Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesa que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris. Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony.
O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura. É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Ekaterina "Katia" Alexandrovna Gordeeva (Екатерина Александровна Гордеева), nada en Moscova o 26 de maio de 1971, é unha patinadora artística rusa. Xunto co seu compañeiro e defunto esposo Sergei Grinkov, foi campioa dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 e 1994 e catro veces campioa no Campionato Mundial de Patinaxe Artística en patinaxe por parellas. Despois da morte do seu marido, continuou actuando como patinadora individual.
José Sobral de Almada Negreiros, nado en Trindade (San Tomé) o 7 de abril de 1893 e finado en Lisboa o 15 de xuño de 1970, foi un artista multidisciplinar, pintor, escritor, poeta, ensaísta, dramaturgo e novelista portugués vinculado ao grupo modernista ou vangardista. Tamén foi un dos principais colaboradores da revista Orpheu.
Atmospheric Reentry Demonstrator
Atmospheric Reentry Demonstrator, coñecido abreviadamente como ARD foi un demostrador tecnolóxico da ESA deseñado para estudar a reentrada atmosférica. ARD foi lanzado nunha traxectoria suborbital por un Ariane 5 o 21 de outubro de 1998 ás 16:37 GMT desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa. A nave tiña a mesma forma da cápsula de reentrada das naves do Proxecto Apollo pero cun tamaño un 20% inferior.
Os Jonas Brothers son unha banda masculina estadounidense formada en 2005, que gañou a súa popularidade pola súa participación na canle Disney Channel. No verán de 2008 protagonizaron a película orixinal de Disney Channel Camp Rock, así como a súa secuela, Camp Rock 2: The Final Jam. O grupo está formado por tres irmáns procedentes de Nova Jersey: Paul Kevin Jonas II, Joseph Adam Jonas e Nicholas Jerry Jonas, coñecidos simplemente por Kevin Joe e Nick Jonas, e ata o de agora publicaron catro álbums: It's About Time, Jonas Brothers, A Little Bit Longer e Lines, Vines and Trying Times, aínda que xa fixeron pública a súa intención de sacar un novo disco para 2012, pero afirmando que non teñen presa.
Death Note (デスノート, Desu Nōto) é unha serie de manga escrita por Tsugumi Ōba e ilustrada por Takeshi Obata, e cuxa adaptación ó anime foi dirixida por Tetsurō Araki. A historia céntrase en Light Yagami, un estudante de insituto que atopa un caderno sobrenatural chamado «Death Note», co cal é quen de matar persoas se escribe os nomes no caderno mentres imaxina mentalmente a cara de quen quere asasinar. Light tenta eliminar a tódolos criminais e crear un mundo onde non exista a maldade, pero os seus plans serán frustrados por L, un célebre detective privado.A serie está baseada nun one-shot que foi difundido por Shūeisha para a revista Shōnen Jump, e xeralizouse como unha inclusión no volume trece, «How to Read», o cal é unha guía que contén datos relativos á franquía, incluíndo o perfil de tódalas personaxes principais.
O QDOS (siglas en inglés de "Quick and Dirty Operating System") é o que se traduce en galego como "Sistema Operativo Rápido e Sucio". Escrito e comercializado por Tim Paterson, era un sistema de 16 bits que pertencía á compañía estadounidense Seattle Computer Products. Estaba baseado no Control Program/Monitor (CP/M) de Gary Kildall para o seu kit de computador, que á súa vez se baseaba no procesador Intel 8086.
Metal Gear Solid é a terceira entrega da serie de videoxogos Metal Gear creada por Hideo Kojima. As primeiras entregas foron lanzadas primeiro para NES e MSX, e a seguinte para PSX e PC. Tamén dispoñible para PS3 (na Store Xaponesa). No Metal Gear Solid 4 apareceu un mapa orixinal do Metal Gear Solid.
Final do Mundial de Fútbol de 1930
A final do Mundial de Fútbol de 1930 foi o partido final da primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol, que se disputou no estadio Centenario de Montevideo, Uruguai, o 30 de xullo de 1930. O partido coroou ao Uruguai como o primeiro campión mundial deste deporte, despois de derrotar á Arxentina por 4-2.
O Tour de Francia 2015 foi a 102ª eddición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto.
Unha facultade é unha institución docente de estudo e investigación que normalmente constitúe unha subdivisión dunha universidade. Abrangue unha área de estudo concreta ou un conxunto de áreas relacionadas. A antiga Universidade de París, que serviu de modelo para a maioría das universiades medievais de Europa, tiña catro facultades: Teoloxía, Leis, Medicina e Artes.
A edición do xenoma (genome editing), edición de xenes ou enxeñaría xenómica é un tipo de enxeñaría xenética na cal o ADN se insire, elimina, modifica ou substitúe no xenoma dun organismo vivo. A diferenza das primeiras técnicas de enxeñaría xenética nas que se insería aleatoriamente material xenético no xenoma do hóspede, a edición do xenoma dirixe as insercións a localizacións específicas de sitio. O mecanismo básico implicado nas manipulacións xenéticas realizadas por medio de nucleases programables é o recoñecemento de loci xenéticos diana e a unión de endonucleases de restrición (FokI e Cas) a roturas de dobre febra (DSBs) do ADN diana, e a reparción de roturas de dobre febra por recombinación dirixida por homoloxía (HDR) ou unión de extremos non homólogos (NHEJ).
Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore é unha personaxe ficticia das novelas de Harry Potter, escritas por J. K. Rowling. Durante a meirande parte da serie, é o director da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Como parte da súa historia, revélase que é o líder e fundador da Orde do Fénix, unha organización adicada á loita contra o antagonista principal da serie, Lord Voldemort.
A libra esterlina (en inglés pound sterling) é a unidade monetaria oficial do Reino Unido. Habitualmente denomínase simplemente libra (pound), e para diferenciala da unidade de peso homónima acordouse usar o cualificativo de sterling, nome que tiña o antigo penique (penny) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria básica e o seu valor equivalía a pouco menos có dunha libra actual. O símbolo da libra esterlina é £, e o seu código ISO 4217 é GBP. Desde 1971, logo da introdución do sistema decimal, a moeda británica está dividida en 100 novos peniques (en inglés pence, plural de penny), e o seu símbolo é p.
As proteínas (do grego πρωτεϊνη, primeiro) son unhas macromoléculas formadas por α-aminoácidos. Poden estar formadas por unha ou varias cadeas de aminoácidos. As proteínas son moléculas orgánicas esenciais na estrutura e función dos seres vivos (por exemplo, forman parte integral dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como encimas).
A Wikipedia en neerlandés (en neerlandés: Nederlandstalige Wikipedia) é a edición en neerlandés de Wikipedia. Comezada en xuño de 2001, esta edición tiña uns 100.000 artigos en outubro de 2005, e foi a cuarta Wikipedia en superar o millón de artigos, despois das edicións inglesa, alemá e francesa. Esta versión da enciclopedia contén 2.133.303 artigos e 1.300.839 usuarios, dos cales 3.727 son activos.
ASCII é o acrónimo de American Standard Code for Information Interchange (Código Estándar Americano para o Intercambio de Información). É un conxunto de códigos para o computador que serven para representar cifras, letras, puntuación e outros caracteres. A definición dos valores ASCII para os caracteres xurdiu en 1961 e un dos seus inventores foi Robert W. Bemer.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Un filme ou película é unha arte visual baseada nunha serie de imaxes fixas que, cando se proxectan nunha pantalla de forma consecutiva en rápida sucesión, crean a ilusión óptica de imaxes en movemento. O termo úsase normalmente como sinónimo de obra cinematográfica, é dicir, unha historia (ficticia ou documental), rexistrada nun soporte (filme flexible ou contedor dixital) que se grava e le mediante un mecanismo continuo ou intermitente de sucesión de imaxes. Un filme pódese crear fotografando escenas reais cunha cámara de imaxes en movemento, fotografando debuxos ou modelos en miniatura empregando técnicas de animación tradicional, por medio de imaxes xeradas por computador ou animación por ordenador, ou por unha combinación dalgunhas ou todas estas técnicas e outros efectos visuais.
Henry Ford, nado o 30 de xullo de 1863 e finado o 7 de abril de 1947, foi o fundador de Ford Motor Company e acredítanlle a creación dunha clase media na sociedade americana. Foi un dos primeiros en aplicar técnicas de traballo en cadea na produción de automóbiles. Este logro non só revolucionou a produción industrial, tivo tal influencia sobre a cultura moderna que algúns teóricos identifican esta etapa da historia social e económica como fordismo.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de españois (5.311.906).
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Rede privada virtual, do inglés virtual private network (VPN), é unha rede de comunicacións privada construída sobre unha rede de comunicacións pública (como por exemplo, a Internet). O tráfico de datos é levado pola rede pública utilizando protocolos padróns, non necesariamente seguros. En resumo, crea unha conexión segura e criptografada, que pode ser considerada como un túnel, entre o seu computador e un servidor operado polo servizo VPN. Unha VPN é unha conexión estabelecida sobre unha infraestrutura pública ou compartida, usando tecnoloxías de tunelamento e criptografia para manter seguros os datos trasfegados.
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas. Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Para o Estado non recoñecido véxase: República de Artsakh.Nagorno-Karabakh ou Nagorno-Karabaj (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն, en azarí: Dağlıq Qarabağ ou Yuxarı Qarabağ, literalmente significa "Karabakh montañoso" ou "Alto Karabakh"; en ruso: Нагорный Карабах, Nagornyy Karabakh), historicamente coñecido como Artsakh (en armenio: Արցախ), é unha rexión da antiga República Socialista Soviética de Acerbaixán, situada no sur do Cáucaso. Localízase a preto de 270 km ao oeste da capital de Acerbaixán, Bakú. É unha rexión maioritariamente poboada por armenios que pasou á xurisdición de Acerbaixán en 1923, debido a unha decisión de Stalin.
Xaime Quesada Blanco, nado o 20 de decembro de 1975 en Ourense e finado o 21 de xuño de 2006 en Vilar de Astrés, Ourense, fillo do tamén pintor Xaime Quessada e da arquitecta María Xesús Blanco, foi un dos grandes representantes da plástica galega de principios do século XXI, malia a súa curta vida.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Richard St John Harris, nado o 1 de outubro de 1930 en Limerick, Irlanda e finado o 25 de outubro de 2002 en Londres. Foi un actor irlandés, cantante-compositor, produtor teatral, director de cine e escritor. Como actor foi moi prolífico, e os seus papeis de maior sona foron como Rei Artur en Camelot (1967), Oliver Cromwell en Cromwell (1970) e como Albus Dumbledore en Harry Potter e a pedra filosofal (2001) e Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002), o seu derradeiro filme.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 foi a 33ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 25ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 25 de setembro.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965 foi a 16ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 8ª Copa Internacional de construtores de F1. Os dous títulos disputáronse simultaneamente con dez Grandes Premios que se iniciaron o 1 de xaneiro e finalizaron o 24 de outubro.
Java (linguaxe de programación)
Java é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvida por Sun Microsystems a principios dos anos noventa. A linguaxe Java toma moita da súa sintaxe da C e C++, pero ten un modelo de obxectos máis simple e elimina ferramentas de baixo nivel como punteiros. As aplicacións Java están tipicamente compiladas nun bytecode, aínda que a compilación en código máquina nativo tamén é posible.
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.
Pedro Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México o 18 de xaneiro de 1940 e finado en Núremberg (Alemaña) o 11 de xullo de 1971, foi un piloto de automobilismo mexicano. Xunto co seu irmán máis novo Ricardo, dous anos menor, correu con bicicletas e motocicletas na súa adolescencia e chegou a ser campión mexicano de motos aos 13 anos en 1953 repetindo en 1954 e de aí saltou ao automobilismo de velocidade.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.090.
Ángel Urzaiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Afonso XIII.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Peer-to-peer (par con par), refírese en xeral á interrelación directa de dous elementos que posúen a mesma xerarquía. Aplícase en informática á comunicación peer-to-peer (entre 2 iguais), coa característica engadida de que a comunicación/información viaxa directamente desde unha computadora á outra sen ser interinamente almacenada nun servidor. En xeral, unha rede informática entre iguais (en inglés peer-to-peer e máis coñecida como P2P) refírese a unha rede que non ten clientes e servidores fixos, senón unha serie de nodos que se comportan á vez como clientes e como servidores dos demais nodos da rede.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Marta Hazas Cuesta, nada en Santander o 31 de decembro de 1977, é unha actriz española coñecida polo seu papel de Amelia en El Internado, serie de Antena 3. Tamén participou de forma esporádica en series como Aída, Los hombres de Paco, Cuéntame cómo pasó, Paco y Veva, Hospital Central, El comisario ou Los Serrano entre outras. É licenciada en Xornalismo, e tamén participou nalgunhas películas, como 8 citas.
A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste.