Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Palestina (árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira suroriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Adriana Torrebejano, nada en Castellbisbal o 3 de novembro de 1991, é unha actriz española coñecida principalmente pola súa participación na serie Terra de Lobos, Hospital Central de Telecinco, El Secreto de Puente Viejo de Antena 3, Cuerpo de Elite de Antena 3 ou A sombra da lei. Protagonizou a serie Amar es para siempre de Antena 3.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
En xenética de poboacións, o pool xénico ou xenético (do inglés gene pool, literalmente poza xénica ou xenética), tamén chamado acervo xénico ou xenético, patrimonio xenético ou fondo xenético, dunha especie ou poboación é o conxunto completo de alelos únicos presentes no material xenético da totalidade dos individuos existentes en dita especie ou poboación. Un acervo xenético amplo asóciase a unha variabilidade xenética ampla, que se asocia con poboacións robustas, é dicir, con maior adaptabilidade a diversas circunstancias, e con capacidade de sobreviviren a intensos eventos de selección. Ao contrario, unha baixa variabilidade xenética (colo de botella ou consanguinidade) supón unha superior especialización ao medio e unha menor adaptabilidade a circunstancias non previstas, o cal aumenta a posibilidade de extinción en contextos novos.
En matemáticas, a sucesión de Fibonacci é a sucesión de números naturais: 0 , 1 , 1 , 2 , 3 , 5 , 8 , 13 , 21 , 34 , 55 , 89 , 144 , 233 , 377 , 610 , 987 , 1597 … {\textstyle 0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89,144,233,377,610,987,1597\ldots \,} (secuencia A000045 na OEIS) A sucesión comeza cos números 0 e 1, e a partir destes a relación de recorrencia que a define é que «cada termo é a suma dos dous anteriores». Aos elementos desta sucesión chámaselles números de Fibonacci. Esta sucesión foi descrita en Europa por Leonardo de Pisa, matemático italiano do século XIII tamén coñecido como Fibonacci.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
A nicotinamida ou niacinamida é unha forma de vitamina B3 atopada nos alimentos e utilizada como suplemento dietético e medicamento. Como suplemento úsase por administración oral para previr e tratar a pelagra (deficiencia de niacina). Aínda que o ácido nicotínico (niacina) pode utilizarse pra este propósito, a niacinamida ten a vantaxe de que non causa que a pel se poña avermellada.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
In medias res é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados. A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio: Os exemplos máis coñecidos son a Ilíada e a Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.251.
Luperca é o nome da loba que segundo a mitoloxía romana aleitou a Rómulo e Remo, fundadores de Roma, cando estes foron mandados a matar o rei Amulio. Actualmente a estatua dedicada a ela, chamada a «loba capitolina» (lupa capitolina en italiano), consérvase no museo do Capitolio romano (Museos Capitolinos). A cronoloxía da figura da loba foi moi discutida; segundo a tradición a escultura da loba sería etrusca, aínda que se estima que data da Idade Media, mentres as estatuas dos nenos Rómulo e Remo foron creadas e engadidas en 1471.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Para a icona de marca comercial, véxase Logotipo Logo é unha linguaxe de programación usada para a programación funcional. É unha adaptación sinxela do Lisp, habendo quen di que é un Lisp sen parénteses. Hoxe en día é coñecido sobre todo polos gráficos da tartaruga, pero tamén ten facilidades significativas para o manexo de listas, ficheiros, E/S e recursión.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Premio Mestre Mateo á mellor dirección
O Premio Mestre Mateo á mellor dirección é un dos premios entregados anualmente pola Academia Galega do Audiovisual ós directores de cinema da industria galega. En cada cerimonia, entregouse un Premio Mestre Mateo á mellor dirección, agás na 5ª edición dos premios, cando recaeu sobre dous directores, Carlos Iglesias Serrano por Un franco, 14 pesetas, e Miguelanxo Prado por De profundis.
Information Technology Infrastructure Library
A Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información, frecuentemente abreviada ITIL (do inglés Information Technology Infrastructure Library), é un marco de traballo das mellores prácticas destinadas a facilitar a entrega de servizos de tecnoloxías da información (TI).
O Volkswagen Escaravello (oficialmente o Volkswagen Tipo 1, informalmente en alemán Käfer, que significa «escaravello»), é un automóbil de dúas portas destinado a cinco ocupantes (máis tarde restrinxíronse a catro persoas nalgúns países), que foi fabricado e comercializado polo fabricante de automóbiles alemán Volkswagen (VW) desde 1938 ata 2003. Con 21 529 464 producidos, o Escaravello é o coche máis fabricado e durante máis tempo por unha soa plataforma.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O nesgo de xénero na Wikipedia refírese a unha crítica da enciclopedia en liña Wikipedia segundo a cal a natureza e a cantidade do seu contido están tendencialmente influenciadas polo feito da maioría dos seus editores ser do sexo masculino. Está entre as críticas máis frecuentes á Wikipedia e parte dunha crítica máis xeral sobre unha fenda sistémica na enciclopedia. A Wikipedia ten normalmente menos entradas, e con menor extensión, sobre mulleres ou de temas importantes para as mulleres en comparación ás entradas sobre homes ou sobre temas importantes para os homes.
Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista
O Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista é un dos premios entregados anualmente pola Academia Galega do Audiovisual ós actores de cinema e televisión da industria galega.
O cancro de mama ou carcinoma de mama é o cancro que se desenvolve no tecido mamario. Entre os sinais de cancro de mama están a aparición dun nódulo na mama ou preto da mama na zona da axila, alteracións na forma ou na aparencia da mama, como retracción da mamila, pel da mama, aréola ou mamila con aparencia escamosa, vermella ou con vultos, ou mesmo sensibilidade na mamila e secreción ou perda de líquido pola mamila. En persoas coa doenza diseminada, pode verificarse tamén dor ósea, ganglios linfáticos avultados, falta de aire e ictericia.
O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo custo producido pola Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927. Con este modelo popularizouse a produción en cadea e estendeuse a adquisición dos automóbiles á clase media. Con 15 millóns de unidades vendidas, foi o coche máis vendido da historia antes de ser superado polo Volkswagen Escaravello en 1972, e aínda estaba oitavo na lista dos dez primeiros, en 2012.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto.
A galegofobia ou galaicofobia fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916.
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
O municipio de Ādaži (en letón, Ādažu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou o vello municipio de Ādažu e o municipio de Carnikava. Limita coa cidade de Riga ao suroeste, Ropaž ao sur, Sigulda ao leste e ao norte co distrito de Saulkrasti.
Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto. Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa, coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
National Basketball Association
A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola Federación Internacional de Baloncesto como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa National Football League, a Major League Baseball e a National Hockey League.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O dereito á saúde é o dereito económico, social e cultural a un nivel de saúde mínimo universal que todos os individuos deben ter. O concepto do dereito á saúde enumerouse en acordos internacionais que inclúen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Hai un debate sobre a interpretación e aplicación do dereito á saúde debido a consideracións sobre como se define a saúde, que dereitos mínimos están incluídos nun dereito á saúde e que institucións son as responsables de garantir o dereito á saúde.
La última noche en Tremor (orixinalmente coñecida como La última noche en Tremore Beach) é unha serie de televisión por internet española creada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo para Netflix, baseada na novela La última noche en Tremore Beach de Mikel Santiago. Protagonizada por Javier Rey e Ana Polvorosa, entre outros, estreouse o 25 de outubro de 2024 mundialmente.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
A Meca (nome completo: Makkah al-Mukarramah; árabe: مكة المكرمة) é a capital da Provincia da Meca e a principal cidade da rexión do Hiyaz, na actual Arabia Saudita, e unha das máis importantes da península de Arabia. Atópase ao oeste da península e localízase nun estreito val, a 277 m sobre o nivel do mar; a uns a 80 km do mar Vermello e está considerada a cidade máis santa do islam e centro relixioso que os que profesan a fe musulmá, e son capaces, teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida. A súa última poboación rexistrada foi de 1.578.722 habitantes en 2015.
A pataca ( pronunciación ), baloca, castaña ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel. Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a. C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O tempo é a sucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos. Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O parque provincial Algonquin é un parque provincial de Ontario situado entre a baía xeorxiana e o río Ottawa, principalmente dentro da parte do distrito non organizado de Nipissing do Sur. Estabelecido en 1893, é o parque provincial máis antigo do Canadá. Diversas ampliacións desde a súa creación aumentaron o parque ata o seu tamaño actual duns 7 653 km².
Un ectoparasito é un organismo parasito que vive, de forma temportal ou permanente, na superficie doutro organismo de distinta especie, o seu hospedeiro, ou ben, no caso de que o hospedeiro sexa un animal, nunha cavidade de fácil acceso, como o nariz ou as orellas. Moitos ectoparasitos (por exemplo, a maioría dos piollos) son específicos do hospedeiro, mentres que outros (por exemplo, moitas carrachas) parasitan unha gama máis ampla de hospedeiros. O ectoparasito benefíciase desta relación parasitaria co seu hospedeiro, a expensas do cal se nutre, producíndolle ou non danos e/ou lesións.
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.
As enchentes en España en 2024, tamén coñecidas como gota fría, DINA de 2024 en España ou DINA de Valencia, son as denominacións outorgadas á gota fría ou DINA que comezou o 29 de outubro de 2024 en España. A tormenta, designada meteorolóxicamente como sistema convectivo de mesoescala, provocou chuvias torrenciais que acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu o desbordamento de varios ríos e barrancos na vertente mediterránea e unha serie de enchentes lóstrego que foron especialmente catastróficas na provincia de Valencia. Segundo datos do 13 de novembro de 2024, a cifra provisional de falecidos ascende a cando menos 223 persoas; das cales 215 foron na provincia de Valencia, 7 en Castela-A Mancha e 1 en Andalucía, ademais de numerosos danos materiais, polo que se considera unha das peores catástrofes naturais na historia de España tralas riadas do Vallès Occidental de 1962.