Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lipke Bijdeley Holthuis, nado o 21 de abril de 1921 en Probolinggo, provincia de Jawa Timur (Xava oriental), Xava, Indonesia e finado o 7 de marzo de 2008 en Leiden, Países Baixos, foi un carcinólogo holandés, considerado como un dos máis grandes de entre eles, e "o máis importante carcinólogo do noso tempo".
O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios. Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C..
Jeffrey Neal "Jeff" Pezzati, nado o 6 de febreiro de 1960, é o cantante principal da banda de punk rock de Chicago Naked Raygun. Dende 1983 ata 1985 foi o baixista de Big Black. No ano 1980 Jeff Pezzati era membro dunha banda de versións, Condor, cando os seus fundadores, Santiago Durango e o seu irmán Marco Pezzati, lle pediron facer unha audición para Naked Raygun (entón coñecida como Negro Commando) Jeff converteríase en membro do grupo e a día de hoxe e o compñente que máis tempo leva nel.
O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca.
O paradoxo de Condorcet ou paradoxo da votación é unha disxunción entre as preferencias do grupo e as preferencias individuais formulada por Condorcet (científico e matemático francés do século XVIII). Un individuo que pertence a un grupo mesmo cando ten preferencias que son consistentes (completas e transitivas), iso non é necesariamente verdadeiro para o grupo. É dicir, as preferencias colectivas poden ser cíclicas (non transitivas), mesmo se as dos votantes individuais non o foran.
O French Touch é un xeito de facer música dos últimos anos da década dos noventa e dos primeiros anos do século XXI. Este estilo tamén é coñecido como "Neu-disco" (new disco) "French house", "filter house" ou "tekfunk". É complicado definir dun xeito preciso o concepto de French Touch, dada a natureza mesma deste movemento. Fundado sobre un ritmo house clásico, este estilo ten a súa orixinalidade na utilización de samples filtrados que proveñen maioritariamente do funk e do disco.
A palabra edificio quere dicir facer fogo (do indoeuropeo æde, fogo e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é fogar. Un edificio é normalmente unha construción realizada con materiais resistentes (madeira, pedra, metal, formigón etc.) para poder protexerse das inclemencias meteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade. Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.
Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón.
Y cynfeirdd (en galés os primeiros bardos) é o nome que se lle dá na literatura galesa aos primeiros poetas en galés dos que se teñen noticia. Parece que pertenceron ao século VI. A súa obra referénciase como hengerdd ou vella poesía. Só conservamos a obra de dous deles Aneirin e Taliesin, dos outros só temos algunhas referencias posteriores na poesía medieval.
Premio Princesa de Asturias das Letras
O Premio Princesa de Asturias das Letras (até 2014, se denominou Premio Príncipe de Asturias das Letras) é concedido desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación represente unha contribución relevante á cultura universal nos campos da Literatura ou da Lingüística.
CaixaBank é un banco español con sede operativa en Barcelona e sede social en Valencia. Foi fundado en Barcelona en 2011, pola Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona, máis coñecida como la Caixa, que aportou os activos e pasivos do negocio bancario da mesma. A 31 de decembro de 2018, os activos de CaixaBank eran de 386.622 millóns de euros, sendo a terceira entidade financeira española por volume de activos.
Rolf Maximilian Sievert, nado o 6 de maio de 1896 en Estocolmo, finado o 3 de outubro de 1966, foi un médico cuxa maior contribución á ciencia foi o estudo dos efectos biolóxicos da radiación ionizante. Exerceu a maior parte da súa carreira en Suecia. Inventou varios instrumentos para medir as doses de radiación, sendo a máis coñecida a cámara de Sievert.
O Sáhara Español (en árabe: الصحراء الإسبانية al-Sahara' al-Isbaniyya) foi unha colonia e, posteriormente, provincia española en África xurdida da unión en 1958 dos territorios de Saguia el Hamra e Río de Oro, despois de que a agrupación de territorios da África Occidental Española deixase de existir. En 1976, logo da Marcha Verde de Marrocos sobre o territorio, España abandonouno. Desde ese momento o chamado Sáhara Occidental é disputado por Marrocos, que o anexiona sen recoñecemento internacional, e a República Árabe Saharauí Democrática que quere establecer un Estado independente no antigo territorio provincial.
Mary Stevenson Cassatt nada o 22 de maio de 1844 en Allegheny, (Pensilvania) e finada o 14 de xuño de 1926 en Le Mesnil-Théribus, (Francia), foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde estableceu unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas. Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.
A xeografía (provén do latín geographĭa e este dende o grego «γεωγραφία» xeografía 'descrición da terra', composto de "η γη" (hê gê) a Terra e "γραφειν" [graphein] describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol (xeografía matemática), e entre os humanos e o ambiente (xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza.
Star Wars Episode VII: The Force Awakens
Star Wars Episode VII: The Force Awakens (tamén coñecido como Star Wars: The Force Awakens) é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que foi estreado en decembro de 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O retorno do Jedi (1983).
Knights of the Dinner Table (Os Cabaleiros da Mesa do Comedor) son os protagonistas dunha publicación homónima publicada por primeira vez no ano 1990 nos Estados Unidos. Jolly R. Blackburn, o seu creador, necesitaba de contido orixinal para a tira cómica da revista SHADIS para o que recorreu á ambientación dunha partida de rol de mesa.
Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que foi estreado en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e suspense e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen.
O termo persoa provén do latín persōna, e este probablemente do etrusco phersona ('máscara do actor', 'personaxe'). O concepto de persoa é un concepto principalmente filosófico, que expresa a singularidade de cada individuo da especie humana en contraposición ao concepto filosófico de 'natureza humana' que expresa o común que hai neles. O significado actual de persoa ten a súa orixe nas controversias cristolóxicas dos séculos IV e V. No transcurso do debate entre as diferentes escolas teolóxicas, desenvolvéronse conceptos até entón non coñecidos.
The Nightmare Before Christmas
The Nightmare Before Christmas é un filme de animación baseado no poema de Tim Burton, producido por Touchstone Pictures, estreado o 29 de outubro de 1993, e distribuído por Touchstone Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixido por Henry Selick e producido e coescrito por Tim Burton.
Un fármaco (gr. φάρμακον), ás veces referido como medicina, menciña ou medicamento é toda substancia química purificada empregada na prevención, diagnóstico, tratamento, mitigación ou cura dunha doenza, para evitar a aparición dun proceso fisiolóxico non desexado ou ben para modificar condicións fisiolóxicas con fins específicos. É unha substancia, simple ou composta, utilizada como finalidade terapéutica contra as manifestacións patolóxicas, tanto se se produce a curación - suprimindo a causa da enfermidade - coma se só atenúa os síntomas.
Roosevelt pode referirse a: Como topónimo dá nome a: Roosevelt, localidade estadounidense do estado de Utah; Roosevelt, aldea estadounidense do estado de Nova York; Illa Roosevelt, en Nova York; Roosevelt, localidade arxentina da provincia de Buenos Aires; Illa Roosevelt, na Antártida; Río Roosevelt, leito fluvial do Brasil; Parque Franklin Delano Roosevelt, área protexida no Uruguai;Como apelido pode referirse a: Theodore Roosevelt, Jr., 26º presidente dos Estados Unidos (1858-1919); Franklin D. Roosevelt, 32º presidente dos Estados Unidos (1882-1945); Eleanor Roosevelt, promotora da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e esposa do anterior (1884-1962); Roosevelt Skerrit, primeiro ministro de Dominica (n.
A Dream Is a Wish Your Heart Makes
"A Dream Is a Wish Your Heart Makes" (en galego, "Un soño é un desexo feito polo teu corazón") é unha canción escrita e composta por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston para a película de Walt Disney Cinderella (1950). Na canción, Cincenta dille ós seus amigos animais que nunca vai parar de soñar.
Awan foi un reino na rexión de Elam, ao sur de Susa. A dinastía de Awan reinou desde sobre o -2500 ao -2100 e foi contemporánea de Sargón I de Akkad (sobre -2334 – -2279); o seu último rei, Puzur-Inshushinak reinaría ao mesmo tempo que Urnamu de Ur (sobre -2110 – -2094). As fontes sumerias deixaron indicacións das campañas militares que axudan a comprender a historia e xeografía de Elam.
Monty Python (ás veces coñecidos como os Pythons) foi un grupo británico de seis humoristas que sintetizou en clave de humor a idiosincrasia británica das décadas dos sesenta e setenta, composta por Graham Chapman, John Cleese, Terry Gilliam, Eric Idle, Terry Jones e Michael Palin. Do grupo unicamente Terry Gilliam non era británico senón estadounidense.
O illamento topográfico dun cume é a distancia mínima do gran círculo até un punto de altitude igual, o que representa un radio de dominancia no que o cume é o punto máis alto. Pódese calcular para pequenos outeiros e illas, así como para os principais picos das montañas, e mesmo se pode calcular para os cumes submarinos.
A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
O universo de Pokémon é un universo ficticio no que está ambientado a franquía Pokémon, a cal inclúe as historias e as obras ficticias producidas por The Pokémon Company, Nintendo, Game Freak e Creatures, Inc. O concepto do universo Pokémon, tanto nas obras de ficción como no mundo xeral de non ficción de Pokémon, provén da afección de coleccionar insectos, un popular pasatempo que o creado de Pokémon, Satoshi Tajiri, practicaba sendo neno. Os xogadores da serie de videoxogos son designados como adestradores Pokémon, e teñen dous obxectivos principais (como na maioría de xogos de Pokémon): completar a Pokédex conseguindo tódalas especies de Pokémon presentes na rexión ficticia na que está ambientada o xogo e adestrar un equipo de poderosos Pokémon para batallar con outros adestradores e converterse no máis forte: o campión Pokémon.
Sete espadas (en chinés: 七劍, Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.
O alemánico é unha lingua, moi dialectalizada, que fai parte do grupo do alemán superior, e que se fala no sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia. A poboación que o usa a diario calcúlase nuns 10 millóns. Pertence, xunto ao bávaro e ao suabo, á rama denominada alemán superior da familia das linguas xermánicas.
Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia en 1993, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
Ver tamén pigmento.Os pigmentos biolóxicos ou biocromos son substancias producidas por organismos vivos que teñen unha cor que se orixina por unha absorción de cor selectiva, é dicir, o pigmento cambia a cor da luz que reflicte como resultado da absorción selectiva de certas lonxitudes de onda da luz. Entre os pigmentos biolóxicos están os pigmentos de plantas e pigmentos de flores, e os de moitas estruturas biolóxicas de animais, como a pel, ollos, pelaxe e pelos, que conteñen pigmentos como a melanina en células especializadas chamadas cromatóforos, e outras como as plumas. Algúns pigmentos teñen outra función nos organismos distinta da produción de cor, pero a cor que producen é unha propiedade moi característica deles, como ocorre coa hemoglobina do sangue (que contén un grupo hemo con ferro que dá cor), cuxa misión esencial é transportar oxíxeno, pero que lle dá cor vermella ao sangue, ou a clorofila das plantas, que absorbe luz para a fotosíntese, pero que lle dá cor verde ás plantas.
Thomas Paine, nado en Thetford (Norfolk) o 29 de xaneiro de 1737 e finado en Nova York, 8 de xullo de 1809, foi un político, escritor, filósofo, intelectual radical e revolucionario estadounidense de orixe inglesa. Promotor do liberalismo e da democracia. Está considerado un dos Pais fundadores dos Estados Unidos.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
Esta é unha lista de doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela Gumersindo Busto (1934), creador da Biblioteca América da USC. Gustavo Cordeiro Ramos (1950), Presidente do Instituto para a Alta Cultura de Portugal, pola Facultade de Filosofía e Letras. Paulo Merèa (1955), catedrático de Historia do Dereito na Universidade de Coímbra, pola Facultade de Dereito. Andrés Segovia (13 de setembro de 1963), intérprete musical e profesor de "Música en Compostela", pola Facultade de Filosofía e Letras.
Roblox (/ˈroʊblɒks/) é unha plataforma de videoxogos en liña e de creación de videoxogos onde os usuarios poden crear e compartir o seus propios mundos virtuais (denominados 'experiencias') co sistema de creación de xogos chamado Roblox Studio, desenvolvido por Roblox Corporation e dispoñible en ordenadores. Roblox como programa é simplemente un lanzador para encontrar xogos e xogalos e que se debe diferenciar do mencionado Roblox Studio. Dende outubro de 2019 a plataforma ten máis de 5 000 000 de creadores de xogos e máis de 200 millóns de xogadores activos mensuais que rexistraron máis de 450 millóns de horas de xogo.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en trece ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, seis delas ao aire libre e sete en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século XXI por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A celidonia, ceruda ou herba da andoriña (Chelidonium majus), tamén coñecida como herba das espullas, herba leiteira, ciridonia ou ciridoña é unha planta herbácea perenne da familia das papoulas (Papaveraceae) de trinta a oitenta centímetros de altura, follas alternas de cor verde clara pola face e azulada polo revés, flores amarelas e froito en cápsula., que contén un zume cáustico usado en medicina Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC e DRAGÉ a única especie do xénero Chelidonium. En Galicia usábase para sandar as espullas. Existen datos clínicos que suxiren que podería ser eficaz no tratamento da dermatitis atópica.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Julio Antonio Mato Pazos, nado en Barro (Noia), o 2 de maio de 1937 e finado en Noia o 25 de agosto de 2023, foi un exfutbolista galego coñecido como Matito. Xogaba como dianteiro e chegou a actuar en varios equipos da Primeira División. Militou entre outros no Ourense, no Betis, no Oviedo e no Compostela, e deixou o fútbol federado en 2014, aos 77 anos de idade, despois de varias décadas xogando na categoría de veteranos.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
José Antonio Urruticoechea Bengoechea, nado en Ugao-Miraballes, Biscaia o 24 de decembro de 1950, tamén coñecido como Josu Ternera e como Josu Urrutikoetxea Bengoetxea, é un membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e ex-deputado de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Kalasma foi un pequeno principado da zona raiana entre os hititas e Mitanni que se formou sobre o século –XVI e caeu baixo influencia de Mitanni, ata que a finais do século -XV foi sometida ao Imperio Hitita. Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta nela. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.