Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Cristina Castaño Gómez, nada en Vilalba o 30 de novembro de 1978, é unha actriz galega. Fíxose coñecida en Galicia polo seu papel de Paula Barreiro na serie de éxito Pratos combinados e no resto de España polos seus traballos en Al salir de clase e La que se avecina. É irmá do tamén actor Nacho Castaño e sobriña do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
A harmónica ou filharmónica, é un instrumento de vento empregado en todo o mundo en moitos xéneros musicais, especialmente no blues, na música folk estadounidense, na música clásica, no jazz, na música country e no rock. A harmónica tócase empregando a boca (beizos e lingua) para dirixir o aire dentro ou fóra dun ou máis buratos da pez. Tras cada burato hai unha cámara que contén polo menos unha palleta.
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt.
Lestrobe é un lugar da parroquia de Dodro no concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 641 habitantes (312 homes e 329 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 665 habitantes. No pazo da Hermida, declarado Ben de Interese Cultural, asinouse o 26 de marzo de 1930 o pacto de Lestrobe.
American Horror Stories é unha serie estadounidense antolóxica de terror creada por Ryan Murphy e Brad Falchuk para FX on Hulu. Estreouse o 15 de xullo de 2021, e a serie serve como terceiro título da franquía American Story, e un spin-off de American Horror Story. Entre o elenco que regresou da serie orixinal están Matt Bomer, Celia Finkelstein, Naomi Grossman, John Carroll Lynch, Charles Melton, Billie Lourd, Chad James Buchanan, Cody Fern, Dylan McDermott, Jamie Brewer, Denis O'Hare, Matt Lasky, Gabourey Sidibe, Max Greenfield, Austin Woods, Seth Gabel, Rebecca Dayan, Cameron Cowperthwaite, Spencer Neville e Teddy Sears.
Lamia textor é unha especie de escaravellos da subfamilia Lamiinae da familia dos cerambícidos. As súas larvas desenvólvense en salgueiros, raramente en bidueiros e chopos.Está distribuído por toda Europa occidental, excepto no extremo norte, tamén en Europa central e oriental, Siberia (encóntrase en territorios apropiados para as especies de plantas das que se alimenta, empezando desde a parte sur da tundra cara ao sur), Cáucaso, sur do Cáucaso (raro), Sakhalin, no norte e oeste de Casaquistán, Xapón, Corea e noroeste da China.O imago ten 15–32 mm de longo. O seu ovo é de 4,5–5 mm de lonxitude e 1,2–1.4 mm de diámetro.
O xentilicio é un adxectivo relativo, sobre todo, ó lugar de nacemento e, en menor medida, á liñaxe ou raza á que alguén pertence (estes serían etnónimos). En Galicia existe tradicionalmente unha tendencia ó uso de xentilicios hipocorísticos para entidades menores, non derivados do nome do lugar e si de características e alcumes, normalmente despectivos. Na actualidade, a linguaxe xornalística está a crear e inventalos para moitas pequenas poboacións galegas, con moi desigual calidade.
Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio. Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India.
Nunha primeira aproximación, pódese dicir que o índice de refracción (n) é unha magnitude física adimensional que relaciona a velocidade da luz nun medio (v) coa que ten no baleiro (c): n = c/vIsto é, o índice de refracción vén caracterizar a propagación dunha onda electromagnética nun medio material. Por isto está relacionado tamén coa permitividade eléctrica εr e a permeabilidade magnética μr mediante a expresión: n = ϵ r μ r {\displaystyle n={\sqrt {\epsilon _{r}\mu _{r}}}} É, daquela, un factor que dá conta da ralentización que sofre a luz, ou en xeral unha onda electromagnética nun medio. En medios non absorbentes, toma valores reais superiores ou iguais a 1 (caso do baleiro, e de xeito aproximado tamén de medios coma o aire).
O Embraer Lineage 1000 é unha variante do avión de pasaxeiros rexional Embraer 190, lanzado como reactor privado o 2 de maio do 2006. Fabricado pola compañía brasileira Embraer, o Lineage é publicitado como un avión de negocios "ultra-grande" con cómodos asentos para 19 pasaxeiros. Realizou o seu primeiro voo o día 26 de outubro do 2007 e ata a data fabricáronse 13 unidades.
Jarvis Branson Cocker, nado o 19 de setembro de 1963 en Sheffield, é un músico, actor e presentador inglés. Como fundador, líder, letrista e único membro constante da banda Pulp, converteuse nunha das principais figuras do xénero britpop de mediados dos anos 90. Tras o hiato de Pulp, Cocker comezou unha carreira en solitario e durante sete anos presentou o programa da BBC Radio 6 Music Jarvis Cocker's Sunday Service.
O touro de lida, tamén denominado touro bravo, designa os animais macho dunha heteroxénea poboación bovina desenvolvida, seleccionada e criada para o seu emprego en diferentes espectáculos taurinos, como as corridas ou os encerros. Proceden das razas autóctonas da península Ibérica, coñecidas como «tronco ibérico», que desde tempo inmemorial propiciaron as formas máis primitivas de tauromaquia. Caracterízase por uns instintos atávicos de defensa e temperamentais, que se sintetizan na chamada "bravura", así como atributos físicos tales como uns cornos grandes cara adiante e un potente aparello locomotor.
O Caterham CT01 é un coche de carreiras producido en Gran Bretaña por Caterham F1 Team para competir na empada de Fórmula Un de 2012. o coche, deseñado baixo a dirección do director técnico do equipo Mike Gascoyne, é o terceiro coche producido polo equipo e o primeiro en levar o novo nome do equipo, logo do seu cambio de nome de Team Lotus ao final de 2011. O CT01 foi o primeiro coche en marcha para a tempada 2012, a presentación prevista inicialmente para o 26 de xaneiro, cancelouse e o coche foi presentado un día antes.
O catalán, coñecido como valenciano no País Valenciano e no Carche, é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural.É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.
Saw 3D (tamén coñecido como Saw: The Final Chapter ou Saw 3D: The Final Chapter) é un filme estadounidense dirixido por Kevin Greutert e escrito por Patrick Melton e Marcus Dunstan que foi estreado no 2010. É o sétimo título da franquía Saw e está protagonizado por Tobin Bell, Costas Mandylor, Betsy Russell, Sean Patrick Flanery e Cary Elwes.
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
O Reino de Bréifne, tamén coñecido como Breffny, Brefnie, ou Brenny, que en irlandés significa montañoso, foi o territorio tradicional dun grupo tribal da Irlanda nomeado os Uí Briúin Bréifne. O territorio de Bréifne incluía os modernos condados irlandeses de Leitrim e parte do Condado de Cavan, unha zona que abrangue a moderna diocese de Kilmore. No seu apoxeo no século XII, cando Tighearnán Ua Ruairc (Tiernan O'Rourke) foi o rei de Bréifne, espallouse dende Kells no Condado de Meta até Drumcliffe no Condado de Sligo.
Os Picos de Europa é unha formación montañosa da Cordilleira Cantábrica, ao norte da Península Ibérica, entre Asturias, Castela e León e Cantabria. Está constituída por rocha calcaria carbonífera pregada antes do choque da Península Ibérica coa placa africana. De valor paisaxístico importante, posúe numerosos endemismos.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
Fernando Botero Angulo, nado en Medellín o 19 de abril de 1932 e finado o 15 de setembro de 2023 en Mónaco, foi un acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas. Sendo el mesmo alcumado ironicamente «o máis colombiano dos artistas colombianos» , é un dos raros pintores a coñecer o éxito e a gloria en vida. A súa carreira comeza realmente en 1958, cando gaña o primeiro premio do `Salón de Artistas Colombianos ' Ao grao das súas numerosas viaxes en Estados Unidos e en Europa, Fernando Botero desenvolveu un estilo propio e do cal a súa natureza morta Naturaleza muerta con Mandolina, de 1957, constitúe a primeira manifestación .
A 17-hidroxiproxesterona (nome DCI xenérico hidroxiproxesterona, OHP), tamén chamada 17α-hidroxiproxesterona (17α-OHP) e 17-OH proxesterona (17-OHP), é unha hormona esteroide proxestáxena endóxena relacionada coa proxesterona. É tamén un intermediario químico na biosíntese de moitos outros esteroides endóxenos, incluíndo andróxenos, estróxenos, glicocorticoides e mineralocorticoides, así como neuroesteroides.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atópase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 2791 habitantes (1357 homes e 1434 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 77,31 hab./km².
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A vía MAPK/ERK, tamén chamada vía Ras-Raf-MEK-ERK, é unha vía de sinalización celular formada por un certo conxunto de proteínas do grupo das quinases que actúan e cadea na célula, que comunican un sinal desde un receptor na superficie da célula ao ADN do núcleo celular. O sinal empeza cando unha molécula de sinalización se une ao seu receptor na superficie celular e remata cando un xene do ADN do núcleo se activa e fai que se exprese unha proteína, a cal produce algún cambio na célula, como a división celular. Esta vía comprende moitas proteínas, como as proteína quinases activadas por mitóxeno (MAPKs), orixinalmente chamadas quinases reguladas por sinal extracelular (ERKs), as cales actúan engadindo grupos fosfato a proteínas veciñas (fosforilándoas), funcionando así como un interruptor de "encendido" ("on") e "apagado" ("off").
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.O caso atraeu un grande interese dos medios en España e no mundo, así como unha "declaración de preocupación" por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.
Leslie Allen Jordan, nado o 29 de abril de 2023 e finado o 24 de outubro de 2022, foi un actor, humorista, escritor e cantante estadounidense. Entre os seus traballos en televisión destacan o personaxe de Beverley Leslie en Will & Grace (2001–2006 e 2017–2020), varios personaxes da franquía de American Horror Story (2013–2019), Sid en The Cool Kids (2018–2019), Phil on Call Me Kat (2021–2022) e Lonnie Garr on Hearts Afire (1993–1995).
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo.
María Teresa Fernández de la Vega
María Teresa Fernández de la Vega Sanz, nada en Valencia o 15 de xuño de 1949, é unha política española, membro do Consello de Estado.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Icía de Roma, máis coñecida como Santa Icía ou Santa Cecilia, e coas variantes Cecilia, Cilla e Cecía, (en latín, Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe, no século III. Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas e dos cegos (xunto con santa Lucía de Siracusa).
Aquí no hay quien viva é unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006. Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Gran Premio de Singapur de 2023
O Gran Premio de Singapur 2023 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2023), foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 17 de setembro de 2023 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2023 e foi o vixésimo segundo Gran Premio de Singapur e a duodécima segunda vez que se disputou a carreira en Marina Bay.
Carlos Sainz Vázquez de Castro
Carlos Sainz Vázquez de Castro ( pronunciación ), coñecido como Carlos Sainz Jr ( pronunciación ), ou simplemente Carlos Sainz, naceu en Madrid o 1 de setembro de 1994, é un piloto de carreiras español, fillo do ex campión mundial de Rallyes Carlos Sainz e de Reyes Vázquez de Castro. En 2012 Sainz competiu nos campionatos británico e europeo de Fórmula 3 con Carlin. En 2014 participou co equipo DAMS na Fórmula Renault 3.5.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Un terremoto(do latín terraemōtus, a partir de terra, e motus, 'movemento'), sismo (do francés séisme, derivado do grego σεισμός [sismos]) ou movemento telúrico, é a sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. A palabra tremor tamén se utiliza para referirse a un estrondo sísmico non sísmico. No seu sentido máis xeral, a palabra terremoto utilízase para describir calquera suceso sísmico, xa sexa natural ou provocado por humanos, que xere ondas sísmicas.
Supercopa de España de baloncesto
A Supercopa de España de baloncesto, actualmente coñecida por motivos de patrocinio como Supercopa Endesa, é unha competición que se celebra anualmente en España entre catro equipos: o gañador da Liga ACB, o gañador da Copa do Rei, o equipo local e o equipo que faga mellor participación en competicións europeas a pasada campaña. Se o mesmo equipo gaña a Copa e a Liga, entón os dous seguintes equipos na Liga ACB compiten. A Supercopa naceu na década de 1980.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.