Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes: Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura. Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipoSegundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural.
Sveriges Television (abreviado, SVT; en galego, "Televisión de Suecia") é a empresa de televisión pública de Suecia. A empresa, separada desde 1979 de Sveriges Radio (compañía pública de radio), non é estatal, senón que está dirixida por unha fundación independente, a Förvaltningsstiftelsen för Sveriges Radio AB, na que os membros do seu Consello de Administración son elixidos polo Parlamento Sueco. A SVT mantivo o monopolio da televisión en Suecia ata a chegada das emisoras privadas vía satélite en 1987 e a posterior entrada analóxica da cadea privada TV4 en 1992.
Aaron Perry Taylor-Johnson, nado o 13 de xuño de 1990 en High Wycombe, Buckinghamshire, é un actor inglés de cinema e televisión. Comezou a actuar con seis anos, e apareceu en filmes como Angus, Thongs and Perfect Snogging e The Illusionist. Máis tarde conseguiu papeis protagonistas en Nowhere Boy, Kick-Ass, Kick-Ass 2 e Godzilla.
A Guerra contra o terrorismo (en inglés: War on Terror, WoT), é unha campaña militar internacional dirixida polos Estados Unidos de América e o Reino Unido co apoio dos membros da OTAN e outros países, que comezou despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos. O presidente George W. Bush empregou por vez primeira o termo "War on Terror" o 20 de setembro de 2001. A administración de Bush e os medios occidentais empregaron o termo dende entón para facer referencia ó conflito militar, político, legal e conceptual contra organizacións terroristas e réximes acusados de apoialas.
Unha erupción volcánica é unha emisión máis ou menos violenta na superficie terrestre ou doutro planeta, de materias procedentes do interior do globo. Exceptuando os géyseres, que emanan auga quente, e os volcáns de lodo, cuxa materia, en gran parte orgánica, provén de xacementos de hidrocarburos relativamente preto da superficie, as erupcións terrestres débense ós volcáns, rexistrándose desde o 8000 a.C ata o inicio do século XXI unhas 7.900 erupcións.
A vacina (do latín vaccinus, 'vacún'; de vacca, 'vaca') é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo. Esta resposta xera memoria inmunolóxica producindo, na maioría dos casos, inmunidade permanente fronte á enfermidade. A primeira vacina descuberta foi a usada para combater as vexigas por Edward Jenner en 1796.
Variety é unha revista estadounidense de entretemento e tendencias propiedade de Penske Media Corporation. Foi fundada por Sime Silverman en Nova York en 1905 como un semanario; en 1933 engadiu Daily Variety, baseado nos Ánxeles, para cubrir a industria do cine; e en 1998 lanzou Daily Variety Gotham, baseado en Nova York. Variety.com é unha páxina de novas de pago, con críticas, arquivos, resultados de recadación, base de datos de acreditacións, e calendario de producións e estreas.
Javier Tebas Medrano, nado en San Xosé (Costa Rica) o 31 de xullo de 1962, é un avogado e directivo español procedente de Huesca, considerado un dos dirixentes máis influentes do fútbol mundial. Exerce o cargo de presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional (tamén coñecida como LFP ou LaLiga) tras ser reelixido para un terceiro mandato ata 2024.
"Winter Is Coming" é o episodio piloto da serie de televisión de fantasía medieval da HBO Game of Thrones. É o primeiro episodio da primeira tempada, e foi escrito polos creadores da serie David Benioff e D. B. Weiss, nunha adaptación fiel dos primeiros capítulos do libro de George R. R. Martin A Game of Thrones. O episodio foi dirixido por Tim Van Patten, refacendo o traballo feito polo director Tom McCarthy no episodio piloto sen estrear.
Por censura enténdese o control da comunicación verbal ou doutras formas de expresión por parte dunha autoridade, xeralmente asociada ao poder político. Na maior parte dos casos enténdese que tal control é aplicado no ámbito da comunicación pública, por exemplo a efectuada por medio da prensa ou dos mass media; mais pódese aínda referirse ao control da expresión individual.
Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia, é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas). Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais.
María Corazón Sumulong Cojuangco-Aquino, nada en Paniqui o 25 de xaneiro de 1933 e finada en Makati o 1 de agosto de 2009, foi unha política filipina, que foi presidenta de Filipinas entre 1986 e 1992, despois da caída do ditador Ferdinand Marcos. Foi unha das primeiras mulleres de Asia en ocupar a máxima representación do seu Estado ou goberno, logo de Golda Meir e Indira Gāndhi. Casada co popular senador da oposición Ninoy Aquino, cando este foi asasinado no daquela chamado Aeroporto Internacional de Manila ó regresar do exilio o 21 de agosto de 1983, "Cory" converteuse no núcleo da oposición ao goberno autocrático do Presidente Ferdinand Marcos.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria. A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática.
Silent Hill (en xaponés: サイレントヒル, Hepburn: Sairento Hiru) é unha franquía de terror centrada nunha serie de videoxogos de terror psicolóxico e supervivencia creados por Keiichiro Toyama e distribuídos por Konami. Os primeiros catro videoxogos da serie, Silent Hill, Silent Hill 2, Silent Hill 3 e Silent Hill 4: The Room, foron desenvolvidos por un grupo interno chamado Team Silent, un persoal de desenvolvemento dentro da antiga subsidiaria de Konami Konami Computer Entertainment Tokyo. Os seguintes seis xogos Origins, Homecoming, Shattered Memories, Downpour, Book of Memories e P.T. (un teaser xogable de Silent Hills), foron desenvolvidos por outros equipos, na súa maioría occidentais.
Estación Espacial Internacional
A Estación Espacial Internacional (International Space Station, ou simplemente ISS) é a continuación do que fora planeado para a Mir rusa ou o Skylab dos Estados Unidos, e a non realizada Columbus europea, e representa a vontade de permanencia humana continuada no espazo: ten sido dirixida con tripulacións de non menos de dúas persoas desde o 2 de novembro de 2000, despois de ter sido lanzado o primeiro módulo en 1998. A cada cambio da tripulación, na estación reúnense ambos os dous equipos e, ás veces, algúns visitantes.
Jerome Dillon (nado o 16 de xullo de 1960 en Columbus, Ohio) é un músico estadounidense coñecido polo seu traballo como batería na banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails entre os anos 1999 e 2005. Despois da súa saída, o seu proxecto Nearly editou o seu álbum de estrea, reminder, en decembro do 2005, xunto cun maxi-sinxelo do tema "Straight to Nowhere". Ademais, un bootleg autorizado titulado reminder Live 2006 foi lanzado en agosto do 2006.
O concepto de maxia do caos é relativamente recente, tendo orixe en West Yorkshire, en Inglaterra, nos anos 70 do século XX. Influenciada polas prácticas thelémicas de Aleister Crowley e Austin Osman Spare, a maxia do caos é primeiramente unha práctica abordada na práctica de maxia. A máxima central deste tipo de práctica é "se funciona, úsase a". A maxia do caos usa o estado de gnose, a través de prácticas como meditación, música, danza, uso de herbas, dor, ou orgasmos, como forma de incumbir en prácticas divinatórias.
Os alemáns do Báltico (en alemán: Deutsch-Balten ou Baltendeutsche) eran alemáns étnicos que habitaron na costa oriental do mar Báltico, en territorios que hoxe conforman os países de Estonia e Letonia. Ao longo dos seus 700 anos de historia, as familias dos alemáns do Báltico tiñan, obviamente, raíces étnicas alemás, pero tamén casaron con estonianos, livonios e letóns, así como con outros pobos do norte ou do centro de Europa, como daneses, suecos, irlandeses, ingleses, escoceses, polacos, húngaros e neerlandeses. Nos casos nos que se producían matrimonios mixtos, os membros dos demais grupos étnicos asimilaban con frecuencia á cultura alemá, adoptando a lingua, os costumes e os nomes de familia alemáns.
Un libro é unha obra manuscrita, impresa ou virtual, que consta dunha serie de follas que conteñen texto ou imaxes composto por, polo menos, 48 páxinas (sen contar as capas - segundo a Unesco). Un libro pode ser, por exemplo, unha novela, un ensaio ou un libro fotográfico. A palabra libro procede do latín liber, que significa cortiza.
Hold It In é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, publicado o 14 de outubro de 2014 a través do selo Ipecac Recordings. A formación para este disco está composta polos membros da banda Buzz Osborne (guitarra/voces) e Dale Crover (batería), cos compoñentes de Butthole Surfers Paul Leary (guitarra) e Jeff Pinkus (baixo).
Johannes Ciconia (tamén coñecido como Iohannes Ciconia), nado na cidade belga de Liexa arredor de 1370 e finado na vila italiana de Padua entre o 10 de xuño e o 12 de xullo de 1412), foi un teórico da música e compositor belga de finais da Idade Media pertencente á escola francoflamenga que traballou a maior parte da súa vida en Italia.
Civilization IV (tamén coñecido como Civilization 4 ou Civ4) é un videoxogo de estratexia para computador que é o cuarto título da serie Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson baixo a dirección de Sid Meier e o estudio de desenvolvemento Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005.
Pocahontas II: Journey to a New World
Pocahontas II: Journey to a New World é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Tom Ellery e Bradley Raymond. É a secuela de Pocahontas e mentres o primeiro filme abordaba o encontro da protagonista con John Smith e a chegada dos colonos a Jamestown, a secuela céntrase na viaxe de Pocahontas e Inglaterra con John Rolfe para negociar a paz entre as dúas nacións, aínda que a súa morte é omitida no remate da historia.
O topónimo Lamas pode referirse a: En GaliciaLamas, parroquia do concello de Boqueixón; Lamas, parroquia do concello de Cervantes; Lamas, parroquia do concello de Cospeito; Lamas, parroquia do concello da Estrada; Lamas, parroquia do concello de Friol; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de Leiro; Lamas, parroquia do concello de Lugo; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de Moraña; Lamas, parroquia do concello de San Cristovo de Cea; Lamas, lugar de dita parroquia; San Martiño de Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de San Sadurniño; Lamas, parroquia do concello de Xinzo de Limia; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de Zas; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas do Biduedo, parroquia do concello de Triacastela; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, lugar da parroquia das Trabancas no concello de Agolada; Lamas, lugar da parroquia de Ames no concello de Ames; Lamas, lugar da parroquia de Peibás no concello de Antas de Ulla; Lamas, lugar da parroquia de Becerreá no concello de Becerreá; Lamas, lugar da parroquia de Illán no concello de Begonte; Lamas, lugar da parroquia de Cardeiro no concello de Boimorto; Lamas, lugar da parroquia de Cespón no concello de Boiro; Lamas, lugar da parroquia de Sergude no concello de Boqueixón; Lamas, lugar da parroquia de Carballedo no concello de Carballedo; Lamas, lugar da parroquia de Sísamo no concello de Carballo; Lamas, lugar da parroquia de Ansemar no concello de Castro de Rei; Lamas, lugar da parroquia de Lamas no concello de Cervantes; Lamas, lugar da parroquia de Pedrafita no concello do Corgo; Lamas, lugar da parroquia de Montes no concello de Cualedro; Lamas, lugar da parroquia de Lamas no concello da Estrada; Lamas, lugar da parroquia de San Pedro do Incio no concello do Incio; Lamas, lugar da parroquia de Cadrón no concello de Lalín; Lamas, lugar da parroquia de Noceda no concello de Lalín; Lamas, lugar da parroquia de Golmar no concello da Laracha; Lamas, lugar da parroquia de San Martiño de Meis, no concello de Meis; Lamas, lugar da parroquia de Figueiroá no concello de Paderne de Allariz; Lamas, lugar da parroquia de Carcacía no concello de Padrón; Lamas, lugar da parroquia de Padrón no concello de Padrón; Lamas, lugar da parroquia de San Mamede do Carballal no concello de Palas de Rei; Lamas, lugar da parroquia de Celaguantes no concello da Peroxa; Lamas, lugar da parroquia de Xinzo no concello de Ponteareas; Lamas, lugar da parroquia de San Pedro de Eume no concello das Pontes de García Rodríguez; Lamas, lugar da parroquia de León no concello de Portomarín; Lamas, lugar da parroquia de Vilamoure no concello de Punxín; Lamas, lugar da parroquia de Barrantes no concello de Ribadumia; Lamas, lugar da parroquia de Santalla no concello de Ribeira de Piquín; Lamas, lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán no concello de Riotorto; Lamas, lugar da parroquia de Camba no concello de Rodeiro; Lamas, lugar da parroquia de Meder no concello de Salvaterra de Miño; Lamas, lugar da parroquia de San Mamede do Couto no concello de Samos; Lamas, lugar da parroquia do O Carballal no concello de Santiago de Compostela; Lamas, lugar da parroquia de Laraño no concello de Santiago de Compostela; Lamas, lugar da parroquia de Nespereira no concello de Sarria; Lamas, lugar da parroquia de Vilamaior no concello de Sarria; Lamas, lugar da parroquia de Chave no concello do Saviñao; Lamas, lugar da parroquia de Ousende no concello do Saviñao; Lamas, lugar da parroquia de Carelle no concello de Sobrado; Lamas, lugar da parroquia de Bamonde no concello de Teo; Lamas, lugar da parroquia de Cacheiras no concello de Teo; Lamas, lugar da parroquia de Árbol no concello de Vilalba; Lamas, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro no concello de Viveiro; Lamas, lugar da parroquia de Santo André de Boimente no concello de Viveiro; Lamas, lugar da parroquia da A Rigueira no concello de Xove; As Lamas, lugar da parroquia da Valenzá, no concello de Barbadás; As Lamas, lugar da parroquia de Boimil, no concello de Boimorto; As Lamas, lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños; As Lamas, lugar da parroquia de Aguada, no concello de Carballedo; As Lamas, lugar da parroquia da Ameixenda, no concello de Cee; As Lamas, lugar da parroquia de Acevedo do Río, no concello de Celanova; As Lamas, lugar da parroquia da Barra, no concello de Coles; As Lamas, lugar da parroquia de Roca, no concello de Guitiriz; As Lamas, lugar da parroquia de Churío, no concello de Irixoa; As Lamas, lugar da parroquia de Moimenta, no concello de Lalín; As Lamas, lugar da parroquia de Zorelle, no concello de Maceda; As Lamas, lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Monforte de Lemos; As Lamas, lugar da parroquia de Sas do Monte, no concello de Montederramo; As Lamas, lugar da parroquia de Merille, no concello de Ourol; As Lamas, lugar da parroquia de Crespos, no concello de Padrenda; As Lamas, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; As Lamas, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no concello do Valadouro; Os Lamas, lugar da parroquia de Soaserra, no concello de Cabanas; Lamas de Abade, lugar da parroquia do Castiñeiriño no concello de Santiago de Compostela; Lamas de Abaixo, lugar da parroquia de Bulso no concello de Sober; Lamas de Arriba, lugar da parroquia de Bulso no concello de Sober; Lamas de Brosmos, lugar da parroquia de Lobios no concello de Sober; Lamas de Campos, parroquia do concello da Fonsagrada; Lamas de Campos, lugar de dita parroquia; Lamas de Lor, lugar da parroquia de Vilar de Lor no concello de Quiroga; Lamas de Moreira, parroquia do concello da Fonsagrada; Lamas de Moreira, lugar de dita parroquia; Lamas de Outeiro, lugar da parroquia de Sabucedo de Montes no concello de Cartelle; Lamas de Pacios, lugar da parroquia de Pacios no concello de Baralla; Lamas de Ríos, lugar da parroquia de Caborrecelle no concello de Portomarín; Lamas Maiores, lugar da parroquia de Caborrecelle no concello de Portomarín; O Alto das Lamas, lugar da parroquia de Aguada, no concello de Carballedo; Campo de Lamas, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Castro de Lamas, lugar da parroquia de Lamas de Moreira, no concello da Fonsagrada; Chao de Lamas, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Coto de Lamas, lugar da parroquia de Lamas de Moreira, no concello da Fonsagrada; Eido de Lamas, lugar da parroquia de Sabucedo, no concello de Porqueira; Eixe de Lamas, lugar da parroquia de Baltar, no concello de Melide; A Gándara de Lamas, lugar da parroquia de Calo, no concello de Vimianzo; A Portela de Lamas, lugar da parroquia de Pardesoa, no concello de Forcarei; Portolamas, lugar da parroquia de Anafreita, no concello de Friol; Portolamas, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de Nespereira, no concello de Sarria; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de San Martiño de Meanos, no concello de Zas.En PortugalLamas, freguesía do concello de Braga; Lamas, freguesía do concello de Cadaval; Lamas, freguesía do concello de Miranda do Corvo; Lamas, freguesía do concello de Macedo de Cavaleiros; Lamas do Vouga, freguesía do concello de Águeda; Lamas, aldea do concello de Ribeira de Pena; Santa Maria de Lamas, vila do concello de Santa Maria da Feira.
A Nintendo Switch (en xaponés: ニンテンドースイッチ; Nintendō Suitchi) é unha videoconsola desenvolvida por Nintendo e lanzada internacionalmente na maioría de rexións do mundo o 3 de marzo de 2017. A consola é unha tableta que pode acoplarse para funcionar como unha consola caseira ou un dispositivo portátil, o que a converte nunha videoconsola híbrida. Os seus controladores sen cable Joy-Con, con botóns estándar e joystick analóxico direccionais, detección de movemento e retroalimentación táctil, pódense conectar a ámbolos dous lados da consola para poder xogar en estilo portátil.
Martin Heidegger, nado en Messkirch (Baden-Württemberg) o 26 de setembro de 1889 e finado en Friburgo o 26 de maio de 1976, foi un filósofo alemán. Esta considerado o pensador e o filósofo alemán máis importante do século XX. Aínda que o seu traballo influíu sobre todo na Fenomenoloxía e na filosofía europea contemporánea, tivo igualmente influencia máis aló desta, en campos como a Arquitectura, a Crítica literaria, a Teoloxía e as ciencias cognitivas.Nos seus comezos foi discípulo de Edmund Husserl, estivo inmerso no proxecto fenomenolóxico do seu mestre e o seu interese centrouse rapidamente na pregunta polo sentido do ser. Esta pregunta guiará gran parte do seu pensamento e é con ocasión do seu intento de darlle unha "resposta" coa obra Ser e tempo, publicada en 1927, cando vai adquirir unha gran notoriedade internacional, incluso máis alá dos campos especificamente filosóficos.
Spain é unha banda de rock estadounidense formada nos Ánxeles, California en 1993, e liderado polo cantante e baixista Josh Haden. A música que producen contén elementos de country, blues, folk, jazz e slowcore. Nunha carreira de dúas décadas, Spain publicou cinco álbums de estudio, un directo e unha compilación.
Brooklyn é un dos cinco distritos que conforman a cidade de Nova York. Unha cidade independente ata a súa inclusión dentro do conglomerado urbano de Nova York, en 1898, Brooklyn é o borough máis poboado con preto de 2,5 millóns de habitantes. Brooklyn concorda cos límites do Kings County (Condado de Reis), o cal é ademais o condado máis populoso do estado de Nova York.
Fortnite é un videoxogo pertencente ao xénero de supervivencia e xénero aberto desenvolvido polas empresas Epic Games e People Can Fly. Foi lanzado como título de acceso anticipado o 25 de xullo de 2017 para Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 4 e Xbox One. En 2018 converteuse nun videoxogo gratuíto.
Heathen é o vixésimo segundo álbum do músico inglés David Bowie, publicado o 11 de xuño de 2002 a través do selo . Está considerado un regreso de Bowie ao mercado estadounidense ao converterse no disco en chegar a un posto máis alto das listas (número 14) dende Tonight (1984). O álbum vendeu máis de dous millóns de copias en todo o mundo e estivo durante catro meses nas listas británicas.
Helen Elizabeth Clark, nada o 20 de febreiro de 1950 en Hamilton, é actualmente directora do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. Foi primeira ministra de Nova Zelandia desde o 5 de decembro de 1999 ata o 18 de novembro de 2008. Foi a segunda muller en ser primeiro ministro en Nova Zelandia, logo de gañar a elección de 1999.
Emmanuel Pierrat, nado o 23 de agosto de 1968 en Nogent-sur-Marne, é un escritor e avogado francés especializado en dereitos de autor. Así mesmo, é membro do Conseil national des barreaux (onde en 2015 foi designado vicepresidente da comisión de asuntos europeos e internacionais), membro do Conseil de l'Ordre, e curador do Musée du Barreau de Paris. Tamén fixo labores de tradución e edición e foi elixido concelleiro municipal do sexto arrondissement de París entre 2008 e 2014.
Eochaid, finado en 889, foi un britano que puido ter gobernado como rei de Strathclyde ou rei dos pictos. Era fillo de Rhun ab Arthgal, e descendía dunha antiga liñaxe de reis britanos. Segundo os rexistros históricos, a nai de Eochaid era filla de Kenneth I. Esta relación vía materna coa dinastía Alpin explica que Eochaid reinase sobre os pictos despois da morte do fillo de Kenneth I, Áed, en 878.
A síndrome de Patau, tamén coñecida como trisomía no par 13, trisomía D ou síndrome de Bartholin-Patau, é unha doenza xenética resultado da presenza dun cromosoma 13 suplementario. Esta síndrome é a trisomía reportada menos frecuente na especie humana. Foi observada por primeira vez por Thomas Bartholin en 1657, pero non foi ata 1960 cando a descubriu o doutor Klaus Patau.
Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York e finado o 16 de xaneiro de 2021, foi un produtor e compositor estadounidense. Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals.
Os sideróforos (do grego: "portador de ferro") son pequenos compostos con alta afinidade para quelar o ferro que segregan microorganismos como bacterias e fungos. Axudan a eses organismos a acumular ferro. Aínda que agora se acepta unha crecente gama de funcións para eles, os sideróforos están entre os axentes con capacidade de unirse ao Fe3+ máis fortes (con maior afinidade) coñecidos.
A App Store é un servizo para o iPhone, iPod Touch, e o iPad, creado por Apple Inc, que permite aos usuarios buscar e descargar aplicacións, desenvolvidas co iOS SDK e publicadas por Apple. Estas aplicacións están dispoñibles para ser compradas ou gratuítas, dependendo de cada unha. As aplicacións poden ser descargadas directamente ao iPhone o ao iPod Touch por medio dunha aplicación do mesmo nome.
O modelo de cor CIE 1931 XYZ é un modelo de cor creado en 1931 pola Comisión Internacional de Iluminación (CIE, en inglés: International Commission on Illumination; en francès: Commission Internationale de l'Éclairage, CIE) . Define un modelo de cor que inclúe todos os matices visibles para o ollo humano, independentemente da iluminación. De feito, calquera destas cores dentro deste espazo bidimensional pode ter unha luminancia que varía do branco ao negro e se se ten en conta este factor ( luminancia ) o espazo definido vólvese tridimensional e represéntase mediante coordenadas XYZ. O modelo CIE 1931 baséase, como outras codificacións mencionadas, no uso de tres cores primarias que, mesturadas oportunamente entre si na síntese de cor aditiva, permiten obter todas as cores que o ollo humano pode percibir.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A Ocupación da Araucania, territorio que se atopa entre os ríos Biobío polo norte e Toltén polo sur, foi unha invasión militar, colonización e anexión dos territorios dos indíxenas mapuches que iniciou Chile en 1861, durante a presidencia de José Joaquín Pérez, e que se prolongou até 1883, baixo o control de Domingo Santa María.
Bursa, coñecida historicamente como Prusa (en grego antigo Προύσα) e, posteriormente, como Brusa, é unha cidade do noroeste da parte asiática de Turquía e capital da Provincia de Bursa, na rexión (bölge) do Mármara (Marmara Bölgesi). Moitas veces denomínase á cidade como Yeşil Bursa ("Bursa verde"), en referencia aos numerosos parques e xardíns do centro da cidade, así como aos bosques que se estenden por toda a rexión. Cerca da cidade álzase a montaña Uludağ, que conta cunha estación de esquí moi popular entre os habitantes.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.