Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
La última noche en Tremor (orixinalmente coñecida como La última noche en Tremore Beach) é unha serie de televisión por internet española creada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo para Netflix, baseada na novela La última noche en Tremore Beach de Mikel Santiago. Protagonizada por Javier Rey e Ana Polvorosa, entre outros, estreouse o 25 de outubro de 2024 mundialmente.
Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e expolítico español. É doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais) e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur. No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Memorias de África (en inglés: Out of Africa) é un filme estadounidense de 1985, baseada no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptado por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, o filme foi dirixido por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado. Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Kenya, durante a época na que esta era unha colonia británica.
En bioquímica, a gráfica de Lineweaver–Burk, representación de Lineweaver-Burk ou gráfica da dobre recíproca é unha representación gráfica da cinética encimática que presentan os encimas que seguen a ecuación de Michaelis–Menten, que foi descrita por Hans Lineweaver e Dean Burk en 1934. É unha gráfica liñal en lugar dunha curva. A gráfica da dobre recíproca distorsiona a estrutura dos erros dos datos, e non é, polo tanto, a ferramenta máis axeitada para a determinación dos parámetros da cinética encimática.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Juan Goytisolo i Gay, nado en Barcelona o 5 de xaneiro do 1931 e finado en Marrakech o 4 de xuño de 2017, foi un escritor e ensaísta en lingua castelá. Está considerado a figura máis representativa da xeración do 55 e do realismo social dos anos 50 e 60. Era irmán dos tamén escritores José Agustín Goytisolo e Luis Goytisolo e recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas no 2008 e o 24 de novembro de 2014 o Premio Cervantes, o máximo galardón das letras en lingua castelá.
BDSM é a denominación usualmente empregada para designar unha serie de prácticas e afeccións sexuais relacionadas entre si e vinculadas ao que se denomina sexualidade extrema ou non-convencional. O termo emprégase a miúdo, de forma equivocada, como sinónimo de sadomasoquismo. En realidade, é un acrónimo que engloba prácticas de sexualidade non convencional, e que dá nome ao que hoxe en día é considerado como unha subcultura específica.
Uruk (en cuneiforme 𒌷𒀕 ou 𒌷𒀔 unugki, transliterado en sumerio como Unug; en acadio: 𒌷𒀕 ou 𒌷𒀔 Uruk (URUUNUG); na biblia en hebreo: Erech, grego Orchoë; en àrabe: الوركاء, al-Warkāʾ ou أوروك, Awrūk; en siríaco: ܐܘܿܪܘܿܟ, ‘Úrūk; en hebreo: אֶרֶךְ, ʼÉreḵ; en grego antigo: Ὀρχόη, Orchoē, Ὀρέχ, Orékh, Ὠρύγεια, Ōrugeia) foi unha cidade antiga de Sumeria, situada ao leste do leito do río Éufrates, na liña da antiga canle Nil, nunha rexión pantanosa a 225 km ao sur-sueste de Bagdad. Correspóndese coa Érec bíblica e, actualmente, con Warka, na República de Iraq. No comezo do chamado Período Dinástico Arcaico, polo 2900 a.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Rita Maestre Fernández, nada en Madrid o 13 de abril de 1988, é unha política e activista española, concelleira do Concello de Madrid, onde ademais desempeña as funcións de voceira e de Coordinadora da Xunta de Goberno e Relacións co pleno. Forma parte do Consello Cidadán de Podemos, onde é responsable da área de Políticas de Benestar.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936, máis coñecido simplemente como Robert Redford, é un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim estreouse internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
Mark Blundell, nado en Barnet o 8 de abril de 1966, é un piloto de carreiras británico que competiu na Fórmula Un durante catro tempadas, coches deportivos e CART. Gañou as 24 Horas de Le Mans de 1992. Foi presentador de Fórmula Un para a emisora británica ITV ata finais da tempada de 2008, cando os dereitos de transmisión de televisión pasaron á BBC. Blundell volveu á pista en 2019, pilotando no Kwik Fit Campionato británico de turismos para o equipo Trade Price Cars. Blundell volveu á serie nun novo papel para 2020, axudando a formar o último nome para aliñar a grella: MB Motorsport como director deportivo traballando con Laser Tools Racing.
Johannes Brahms, nado en Hamburgo o 7 de maio de 1833 e finado en Viena o 3 de abril de 1897, foi un pianista, director de orquestra e compositor alemán do romanticismo. Brahms é unha figura prominente da música do século XIX, quizais o último gran compositor clásico, é considerado a antítese de Wagner e Liszt. Trátase dun dos máis importantes músicos do romanticismo e é considerado por moitos como o "sucesor" de Beethoven, ata o punto de que a súa Primeira Sinfonía foi descrita por Hans von Bülow como a décima sinfonía de Beethoven.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 215.637.
O Gran Premio da Cidade de México de 2024 (oficialmente coñecido como Fórmula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 que se disputou o 27 de outubro de 2024 no Autódromo Hermanos Rodríguez na Cidade de México. A carreira foi a vixésima proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024, a vixésima segunda carreira do Gran Premio de México, e a vixésima cuarta vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950, é a cuarta carreira nomeada como Gran Premio da Cidade de México.
Kasai do Sur (francés: Sud-Kasaï) foi un estado secesionista non recoñecido da República do Congo (a actual República Democrática do Congo) que foi semi independente entre 1960 e 1962. Inicialmente proposto só como unha provincia, Kasai do Sur buscou a autonomía plena en circunstancias similares ás do seu estado veciño de Katanga, moito máis grande e situado ao sur, durante a axitación política xurdida logo da independencia do Congo Belga coñecida como crise do Congo. Con todo, a diferenza de Katanga, Kasai do Sur non declarou de xeito explícito a súa independencia plena da República do Congo ou rexeitou a soberanía congolesa.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Everardus Wittert van Hoogland
Everardus Bonifacius François Frederik barón Wittert van Hoogland señor de Hoogland, Emiclaer, Langenoorth e Bloemendaal, nado na Haia o 2 de abril de 1875 e finado en Apeldoorn o 24 de decembro de 1959, foi un xenealoxista e un dos líderes do movemento social católico nos Países Baixos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Joan Manuel Serrat i Teresa, nado no barrio de El Poble-sec (Barcelona) o 27 de decembro de 1943, é un cantautor catalán. Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua catalá como en castelán. A súa obra contén influencias doutros poetas como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe; así como de xéneros diversos como o folclore catalán, a copla andaluza, o tango, o bolero e do cancioneiro popular da América Latina, con versións de cancións de Violeta Parra e Víctor Jara.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
O Imperio Neobabilónico ou Segundo Imperio Babilónico, coñecido historicamente como Imperio Caldeo, foi o último estado gobernado por monarcas nativos de Mesopotamia ata que se formou o reino Hashemita de Iraq no século XX. Comezando coa coroación de Nabopolasar como rei de Babilonia en 626 a. C. e establecéndose firmemente ata a caída do Imperio Asirio en 612 a. C. O Imperio Neobabilónico foi conquistado polo Imperio Aqueménida en 539 a.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Un accidente de tráfico ocorre cando un vehículo colisiona con outro vehículo, cun peón, cun animal ou con outro elemento, como un sinal de tráfico, unha árbore ou un edificio. Os accidentes de tráfico frecuentemente provocan feridas, discapacidades ou a morte, e danos á propiedade, ademais de custos financeiros á sociedade e aos individuos involucrados. O transporte por estrada é a situación máis perigosa á que se enfronta a xente na súa vida cotiá, a pesar de que estes accidentes adoitan atraer menos a atención que outras traxedias menos frecuentes.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
As illas de Toronto son unha cadea de 15 illas no lago Ontario, ao sur da cidade canadense de Toronto. Compoñendo o único grupo de illas da parte occidental do lago Ontario, as illas de Toronto están situadas proporcionan abrigo ao porto de Toronto e separan Toronto do resto do lago Ontario. As illas acollen o Toronto Island Park, o aeroporto de Toronto Billy Bishop, varios clubs náuticos privados, un porto deportivo público, o Centreville Amusement Park, un barrio residencial habitado durante todo o ano e varias praias públicas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A bandeira argoviana é o estandarte vexilológico que representa o cantón suízo de Argovia, deseñado orixinalmente por Samuel Ringier-Seelmatter en 1803, pouco despois da fundación do cantón. A bandeira divídese verticalmente en dúas partes iguais. No lateral da hasta, presenta un fondo negro cunha franxa branca ondulada no centro, dividida en tres secciones por dúas liñas azuis tamén onduladas; a parte oposta mostra un ton azul claro con tres estrelas brancas de cinco puntas.
En matemáticas, a sucesión de Fibonacci é a sucesión de números naturais: 0 , 1 , 1 , 2 , 3 , 5 , 8 , 13 , 21 , 34 , 55 , 89 , 144 , 233 , 377 , 610 , 987 , 1597 … {\textstyle 0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89,144,233,377,610,987,1597\ldots \,} (secuencia A000045 na OEIS) A sucesión comeza cos números 0 e 1, e a partir destes a relación de recorrencia que a define é que «cada termo é a suma dos dous anteriores». Aos elementos desta sucesión chámaselles números de Fibonacci. Esta sucesión foi descrita en Europa por Leonardo de Pisa, matemático italiano do século XIII tamén coñecido como Fibonacci.
Guerra da Independencia de Mozambique
A Guerra da Independencia de Mozambique, tamén coñecida (en Mozambique) como Loita Armada de Liberación Nacional, ben como Guerra Colonial Portuguesa foi un conflito armado entre as forzas da guerrilla da FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique) e as Forzas Armadas de Portugal. Oficialmente, a guerra iniciouse o 25 de setembro de 1964, cun ataque ao posto administrativo de Chai no daquela distrito (actualmente provincia) de Cabo Delgado, e terminou cun alto o fogo o 8 de setembro de 1974, resultando nunha independencia negociada en 1975. Ao longo dos seus catro séculos de presenza en territorio africano, a primeira vez que Portugal tivo que enfrontarse a guerras de independencia, e forzas de guerrilla, foi en 1961, na Guerra de Independencia de Angola.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
César Carballeira Domínguez, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1996 é un xogador galego de hóckey a patíns, que xoga na posición de defensa no Deportivo Liceo, da OK Liga, co que gañou sete títulos. Internacional coa selección española, conquistou con esta o Campionato do Mundo de 2024 e os Campionatos de Europa de 2021 e 2023.
O contable (en inglés: The Accountant) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Gavin O'Connor e escrito por Bill Dubuque. Está protagonizado por Ben Affleck, Anna Kendrick, J. K. Simmons, Jon Bernthal, Cynthia Addai-Robinson, Jeffrey Tambor e John Lithgow. Conta a historia de Christian Wolff, un contable con autismo que gaña a vida desarmando os libros de contas de organizacións criminais e terroristas de todo o mundo que están experimentando malversación interna.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..