Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Gabón (en francés: Gabon), oficialmente República Gabonesa (en francés: République Gabonaise) é un país da África limitado ó norte co enclave de Mbini, da Guinea Ecuatorial e o Camerún; ó leste e sur coa República do Congo (tamén chamada Congo-Brazaville para distinguila da República Democrática do Congo ou Congo-Kinshasa), e ó oeste co Océano Atlántico. Conseguiu a independencia de Francia en 1960. Dende 1967 ata o 7 de xuño de 2009 o seu presidente foi El Hadj Omar Bongo Ondimba.
Fidel Alejandro Castro Ruz ( son), nado en Birán o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008. Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica. Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario.
O termo igrexa, da voz grega ἐκκλησία (tr. ekklesia), a través do latín ecclesia, co significado de "asemblea", pode referirse a: Igrexa, conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas do cristianismo, organizadas de xeito xerárquico: A Igrexa primitiva, dos primeiros tempos do cristianismo. O concepto de verdadeira e única Igrexa, co que se identifican algunhas das igrexas cristiás máis importantes.
Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II. A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento.
Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann).
O doutoramento é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento: En investigación First-professional (EUA soamente) HonoríficoOs primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano.
Os cefalaspidomorfos (Cephalaspidomorphi) son un grupo de peixes sen mandíbulas (ágnatos). A maioría dos seus membros están extintos; porén, as lampreas actuais son ás veces consideradas cefalaspidomorfos, co que o seu rango cronolóxico se estendería desde o Silúrico e o Devoniano até os nosos días.
Boris Fedorovich Godunov (en ruso: Борис Фёдорович Годунов), nado en 1551 e finado o 23 de abril de 1605, foi un nobre ruso, rexente de facto de Rusia desde 1584 ata 1598 e posteriormente converteuse no primeiro tsar non pertencente a dinastía Rurik, exercendo o poder desde 1598 ata a súa morte no 1605.
Unha porbaixa ou un mergullo é un tipo de multiplicación vexetativa que consiste en dobrar a póla dunha planta nai até enterrala no solo. A parte enterrada irá gañando raíces e cando estea enraizada poderá separarse da planta nai, obténdose, así, unha planta independente. Especificando, o mergullo consiste en facer un corte parcial nunha póla, dobrala, prendela no chan cunha grampa de metal e cubrila de terra.
Os Tres Romances Galeses (Y Tair Rhamant en galés) son tres contos asociados cos Mabinogion. Son versións de contos artúricos que tamén aparecen na obra de Chrétien de Troyes. Os críticos teñen debatido se os Romances Galeses están baseados nos poemas de Chrétien ou se derivan dun orixinal en común.
Gran Premio de Hungría de 1994
O Gran Premio de Hungría de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 14 de agosto de 1994, no circuíto de Hungaroring. Foi a décima carreira da tempada de 1994. A carreira foi o décimo Gran Premio de Hungría e a novena en Hungaroring.
Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e finado o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.
Halestorm é unha banda de rock estadounidense orixinaria de Red Lion (Pensilvania). O seu primeiro álbum debut foi Halestorm en 2009 coa discográfica Atlantic Records. Os seus membros principais son os irmáns Lzzy (voz e guitarra) e Arejay Hale (batería), e xunto a estes están Joe Hottinger (guitarra e voz secundaria) e Josh Smith (baixo).
O Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte é a institución lexislativa suprema no Reino Unido e nos Territorios Británicos de Ultramar e goza de soberanía parlamentaria). Á cabeza está o Soberano. É bicameral, incluíndo unha Cámara alta, chamada Cámara dos lords, e unha Cámara baixa, chamada Cámara dos Comúns do Reino Unido.
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
O airsoft é un xogo de guerra xurdido no Xapón nos anos oitenta que pronto se estendeu aos Estados Unidos e posteriormente a España e o resto de países europeos. O nome do airsoft vén do inglés e traduciríase como "aire suave". Isto fai referencia á forma na que a munición é disparada desde unha marcadora (paintball) ou unha réplica de airsoft.
Saheed Adebayo Akinfenwa, nado en Islington o 10 de maio de 1982, é un xogador de fútbol inglés de orixe nixeriana, máis coñecido simplemente como Adebayo Akinfenwa e alcumado "The Beast". O seu club dende 2016 é o Wycombe Wanderers, no cal xoga de dianteiro. É coñecido pola súa forza física e gran peso.
A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City. Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.
Miss Universo é un meirande título de beleza feminina. Tamén se coñece así o certame que o confire e que é realizado anualmente, xulgando a beleza integral, a seguridade, a intelixencia, a elegancia e a pose de candidatas provenientes de diferentes partes do mundo. O obxectivo do concurso é coroar con este título a muller máis bela do universo.
U2 [juː tuː] é unha banda musical irlandesa liderada polo dublinés Bono (cantante) e The Edge (guitarra). Vén sendo unha das bandas de rock máis populares dende mediados dos anos 80, e son coñecidos tamén polas súas campañas humanitarias. Entre os seus discos máis destacados están The Joshua Tree (1987) e Achtung Baby (1991).
Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.
Salma Celeste Paralluelo Ayingono, nada en Zaragoza o 13 de novembro de 2003, filla de pai español de orixe catalá e nai ecuatoguineana, é unha futbolista e exvelocista española que xoga como extremo esquerda no Fútbol Club Barcelona da Liga F (liga feminina) e na selección feminina de fútbol de España. Foi campioa feminina Sub-17 e sub-20 da UEFA. a dúas veces medalla de ouro no Festival Olímpico da Xuventude Europea en atletismo.
O Crocodylus moreletii, xeralmente coñecido como crocodilo de Morelet ou crocodilo mexicano, é unha especie de crocodilo de modesto tamaño que se encontra só en hábitats de auga doce de rexións atlánticas de México, Belize e Guatemala. Xeralmente crece ata os 3 m de lonxitude. A situación da especie califícase como "pouco preocupante".
En embrioloxía, a segmentación é a división das células nas etapas iniciais do desenvolvemento embrionario, despois da fecundación. Os cigotos de moitas especies experimentan ciclos celulares rápidos sen que haxa á vez un crecemento global significativo do volume do embrión, producindo un conxunto de células do mesmo tipo que as do cigoto orixinal. As diferentes células derivadas desta segmentación ou clivaxe denomínanse blastómeros e forman unha masa compacta chamada mórula.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Luisa Victoria de Fátima Franco Iglesias, coñecida como Lis Franco, nada en Caracas en 1965, é unha exfutbolista, xornalista e produtora audiovisual galega. Histórica dianteira do Karbo Deportivo, no que entrou sendo nena e co que conquistou todos os títulos da historia do club, anotando ademais os goles decisivos nas finais da Copa da Raíña de 1981 e 1984. Formou parte da primeira selección española oficial.
En bioloxía molecular, o anel contráctil de actomiosina é unha prominente estrutura que se forma nas células durante a citocinese e contribúe ao estrangulamento da célula. Fórmase perpendicularmente ao eixe do aparato do fuso contra o final da telofase, na cal as cromátides irmás se separan cara a lados opostos do fuso, onde se formarán os novos núcleos (Figura 1). A formación do anel de actomiosina segue unha secuencia ordenada de eventos: identificación do sitio de división activo, formación do anel, constrición do anel e desensamblaxe do anel.
Leborei, Cerponzóns, Pontevedra
Leborei é un lugar da parroquia de Cerponzóns, no concello de Pontevedra, na comarca homónima. Segundo o IGE, en 2022 tiña 91 habitantes (48 homes e 43 mulleres).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Chámase lúa azul (tradución do inglés blue moon) á segunda lúa chea ocorrida durante un mesmo mes do calendario gregoriano (o usado habitualmente en Occidente), o que acontece aproximadamente cada tres anos. Orixinalmente o termo referíase ao cuarto plenilunio dunha estación calquera do ano. O fenómeno «lúa azul» cobrou popularidade cando se produciu dúas veces no mesmo ano (xaneiro e marzo) de 1999.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Santa María de Caritel é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Está situada nas faldras da Serra do Suído e na ruta que conecta a costa coas comarcas do interior ourensán. Segundo o IGE, en 2022 tiña 243 habitantes (113 homes e 130 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 385 habitantes.
Edgar Bertram Mackennal nado en Melbourne, Australia, o 12 de xuño de 1863 e finado en Torquay, Devon, Inglaterra, foi un escultor e medallista australiano coñecido polos seus deseños de moedas e selos postais británicos e dos seus territorios coa efixie do rei Xurxo V. Mackennal foi o artista australiano de maior recoñecemento internacional do século XIX e de principios do século XX.Foi un artista próximo á casa real británica e realizou estatuas de Vitoria, Eduardo VII e Xurxo V, tanto en Inglaterra como en Australia e na India Británica. Foi condecorado por Xurxo V como cabaleiro da Real Orde Vitoriana.
A cabra galega é unha raza de cabras de orixe galega. No ano 2017, o número total de exemplares era de 1013 (778 femias e 62 machos) distribuídos en 59 explotacións gandeiras. Son animais moi adaptados ó medio e, segundo o Invesaga (Investigación en Sanidade Animal de Galicia) presentan máis resistencia ás infeccións que outras razas caprinas, como o parasito do verme hepático.
Iosif Vissarionovich Stalin (en ruso Иосиф Виссарионович Сталин; nado Ioseb Besarionis je J̌uḡašvili, en xeorxiano: იოსებ ბესარიონის ძე ჯუღაშვილი, AFI: [iɔsɛb bɛsariɔnis dze dʒuɣaʃvili]), nado en Gori (Xeorxia) o 21 de decembro de 1879 e finado en Moscova o 5 de marzo de 1953, foi un político e revolucionario marxista-leninista soviético, segundo líder da Unión Soviética. Tamén foi coñecido coma Koba (nome dun heroe popular de Xeorxia) e empregou varios pseudónimos: David, Nijeradzé, Chijikov, Ivanóvich, ata adoptar o de Stalin que usou despois da Conferencia Bolxevique de Tammerfors (Finlandia). O nome Stalin deriva da palabra rusa stal (aceiro) co mesmo sufixo posesivo persoal -in que tamén empregara o seu predecesor Lenin.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O termo lagosta pode referirse a: calquera das especies de crustáceos decápodos da familia dos palinúridos, como, por exemplo, a lagosta propiamente dita, ou lagosta europea a lagosta moura ou a lagosta verde. calquera das especies de insectos da orde dos ortópteros pertencentes á familia dos acrídidos.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A focomelia ou síndrome de Roberts é unha anomalía conxénita do desenvolvemento caracterizada pola ausencia da parte proximal dun ou ámbolos dous membros superiores ou inferiores o que impide a formación normal de brazos e pernas. Caracterízase pola aproximación ou acurtamento das extremidades do feto. Ás veces, os ósos longos están ausentes, e as mans e os pés rudimentarios están unidos ao tronco por ósos pequenos e de forma irregular.