Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos.
Para o movemento franciscano medieval, véxase franciscanos espirituais.Un espiritual (tradución da expresión inglesa spiritual song) ou espiritual negro (negro spiritual) é un tipo de canto cristián, que xurdiu a finais do século XVIII e se desenvolveu a comezos do XIX, nos Estados Unidos. Estes espirituais negros eran adaptacións populares dos himnos relixiosos protestantes, feitas por traballadores afroamericanos que xeralmente estaban escravizados ou discriminados.
Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces. Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns froitos secos (noces, castañas asadas).
Un Transformador Tesla é un tipo de transformador de descarga dirsuptiva, que recibe este nome polo seu inventor, Nikola Tesla. Os transformadores Tesla están compostos de circuítos eléctricos resonantes emparellados. Nikola Tesla experimentou cunha ampla variedade de bobinas e configuracións, de xeito que é complicado describir unha forma específica de construción que satisfaga os desexos daqueles que queiran sabelo todo dos transformadores "Tesla".
Unha estación de autobuses, tamén denominada terminal de autobuses, é unha estrutura de correspondencia entre varias liñas de transporte público que circulan por estradas (autobuses ou trolebuses), na que se verifican as saídas de vehículos a diferentes cidades ou vilas, así como as entradas doutros procedentes dos mesmos lugares. Poden implicar redes de diferentes tamaños, e así, poden ser urbanas/suburbanas, rexionais, interrexionais ou incluso internacionais. Cando proporcionan unha correspondencia cun modo de transporte público diferente (ferrocarril, metro, tranvía), cualifícase como estación intermodal.
Un cómic ou historieta é unha forma de arte visual que por medio de viñetas ilustradas forma unha historia secuenciada visualmente. Coñécese por tira cómica a historieta breve dunha única liña horizontal que se publica en xornais e revistas e só constitúe banda deseñada cando ademais de debuxos conta con texto integrado nas viñetas. Profundando un pouco máis, pódese dicir que normalmente a banda deseñada, que se basea na síntese da linguaxe verbal, icónica e secuencial é un medio principalmente narrativo, aínda que é posible encontrármonos algunhas ligadas coa descrición, ensaio ou mesmo poesía (líricas).
A Hundred Million Suns é o quinto álbum de estudio da banda de rock alternativo Snow Patrol, publicado o 24 de outubro de 2008 en Irlanda, o 25 en Australia, o 27 no resto de Europa e o 28 nos Estados Unidos a través dos selos Fiction Records e Geffen Records. O disco foi producido por Jacknife Lee, que anteriormente traballara en álbums for Bloc Party, R.E.M. e U2. As cancións graváronse durante o verán de 2008 nos Hansa Studios de Berlín e nos Grouse Lodge Studios en Irlanda.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
Penicillium é un xénero de fungos ascomicetos que forma parte do micobioma de moitas especies e ten grande importancia no ambiente natural, así como na descomposición de alimentos e na produción de alimentos e fármacos. Algúns membros deste xénero producen a penicilina, unha molécula que se usa como antibiótico, que mata ou detén o crecemento de certos tipos de bacterias. Outras especies utilízanse na produción de queixos.
Arma branca é aquela arma ou ferramenta que se caracteriza pola súa capacidade de cortar, ferir ou punzar mediante bordos afiados ou puntiagudos. Caracterízase así mesmo por empuñarse en combate, e, por tanto, úsase en pelexa corpo a corpo, aínda que algunha pode ser unha arma arreboladiza. A diferenza das armas de fogo, unha arma branca non require ser cargada nin con munición nin con propelente.
TEΧ, escrito como TeX cando se escribe en texto plano, é un sistema de tipografía escrito por Donald E. Knuth, moi popular no ambiente académico, especialmente entre as comunidades de matemáticos, físicos e informáticos. Conseguiu substituír con fartura a troff, outro programa de tipografía habitual en Unix. TeX considérase xeralmente a mellor forma de compor fórmulas matemáticas complexas pero, especialmente na forma de LaTeX e outros paquetes de macros, pódese usar para outras tarefas de composición.
O nominativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de suxeito, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de Atributo. Proceden dun nominativo latino os vocábulos DĚUS > Deus, RES > res, magĬster> mestre, IESUS > Xesús, SARTOR > prov. sastre> xastre, CURCŬLIO> gorgollo, CAROLUS > Carlos, JUDEX> xuíz, e voces cultas como cráter, prefacio, crise, tórax,...
Chlamydia é un xénero de bacterias que son parasitas intracelulares obrigadas. As infeccións por Chlamydia están entre as enfermidades bacterianas de transmisión sexual máis comúns en humanos, e son unha causa de cegueiras de orixe infecciosa en todo o mundo.Aínda que antes o xénero comprendía máis especies, en 1999 xa só se aceptaban tres especies de Chlamydia, que son: Chlamydia trachomatis (patóxeno humano), Chlamydia suis (afecta só a porcos), e Chlamydia muridarum (afecta só a ratos e hámsteres). Outras especies que clasicamente se consideraban do xénero Chlamydia mais que despois foron cambiadas de xénero son C. pneumoniae, C. psittaci e C. pecorum.
O vello e o mar (na versión orixinal en inglés: The Old Man and the Sea) é unha novela escrita polo autor estadounidense Ernest Hemingway en 1951 en Cuba, que foi publicada en 1952. Trátase do maior traballo de ficción producido por Hemingway publicado durante a súa vida. É unha das súas obras máis sonadas e céntrase na personaxe de Santiago, un envellecido pescador que loita cun xigantesco peixe vela na corrente do Golfo.
Lavaux (Pronunciación francesa: [lavo]) é unha rexión do cantón de Vaud en Suíza, no distrito de Lavaux- Oron. Lavaux consta de 830 hectáreas de viñedos en socalcos que se estenden por uns 30 km ao longo da beira norte do Lago de Xenebra, orientada ao sur. Aínda que hai algunha evidencia de que a vide se cultivaba na zona na época romana, os socalcos reais remóntanse ao século XI, cando os mosteiros beneditinos e cistercienses controlaban a zona.
O río Nansa está situado no norte de España, na Cornixa Cantábrica, discorre pola comunidade autónoma de Cantabria e desemboca no Mar Cantábrico. Nace ao pé de Peña Labra na súa vertente setentrional, a uns 1.800 metros de altura. Discorre cara ao norte en dirección ao mar e nuns 7 quilómetros que hai ata Puente Pumar, localidade do val de Polaciones, recibe varios afluentes que veñen de Peña Sagra, Collado de la Cruz de Cabezuela e Puerto de Sejos.
Gianni Versace, naceu en Reggio de Calabria (Italia) o 2 de decembro de 1946 e finado en Miami (Florida) o 15 de xullo de 1997, foi un deseñador italiano, fundador de Versace. Creou vestidos para obras de teatro e películas, foi un dos primeiros deseñadores capaces de relacionar a moda coa industria musical ao ser amigo de celebridades como Eric Clapton, Diana de Gales, Naomi Campbell, Duran Duran, Madonna, Cher, Elton John, Sting, entre moitas outras. Era abertamente homosexual e era unha figura permanente na escena internacional da moda xunto coa súa parella Antonio D'Amico.
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes , destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a internet de forma pública o 29 de agosto de 2005. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon.
O suicidio é o acto de quitar a propia vida. Os factores de risco inclúen trastornos mentais como depresión, trastorno bipolar, esquizofrenia, trastorno de personalidade e abuso de substancias, incluíndo alcoholismo e uso de benzodiacepinas. Outros suicidios resultan de actos impulsivos debido ao estrés e/ou dificultades económicas, problemas con relacións interpersonales ou bullying.
"Parabéns para ti!" é unha canción popular orixinalmente en lingua inglesa e coñecida habitualmente nesa lingua como Happy Birthday to You ou simplemente Happy Birthday, adoita cantarse nas festas de aniversario. Compúxerona en 1893 as irmás Patty Hill e Mildred Hill, mestras de profesión co título Good Morning to All. A letra da canción foi rexistrada con copyright en 1935.
Ruatapu é na tradición oral de Aitutaki (Illas Cook), un dos antecesores fundadores da illa, e que deu orixe aos catro arikis locais: Vairuarangi Ariki, Tamatoa Ariki, Teurukura Ariki e Manarangi Ariki. A súa migración veu precedida pola de Ru e a de Te Erui, existen varias versións da súa historia, ás veces contraditorias entre si pero que comparten unha serie de elementos comúns e unha coherencia global.
Estocolmo (en lingua sueca Stockholm ) é a capital e cidade máis poboada de Suecia, administrativamente unha municipalidade do Condado de Estocolmo. Cunha poboación en 2017 de 965 232 habitantes (2 352 549 na súa área metropolitana, arredor do 20% da poboación de Suecia), é a cidade máis grande dos países nórdicos. É a cidade máis importante do país dende o século XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cun arquipélago do mar Báltico en fronte e o lago Mälaren ás costas.
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.
Paramount Pictures Corporation é unha empresa de produción e distribución de cine e televisión clasificado constantemente como un dos estudios máis grandes e con maior recadación. Paramount forma parte da Paramount Global e foi creado na década de 1910 co inicio da historia do cine, xunto con outros estudos importantes como 20th Century Fox, United Artists, Warner Bros, MGM, Columbia Pictures e RKO. Durante a década de 1930 esta política de estudos consolidouse e iso significou o auxe do cine estadounidense. Paramount decidiu neste momento glorioso polas superproducións históricas de Cecil B. DeMille como The Sign of the Cross (1932) e Cleopatra (1934), pola alta comedia representada por Ernst Lubitsch (Trouble in Paradise, 1932; The Merry Widow, 1934) e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian (City Streets, 1931; Dr.
Angela Dorothea Merkel, nada en Hamburgo o 17 de xullo de 1954, é unha política alemá, que ocupou o cargo de chanceleresa de Alemaña entre 2005 e 2021. Dirixiu unha coalición formada polo seu partido, a CDU (Unión Democrática Cristiá), e a CSU (Unión Social Cristiá), xunto co SPD (Partido Socialdemócrata de Alemaña).
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema. Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes, moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas.
Leopoldo I (Leopoldo Xurxo Cristiano Federico de Saxe-Coburgo-Saalfeld, despois Saxonia-Coburgo e Gotha; 16 de decembro de 1790 - 10 de decembro de 1865) foi un príncipe de Saxe-Coburgo e Gotha, e foi o primeiro rei dos belgas, título que detentou do 21 de xullo de 1831 ata a súa morte. Foi o fundador da liñaxe belga da Casa de Saxe-Coburgo e Gotha. Entre os seus fillos, estaban Leopoldo II de Bélxica e a emperatriz Carlota de México.
Partido Comunista da Unión Soviética
O Partido Comunista da Unión Soviética (en ruso Коммунисти́ческая па́ртия Сове́тского Сою́за, КПСС) foi o nome usado polo partido bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia de 1952 a 1991, aínda que a expresión Partido Comunista pertencese ao nome do partido desde 1918, cando os bolxeviques se tornaron o Partido Comunista de Todas as Rusias. En 1925 pasou a chamarse Partido Comunista da Unión (Всесоюзная коммунистическая партия (большевиков), ВКП(б)). En 1934 tornouse o Partido Comunista da Unión Soviética (Bolxeviques).
O voo 498 de Crossair era un servizo dende Zúric, Suíza e Dresden, Alemaña, que se esnafrou dous minutos despois de engalar no municipio suízo de Niederhasli o 10 de xaneiro de 2000. Os sete pasaxeiros e tres tripulantes a bordo do Saab 340B morreron no impacto. Foi o primeiro accidente con vítimas mortais da aeroliña rexional suíza Crossair nos seus 25 anos de historia.
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Os sideróforos (do grego: "portador de ferro") son pequenos compostos con alta afinidade para quelar o ferro que segregan microorganismos como bacterias e fungos. Axudan a eses organismos a acumular ferro. Aínda que agora se acepta unha crecente gama de funcións para eles, os sideróforos están entre os axentes con capacidade de unirse ao Fe3+ máis fortes (con maior afinidade) coñecidos.
O 404 é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado".
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
A síndrome de Patau, tamén coñecida como trisomía no par 13, trisomía D ou síndrome de Bartholin-Patau, é unha doenza xenética resultado da presenza dun cromosoma 13 suplementario. Esta síndrome é a trisomía reportada menos frecuente na especie humana. Foi observada por primeira vez por Thomas Bartholin en 1657, pero non foi ata 1960 cando a descubriu o doutor Klaus Patau.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa orixinal, dobrada ou subtitulada.
Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu numerosos dispositivos en campos como a xeración de enerxía eléctrica, a comunicación de masas, a gravación de sons e a cinematografía. Estes inventos, que inclúen o fonógrafo, a cámara cinematográfica e as primeiras versións da lámpada eléctrica, tiveron un impacto xeneralizado no mundo industrializado moderno. Estableceu o primeiro laboratorio de investigación industrial.
Un socalco ou bancal é un termo agrícola referido á técnica de conter un determinado terreo de cultivo cun valado de pedra nun terreo moi pendente. A técnica agrícola denomínase terraceamento, e é amplamente utilizada en Galicia por ser un recurso apropiado para terreos con relevo irregular. Unha das zonas con socalcos de máis sona do País son os socalcos do Sil, onde son empregadas para o cultivo da vide.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Biblia de Kennicott, ás veces denominada primeira Biblia de Kennicott, é unha copia manuscrita da Biblia hebrea escrita na cidade da Coruña en 1476, sendo un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que se coñecen en lingua hebrea; está considerado como unha das obras cume da ilustración medieval, e mesmo o manuscrito sefardí máis luxosamente ilustrado do século XV. O manuscrito foi redactado na cidade da Coruña polo calígrafo Moisés Ibn Zabarah e iluminado por Joseph Ibn Hayyim e foi descuberto no século XVIII. É considerado por algúns, como o historiador Carlos Barros, o manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega.O manuscrito recibe o seu nome de Benjamin Kennicott, un cóengo da catedral da Igrexa de Cristo de Oxford (Inglaterra), que mercou o manuscrito á Biblioteca Radcliffe, de onde foi transferido á Biblioteca Bodleian en 1872.Un dos aspectos máis destacados do exemplar é a estreita colaboración que amosa entre o autor do texto e o iluminador, algo poucas veces conseguido neste tipo de traballo, segundo o historiador da cultura xudía Cecil Roth.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
After: Amor infinito (en inglés: After Ever Happy; nalgúns países estreouse como After Ever After ou After Forever) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Castille Landon a partir dun guión de Sharon Soboil. Baséase na novela homónima de 2015 de Anna Todd, e é a secuela de After We Fell, sendo o cuarto filme da serie After. Está protagonizado por Josephine Langford e Hero Fiennes Tiffin, que retoman os seus papeis como Tessa Young e Hardin Scott respectivamente.Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 1 de xaneiro de 2023 a través da plataforma de Amazon Prime Video.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Rally Pazo Tizón, inicialmente coñecido como Rally do Lacón, é unha competición de rally que se disputa na localidade do Carballiño e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. Foi unha proba célebre na década dos anos 70 e 80 e disputouse de maneira discontinua dende o ano 1998 con edicións nos anos 2001, 2006 e a cancelada do 2012. Foi organizado pola Escudería Carballiño, a Escudería Bangauto (2006), a Escudería A.G.E. Motorsport (2021) e dende 2022 pola Escudería JLB Motorsport cando recibe ademáis o novo nome de rally Pazo Tizón.Ao longo da súa historia participaron destacados pilotos galegos que venceron en varias ocasións: Carlos Piñeiro, «Peitos», Germán Castrillón, Manuel Senra, Javier Paz ou Alberto Meira entre outros.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Memory é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Martin Campbell a partir dun guión de Dario Scardapane. Baséase na novela De Zaak Alzheimer de Jef Geeraerts e é un remake do filme belga De Zaak Alzheimer. Está protagonizado por Liam Neeson no papel dun sicario melancólico con demencia precoz que debe fuxir despois de declinar un contrato cunha moza nova; Guy Pearce, Monica Bellucci, Harold Torres, Taj Atwal e Ray Fearon forman o resto do elenco.Memory estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 29 de abril de 2022 a través de Open Road Films, e recibiu valoracións negativas por parte da crítica.