Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Wilton Norman "Wilt" Chamberlain, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 21 de agosto de 1936 e finado nos Ánxeles (California) o 12 de outubro de 1999, foi un xogador estadounidense de baloncesto que militou nos Philadelphia/San Francisco Warriors, Philadelphia 76ers e Los Angeles Lakers. Coñecido como "Wilt the Stilt" (Wilt o pilote) (alcume que odiaba) ou "The Big Dipper", é lembrado coma un dos xogadores de baloncesto máis dominantes de tódolos tempos polas súas estatísticas e logros acadados durante a súa carreira profesional, como por exemplo ser o único xogador da historia de NBA cunha media de puntos superior a 40 e 50 puntos durante a liga regular ou anotar 100 puntos nun partido de competición.
ASCII é o acrónimo de American Standard Code for Information Interchange (Código Estándar Americano para o Intercambio de Información). É un conxunto de códigos para o computador que serven para representar cifras, letras, puntuación e outros caracteres. A definición dos valores ASCII para os caracteres xurdiu en 1961 e un dos seus inventores foi Robert W. Bemer.
PlayStation 4 (プレイステーション4, Pureisutēshon Fō, oficialmente abreviada como PS4) É a cuarta videoconsola do modelo PlayStation. Forma parte das videoconsolas de oitava xeración. Foi anunciada oficialmente o 20 de febreiro de 2013 no evento PlayStation Meeting 2013, aínda que o deseño da consola non foi presentado ata o 10 de xuño no E3 2013.
A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol. É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, e equivale aproximadamente a 149 597 870 700 metros.
O termo bala pode referirse a: Bala, munición das armas de fogo; Bala cilindro-cónica, inventada en 1832; Bala Minié, proxectil para fusil de avancarga, codesenvolvida por Claude-Étienne Minié; Bala de prata; segundo certas mitoloxías, proxectil capaz de matar homes lobo, vampiros e outras criaturas fantásticas; Bala de goma. Bala, conxunto de mollos de cereal amoreados, medeiro.O topónimo Bala pode referirse a: Bālā Morġāb, cidade de Afganistán, na fronteira con Turkmenistán; Distrito de Darwazi Bala, distrito afgán da provincia de Badakhshan; Angosto del Bala, estreito polo que discorre o río Beni, en Bolivia; lago Bala, en Gwynedd, Gales; Bala, distrito turco da provincia de Ancara;Como apelido, Bala pode referirse a: Haradin Bala, comandante do Exército de Liberación de Kosovo e criminal de guerra (n. 1957); Krystian Bala, escritor e fotógrafo polonés (n.
Un ovo de Fabergé e unha das sesenta e nove xoias creadas por Peter Carl Fabergé e os seus artesáns da empresa Fabergé para os tsares de Rusia, así como para algúns membros da nobreza e da burguesía industrial e financeira, entre os anos 1885 e 1917. Estes ovos considéranse obras mestras da xoiería.
O cedi é a moeda de curso legal de Ghana. O seu código ISO 4217 é GHS. A palabra cedi deriva da palabra akan que designaba un tipo de cunchas empregadas antigamente como moeda, e a fracción desta moeda, coñecida como pesewa, deriva da akan pésewabo, nome dunhas sementes que tamén se empregaban como unidades de conta. O cedi foi introducido o 3 de xullo do 2007 e é igual a 10.000 vellos cedis.
Biffy Clyro é unha banda escocesa procedente de Kilmarnock, composta por Simon Neil (voz e guitarra), James Johnston (baixo e voces) e Ben Johnston (batería e voces). O son da banda caracterízade por unha pesada, aínda que melódica, mestura de guitarras, baixo e batería, cos tres membros do grupo contribuíndo coas voces. Son coñecidos por complexos e interlazados riffs de guitarra, secuencias de acordes e melodías que adoitan cambiar ao longo das cancións.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Arno pode referirse a: Como topónimo, dá nome a: O río Arno, en Italia; A baía de Arno, en Australia; O atol Arno, nas Illas Marshall;Como nome ou apelido pode referirse a: Arno de Salzburgo, bispo de Salzburgo (c. 750 - 821); Arno Breker, escultor alemán (1900 - 1991); Peter Arno, debuxante de banda deseñada dos Estados Unidos (1904 - 1968); Arno Hintjens, cantante belga (n.
O siríaco (en alfabeto siríaco: ܠܫܢܐ ܣܘܪܝܝܐ, Leššānā Suryāyā), tamén coñecido como arameo siríaco, é un dialecto do arameo medio que outrora foi falado no Crecente Fértil e en Arabia oriental. Aparecendo arredor do século I en Edesa, o siríaco clásico converteuse na meirande lingua literaria de Oriente Medio dende o século IV ata o século VIII, preservada nunha gran literatura. Ademais, a literatura siríaca comprende arredor do 90% da literatura aramea existente.
Os maorís son un grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia. A palabra maorí significa normal ou ordinario na lingua maorí, aínda que hoxe moitos maorís prefiran darse o nome de tangata whenua, literalmente, o pobo da terra. Chegaron a Nova Zelandia das illas do leste de Polinesia en ondas sucesivas nalgún momento antes do ano 1300.
Weezer é unha banda de rock alternativo estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1992. Está liderada polo seu vocalista e guitarrista Rivers Cuomo e completan a súa formación dende o ano 2001 Pat Wilson (batería, guitarra e coros), Brian Bell (guitarra, coros e teclados) e Scott Shriner (baixo, coros e teclados). Tras asinar con Geffen Records en 1993, Weezer publicou o seu álbum de estrea autotitulado, tamén coñecido como Blue Album, en maio de 1994.
A pedra de Rosetta é unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita. A súa grande importancia radica en que foi a clave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. Grazas a Thomas Young, Jean-François Champollion e outros estudosos do Antigo Exipto, hoxe pode ser considerada como unha xoia na historia da linguaxe e a transcrición.
Sveriges Television (abreviado, SVT; en galego, "Televisión de Suecia") é a empresa de televisión pública de Suecia. A empresa, separada desde 1979 de Sveriges Radio (compañía pública de radio), non é estatal, senón que está dirixida por unha fundación independente, a Förvaltningsstiftelsen för Sveriges Radio AB, na que os membros do seu Consello de Administración son elixidos polo Parlamento Sueco. A SVT mantivo o monopolio da televisión en Suecia ata a chegada das emisoras privadas vía satélite en 1987 e a posterior entrada analóxica da cadea privada TV4 en 1992.
Ignacio de Loyola Rodríguez Scull, coñecido como Arsenio Rodríguez, nado en Matanzas (Cuba) o 30 de agosto de 1911 e finado nos Ánxeles (California) o 31 de decembro de 1971, foi un compositor e intérprete de tres cubano cun importante papel no desenvolvemento do chamado son montuno. A súa formación de conxunto con varias trompetas, definiu un son que, visto en perspectiva, sentou as bases para o desenvolvemento do que que hoxe se coñece como salsa. Foi un prolífico compositor, escribindo preto de 200 cancións.
O mecenado é o patrocinio financeiro a artistas ou científicos, a fin de permitirlles desenvolver a súa obra sen esixir en contrapartida créditos monetarios inmediatos, aínda que esixindo esa remuneración nunha forma máis pracenteira para o mecenado. Outra acepción podería ser que se trata dun apoio, ben sexa monetario ou en especie, que unha organización presta para o desenvolvemento social, cultural e científico da sociedade, así como para a preservación ambiental da contorna no que se sitúa. As accións de mecenado axudan a mellorar a reputación das organizacións que as realizan, chegando a converterse nunha acción de relacións públicas.
O topónimo galego Chao é un orónimo que indica unha superficie plana. Pode referirse a: O Chao do Fabeiro, parroquia do concello de Monforte de Lemos; Chao, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; Chao, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño; O Chao, lugar da parroquia do Pereiro, no concello de Alfoz; O Chao, lugar da parroquia de Librán, no concello de Baleira; O Chao, lugar da parroquia de San Martiño de Porto, no concello de Cabanas; O Chao, lugar da parroquia de Dorna, no concello de Cervantes; O Chao, lugar da parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa; O Chao, lugar da parroquia da Proba de Burón, no concello da Fonsagrada; O Chao, lugar da parroquia de Santa Cilla do Valadouro, no concello de Foz; O Chao, lugar da parroquia de Narla, no concello de Friol; O Chao, lugar da parroquia de Vilaleo, no concello de Friol; O Chao, lugar da parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón; O Chao, lugar da parroquia de Bemantes, no concello de Miño; O Chao, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos; O Chao, lugar da parroquia da Vide, no concello de Monforte de Lemos; O Chao, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; O Chao, lugar da parroquia de Doso, no concello de Narón; O Chao, lugar da parroquia de Couzadoiro, no concello de Ortigueira; O Chao, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira; O Chao, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; O Chao, lugar da parroquia do Deveso, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Chao, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Chao, lugar da parroquia de Somede, no concello dedas Pontes de García Rodríguez; O Chao, lugar da parroquia de Vilela, no concello de Punxín; O Chao, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño; O Chao, lugar da parroquia de Río Barba, no concello do Vicedo; O Chao, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; O Chao, lugar da parroquia de Cabreiros, no concello de Xermade. O Chao, lugar da parroquia de San Salvador de Santiso de Abres do concello de Santiso de Abres, en Asturias.Amais, como apelido pode referirse a: Luís Trigo Chao, guerrilleiro antifranquista galego, coñecido como O Chao (1889-1948); Ernesto Chao, actor galego (n.
Istituto Centrale per il Catalogo Unico
O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN). Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia. O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.
Mestrado en administración de negocios
Un mestrado en administración de negocios, máster en administración de negocios, abreviado MBA (Master of Business Administrations en inglés), é un título académico de mestrado, e polo tanto de posgrao, en negocios.
Debra Anne Haaland, nada o 2 de decembro de 1960, é unha política estadounidense do pobo keres que serve como o 54º secretaria de Interior dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, foi presidenta do Partido en Novo México dende 2015 até 2017 e foi congresista polo 1º distrito de Novo México dende 2019 até 2021. É membro da tribo federalmente recoñecida como "Laguna Pueblo".
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
William John Macquorn Rankine nado en Edimburgo o 5 de xullo de 1820 e finado en Glasgow o 24 de decembro de 1872, foi un enxeñeiro e físico escocés. Xunto con Rudolf Clausius , William Thomson (Lord Kelvin), foi un dos pioneiros da termodinámica, enfocándose particularmente na primeira das tres leis desta rama da Física.
Final Fantasy XV é un videoxogo de rol de acción desenvolvido e publicado por Square Enix como parte da serie de Final Fantasy. Foi estreado para a PlayStation 4 e a Xbox One no 2016, e para Microsoft Windows no 2018. O xogo desenvólvese nun mundo aberto cun sistema de batalla orientado cara á acción en tempo real, incorporando un sistema de cambio de armas rápido, así como maxias elementais e outras características como a utilización de vehículos para o transporte e acampada.
Sherlock é un nome inglés masculino de pouca frecuencia, que significa literalmente "loiro", do anglosaxón scir ("brillante") e locc ("mechón de pelo"). Popularizado a partir do personaxe literario Sherlock Holmes, pode referirse a: PatronímicoUn apelido irlandés anglificado desde o gaélico "Scurlog", do danés "feroz guerreiro".PersonalidadesThomas Sherlock, bispo de Londres no século XVIII. Lorcan George Sherlock, alcalde de Dublín até 1945. Sherlock Holmes, un detective ficticio de finais do século XIX e principios do século XX, creado por Arthur Conan Doyle.TelevisiónSherlock, unha serie de televisión de 2010.
Mundial de Fútbol de 1998 - Grupo D
O Grupo D da Copa do Mundo de Fútbol de 1998, realizada en Francia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: España, Bulgaria, Paraguai e Nixeria. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificáronse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedaron eliminadas.
Yeah Yeah Yeah Yeah é o nome do lado de Bikini Kill dun álbum compartido coa banda Huggy Bear (o desta chámase Our Troubled Youth. Foi editado en marzo de 1993 a través do selo Kill Rock Stars. O tema "Rebel Girl" foi interpretado por primeira vez ao vivo polo grupo o 27 de decembro de 1991 en Washington, D.C., e está adicado a Juliana Luecking (QueenJuliana).
O río Chao Phraya ou Me Nam (en tailandés: แม่น้ำเจ้าพระยา) é un río de Tailandia, o principal río do país que aflúe desde a rexión montañosa do norte do país até o golfo de Tailandia, preto de Bangkok. É importante para o transporte das mercancías e tamén parte dun val agrícola altamente produtivo. O nome aplícase estritamente só ao curso baixo do río, que comeza na confluencia dos ríos Nan (740 km) e Ping (658 km).
Arcansas, ás veces tamén nomeado Arkansas, (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000).
O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.
William Archibald Scott Brown, coñecido como Archie,, nado en Paisley o 13 de maio de 1927 e finado en Heusy o 19 de maio de 1958, foi un piloto de automobilismo escocés. Tiña grande habilidade para competir nas carreiras a pesar de ter só unha man. Fíxose coñecido como o primeiro heroe discapacitado do automobilismo e enfrontou unha considerable adversidade (incluíndo a revogación da súa licenza) para participar e gañar as carreiras máis prestixiosas da súa época..
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha vacina de ARNm é un tipo de vacina que usa unha copia dunha molécula de ARN mensaxeiro (ARNm ou mRNA) para producir unha resposta inmune. A vacina entrega moléculas dun ARNm que codifica un antíxeno ás células inmunitarias, as cales usan o ARNm deseñado como molde para construír unha proteína allea ao organismo, que normalmente sería producida por un patóxeno infeccioso (como, por exemplo, un virus) ou por unha célula cancerosa. Estas moléculas de proteínas estimulan unha resposta inmunitaria adaptativa que ensina ao corpo a identificar e destruír o patóxeno correspondente ou as células cancerosas.
O termo xudaísmo (do hebreo יהדות Yahadut, do termo יהודה Yehudá) refírese á relixión, á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións monoteístas, as chamadas «relixións do Libro» ou «abrahámicas» xunto co cristianismo e o islam, e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
O turismo é o acto de viaxar por pracer e as actividades que se realizan durante as viaxes e nun lugar de permanencia distinto do que se vive. Un turista é alguén que viaxa cando menos oitenta quilómetros dende a súa residencia por lecer por un período superior a 24 horas e inferior a un ano, tal como o define a Organización Mundial do Turismo. O turismo deu nacemento a unha verdadeira industria para a provisión do turista, dende o sistema de transportes ata hostaleiros, tanto de provisión e restauración como de aloxamento.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División tras conseguir o ascenso na tempada 2022/23. Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de españois (5.311.906).
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.031.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en trece ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, seis delas ao aire libre e sete en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Valadouro en 1995, é un músico galego. Afincado en Compostela, xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de Vigo.
A violencia contra persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (LGTB), chamada LGTBfobia, pode estar motivada por actitudes de odio cara á súa orientación sexual (homofobia) ou identidade de xénero (transfobia). Esta violencia pode ser sancionada e executada por un estado, como aqueles países nos que a homosexualidade está castigada cunha variedade de penas. A homosexualidade está castigada coa pena de morte en cinco países (Arabia Saudita, Irán, Iemen, Mauritania, Sudán), ademais da zona islámica de Nixeria.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Rede privada virtual, do inglés virtual private network (VPN), é unha rede de comunicacións privada construída sobre unha rede de comunicacións pública (como por exemplo, a Internet). O tráfico de datos é levado pola rede pública utilizando protocolos padróns, non necesariamente seguros. En resumo, crea unha conexión segura e criptografada, que pode ser considerada como un túnel, entre o seu computador e un servidor operado polo servizo VPN. Unha VPN é unha conexión estabelecida sobre unha infraestrutura pública ou compartida, usando tecnoloxías de tunelamento e criptografia para manter seguros os datos trasfegados.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.