Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).
O triunfo romano, orixinalmente en latín triumphus, era unha cerimonia civil e rito relixioso da Roma antiga, realizada para celebrar e consagrar publicamente o éxito dun comandante militar que levara as forzas romanas a unha vitoria ao servizo de Roma ou, orixinal e tradicionalmente, un que completara con éxito unha campaña militar no estranxeiro. O día do seu triunfo, o xeneral, ou vir triumphalis (despois triumphator), lucía unha coroa triunfal de loureiro e a toga picta (pintada) triunfal, morada e bordada en ouro, que o identificaban como monárquico ou divino. Desfilaba nun carro tirado por catro cabalos polas rúas de Roma co exército desarmado, os prisioneiros e o seu botín de guerra.
Autosport é unha marca editorial mundial de deportes de motor con sede en Richmond, Londres. Establecida en 1950 ao mesmo tempo que as orixes do Campionato Mundial de Fórmula 1. Autosport comezou a súa vida como revista semanal en 1950 e expandiuse á edición dixital coa creación de Autosport.com en 1997.
Cábala (hebreo: קַבָּלָה, cabalá: "recibimento") é o conxunto de tradicións e practicas místicas do xudaísmo, que busca, por medio de métodos esotéricos, explicar os segredos da Creación e lograr coñecementos ocultos das escrituras sagradas. Un cabalista tradicional coñécese como Mekubal (hebreo: מְקוּבָל).Sucede, porén, que outras prácticas inspiradas na cábala pretenden estender e adaptar o seu contido, segundo esas outras relixións ou doutrinas. Así, definicións da cábala varían de acordo coa tradición e obxectivos daqueles que lle seguen.
Saúde é definida pola Constitución de 1996 da Organización Mundial da Saúde coma o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades . Tamén pode definirse coma o nivel de eficacia funcional e/ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro (celular) coma no macro (social). ..."A saúde mídese polo shock que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida.
O Museo da Orangerie (en francés Musée de l'Orangerie) é unha galería de arte impresionista e postimpresionista localizada na Place de la Concorde en París. Contén traballos de Paul Cézanne, Henri Matisse, Amedeo Modigliani, Claude Monet, Pablo Picasso, Pierre-Auguste Renoir, Henri Rousseau, Chaim Soutine, Alfred Sisley e Maurice Utrillo entre outros. A galería está á beira do Sena, no antigo invernadoiro do Palacio das Tullerias nos Xardíns das Tullerias.
O sangue é un fluído corporal dos animais que ten como función principal transportar nutrientes e osíxeno ás células e os residuos metabólicos producidos polas células. En anatomía e histoloxía o sangue considérase un tipo especializado de tecido conectivo con matriz líquida (o plasma), dada a súa orixe nos ósos e a presenza de fibras proteicas en potencia en forma de fibrinóxeno. Os termos médicos relacionados co sangue xeralmente empezan por hemo ou hemato, do grego αἷμα (haima) 'sangue'.
Perseo Περσεύς, o lendario fundador de Micenas e da dinastía micénica dos Aqueos, foi o primeiro dos heroes da mitoloxía grega cuxas fazañas na derrota de varios monstros deron pé á creación dos mitos dos deuses olímpicos. Perseo decapitou a gorgona Medusa, e salvou a Andrómeda do monstro mariño Ceto.
Gran Premio de Bélxica de 2011
O Gran Premio de Bélxica de 2011, formalmente 2011 Formula 1 Shell Belgian Grand Prix, é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 28 de agosto de 2011, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa, Bélxica. Foi a duodécima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011.
Hungría participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos na edición inaugural de 1896 e dende entón enviou atletas para competir en case cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán e de Inverno. A nación non foi convidada a participar nos Xogos de 1920 despois da primeira guerra mundial, e tampouco participou na edición de 1984 como parte do boicot liderado pola Unión Soviética. Os atletas húngaros gañaron un total de 511 medallas nos Xogos de Verán e 7 medallas nos Xogos de Inverno, sendo a esgrima o deporte que máis medallas lles reportou.
Os Xogos Panafricanos son unha competición deportiva modelada segundo os Xogos Olímpicos na que participan atletas dos países africanos organizado cada catro anos pola Asociación de Comités Olímpicos Nacionais Africanos desde 1965 e posúen o recoñecemento do Comité Olímpico Internacional como un evento multideportivo continental.
O .357 Magnum é un calibre para revólver, creado pola empresa de armas Smith&Wesson en 1934 e baseado nun anterior, o .38 Special. Desde a súa creación difundiuse amplamente o seu uso. A diferenza entre unha bala disparada do .38 e outra de .357 (malia a diferenza do nome miden o mesmo) é que, mentres a .38 viaxa a 250 m/s, a Magnum faino 400, co drástico aumento de poder de detención e capacidade de perforación que iso implica.
Un videoxogo é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo. Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.
Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca.
Harold George "Harry" Belafonte, Jr., nado como Harold George Belafonte, Jr. en Harlem (Nova York) o 1 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 2023, foi un actor, músico e activista social estadounidense de orixe xamaicano. Axudou a popularizar o ritmo musical caribeño calipso na década de 1950.
A Wikipedia en noruegués é a versión da enciclopedia libre Wikipedia en lingua norueguesa. Conta con dúas edicións: unha para o noruegués bokmål e outra para o nynorsk. A primeira páxina comezou o 26 de novembro de 2001, e orixinalmente acollía artigos escritos en calquera das dúas versións da lingua.
Craig Parker, nado o 12 de novembro de 1970 en Suva, Fidxi, é un actor neozelandés, famoso por interpretar o elfo Haldir nos filmes de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring e The Lord of the Rings: The Two Towers. O seu avó viaxou dende Edimburgo, Escocia a Fixi durante os anos de servizo na British Army. Á parte de sangue escocés, Craig Parker ten antergos galeses, dinamarqueses, ingleses e córnicos.
British Airways é a aeroliña máis grande do Reino Unido e de Europa. É, polo tanto, unha das maiores do mundo, co maior número de voos entre Europa e Norteamérica. Formouse no ano 1974 como resultado da fusión entre a aeroliña estatal British Overseas Airways Corporation (BOAC) e a British European Airways (BEA).
O alcohol ou alcol (do árabe al-khwl الكحول, ou al-ghawl الغول, ‘o espírito’, ‘toda substancia pulverizada’, ‘líquido destilado’) refírese case sempre ao etanol, e por extensión a calquera bebida que conteña etanol (bebida alcohólica). En química, alcohol é un termo máis xeral, aplicado a calquera compoñente orgánico no cal un dos carbóns está ligado a un grupo hidroxilo (-OH) substituíndo a un átomo de hidróxeno. A fórmula xeral é CnH2n+1OH. Ademais este carbono debe estar saturado, é dicir, debe ter só ligazóns simples a sendos átomos; isto diferenza ós alcohois dos fenois.
Pioneer 11, tamén coñecida como Pioneer G, foi unha sonda espacial lanzada o 6 de marzo de 1973 mediante un foguete Atlas-Centaur desde a base espacial de Cabo Cañaveral para sobrevoar Xúpiter e Saturno e estudar o Sistema Solar exterior, converténdose na primeira nave en visitar ámbolos dous planetas nunha soa traxectoria, a primeira en visitar Saturno e no segundo obxecto humano que saíu fora do Sistema Solar cara o espazo interestelar.
A cor dos ollos é un carácter fenotípico polixénico, é dicir, no que interveñen varios xenes, e que está determinado por dous factores: a pigmentación do iris do ollo e a dispersión da luz causada pola turbidez do medio no estroma do iris.Nos humanos, a pigmentación do iris varía do castaño claro ao castaño moi escuro case negro, dependendo de tres cousas: a concentración de melanina no epitelio pigmentario do iris (localizado na parte posterior do iris), o contido de melanina do estroma do iris (situado na parte anterior do iris), e a densidade celular do estroma. O aspecto dos ollos azuis, verdes, e abelás débese á dispersión de Rayleigh da luz no estroma, un fenómeno similar ao que orixina que o ceo do noso planeta sexa azul. No ollo humano non hai pigmentos azuis nin verdes.
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A EstradaUnha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
Edward Joseph "Ed" Snowden, nado en Elizabeth City, Carolina do Norte, o 21 de xuño de 1983 é un analista informático ex traballador da CIA e a NSA. En xuño de 2013, Snowden fixo públicos, a través dos xornais The Guardian e The Washington Post, documentos clasificados como alto secreto sobre varios programas da NSA, incluíndo os programas de vixilancia masiva PRISM e XKeyscore.Crese que Snowden fuxiu de Hong Kong (China) cara a Rusia; Snowden solicitou a Ecuador que lle conceda asilo. O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos clasificou a participación de Snowden no programa de vixilancia PRISM como un «asunto criminal», polo que non está clara a sorte que terá.Tamén solicitou asilo a España, Venezuela, Bolivia ou Cuba entre un total de 21 países. O 5 de xullo de 2013 o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, ofreceu asilo humanitario a Snowden, pero ó mesmo tempo, o presidente da República de Nicaragua, Daniel Ortega, dixo no Acto do 34 aniversario do repregamento táctico a Masaya (Nicaragua) que se consideraría ofrecerlle asilo a Snowden e afirmou que Nicaragua xa recibira a carta de petición de asilo na súa embaixada en Moscova.
Cécile Hernandez-Cervellon, nada en Perpiñán o 20 de xuño de 1974, que tamén compite como Cécile Hernandez, é unha snowboarder paralímpica francesa e tres veces medallista paralímpico, cunha medalla de prata en Sochi 2014 e unha prata e un bronce en Pieonchang 2018. Compite polos equipos Les Angles e France Douanes, así como o equipo paralímpico nacional francés; fóra do deporte, é xornalista de aduanas e escritora.
Naruto: Shippūden (Traducido como: Crónicas do Furacán) é o nome con que se coñece á segunda parte da historia de Naruto, o manga de Masashi Kishimoto. Esta denominación é a que se adoptou no anime, e equivale á segunda parte do manga. O seguinte texto que está abaixo é o argumento de cada manga pero non esta dividido de acordo ao modo no que o manga avanza.
O Escudo portugués, simbolizado polo cifrão (como o símbolo do dólar [$], pero con dúas barras verticais), foi a moeda oficial de Portugal antes do euro. O escudo deu orixe a outras variacións de Escudo nas colonias portuguesas africanas e asiáticas. O seu código segundo a norma ISO 4217 é PTE. A seu nome provén da imaxe que aparecía representada nas primeiras moedas dese valor: un escudo.
Cornelis George Boeree (Badhoevedorp, Ámsterdam, Países Baixos, 15 de xaneiro de 1952 - Shippensburg, Pensilvania, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 2021) foi un psicólogo neerlandés, naturalizado estadounidense, e profesor emérito na Universidade de Shippensburg, especializado na teoría da personalidade e a historia da psicoloxía.
MediaWiki é un motor para wikis baixo licenza GPL, programado en PHP usando MySQL sobre Apache. Malia ser creado e desenvolvido para a Wikipedia e os outros proxectos da fundación Wikimedia, tivo unha grande expansión a partir de 2005, existindo gran número de wikis baseadas neste software que nada teñen que ver con dita fundación. A maioría deles dedícanse á documentación de software ou a temas especializados.
A misoxinia é unha tendencia á aversión, que pode ser patolóxica, ás mulleres. Normalmente, fálase da misoxinia como un sentimento por parte do home cara á muller, pero as mulleres tamén poden presentar actitudes misóxinas. Na teoría feminista, a misoxinia está recoñecida como unha ideoloxía política similar ao racismo ou ao antisemitismo, existente para xustificar e reproducir a subordinación das mulleres polos homes.
Un ensaio clínico é un estudo prospectivo de investigación biomédica ou comportamental realizado en participantes humanos, deseñado para responder preguntas específicas sobre intervencións biomédicas ou de comportamento, incluídos novos tratamentos (como novas vacinas, fármacos, eleccións dietéticas, suplementos alimenticios e produtos sanitarios) así como intervencións coñecidas que merecen máis estudos e comparacións. Os ensaios clínicos xeran datos sobre a dosificación, a seguridade e a eficacia. Realízanse só despois de recibir a aprobación da autoridade sanitaria/comité de ética do país onde se solicita a aprobación da terapia.
O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios. Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C..
Wisława Szymborska, Maria Wisława Anna Szymborska, nada en Kórnik o 2 de marzo de 1923 e finada o 1 de febreiro de 2012, foi unha poeta polaca. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1996. Parte da súa obra poética foi traducida ao galego por Lucía Caeiro para Edicións Positivas baixo o título Versos escollidos nunha edición bilingüe, de 84 poemas.
En dereito, a propiedade é o poder directo e inmediato sobre un obxecto ou ben, pola que se atribúe ao seu titular a capacidade de dispoñer deste, sen máis limitacións que as que impoña a lei. É o dereito real que implica o exercicio das facultades xurídicas máis amplas que o ordenamento xurídico concede sobre un ben. O obxecto do dereito de propiedade esta constituído por todos os bens susceptibles de apropiación.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
Estados dos Estados Unidos de América
Os Estados Unidos de América son unha federación de 50 estados máis algunhas outras entidades cunha extensión total duns dez millóns de km2. Estes estados distribúense case na súa totalidade en América do Norte, agás Hawai, que se atopa no medio do Océano Pacífico, podendo considerarse xeograficamente en Oceanía. A cidade de Washington, no chamado Distrito de Columbia, é a sede do goberno federal.
O presidio perpetuo ou cadea perpetua é unha pena privativa de liberdade de carácter indefinido, que normalmente se impón como condena perante un delito grave, e que pode implicar a privación de liberdade para sempre. Na maioría de xurisdicións nas que non se contempla a pena capital, a cadea perpetua (en especial sen posibilidade de liberdade condicional) constitúe o castigo máis severo que pode recibir un criminal. Nalgúns países, a cadea perpetua considérase unha alternativa á pena capital por crimes maiores.
O devanágari (palabra de orixe sánscrita, देवनागरी / devanāgarī, que significa «(escritura) cidadá divina») é o alfasilabario utilizado para escribir, entre outras, o sánscrito, o hindi, o nepalés, o marathi e moitas outras linguas da India. É unha das escrituras da India máis empregada. Provén da escritura brahmi.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Conor Anthony McGregor (en irlandés: Conchúr Antóin Mac Gréagóir), nado en Dublín o 14 de xullo de 1988, é un loitador irlandés de artes marciais mixtas, que compite na Ultimate Fightning Championship (UFC). É o campión do peso lixeiro e do peso pluma da UFC. Durante a súa carreira, McGregor competiu como peso lixeiro, pluma e wélter. O peso de McGregor anda polos 77 kg.
Birimbao (instrumento musical)
O birimbao, birimbau, trompa galega ou arpa de boca, é un instrumento musical, da categoría dos idiófonos punteados, consistente nunha lámina vibratoria fixada a un marco en forma de 'U'.
A enxeñaría de proteínas é a disciplina técnica utilizada para desenvolver proteínas útiles e valiosas por medio do deseño e a produción de polipéptidos non naturais, a miúdo alterando secuencias de aminoácidos atopadas na natureza. É unha disciplina nova, na que se están a facer moitas investigacións para comprender o pregamento de proteínas e o recoñecemento dos principios para o deseño de proteínas. Foi utilizada para mellorar a función de moitos encimas para a catálise industrial.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O software libre (en inglés free software) é o software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións. A liberdade que as licenzas lle dan o usuario son tanto a de poder obter o software de xeito gratuíto como a de cobrando o custo da súa distribución, mais sempre se garanta o acceso ao código fonte sen ningún tipo de restrición.Exemplos de software libre son: Darktable, Libreoffice e Gimp. Malia que o termo en inglés free software xa se tiña empregado sen unha definición en particular antes, dáselle o crédito a Richard Stallman de introducilo co lanzamento do movemento do software libre, cando comezou o proxecto GNU en 1983.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Port de la Lune (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Eleanor Rosalynn Carter (de solteira Smith), nada en Plains (Xeorxia) o 18 de agosto de 1927 e finada na mesma localidade o 19 de novembro de 2023, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos de América entre 1977 e 1981 como a esposa de Jimmy Carter. Durante décadas foi voceira de numerosas causas. Carter estivo politicamente activa durante os seus anos na Casa Branca, sentando nas reunións do gabinete.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doctor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.