Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e expolítico español. É doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais) e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur. No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
Sergio González Soriano, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 10 de novembro de 1976, é un exfutbolista e adestrador español. Xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira entre o Espanyol e o Deportivo da Coruña, sendo considerado un xogador histórico de ambos clubs. Gañou unha Copa do Rei con cada un deles, marcando gol en ambas finais, contra Atlético de Madrid e Real Madrid.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
Rita Maestre Fernández, nada en Madrid o 13 de abril de 1988, é unha política e activista española, concelleira do Concello de Madrid, onde ademais desempeña as funcións de voceira e de Coordinadora da Xunta de Goberno e Relacións co pleno. Forma parte do Consello Cidadán de Podemos, onde é responsable da área de Políticas de Benestar.
George Manneh Oppong Ousman Weah, nado o 1 de outubro de 1966 en Monrovia, Liberia, é un exfutbolista e político liberiano, presidente do país entre 2018 e 2024. É considerado no seu país unha icona, debido aos numerosos actos e axudas de carácter benéfico que ofrece ao seu pais e pola súa recoñecida habelencia nos campos de xogo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
La última noche en Tremor (orixinalmente coñecida como La última noche en Tremore Beach) é unha serie de televisión por internet española creada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo para Netflix, baseada na novela La última noche en Tremore Beach de Mikel Santiago. Protagonizada por Javier Rey e Ana Polvorosa, entre outros, estreouse o 25 de outubro de 2024 mundialmente.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935 e falecido en Milán o 9 de xullo de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX. En 1960 converteuse no primeiro e único xogador masculino nado na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro. Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Comunidade de Madrid (en castelán: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España.
Eparquía católica caldea de Alqux
A eparquía católica caldea de Alqux é unha sé da Igrexa católica caldea en Iraq, inmediatamente suxeita ao patriarcado de Babilonia. No ano 2024 tiña 10.000 bautizados. Dende o 8 de outubro de 2022 está gobernada polo bispo Bulus Zabit Habib.
Luis Miguel Ramis Monfort, nado en Tarragona o 25 de xullo de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español, que xogaba de defensa central. Formado na canteira do Gimnàstic de Tarragona, debutou na Primeira División co Real Madrid, antes de pasar polo Tenerife e o Deportivo da Coruña, gañando con este último o título de liga na tempada 1999/00. Como adestrador dirixiu varios clubs da Segunda División.
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos.
Fort Apache é un filme estadounidense de 1948 dirixido por John Ford e protagonizado por John Wayne e Henry Fonda. Foi o primeiro título da "triloxía da cabalaría" e foi continuado por She Wore a Yellow Ribbon (1949) e Rio Grande (1950), ámbolos dous tamén protagonizados por Wayne. O guión está inspitado na historia curta de James Warner Bellah "Massacre" (1947).
Carolina María Marín Martín, nada en Huelva o 15 de xuño de 1993, é unha xogadora de bádminton española. Foi campioa olímpica, tres veces campioa do mundo, catro veces campioa de Europa e número un do mundo individual segundo a BWF, mantendo o posto durante un récord de 66 semanas. Amplamente considrada unha das mellores deportistas femininas no circuíto do bádminton, ten a distinción de recibir algunha medalla en case todos os torneos da BWF, ademais de lograr ouros consecutivos nos Xogos Olímpicos, o campionato do mundo e o campionato de Europa.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A inhibición mixta é un tipo de inhibición encimática na cal o inhibidor pode unirse ao encima tanto se este está unido ao substrato coma se non, pero ten unha maior afinidade por un dos estados. Chámase "mixa" porque pode considerarse unha "mestura" conceptual entre a inhibición competitiva, na cal o inhibidor só pode unirse ao encima se o substrato non se uniu aínda, e a inhibición incompetitiva (ou acompetitiva), na cal o inhibidor só pode unirse ao encima se o substrato está unido xa. Se a capacidade do inhibidor de unirse ao encima é exactamente a mesma tanto se o encima está xa unido ao substrato coma se non, dise que o inhibidor é non-competitivo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
BDSM é a denominación usualmente empregada para designar unha serie de prácticas e afeccións sexuais relacionadas entre si e vinculadas ao que se denomina sexualidade extrema ou non-convencional. O termo emprégase a miúdo, de forma equivocada, como sinónimo de sadomasoquismo. En realidade, é un acrónimo que engloba prácticas de sexualidade non convencional, e que dá nome ao que hoxe en día é considerado como unha subcultura específica.
O asasinato de Samuel Luiz foi un caso de asasinato por unha malleira en grupo e abandono de Samuel Luiz Muñoz, un mozo galego, de orixe brasileira, de 24 anos, ocorrido na Coruña na madrugada do 2 de xullo de 2021, nun contexto de presumíbel homofobia. O crime, ocorrido en plena semana do Orgullo LGBT, motivou a reacción de moitas figuras públicas e líderes de movementos LGBT+, sendo organizadas manifestacións en decenas de cidades de España, levando á rúa milleiros de persoas en protesta contra o asasinato de Samuel e outros recentes ataques a persoas LGBT con motivación homofóbica. Logo de que se detivesen tres persoas, o día 7 de xullo detívose unha cuarta persoa sospeitosa de estar relacionada co crime.
As lavandeiras son uns seres fantásticos da mitoloxía galega, con orixe na mitoloxía celta, que tamén se poden observar en Asturies (chamadas "les llavanderes" en asturiano), Cantabria, a Bretaña francesa e Irlanda. Son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos, onde lavan sabas manchadas de sangue que nunca desaparece. De acotío aparecen cando a vida de alguén dos arredores se atopa entre a vida e a morte, presaxiando o próximo pasamento deste.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Joseba Imanol Idiakez Barkaiztegi, nado en Donostia o 14 de marzo de 1972, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Formado na canteira da Real Sociedad, desenvolveu case toda a súa carreira como xogador na Segunda División B, categoría na que disputou 364 partidos entre 1991 e 2007, conseguindo un ascenso á Segunda División co Ciudad de Murcia. Como adestrador dirixiu varios clubs da Segunda e a Segunda B e proclamouse campión da Primeira Federación co Deportivo da Coruña en 2024.
O Movimiento Católico Español (MCE) é un partido franquista fundado en 1981 por José Luis Corral tras deixar Fuerza Nueva, onde era xefe local en Madrid de Fuerza Joven. Tivo nas eleccións xerais de 1982 un total de 996 votos. Convocou numerosas concentracións contra o aborto, organiza misas e homenaxes ós excombatentes da División Azul e dos caídos por España.
Giuseppe Arcimboldo, nado en Milán en 1527 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1593, foi un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas ou animais, é dicir, pintaba representacións destes obxectos no lenzo, colocándoos de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecíbel co suxeito retratado.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 215.739.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldova situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República Moldova con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldova Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. Moldova non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldova de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.
Lois Blanco Penas, nado en Melide en 1968, é presidente de La Voz de Galicia desde outubro do 2024. Accede ó cargo tras o falecemento de Santiago Rey Fernández-Latorre, propietario de editor do xornal, que legou á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre a propiedade da cabeceira e do resto de empresas que conforman a Corporación Voz de Galicia, o primeiro grupo de comunicación da Comunidade. Lois Blanco é tamén presidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre —por designación expresa de Santiago Rey Fernández-Latorre nas súas disposicións testamentarias— e da Corporación Voz de Galicia.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
María Teresa Lamata Jiménez, nada en Logroño en 1952, é unha investigadora e catedrática de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade de Granada. Na súa labor profesional salientaou a súa defensa do papel da muller nas disciplinas TIC, á parte do seu papel destacado como investigadora na área. É licenciada en matemáticas e doutora en ciencias pola Universidade de Granada.
Hendrik Johannes Cruijff, coñecido como Johan Cruyff, nado en Ámsterdam o 25 de abril de 1947 e finado en Barcelona o 24 de marzo de 2016, foi un futbolista e adestrador neerlandés, que xogaba como centrocampista ou dianteiro. Amplamente considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos, foi o xogador máis significativo do chamado Fútbol Total, desenvolvido polo adestrador Rinus Michels no Ajax e na selección neerlandesa. Gañador de tres Balóns de Ouro nos anos 1971, 1973 e 1974, foi elixido pola IFFHS como o segundo mellor futbolista do século XX, só por detrás de Pelé.
Franz Anton Beckenbauer nado o 11 de setembro de 1945 en Múnic e finado o 7 de xaneiro de 2024 en Salzburgo, foi un futbolista e adestrador de fútbol alemán. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección alemá occidental. Considerado a "máxima lenda do fútbol alemán" e un dos mellores futbolistas da Historia, foi alcumado "o Kaiser" (o emperador).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.