Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A enxeñaría de proteínas é a disciplina técnica utilizada para desenvolver proteínas útiles e valiosas por medio do deseño e a produción de polipéptidos non naturais, a miúdo alterando secuencias de aminoácidos atopadas na natureza. É unha disciplina nova, na que se están a facer moitas investigacións para comprender o pregamento de proteínas e o recoñecemento dos principios para o deseño de proteínas. Foi utilizada para mellorar a función de moitos encimas para a catálise industrial.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018, foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predicción teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O Port de la Lune (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
RSS é parte da familia de formatos XML, desenvolvidos especificamente para os sitios de novas e os blogs. Este tipo de sitios que se actualizan con frecuencia inclúen dentro das súas potencialidades, a posibilidade de compartir información e usala noutros lugares web ou programas. Este procedemento coñécese como sindicación.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Eyes Wide Shut é un filme británico-estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por Stanley Kubrick. Baséase na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior.
O Camerún (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República do Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste co Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina.A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doctor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Arévalo é un concello da provincia de Ávila na Comunidade Autónoma de Castela e León. Esta localidade limita ao norte cos municipios de Palacios de Goda e Donvidas; ao oeste con Aldeaseca e Nava de Arévalo; ao sur con Tiñosillos, Orbita, Gutierre-Muñoz e Espinosa de los Caballeros; e ao leste coa provincia de Segovia. Ten unha poboación de 8.099 habitantes (INE 2011).
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco. A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia as afirmacións anteriores de Feijóo de que a súa vontade non era a dun final prematuro da lexislatura.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Gregorio Esteban Sánchez Fernández, nado en Málaga o 28 de maio de 1932 e finado no mesmo lugar o 11 de novembro de 2017, máis coñecido polo alcume de Chiquito de la Calzada, foi un humorista, cantante de flamenco e actor andaluz. Comezou como cantante de flamenco con 8 anos e traballou en diferentes teatros, salas e espectáculos en España e o Xapón. Fíxose moi popular grazas ao programa humorístico Genio y figura (Antena 3, 1994).
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1982 coma unha competición de dous equipos: o campión de liga de Primeira División contra o campión da Copa do Rei. En 2019 adoptou o seu actual formato de catro equipos: os gañadores e subcampións de Liga e Copa.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A celebridade (ás veces referido co anglicismo "celebrity") ou a fama, son atributos de persoas amplamente coñecidas e reputadas, que teñen e reclaman un alto grao de atención por parte do público e dos medios de comunicación. Unha «celebridade» é unha «persoa famosa», e a palabra vén do latín celebrĭtas; pola súa banda, «famoso» provén igualmente do latín famōsus. Mentres que a fama é xeralmente un requisito para alcanzar o status de «celebridade», non sempre é suficiente.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. É estudado pola ciencia da cor.Para observar a cor debe de haber luz, cando a luz reflíctese as cores rebotan do obxecto. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes.
Operación Triunfo 2017 é a novena edición do programa de televisión musical Operación Triunfo en España, a cal volve emitirse na 1 tras 16 anos dende a súa primeira emisión. O programa estreouse líder de audiencia, conseguindo un 19% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continou rexistrando bos datos de audiencia.
Abril Zamora Peláez, nada en Cerdanyola del Vallès (provincia de Barcelona) o 11 de novembro de 1981, é unha actriz, guionista e directora de cine catalá. Posúe unha longa traxectoria en cinema, televisión e teatro, mais gañou popularidade ao interpretar a Luna na serie de televisión Vis a Vis, dando visibilidade á realidade LGBT+ a través da ficción.
Thomas Cruise Mapother IV, nado en Siracusa (Estado de Nova York) o 3 de xullo de 1962, máis coñecido como Tom Cruise, é un actor estadounidense. Protagonizou películas como Risky Business, Top Gun, A cor do diñeiro, Rain Man, Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles e a saga de Misión: Imposible. Tamén obtivo tres nomeamentos para o Óscar ao mellor actor: en 1990 por Nacido o 4 de xullo, en 1997 por Jerry Maguire e en 2000 por Magnolia.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Douala é a maior cidade do Camerún e capital da Rexión do Litoral e do departamento de Wouri. Cunha poboación de 2 768 400 habitantes (2014), cidade atópase no oeste do país, a beiras do golfo da Guinea, no océano Atlántico, xusto na desembocadura do río Wouri. A cidade esténdese a ambas as beiras do río, unidas pola ponte Bonaberi.
Ramón María del Valle-Inclán y de la Peña, nado en Vilanova de Arousa o 28 de outubro de 1866 e finado en Compostela o 5 de xaneiro de 1936, foi un dramaturgo, poeta e novelista galego en lingua castelá. É considerado un dos autores máis importantes da literatura en español do século XX, e encádrase na chamada Xeración do 98. O 2016 foi declarado "Ano Valle-Inclán" en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento.