Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
O basónimo é un termo usado na nomenclatura biolóxica e que consiste no nome científico baixo o cal foi orixinalmente nomeado ou catalogado un taxon. Para evitar ambigüidades ou dúbidas respecto dun nome científico, unha proposta de reclasificación debe mencionar sempre o basónimo, aínda que o nome taxonomicamente válido ou aceptado hoxe en día sexa distinto. Por exemplo, en 1758 Linneo describiu a Staphylinus politus.
Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG) é aquel que ten como membros Estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.
Sheela na Gigs (ou Sheela-na-Gigs ) son esculturas figurativas de mulleres espidas que mostran unha vulva esaxerada. Atópanse principalmente en igrexas, castelos e outros edificios, especialmente nas illas Británicas, ás veces con figuras masculinas. Irlanda ten o maior número de tallas de Sheela na Gigs coñecidas: en "The Sheela-na-Gigs of Ireland and Britain: The Divine Hag of the Christian Celts – An Illustrated Guide", Jack Roberts e Joanne McMahon citan 101 exemplos en Irlanda en comparación con 45 na Gran Bretaña.Dise que estas esculturas protexen da morte e do mal.
Faceted Application of Subject Terminology
FAST (Faceted Application of Subject Terminology) é unha sintaxe simplificada para o tesauro Library of Congress Subject Headings (LCSH). Foi desenvolvido por Online Computer Library Center, Inc. (OCLC) como parte do WorldCat, co obxectivo de facer catalogación menos custosa e máis doada de aplicar en contextos conectados.
Singapur, oficialmente República de Singapur (en chinés: 新加坡共和国, Xīnjīapō Gònghéguó; en inglés: Republic of Singapore; en malaio: Republik Singapura; en támil: சிங்கப்பூர் குடியரசு, Siṅkappūr Kuṭiyarasu), é unha cidade-estado insular situada na Península Malaia no Sueste asiático, a 137 km ao norte do ecuador terrestre. O país está composto por 63 illas, separadas de Malaisia polo estreito de Johor no norte e das illas indonesias de Riau polo estreito de Singapur no sur. A República está altamente urbanizada, con moi poucas zonas boscosas restantes, aínda que se está gañando terra ao mar.
Chuck Berry, nado en Saint Louis (Missouri) o 18 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 2017, foi un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano, pioneiro da música rock and roll. Berry refinou e desenvolveu o rhythm and blues elaborando os principais elementos que fixeron distintivo ao rock and roll con cancións como "Maybellene" (1955), "Roll Over Beethoven" (1956), "Rock and Roll Music" (1957) e "Johnny B. Goode" (1958). Escribiu letras que se centraban na vida adolescente e no consumismo, e desenvolveu un estilo musical que incluía solos de guitarra e teatralidade, Berry foi unha grande influencia nas posterior música rock.Nado nunha familia afroamericana de clase media, comezou a interesarse na música dende moi novo e realizou a súa primeira actuación en 1941 no Sumner High School.
A netiqueta (contracción do inglés network etiquette, etiqueta da rede) é o conxunto de regras que regulan o comportamento dun usuario nun grupo de noticias, unha lista de correo, un foro de discusións ou no correo electrónico. Por extensión, utilízase tamén para referirse ao conxunto de normas de comportamento xeral en Internet.
Boulder (escalada en bloque ou bouldering) é unha modalidade de escalada que consiste en escalar bloques de rocha ou pequenas paredes, que poden ser de ata 8 metros, sen a necesidade dos materiais de protección convencionais da escalada (corda, arnés, elementos de fixación...), realizándose de lado e subindo moi pouco.
Troia (grego antigo: Τροία, Troia ou Τροίας, Troias e Ἴλιον, Ilion ou Ἴλιος, Ilios; latín: Troia e Ilium; Hitita: 𒌷𒃾𒇻𒊭 Wilusa ou 𒋫𒊒𒄿𒊭 Truwisa; turco: Truva ou Troya) foi unha cidade tanto histórica como lendaria, no extremo noroeste da rexión coñecida a finais de antigüidade clásica como Asia Menor, agora coñecida como Anatolia na Turquía moderna, xusto ao sur da boca suroeste do estreito dos Dardanelos e o noroeste do Monte Ida. A localización actual é coñecida como Hisarlik. Foi o escenario da guerra de Troia descrita no Ciclo troiano, en particular na Ilíada, un dos dous poemas épicos atribuídos a Homero, quen a compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo.
A cistite (do grego κύστη, "quisti", e "-itis", "inflamación da vexiga") é unha inflamación, case sempre unha infección bacteriana de Escherichia coli ou Staphylococcus saprophyticus, da vexiga urinaria. A condición afecta con máis frecuencia as mulleres, pero pode afectar ambos os sexos e de todas as idades. Pódese complicar como infección de uréteres e riles ou entrada na corrente sanguínea.
Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha), é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal. En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha.
GameSpot é unha páxina web especializada en videoxogos que achega novas, análises, recensións e informacións relevantes sobre os xogos lanzados no mercado. O sitio web foi creado en maio de 1996 por Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein. Foi comprado pola ZDNet, unha marca que, tempos despois, foi adquirida pola CNET, a actual dona de GameSpot.
Odontornithes é un termo taxonómico obsoleto e xa non utilizado con categoría de subclase proposto por Othniel Charles Marsh para clasificar aves prehistóricas que posuían dentes, especialmente os xéneros Hesperornis e Ichthyornis de depósitos do Cretáceo de Kansas.En 1875 Marsh dividiu esta subclase nas ordes Odontolcae, con dentes situados en fendas lonxitudinais da mandíbula, e Odontotormae, cos dentes inseridos en alvéolos separados. Na súa obra de 1880 titulada Odontornithes: A monograph on the extinct toothed birds of North America, engadiu os Saururae, representados por Archaeopteryx, como unha terceira orde.A clasificación resultante era parafilética e non resolvía axeitadamente as relacións evolutivas, polo que foi abandonada pola maioría dos científicos modernos, aínda que polo menos un artigo publicado no século XXI reutilizou o concepto, pero co nome Odontoholomorphae (primeiramente acuñado por Stejneger, 1885).Étienne Geoffroy Saint-Hilaire afirmou en 1821 que atopara un considerable número de xemas dos dentes nas mandíbulas superior e inferior de Palaeornis torquatus (un periquito). A Émile Blanchard pareceulle iso xustificado ao recoñecer nelas capas de dentina.
Un texto científico, ou sexa, unha publicación científica ou comunicación científica, é un dos derradeiros pasos de calquera investigación científica, previo ao debate externo. As publicacións científicas comezaron como cartas persoais entre os científicos, libros e publicacións periódicas (como anuarios ou revistas científicas). Actualmente a ferramenta máis avanzada é internet, que xustamente naceu como un mecanismo para comunicar as fases ds investigacións científicas entre científicos e militares situados en distintas partes do mundo.
The Martinis é unha banda de rock formada polo guitarrista dos Pixies Joey Santiago e a súa muller Linda Mallari, xunto co batería Dawn Richardson e a baixista Rachel Haden. Eles editaron un álbum a través do selo Cooking Vinyl, a mesma compañía pola que Frank Black (outro membro de Pixies) edita os seus traballos en solitario.
Simone Lucie Ernestine Marie Bertrand de Beauvoir máis coñecida coma Simone de Beauvoir, nada en París o 9 de xaneiro de 1908 e finada na mesma cidade o 14 de abril de 1986, foi unha novelista francesa, filósofa existencialista e feminista figura importante na reivindicación dos dereitos da muller. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase dentro do existencialismo e obras como O segundo sexo son elementos fundacionais do feminismo.
O calado dun corpo é a diferenza entre a súa parte máis somerxida e o nivel que acada a auga no corpo, polo tanto pódese definir como a altura dun corpo somerxida nun líquido, xeralmente aplicado a barcos, bateas, boias e demais obxectos marítimos ou fluviais na auga. Este calado dependerá da densidade do líquido, da superficie na que o corpo toca co líquido e da densidade do corpo principalmente. Por estas razóns mentres que un petroleiro, por exemplo, leva varios metros de barco afundidos, unha lancha planeadora apenas leva uns centímetros.
Margarida II (Margrethe Alexandrine Þorhildur Ingrid), nada en Copenhaguen o 16 de abril de 1940, é raíña de Dinamarca dende o 14 de xaneiro de 1972. O lema oficial da raíña Margarida II é "A axuda de Deus e o amor do pobo é a forza de Dinamarca". Naceu no Palacio de Amalienborg, Copenhaguen de Federico IX e Ingrid de Suecia.
A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996. Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro.
O detective Conan (名探偵 コナン, Meitantei Conan) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón. O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV. No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos.
A música Bluegrass é un xénero que pertence ao conxunto de músicas tradicionais estadounidenses (American roots music), orixinouse nos anos 1940 na zona dos Apalaches de Norteamérica. Bill Monroe (Bill Monroe and the Blue Grass Boys) deulle o nome definitivo a un xénero musical que, até entón, era coñecido como hillbilly. A música Bluegrass é unha unión de diferentes músicas tradicionais do mundo (Inglesa, Irlandesa, Escocesa e Afroamericana) e de distintos tipos ou xéneros musicais (Jazz, blues...).
A tartaruga xigante de Aldabra (Aldabrachelys gigantea), é unha especie de tartaruga endémica do atol de Aldabra nas Seychelles e outras illas do Índico, que é unha das tartarugas de maior tamaño do mundo. Historicamente as tartarugas xigantes vivían en moitas das illas do océano Índico occidental, como Madagascar e as illas Mascareñas, e o rexistro fósil indica que antes había tartarugas xigantes en todos os continentes e en moitas illas con excepción de Australia e a Antártida. Pénsase que moitas das especies do océano Índico foron levadas á extinción pola sobreexplotación que fixeron delas os mariñeiros europeos, e practicamente estaban todas extinguidas arredor de 1840 coa excepción da tartaruga xigante do atol de Aldabra.
O Canal Panda é unha canle de televisión portuguesa dedicada ó público infantil-xuvenil, transmitindo maioritariamente series de animación e ás veces películas. Foi fundada en 1996, daquela baixo o nome Panda Club e inicialmente tamén foi distribuída en España e Macau, mais ao cabo de dous anos pasou a chamarse coa actual denominación de Canal Panda. En 2000 pasou a dedicarse exclusivamente ó mercado portugués.
Stray Blues é un recompilatorio do artista estadounidense de rock alternativo Beck, editado o 1 de xuño do 2000 só no Xapón. É unha colección de caras-b que conta co tema "Burro", unha versión en español de "Jackass" e tamén unha versión da canción de Skip Spence "Halo of Gold". Lanzouse nunha edición limitada de 70.000 copias.
Con saias e a rachar (en inglés: Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake.
Porto Venere (ata 1991 Portovenere; lígur: Pòrtivene) é unha cidade e un municipio situado na costa de Italia na Liguria na provincia de La Spezia. Comprende as tres aldeas de Fezzano, Le Grazie e Porto Venere, e as tres illas de Palmaria, Tino e Tinetto. En 1997, Porto Venere e as vilas das Cinque Terre foron designadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Collin Chou (nome en chinés tradicional: 鄒兆龍; chinés simplificado: 邹兆龙; pinyin: Zōu Zhàolóng), nado o 11 de agosto de 1967 en Kaohsiung, é un actor e especialista en artes marciais taiwanés ás veces coñecido como Ngai Sing. O papel que máis recoñecemento lle reportou foi o de "Seraph" nos filmes Matrix Reloaded e Matrix Revolutions, así como no viedeoxogo Enter the Matrix.
O Templo Itsukushima (en xaponés: 厳島神社) é un santuario xintoísta situado na Illa de Itsukushima (coñecida popularmente como Miyajima), máis coñecida pola súa porta torii "flotante", Está na cidade de Hatsukaichi na Prefectura de Hiroshima no Xapón, accesible desde o continente en transbordador na Estación de Miyajimaguchi. O complexo do santuario está catalogado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1996, e o goberno xaponés designou varios edificios e posesións como Tesouros Nacionais. Na actualidade está en perigo de derrumbe.
Gran Premio de Portugal de 1958
O Gran Premio de Portugal de 1958 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 24 de agosto de 1958 no circuíto da Boavista. Foi a novena carreira da tempada de Fórmula Un de 1958.
A Tetrarquía foi un sistema de goberno creado polo emperador romano Diocleciano por forma a resolver serios problemas militares e económicos do imperio romano. Dividiu o seu poder sobre o imperio entre os sectores orientais (pars Orientis) e occidentais (pars Occidentis). Mantivo o control persoal do sector leste e o seu colega Maximiano controlou o occidente.
Indian National Satellite System
Indian National Satellite System ou INSAT é o nome dunha serie de satélites indios multipropósito. En especial os satélites adoitan ir dirixidos a dar servizos educativos, de comunicacións, meteorolóxicos e de emerxencias. O sistema deu comezo en 1982, co lanzamento do primeiro satélite, o Insat 1A. Entre os participantes do sistema están o Departamento Indio do Espazo (DOS), o Departamento de Telecomunicacións, o Departamento Meteorolóxico Indio, All India Radio e Doordashan.
O Códice Musical de Las Huelgas (Burgos, Mosteiro de Las Huelgas, Codex IX) ou en latín o Códex Las Huelgas (Hu) é un manuscrito medieval copiado a comezos do século XIV no mosteiro cisterciense de monxas de clausura de Santa María la Real de Las Huelgas, cerca de Burgos. Conten obras musicais pertencentes a un período da música medieval coñecido como ars antiqua. É o único manuscrito polifónico da Idade Media que aínda se conserva no lugar de orixe e pertence á mesma orde onde foi copiado xa hai máis de sete séculos.
Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: Bélxica, Alxeria, Rusia e os Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Bélxica, invicta con 9 puntos, e Alxeria, que con 4 puntos pasa de rolda por vez primeira, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Rusia, con 2 puntos, e Corea do Sur, con 1 punto.
Diego Antonio Caccia Torres (Buenos Aires, 9 de marzo de 1971), coñecido como Diego Torres, é un cantautor e músico arxentino que cultiva o xénero pop latino. É tamén un actor ocasional, lembrado en televisión polo seu papel Los otros y nosotros, La banda del Golden Rocket e o seu protagónico en Los vecinos en guerra.
Casa da Moeda dos Estados Unidos
A Casa da Moeda dos Estados Unidos (en inglés: United States Mint ou US Mint) é unha unidade do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos responsable da produción da moeda do país, da dirección do seu comercio e do control dos movementos dos metais preciosos en lingotes ou amoedados.A US Mint non produce billetes, xa que a produción do papel moeda está encomendada á Oficina de Gravado e Impresión.A institución creouse en Fialdelfia en 1792 e de camiño se uniron a ela outros centros de cuñaxe, cuxas moedas se identifican con marcas de ceca propias. A Casa da Moeda dos Estados Unidos componse na actualidade de catro cecas: Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point.
Acoustic : Latte é o cuarto álbum recompilatorio do grupo de J-Pop chamado Every Little Thing, lanzado ó mercado o 16 de febreiro do ano 2005 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. No álbum, inclúense doce das cancións máis populares da banda que foron regravadas nun ambiente acústico, entre os que están os dous singles máis exitosos da banda como son "Time goes by" e "fragile". Sinalar que as cancións non están masterizadas, polo que o álbum ten son de directo aínda que foron gravadas plenamente en estudio.
A viaxe do emperador (en francés: La Marche de l'empereur), é un filme documental dirixido por Luc Jacquet. A película mostra as viaxes anuais dos pingüíns emperador da Antártida. No outono, todos os pingüíns en idade reprodutiva (de máis de cinco anos) deixan o océano, o seu hábitat habitual, para iniciaren unha viaxe ao interior da Antártida cara aos seus lugares de anidamento e reprodución ancestrais.
O voo 191 de American Airlines era un voo regular de pasaxeiros operado por American Airlines dende o Aeroporto Internacional O'Hare de Chicago ata o Aeroporto Internacional dos Ánxeles. O McDonnell Douglas DC-10-10 usado para esa ruta o día 25 de maio de 1979 esnafrouse momentos despois de engalar en Chicago. Os seus 258 pasaxeiros e 13 tripulantes morreron, xunto con dúas persoas en terra.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do Partido dos Socialistas de Galicia, foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015 e dende setembro de 2013 o secretario xeral do PSdeG, cargo do que tivo que dimitir ao ser imputado de varios delitos pola xuíza Pilar de Lara, acusacións que acabarían sendo arquivadas en 2021. Dende agosto de 2023 é Deputado no Congreso pola provincia de Lugo.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
A expresión latina Deus Fratesque Gallaeciae ("Deus e os irmáns galegos") pode referirse a: Deus Fratesque Gallaeciae, lema dos irmandiños; "Deus Fratesque Gallaecia", poema de Alfredo Brañas, himno da organización Ultreya, musicado entre outros por Luís Taibo, Antón Iglesias Vilarelle, Suso Vaamonde e Skárnio; Deus Scientia Fratresque Gallaetia, lema do Seminario de Estudos Galegos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
High School Musical é un telefilme musical estadounidense escrito por Peter Barsocchini e dirixido por Kenny Ortega. É o primeiro título da franquía musical High School Musical. Foi descrito como unha adaptación moderna de Romeo e Xulieta, e High School Musical conta a historia de dous adolescentes de instituto que pertencen a dous grupos escolares rivais.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
O amazigh estándar marroquí tamén coñecido como tamazight estándar marroquí, é unha lingua estandarizada desenvolvida polo Instituto Real da Cultura Amazigh (IRCAM) en Marrocos e que mestura características do shilha, o tamazight do Atlas central e do rifeño, as tres linguas bérberes faladas en Marrocos. É lingua oficial de Marrocos dende 2011.O amazigh estándar marroquí denomínase normalmente como tamazight, amazigh ou bérber, aínda que estes termos tamén se poden usar para referirse a calquera outra lingua amazigh, ou ás linguas amazigh no seu conxunto, incluíndo aquelas fóra de Marrocos.
Patrimonio da Humanidade en Camboxa
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.886.