Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Non confundir co Vigo Rugby Club de Vigo en Kent, Inglaterra.O Vigo Rugby Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo, en Galicia, fundada en 1988, cuxo primeiro equipo sénior masculino competiu catro tempadas na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby. Dende 2015 recibe oficialmente a denominación comercial de Blusens Networks Universidade de Vigo por razóns de patrocinio.Na tempada 2010/11 pasou á historia do rugby galego como o primeiro equipo da nosa comunidade que acadaba o ascenso á máxima categoría do rugby nacional, na que permaceu até a tempada 2014/15. Os seus 15 títulos na Copa Xunta desmostran o carácter dominador do Vigo Rugby Club no marco do rugby galego.
Os sistema de control de versións (VCS, do inglés «version control system»), xestor de código fonte (SCM, do inglés «source code manager») ou sistema de control de revisións (RCS, do inglés «revision contol system») son as ferramentas de xestión e control dos cambios en diferentes versións de código fonte de software ou doutros contidos como información de imaxes, bases de datos, documentación ou similares. O control de versións séguelle os cambios aos documentos e ao código fonte, como é o caso de proxectos de desenvolvemento de software ou creación de páxinas web, e recompila esa información. Aos cambios asígnalles un código de letras ou números, que se denominan «número de revisión», «nivel de revisión» ou «revisión».
Scyliorhinus é o xénero tipo da familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae), peixes catilaxinosos elasmobranquios da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes). Son tiburóns de pequeno tamaño e coloración irregular, con dúas aletas dorsais, pequenas e desprazadas cara a atrás, coñecidos vulgarmente como melgachos.
A lista de Schindler (en inglés: Schindler's List) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Art de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.
Manuel Turizo Zapata, coñecido como Manuel Turizo e polo acrónimo MTZ, é un cantante colombiano de reguetón. É coñecido polo seu sinxelo "Una Lady Como Tú" (2016), co que obtivo a popularidade en Latinoamérica, e en xuño de 2017 o vídeo oficial da canción acadou os mil millóns de visitas en YouTube.
Premio Princesa de Asturias das Letras
O Premio Princesa de Asturias das Letras (até 2014, se denominou Premio Príncipe de Asturias das Letras) é concedido desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación represente unha contribución relevante á cultura universal nos campos da Literatura ou da Lingüística.
«Voorgoed voorbij» ([voːrˈɣut voːrˈbɛi̯]; en galego: «Acabouse para sempre») é unha canción composta por Jelle de Vries e interpretada en neerlandés por Corry Brokken. Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1956.
In the Aeroplane Over the Sea é o segundo e derradeiro álbum da banda estadounidense de indie rock Neutral Milk Hotel, publicado o 10 de febreiro de 1998 nos Estados Unidos a través do selo Merge Records e no Reino Unido no mes de maio a través de Blue Rose Records. Jeff Mangum mudouse de Athens, Xeorxia a Denver, Colorado para preparar a meirande parte do material do co produtor Robert Schneider, no seu novo estudio Pet Sounds na casa do músico Jim McIntyre. O álbum foi o sexto vinilo máis vendido no ano 2008, dez anos despois do seu lanzamento orixinal.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
Orde arquitectónica, na arquitectura chamada clásica refírese a clasificación do estilo dos edificios na Grecia antiga en tres ordes, logo utilizados polos romanos da antigüidade que lle engadiron dúas. As medidas das diferentes partes dun edificio están en relación coas proporcións do conxunto da obra. As regras das proporcións da beleza a medida do home propia dos gregos antigos, serán cambiadas en cada etapa histórica.
Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.
21 horas en Munich (en inglés: 21 Hours at Munich) é un telefilme estadounidense dirixido por William A. Graham que foi estreado en 1976. Está baseado no libro The Blood of Israel de Serge Groussard e conta os eventos reais ocorridos no masacre de Múnic. Foi emitido pola canle ABC o 7 de novembro de 1976.
Premio Princesa de Asturias das Artes
O Premio Princesa de Asturias das Artes é concedido pola Fundación Princesa de Asturias dende 1981 á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións cuxo labor na arquitectura, cinematografía, danza, escultura, música, pintura e demais expresións artísticas, constitúa unha achega relevante ó patrimonio cultural da humanidade.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O coeficiente intelectual ou cociente intelectual (abreviado CI ou, en inglés, IQ) é un valor numérico que resulta da realización dun test estandarizado para medir as habilidades cognitivas dunha persoa ("intelixencia") en relación co seu grupo de idade. Exprésase de forma normalizada para que o CI medio nun grupo de idade sexa 100, é dicir, unha persoa cun CI de 115 está por riba da media entre as persoas da súa idade. O máis normal é que o desvío estándar (σ) dos resultados sexa de 15 ou 16, e os tests deséñanse de xeito que a distribución dos resultados sexa aproximadamente a distribución normal ou gaussiana, isto é, que seguen a curva de campá.
As proteínas (do grego πρωτεϊνη, primeiro) son unhas macromoléculas formadas por α-aminoácidos. Poden estar formadas por unha ou varias cadeas de aminoácidos. As proteínas son moléculas orgánicas esenciais na estrutura e función dos seres vivos (por exemplo, forman parte integral dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como encimas).
Henry Ford, nado o 30 de xullo de 1863 e finado o 7 de abril de 1947, foi o fundador de Ford Motor Company e acredítanlle a creación dunha clase media na sociedade americana. Foi un dos primeiros en aplicar técnicas de traballo en cadea na produción de automóbiles. Este logro non só revolucionou a produción industrial, tivo tal influencia sobre a cultura moderna que algúns teóricos identifican esta etapa da historia social e económica como fordismo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.073.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de españois (5.311.906).
A edición do xenoma (genome editing), edición de xenes ou enxeñaría xenómica é un tipo de enxeñaría xenética na cal o ADN se insire, elimina, modifica ou substitúe no xenoma dun organismo vivo. A diferenza das primeiras técnicas de enxeñaría xenética que se inserían aleatoriamente material xenético no xenoma do hóspede, a edición do xenoma dirixe as insercións a localizacións específicas de sitio. O mecanismo básico implicado nas manipulacións xenéticas por medio de nucleases programables é o recoñecemento de loci xenéticos diana e a unión de endonucleases de restrición (FokI e Cas) a roturas de dobre febra (DSBs) do ADN diana, e a reparción de roturas de dobre febra por recombinación dirixida por homoloxía (HDR) ou unión de extremos non homólogos (NHEJ).
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
Concepción Gamarra Ruiz-Clavijo, nada en Logroño o 23 de decembro de 1974, máis coñecida como Cuca Gamarra, é unha política española, secretaria xeral do Partido Popular. Foi alcaldesa da cidade española de Logroño, capital da comunidade autónoma da Rioxa, a primeira muller na historia da cidade que exerceu ese cargo. Chegou á alcaldía tras obter o seu partido, o PP, a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2011.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Smiljan Imperio austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio estadounidense e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), incluíndo o sistema polifásico de distribución eléctrica hoxe en día chamado sistema trifásico e o motor de corrente alterna, que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda revolución industrial. Tesla era etnicamente serbio xa que naceu na vila de Smiljan (hoxe en día en Croacia), no entón Imperio austrohúngaro (aínda que algúns académicos romaneses afirman que era istroromanés).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
En física, un buraco de verme, tamén coñecido como unha ponte de Einstein-Rosen, é unha hipotética característica topolóxica do espazo-tempo, descrita polas ecuacións da relatividade xeral, a cal é esencialmente un "atallo" a través do espazo e o tempo. Un buraco de verme ten polo menos dous extremos, conectados a unha única "gorxa", podendo a materia viaxar dun extremo a outro pasando a través desta. Neste sentido é unha actualización da decimonónica teoría dunha cuarta dimensión espacial que supoñía -por exemplo- dado un corpo toroidal no que se podían atopar as tres dimensións espaciais comunmente perceptibles, unha cuarta dimensión espacial que reduciría as distancias...
Premio Nacional de Poesía (España)
O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía é un premio literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España. O seu antecedente atópase no Concurso Nacional de Literatura creado pola Real Orde do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes do 27 de setembro de 1922 (Gaceta de Madrid, 273, de 30 de setembro), que seguiu convocándose ata 1931. Premia á mellor obra de poesía escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Gregoria Apaza Nina, nada en Ayo Ayo, na provincia de Sica Sica, c. 1751 e finada na Paz o 6 de setembro de 1782, foi unha heroína e revolucionaria indíxena aimará que liderou, xunto co seu irmán Túpac Katari (Julián Apaza) e a súa cuñada. Bartolina Sisa, unha das rebelións máis importantes contra o Imperio Español no Alto Perú.Filla de Nicolás e Marcela, casou con Alejandro Pañuni, sancristán do lugar, co cal tivo un fillo.
O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.
Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura. Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Java (linguaxe de programación)
Java é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvida por Sun Microsystems a principios dos anos noventa. A linguaxe Java toma moita da súa sintaxe da C e C++, pero ten un modelo de obxectos máis simple e elimina ferramentas de baixo nivel como punteiros. As aplicacións Java están tipicamente compiladas nun bytecode, aínda que a compilación en código máquina nativo tamén é posible.