Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962. Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.
Circuíto de Barcelona-Cataluña
O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten un aforamento de 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP. Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo. O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña.
Patrimonio da Humanidade en Namibia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
As lúas de Marte son dúas: a lúa que recibe o nome Fobos e outra denominada Deimos. Ambas as dúas son dunha forma moi irregular e crese que proveñen do cinto de asteroides. Os satélites de Marte foron descubertos polo astrónomo estadounidense Asaph Hall en 1877, e foi el quen lles puxo estes nomes, dos fillos do deus da guerra grego, Ares, que para os romanos era Marte.
O ácido pristánico (ácido 2,6,10,14-tetrametilpentadecanoico) é un ácido terpenoide presente en concentracións micromolares no plasma sanguíneo de individuos sans. Tamén se encontra en lípidos de moitas procedencias como os de esponxas de auga doce, krill, miñocas, baleas, graxas do leite humano, graxas de depósito bovinas, graxas de manteiga ou petróleo de California. Xeralmente está presente en combinación co ácido fitánico.
Os corsos (en corso e lígur: corsi; en francés: corses) son o pobo nativo e o grupo étnico orixinario de Córsega, unha illa mediterránea de Francia. Córsega ten unha poboación de 322 120 habitantes (estimación de 2013). Segundo o censo de 2011, 56,3% dos habitantes de Córsega eran nativos da illa, o 28,6% eran da Francia continental, o 0,3% eran nativos da Francia de ultramar, e o 14,8% eran nativos doutros países.
O Republic F-105 Thunderchief foi un cazabombardeiro supersónico usado pola Forza Aérea dos Estados Unidos. Con capacidade de acadar velocidades de Mach 2, o F-105 realizou a meirande parte dos ataques de bombardeo durante os primeiros anos da Guerra do Vietnam; era o único avión estadounidense en ser retirado do combate debido ás súas altas perdas. Orixinalmente foi deseñado como un avión de ataque nuclear monopraza, e posteriormente foi desenvolvida unha versión bipraza Wild Weasel para a supresión das defensas aéreas inimigas.
Federación Internacional da Industria Fonográfica
Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, do inglés International Federation of the Phonographic Industry) é a organización que representa os intereses da industria da gravación por todo o mundo. É unha organización sen animos de lucro por parte dos seus membros rexistrada en Suíza. A súa secretaría está situada en Londres, Reino Unido.
O trastuzumab (comercializado coa marca Herceptin® por Roche) é un anticorpo monoclonal humanizado semellante ós anticorpos que produce o organismo de forma natural para protexerse das infeccións por virus e bacterias. Os anticorpos monoclonais son proteínas que recoñecen especificamente e únense a outras proteínas únicas do organismo chamadas antíxenos. O trastuzumab únese selectivamente ó receptor de tipo 2 do factor de crecemento epidérmico humano (HER2).
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
Unha ofiolita é unha sección da codia oceánica terrestre e de capas superiores do manto subxacentes que foron elevadas e quedaron expostas por riba do nivel do mar e xeralmente situadas sobre rochas da codia continental. Estes conxuntos de rochas e as súas secuencias denomínase tamén secuencias ofiolíticas ou complexos ofiolíticos. A palabra procede do grego ophio e lithos e significa 'rocha serpente', pola cor verde que teñen moitas ofiolitas, con debuxos ás veces parecidos aos da pel das serpes.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
Entertainment Software Rating Board
Entertainment Software Rating Board (ESRB) é un sistema de clasificación de contido dos videoxogos estadounidense.Foi establecido en 1994 pola Entertainment Software Association (ESA), a anteriormente chamada Interactive Digital Software Association (IDSA). En 2009, asignara 19.130 categorías a xogos enviados por máis de 350 distribuidoras de videoxogos. ESRB realiza de forma independente clasificacións, entregando lineamentos e os principios de privacidade para a industria dos videoxogos.
A balea azul, tamén coñecida como rorcual azul, Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758), é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos. É o maior animal que existe na Terra; algúns exemplares acadaron lonxitudes de 33 m e pesos de 190 t, con tamaños lixeiramente superiores nas femias que nos machos. Estes exemplares de tan gran tamaño, observados na década de 1930, non sobreviviron á caza do home.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
Sankt Gallen ( Sankt Gallen en alemán, Saint-Gall en francés, San Gallo en italiano e Sogn Gagl en romanche) é unha cidade suíza, capital do distrito e do cantón de Sankt Gallen. Segundo datos do 2016 conta con 75.481 habitantes, o que a converte na sétima cidade do país. A cidade é o centro económico e cultural da rexión leste de Suíza.
No Man's Sky é un videoxogo de acción e supervivencia desenvolvido e publicado polo estudio independente Hello Games para PlayStation 4 e Microsoft Windows. O xogo foi lanzado internacinalmente en agosto de 2016. O modo de xogo de No Man's Sky está baseado en catro alicerces —exploración, supervivencia, loita e comercio.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
Harry Potter and the Cursed Child
Harry Potter and the Cursed Child é unha obra de teatro en dúas partes escrita por Jack Thorne e baseada nunha historia orixinal de Thorne, J. K. Rowling e John Tiffany. As representacións preliminares da obra comezaron no Palace Theatre, Londres o 7 de xuño de 2016, e foi estreada oficialmente o 30 de xullo de 2016. Como a primeira nova historia en máis dunha década sobre o mundo de Harry Potter, a publicación do guión, que non foi unha novelización da obra, foi publicada o 18 de novembro de 2015 e converteuse na oitava historia oficial de Harry Potter.
Ma Qing Hua (Chinés simple: 马青骅; Chinés tradicional: 馬青驊), nado en Xangai o 25 de decembro de 1987, é un piloto chinés que actualmente corre para ao equipo HRT F1 Team como compoñente do programa de novos pilotos xunto ao español Dani Clos. No seu palmarés destaca o China Touring Car Championship, conseguido no ano 2011. Debuta ao volante dun Fórmula 1 nos tests para novos pilotos de Silverstone 2012, sendo o primeiro chinés que pilota un monopraza da máxima categoría.
A Dinastía Joseon (en coreano: 조선, 朝鮮; tamén Chosŏn, Choson, Chosun, Cho-sen) foi un reino coreano fundado por Taejo Yi Seong-gye que durou aproximadamente cinco séculos, dende xullo de 1392 até outubro de 1897. Foi fundado despois da caída da dinastía Goryeo no que hoxe é actual cidade de Kaesong. As fronteiras do norte foron expandidas até os límites naturais dos ríos Amnok e Duman despois da subxugación dos jurchens.
Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Barely Legal é o álbum de estrea da banda sueca The Hives, editado o 22 de setembro de 1997. O título do álbum fai referencia á súa idade, xa que todos os membros da banda menos un (o guitarrista Nicholaus Arson) acabaran de cumprir recentemente os 18 anos, a mínima idade que pode figurar legalmente nunha película pornográfica.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si. O termo "galaxia" provén do latín galaxĭas, que deriva do grego galaxías γαλαξίας, que significa literalmente 'leitoso', en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas, con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia.
Vladimir Ivanovich Vernadskii (ruso: Влади́мир Ива́нович Верна́дский; ucraíno: Володи́мир Іва́нович Верна́дський), nado en San Petersburgo o 28 de febreiroxul./ 12 de marzo de 1863greg. e finado en Moscova o 6 de xaneiro de 1945, foi mineraloxista e xeoquímico ruso, ucraíno, e soviético, considerado un dos fundadores da xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía, e fundador da Academia Ucraína das Ciencias. É coñecido sobre todo polo seu libro de 1926 The Biosphere en que sen pretendelo contribuíu a popularizar o vocábulo biosfera cuñado por Eduard Suess en 1885, hipotetizando que vida é a forza xeolóxica que da forma á Terra.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Fidel Alejandro Castro Ruz ( son), nado en Birán o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008. Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ramón Nonato, nado en Portell (comarca da Segarra, pertencente á diocese de Solsona) no ano 1204 e finado en Cardona en 1240, foi un relixioso mercedario, e un santo catalán da igrexa católica. O seu sobrenome Nonnatus (latín, "non nado") derívase do feito de que naceu por medio dunha cesárea, morrendo a súa nai no parto. É o santo patrón dos partos, parteiras, nenos e embarazadas.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Gabón (en francés: Gabon), oficialmente República Gabonesa (en francés: République Gabonaise) é un país da África limitado ó norte co enclave de Mbini, da Guinea Ecuatorial e o Camerún; ó leste e sur coa República do Congo (tamén chamada Congo-Brazaville para distinguila da República Democrática do Congo ou Congo-Kinshasa), e ó oeste co Océano Atlántico. Conseguiu a independencia de Francia en 1960. Dende 1967 ata o 7 de xuño de 2009 o seu presidente foi El Hadj Omar Bongo Ondimba.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.515.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O ciclo Diesel ou ciclo do motor diésel é un ciclo teórico que describe motores de combustión interna con acendido por compresión, no que a adición de calor se produce a presión constante, a diferenza do ciclo Otto, onde se fai a volume constante. Na imaxe vese o diagrama P-v do ciclo diesel ideal; onde P é a presión e v é o volume específico. O ciclo diesel ideal consta dos seguinte pasos: De 1 a 2 compresión isoentrópica (azul) De 2 a 3 quentamento a presión constante reversíbel (vermello) De 3 a 4 expansión isentrópica (marelo) De 4 a 1 arrefriamento reversíbel a volume constante (verde) O traballo en (Win) realizao o pistón comprimindo o fluído; A calor (Qin) aportaa a combustión do fuel; O traballo en (Wout) efectuao o fluído ao se expandir, producindo un torque; A calor (Qout) evacuase co ar de exhaustión.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
A calor é unha transmisión de enerxía dun sistema a outro como consecuencia dunha diferenza de temperatura entre ambos sistemas. Este fluxo sempre ocorre desde o corpo de maior temperatura cara ao corpo de menor temperatura, existindo transferencia de calor até que ambos corpos se encontren en equilibrio térmico. A enerxía pode ser transferida por diferentes mecanismos, entre os que cabe destacar a radiación, a condución e a convección, aínda que na maioría dos procesos reais, todos se encontran presentes en maior ou menor grao.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O ciclo Stirling é un ciclo termodinámico do motor Stirling que busca obter o máximo rendemento. É semellante ao ciclo de Sadi Carnot. A diferenza da máquina de Carnot, a cal logra a maior eficiencia teórica, esta máquina está constituída por dúas isotermas, dúas isocoras e un sistema de rexeneración entre as isocoras.
Filgueiras, Guillamil, Rairiz de Veiga
Filgueiras é un lugar da parroquia de Guillamil, no concello ourensán de Rairiz de Veiga. Segundo o IGE do 2008 tiña 32 habitantes deles 17 homes e 15 eran mulleres, o que supón que non variou a poboación desde 2007.
A Star Is Born (filme de 2018)
A Star is Born é un filme estadounidense de 2018 producido e dirixido por Bradley Cooper (no seu debut como director) e escrito por Cooper, Eric Roth e Will Fetters. Está protagonizado polo propio Cooper, Lady Gaga, Dave Chappelle, Andrew Dice Clay e Sam Elliott, e conta a historia dun músico bebedor (Cooper) que se namora dunha cantante nova (Gaga). É o terceiro remake do filme orixinal de 1937, despois dos musicais de 1954 e 1976.