 1925, gaño trece premierships ao longo da súa historia, sendo o único equipo que conseguiu gañalos en cada unha das décadas de 1960, 1970, 1980, 1990, 2000 e 2010. O uniforme do equipo é de cor marrón con faixas verticais douradas.
Donald Tokowitz Sterling, nado Donald Tokowitz e máis coñecido como Donald Sterling, nado en Chicago o 26 de abril de 1934, é un antigo avogado e empresario, ex-propietario do equipo de baloncesto Los Angeles Clippers da NBA, equipo onde permaneceu desde 1981, ao adquirilo por 12,5 millóns de dólares, a´te 2014, ano no que se estimaba o valor da franquía en 575 millóns de dólares segundo a revista Forbes. Tres 33 tempadas, Sterling era un o propietario da NBA con máis antigüidade desde a morte de Jerry Buss dos Lakers o 18 de febreiro de 2013, con todo, o 29 de abril de 2014 foi suspendido pola NBA de por vida por facer declaracións racistas.
A lingua rusa ou ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") (ruso: русский язык , romanizado: russkij jazyk ) ruso: [ˈruskʲɪj jɪˈzɨk] é unha lingua eslava oriental que se fala principalmente en Rusia. É a lingua nativa dos rusos, e pertence á familia das linguas indoeuropeas. É unha das catro linguas eslavas orientais vivas, e tamén forma parte das linguas baltoeslavas.
Nova Deli (en hindi: नई दिल्ली, Nai Dilli) é desde 1931 a capital da República da India, antes diso a capital era Delhi, e sede dos poderes executivo, lexislativo e xudicial do Goberno da India. Está situada na metrópoles de Delhi e é un dos seus nove distritos. A cidade foi planeada e construída como a cidade capital e foi chamada así cando os gobernantes ingleses mudaron a capital da India británica a esta cidade en 1911 desde Calcuta.
Ruatoria, tamén escrito Ruatōria, é unha vila de Waiapu Valley da Rexión de Gisborne no recanto nordeste da Illa Norte de Nova Zelandia. A vila foi orixinalmente coñecida como Cross Roads, pero foi renomeada como Ruatōrea en 1913, do maorí Rua-a-Tōrea (o pozo de almacenamento de Tōrea). En 1925 o nome foi alterado cara a súa escrita actual, malia que algúns textos conservaron a vella forma.No censo de 2006, foi a terceira maior poboación da súa rexión (de baixa densidade), e tiña unha poboación de só 756 (75 menos que a segunda maior vila da rexión, Tolaga Bay).
Simone Lucie Ernestine Marie Bertrand de Beauvoir máis coñecida coma Simone de Beauvoir, nada en París o 9 de xaneiro de 1908 e finada na mesma cidade o 14 de abril de 1986, foi unha novelista francesa, filósofa existencialista e feminista figura importante na reivindicación dos dereitos da muller. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase dentro do existencialismo e obras como O segundo sexo son elementos fundacionais do feminismo.
Aos pés do monte Parnaso en Focea, Delfos é o lugar dun santuario panhelénico onde falaba o oráculo de Apolo a través da súa profetisa, a Pitia ; tamén albergaba o ónfalos ou «embigo do mundo». Investido cun significado sagrado, Delfos foi do século -VI ao -IV o verdadeiro centro e o símbolo da unidade do mundo grego. Os santuarios panhelénicos eran complexos arquitectónicos externos ás cidades: constituían os únicos lugares onde todos os antigos gregos, e algúns bárbaros (lidios e etruscos) tomaban parte en celebracións relixiosas comúns.
A dos blatodeos (Blattodea) é unha orde de insectos que contén as cascudas e térmites. Anteriormente as térmites eran consideradas unha orde separada, Isoptera, pero as probas xenéticas e moleculares indican unha íntima relación coas cascudas, de tal xeito que as cascudas e as térmites evolucionaron a partir de antepasados comúns. Os Blattodea e as barbantesas (orde Mantodea) son agora consideradas parte da superorde Dictyoptera.
Weißenfels, ás veces escrita como Weissenfels, é unha cidade e municipio de Alemaña, no estado federado de Saxonia-Anhalt, cerca de Halle e da capital do Land, Leipzig. É a cidade máis poboada do distrito de Burgenland (Burgenlandkreis), con máis de 40 000 habitantes, e, desde o ano 2010, engloba a 11 localidades novas que até entón eran independentes. Sobre un outeiro da cidade érguese o palacio de Neu-Augustusburg, que foi a residencia dos titulares do Ducado de Saxonia-Weissenfels, do Sacro Imperio Romano-Xermánico, até 1746, cando ao extinguirse a dinastía reinante, o ducado pasou a formar parte do Electorado de Saxonia.
A historia de Louisiana nace coa poboación do territorio por parte dunhas trina tribos indíxenas antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. A maioría destas tribos pertencian a 7 distintas nacións indíxenas (grupamento de tribos indíxenas que posuían cultura, linguaxe e estilo de vida semellantes entre si, e que eran aliados entre si). Estímase o número de indíxenas en preto de 12.000.
O tertuliano radio-televisivo é un convidado habitual, polo xeral non profesional da comunicación, que opina nos faladoiros da radio e/ou da televisión.En principio eran convidados por seren especialistas ou profesionais do tema tratado no debate, xeralmente en relación coa política ou con temas sociais da actualidade do momento. Con todo, de forma progresiva e seguindo os modelos das televisións italianas e estadounidenses, algúns deles convertéronse en personaxes supostamente especializados en lercheo amarelista e prensa do corazón. Este ámbito inclúe todo tipo de celebridades, antigos paparazzi e exconcursantes de reality shows.
Teodorico I ou Teoderico I, nado cara o 485 e finado no 534, (en francés Thierry Ier e en alemán Theuderich I.) foi rei merovinxio de Metz entre 511 e 534. Foi gobernante da parte oriental do territorio franco, coñecida como Austrasia. Teodorico era fillo bastardo primoxénito do rei franco Clodoveo I e dunha princesa ripuaria, descoñécese a data exacta do seu nacemento, que puido ser cara a 485.
Elizabeth Alyse Cuthbert, nada en Merrylands (Nova Gales do Sur) o 20 de abril de 1938 e finada en Mandurah (Australia Occidental) o 6 de agosto de 2017, foi unha atleta australiana, cuádrupla campioa olímpica. Foi alcumada "a rapaza de ouro" de Australia. Durante a súa carreira, estableceu récords mundiais nos 60 metros, 100 yardas, 200 metros, 220 yardas e 440 yardas.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
Debabarrena (Baixo Deba en galego) é unha comarca de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase no extremo noroeste da provincia, no límite con Biscaia, e ocupa a parte baixa da conca do río Deba. Limita polo sur coa comarca de Debagoiena, polo oeste coas comarcas biscaíñas de Lea-Artibai e Durangaldea, polo leste coa comarca de Urola Kosta e polo norte co mar Cantábrico.
O sánscrito (saṃskr̥tam / संस्कृतम) é unha lingua indoeuropea, da familia indoirania, outrora falada no subcontinente indio. En especial, é a lingua dos textos relixiosos hindús e, neste senso, segue a ser utilizada, ao xeito do latín nos séculos pasados en Occidente, como lingua de culto, cultural e vehicular (un censo de 1981 indica que habería aínda cerca de 6100 falantes; en 1961 aproximadamente 194400 persoas dicían que o empregaban como lingua secundaria). É ademais unha das vinte e dúas linguas oficias da India.
O meu veciño Totoro (となりのトトロ, Tonari no Totoro) é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Spain é unha banda de rock estadounidense formada nos Ánxeles, California en 1993, e liderado polo cantante e baixista Josh Haden. A música que producen contén elementos de country, blues, folk, jazz e slowcore. Nunha carreira de dúas décadas, Spain publicou cinco álbums de estudio, un directo e unha compilación.
The Zombies é unha banda inglesa de rock formada a principios dos anos 60 en St Albans e liderada polo teclista e vocalista Rod Argent e o vocalista Colin Blunstone. O grupo tivo un grande éxito no Reino Unido e nos Estados Unidos en 1964 co tema "She's Not There". Nos Estados Unidos tamén tiveron éxito dous sinxelos máis, "Tell Her No" en 1965 e "Time of the Season" en 1968.
Anatolii Borisovich Marienhof (en ruso: Анатолий Борисович Мариенгоф), nado o 6 de maio de 1897 e finado o 24 de abril de 1962, foi un poeta, novelista e dramaturgo ruso. Unha das figuras principais do Imaxinismo, recordado na actualidade polas súas memorias que describen a vida literaria rusa de 1920s e a súa amizade con Sergei Esenin.
Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer
O Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer, coñecido como Centro Niemeyer, é un complexo cultural de importancia internacional, na cidade de Avilés O centro servirá como motor para a revitalización económica e urbana dunha área degradada e, no proceso de transformación industrial, como é a boca da desembocadura de Avilés. Actualmente o centro é arrastrado para a paisaxe urbana da "Vila do Adiantado", sendo visible, debido á súa cor branca e tamaño, en diferentes locais e do aire.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As Guerras servís foron unha serie de tres revoltas de escravos ("servil" é un termo derivado de "servus", "escravo", en latín) na fase final da República de Roma. Véxase: Primeira Guerra Servil: -135 a -132 en Sicilia, liderado por Eunus, un escravo agrícola aclamado como un profeta e o cilicio Cleon. Segunda Guerra Servil: -104 a -103 en Sicilia, liderado por Athenion e Tryphon.
O Sports Club Rasta Vechta é un club profesional de baloncesto da cidade de Vechta, Baixa Saxonia, que xoga na ProA, segunda categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1979, o Rasta Vechta pasou a maior parte da súa historia en divisións inferiores do baloncesto alemán, ata que en 2012 ascendeu á ProA, a segunda categoría. En 2014 ascendeu por primeira vez na súa historia á Bundesliga, e dende entón descendeu á ProA e ascendeu de volta á Bundesliga en varias ocasións.
Gardnerella vaginalis é unha especie de bacterias, a única especie do xénero Gardnerella. É unha bacteria con tinguidura de Gram variable anaerobia facultativa con forma de cocobacilo de 1-1,5 µm de diámetro, non formadora de esporas e non motil. Esta especie foi tamén denominada Haemophilus vaginalis e Corynebacterium vaginalis.
Alameda de Santiago de Compostela
A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
As peroxirredoxinas (Prxs, EC 1.11.1.15; símbolo raíz de HGNC PRDX) son unha familia moi ubicua de encimas antioxidantes do grupo das oxidorredutases, que tamén controlan os niveis de peróxido inducidos por citocinas e, por tanto, son mediadoras da transdución de sinais en células de mamíferos. Os membros desta familia en humanos son: PRDX1, PRDX2, PRDX3, PRDX4, PRDX5 e PRDX6. A importancia fisiolóxica das peroxirredoxinas está indicada pola súa relativa abundancia (unha das proteínas máis importantes nos eritrocitos despois da hemoglobina é a peroxirredoxina 2).
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
Setestrelo é o nome tradicionalmente dado en Galicia ó asterismo da Osa Maior[Cómpre referencia] debido a que ten sete estrelas ben visibles. As estrelas que conforman este asterismo son Dubhe, Merak, Phecda, Megrez, Alioth, Mizar e Benetnasch. Noutras culturas este asterismo tamén é coñecido polo nome de Gran Carro ou o Cazo.
O Aeroporto de Antalya (IATA: AYT, ICAO: LTAI) é un aeroporto internacional turco situado a 13 km ao nordés do centro da cidade de Antalya. É un gran destino durante a tempada estival europea debido a que se atopa na costa mediterránea do país. No asno 2016 pasaron polo aeroporto un total de 18 741 659 pasaxeiros, sendo o terceiro máis concorrido de Turquía e o 30º de Europa.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Alba de gloria (orixinalmente "Alba de groria") é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciado co gallo do Día da Patria Galega (25 de xullo) de 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino, publicado ese mesmo mes no número 463 d'A Nosa Terra e que o autor manifestou que comenzara a escribir un ano antes, en 1947, en Marsella (Francia).