Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018, foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predicción teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica.
Os Humanos arcaicos ou Homo sapiens arcaico son un termo vagamente definido que se emprega para referirse a un rango de especies do xénero Homo que datan de menos de 500,000 anos de antigüidade, e parar resaltar contrastes cos humanos modernos. Esta categoría habitualmente inclúe a Homo heidelbergensis, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e mesmo ás veces a Homo antecessor. Os humanos modernos en teoría evolucionaron a partir de humanos arcaicos, cando estes evolucionaron a partir de Homo erectus.
A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
Universidade Iaguelónica de Cracovia
A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición da clasificación Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que mantivo durante séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón. Baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.
Os cardeais da Igrexa Católica, segundo o Código de Dereito Canónico, "constitúen un Colexio peculiar, ao que compete prover a elección do Romano Pontífice, segundo a norma do dereito peculiar; así mesmo, os Cardeais asisten ao Romano Pontífice tanto colexialmente, cando son convocados para tratar xuntos cuestións de máis importancia, como persoalmente, mediante os distintos oficios que desempeñan, axudando ao Papa sobre todo no seu goberno cotián da Igrexa universal."
O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 700 anos da historia do noso planeta, desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm). É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia.
O padriño é unha figura común en varias denominacións cristiás. Asiste a outra persoa en certos sacramentos, con orixe no século II, de orixe relixiosa cristiá, e, posteriormente, pasou a obter diferentes significados dependendo da relixión e o código civil. Segundo Corpus Iuris Civilis, o sentido orixinal de patrocinio, e que segue sendo o máis amplo sentido, é un servizo que debe realizar un individuo que ten unha débeda que pagar ao pai ou nai co patrocinio dun ou máis fillos da parella, unha especie de tributo voluntario dado á familia da parella ao longo de toda a vida.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria. A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática.
A.K.A. I-D-I-O-T é un EP da banda sueca de garage punk The Hives, editado o 13 de marzo de 1998 polo selo Burning Heart. A canción "A.K.A. I-D-I-O-T" foi editada inicialmente como segundo tema do primeiro álbum de The Hives, Barely Legal. O EP lanzouse novamente no recompilatorio Your New Favourite Band, aínda que non enteiro, cos temas "Outsmarted", "Untutored Youth" e "Mad Man".
Un kelpie ou cabalo acuático (each uisge en gaélico) é unha criatura fantástica pertencente á mitoloxía celta. Estas criaturas serían seres espirituais, que segundo as lendas vivirían nos lagos, posto que serían espíritos da auga. Os kelpies apareceríanse ante os seres humanos usualmente tomando forma de cabalo, aínda que tamén pode tomar forma humana e mesmo hai versións nas que se representa como unha especie de hipocampo.
O dato é unha representación simbólica, numérica, alfabética, algorítmica, entre outros, un atributo ou característica dunha entidade.[Cómpre referencia] Os datos describen feitos empíricos, sucesos e entidades. Os datos illadamente poden non conter información humanamente relevante. Só cando un conxunto de datos examínase conxuntamente á luz dun enfoque, hipótese ou teoría pódese apreciar a información contida en devanditos datos.
Un casete é un tipo de casete que pode almacenar música e sons e tamén información informática (por exemplo xogos). Para reproducir unha cinta utilízase un reprodutor de casetes, que tamén se coñece como platina. Os casetes almacenan o son nunha cinta magnética que se enrola ao redor das dúas bobinas.
Ana Fabiola López, nada en Fuengirola (provincia de Málaga) en 1987, é unha cantautora andaluza, máis coñecida como Anni B Sweet. Escribe as súas letras principalmente en inglés (estudou nun colexio británico) e o seu estilo, suave e melancólico, bebe de influencias da música acústica, o folk e o pop indie. Forma parte da corrente de cantautoras folk que se deu en España entre 2008 e 2009 canda a Russian Red, Alondra Bentley, La Bien Querida ou Zahara.
Hispavox foi, durante os seus 30 anos de vida comercial, unha compañía discográfica española de gran proxección mundial. Actualmente (2010) converteuse en mero selo discográfico, dentro da Compañía EMI, aínda que mantén gran parte das súas importantes gravacións, que seguen saíndo ao mercado, actualmente baixo os dominios dunha financeira inglesa que comprou EMI. Foi fundada en 1953 por José Manuel Vidal Zapater, quen exerceu como presidente executivo até ser substituído polo seu irmán Luis Vidal en 1977.
O Gran Premio de Mónaco de 1990 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 27 de maio de 1990 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1990. A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna que liderou todas as voltas da carreira pilotando un McLaren MP4/5B. Foi a terceira vitoria de Senna no Gran Premio de Mónaco.
A arte mudéxar é a arte que practicaban os mudéxares e mouriscos. Tivo lugar do século XII ao XVI, e foi un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico; con todo non tivo pegada en Galicia, Asturias e Cantabria, pola pouca influencia mourisca nestas zonas. Aínda que tamén chegou ás Américas, ás colonias españolas.
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.
Judy Davis, nada en Perth o 23 de abril de 1955, é unha actriz australiana de cine, teatro e televisión. Cunha carreira de máis de corenta anos, é célebre pola súa versatilidade e é recoñecida como unha das mellores actrices da súa xeración. Woody Allen, co que colaborou frecuentemente, describiuna como "unha das actrices máis estimulantes do mundo".
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Grant DeVolson Wood, nado en Anamosa (Iowa) o 13 de febreiro de 1891 e finado en Iowa City o 12 de febreiro de 1942, foi un pintor estadounidense. É coñecido sobre todo polas súas pinturas que representan o Medio Oeste rural estadounidense de entreguerras. Foi un dos pintores da Escola Ashcan, que a través de Arshile Gorky levou ao expresionismo abstracto posterior á segunda guerra mundial.
588º Rexemento de Bombardeo Nocturno
O 588º Rexemento de Bombardeo Nocturno (en ruso: 588-й ночной легкобомбардировочный авиационный полк), coñecido polas tropas alemás como as "Bruxas da Noite" (en alemán: Nachthexen, en ruso: Ночные ведьмы), foi unha unidade de bombardeo aéreo da Unión Soviética que estivo activa dende 1942 ata o final da Segunda Guerra Mundial, e estaba formada exclusivamente por mulleres aviadoras. O 8 de febreiro de 1943 recibiu o rango de Garda e foi rebautizado como 46º Rexemento de Bombardeo Nocturno da Garda (en ruso: 46-й гвардейский ночной бомбардировочный авиопачный авиопаный авиопачный авиопачный авиопочный). Pouco máis tarde recibiu o nome honorífico de "Taman" pola súa destacada actuación durante os duros combates aéreos na península de Taman en 1943.
Mundial de Fútbol de 1998 - Grupo E
O Grupo E da Copa do Mundo de Fútbol de 1998, realizada en Francia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: Países Baixos, México, Bélxica e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificáronse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedaron eliminadas.
En termos de Dereito a cidadanía é a condición da persoa física (dita cidadán ou cidadá) pola cal o ordenamento xurídico dun Estado lle recoñece a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un status do cidadán, ou como un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, ou apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.
Beach House é un dúo estadounidense de dream pop procedente de Baltimore, Maryland e formado no ano 2004. A banda está composta por Victoria Legrand (voz, teclado) e Alex Scally (voz, guitarra). O primeiro álbum do grupo, o auto-titulado Beach House (2006), foi aclamado pola crítica, e foi seguido por Devotion no ano 2008.
O topónimo Besteiros pode referirse a: En Galicia Besteiros, lugar da parroquia de Orazo, no concello da Estrada; Besteiros, lugar da parroquia do Souto, no concello da Peroxa; Besteiros, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Silleda; Os Besteiros, lugar da parroquia de Riobó, no concello da Estrada.En Portugal Besteiros, freguesía do concello de Amares. Besteiros, freguesía do concello de Paredes. Besteiros, antigo concello portugués, actualmente repartido en catro freguesías do concello de Tondela: Barreiro de Besteiros; Campo de Besteiros; Santiago de Besteiros; Vilar de Besteiros.
Alta Car and Engineering Company
Alta Car and Engineering Company foi un fabricante británico de autos deportivos e coches de competición, coñecido simplemente como Alta. Os seus coches disputaron cinco carreiras do Campionato do Mundo da FIA entre 1950 e 1952, así como en carreiras anteriores ao Campionato do Mundo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2023, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Bergantiños, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Francisco González Galán, coñecido como Paco González, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1897 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1976, foi un futbolista, adestrador e artista galego.Xogaba como interior dereito ou dianteiro centro e xogou nos dous principais equipos coruñeses da súa época, o Real Club Coruña e o Deportivo da Coruña. Fóra de Galicia xogou no Espanyol e foi o primeiro futbolista profesional do Real Madrid. Foi un dos primeiros adestradores do Deportivo da Coruña, ao que dirixiu entre 1929 e 1930, pasando logo por varios equipos, entre os que destaca o Racing de Santander, co que logrou un cuarto posto na tempada 1935/36 da Primeira división, antes de sufrir problemas mentais que provocaron que fose internado durante anos no sanatorio de Conxo.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
José Ignacio Fernández Palacios
José Ignacio Fernández Palacios máis coñecido como Nacho, nado en Foz o 3 de febreiro de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba na demarcación de lateral esquerdo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.910.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Timoteo Sánchez Freire, nado o 22 de agosto de 1838 en Roade (Sobrado) e finado o 24 de abril de 1912 en Santiago de Compostela, foi un médico e empresario galego. Primeiro director do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro do equipo médico que certificou a autencidade dos ósos do apóstolo Santiago atopados na Catedral de Compostela, acadou unha importante sona na Galicia da Restauración borbónica.
Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal. A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais.Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg. Máis tarde converteuse en axudante do astrónomo Tycho Brahe en Praga, e finalmente en matemático imperial do emperador Rodolfo II e os seus dous sucesores Matthias e Fernando II. Tamén ensinou matemáticas en Linz, e foi conselleiro do xeneral Wallenstein.
Para o Estado non recoñecido véxase: República de Artsakh.Nagorno-Karabakh ou Nagorno-Karabaj (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն, en azarí: Dağlıq Qarabağ ou Yuxarı Qarabağ, literalmente significa "Karabakh montañoso" ou "Alto Karabakh"; en ruso: Нагорный Карабах, Nagornyy Karabakh), historicamente coñecido como Artsakh (en armenio: Արցախ), é unha rexión da antiga República Socialista Soviética de Acerbaixán, situada no sur do Cáucaso. Localízase a preto de 270 km ao oeste da capital de Acerbaixán, Bakú. É unha rexión maioritariamente poboada por armenios que pasou á xurisdición de Acerbaixán en 1923, debido a unha decisión de Stalin.
Roldán, tamén chamado Rolán ―forma galega do nome, habitual no galego medieval― (en francés, Roland; en fráncico, Hrōþiland; en catalán Rotllà; en éuscaro Errolan; en italiano Orlando ou Rolando) foi un comandante histórico dos francos ao servizo da Marca Bretoa. Morreu na batalla de Roncesvales a mans dos vascóns o 15 de agosto de 778. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na materia de Francia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura. Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres.
O Museo de Pontevedra, tamén coñecido como Museo Provincial de Pontevedra, foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais.