Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A cerámica é calquera dos diversos materiais duros, fráxiles, resistentes á calor e resistentes á corrosión que se obteñen mediante a conformación e posterior cocción dun material inorgánico e non metálico, como a arxila ou a terracota, a alta temperatura (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado ou modelaxe. Exemplos comúns son o barro, a porcelana e o ladrillo. Tamén se refire a arte que fabrica obxectos como olas ou xerras (olaría), tellas e materiais de construción.
Un vector en física e mais no cálculo vectorial é un concepto caracterizado por un valor, é dicir, un escalar (magnitude numérica), e por un sentido (que pode ser definido nun espazo 3-dimensional, ou en xeral p-dimensional). Os vectores utilízanse para describir magnitudes vectoriais tales como velocidades, aceleracións ou forzas, nas cales é importante considerar non só o valor senón tamén a dirección e máis o sentido. Aínda que frecuentemente se describa a un vector por un número de "compoñentes", cada un deles dependente do sistema de coordenadas particular que se use, as propiedades dun vector non dependen do sistema de coordenadas usado para o describir.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Un planeta anano e unha categoría de corpos celestes no sistema solar acordada pola Unión Astronómica Internacional (IAU) o 24 de agosto de 2006. Esta resolución describe un planeta anano coma un obxecto que: está na órbita arredor do Sol; a súa gravidade supera as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica); non limpou o espazo circundante da súa órbita; non é un satélite dun planeta ou doutro corpo non estelar. Esta definición incorpora a Plutón entre os planetas ananos, e deixa de ser planeta porque non liberou o espazo circundante da súa orbita, o Cinto de Kuiper, e o seu planeta dobre Caronte.
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano naturalizado estadounidense, coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e as súas contribucións ao desenvolvemento da teoría cuántica, a física nuclear, a física de partículas e a mecánica estatística. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 polos seus traballos sobre a radioactividade inducida, e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX. Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University. Foi definido como o arquitecto da era nuclear e da bomba atómica, tendo colaborado nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan).
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
A Idade de Bronce (c. 3300 – c. 1200 a.C.) foi un período histórico caracterizado principalmente polo uso de ferramentas de bronce e o desenvolvemento de sociedades urbanas complexas, así como pola adopción da escritura nalgunhas zonas. A Idade do Bronce é o período medio principal do sistema das tres idades, que segue á Idade de Pedra e precede á Idade de Ferro. Concibida como unha era global, a Idade do Bronce segue ao Neolítico, cun período de transición entre ambos os coñecido como Calcolítico.
Na mitoloxía clásica, Dioniso (en grego antigo Διώνυσος Diônysos ou Διόνυσος Dionysos) é "fillo de deus" ("Δίος" en grego antigo, significa "divino") e ("νυσος" en lingua tracia-frixia, significa "fillo"). É o deus do viño e da vendima, inspirador da tolemia ritual e a éxtase, e un personaxe importante da mitoloxía grega. Aínda que as orixes xeográficas do seu culto son descoñecidas, case todas as traxedias preséntano como «estranxeiro».
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O dereito á saúde é o dereito económico, social e cultural a un nivel de saúde mínimo universal que todos os individuos deben ter. O concepto do dereito á saúde enumerouse en acordos internacionais que inclúen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Hai un debate sobre a interpretación e aplicación do dereito á saúde debido a consideracións sobre como se define a saúde, que dereitos mínimos están incluídos nun dereito á saúde e que institucións son as responsables de garantir o dereito á saúde.
A bandeira de México está composta por Tres franxas verticais co Escudo de México xusto no centro. Ó longo da historia de México houbo unha multitude de bandeiras e estandartes para representar o país. Mentres que o significado das cores cambiou co tempo, estas tres cores foron adoptadas por México dende a independencia de España durante a guerra de independencia do país, e o subsecuente Primeiro Imperio Mexicano.
O pudin máxico (título orixinal en inglés: The Magic Pudding) é un filme australiano de animación de 2000 dirixido por Karl Zwicky. É unha adaptación solta baseada no libro homónimo de 1918 do autor Norman Lindsay. O elenco de voces está composto por Sam Neill, Geoffrey Rush, Hugo Weaving, Jack Thompson, Toni Collette e John Cleese.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Médicos Sen Fronteiras (MSF) (en francés:Médecins sans frontières) é unha Organización non gobernamental fundada en Francia o 20 de xullo de 1971 por un grupo de médicos. A organización foi fundada na idea de que todo o mundo ten dereito a unha asistencia médica, independentemente da súa nacionalidade.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
A República das Seychelles, (en francés: Republique des Seychelles, en crioulo: La Repiblik Sesel), ás veces escrito en galego como Seixeles, (/seɪˈʃɛlz/, /-ˈʃɛl, ˈseɪʃɛl(z)/, Francés: [sɛʃɛl] our [seʃɛl] é un país arquipeláxico formado de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital é Victoria, a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth.
Angela Yvonne Davis, nada en Birmingham (Alabama) o 26 de xaneiro de 1944, é unha profesora e filósofa socialista estadounidense. Alcanzou notoriedade mundial na década de 1970 como integrante do Partido Comunista dos Estados Unidos, dos Panteras Negras, pola súa militancia polos dereitos das mulleres e contra a discriminación social e racial nos Estados Unidos e por ser protagonista dun dos máis polémicos e famosos xuízos criminais da recente historia dos Estados Unidos.
Guillerme II (Wilhelm II en alemán), nado como Friedrich Wilhelm Viktor Albrecht von Hohenzollern en Berlín o 27 de xaneiro de 1859 e finado en Doorn (Países Baixos) o 4 de xuño de 1941, foi o último emperador alemán (Káiser) e o último rei de Prusia. Gobernou entre 1888 e 1918. Era fillo primoxénito de Frederico III e da princesa Vitoria, Princesa Real do Reino Unido.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Google Académico (en inglés: Google Scholar) é un motor de busca de Google enfocado e especializado na busca de contido e bibliografía científico-académica. O sitio indexa editoriais, bibliotecas, repositorios, bases de datos bibliográficas, entre outros; e entre os seus resultados pódense atopar citas, ligazóns a libros, artigos de revistas científicas, comunicacións e congresos, informes científico-técnicos, teses, tesiñas e arquivos depositados en repositorios. Foi lanzado ao público en versión Beta o 19 de novembro de 2005. O índice inclúe todos aqueles documentos accesibles na Web que cumpran cunha serie de requisitos técnicos.
En xeometría plana, un ángulo é a rexión do plano comprendida entre dúas semirrectas con orixe común. As semirrectas son os lados do ángulo, e a orixe común é o vértice do ángulo. Na xeometría do espazo considéranse dous tipos de ángulos: O ángulo diedro, que é a rexión do espazo delimitada por dous semiplanos, chamados caras, que parten dunha recta común chamada aresta.
A Sociedade Guerreira Mohawk (en mohawk: Rotisken’rakéhte) ou Sociedade Guerreira de Kahnawake é unha organización mohawk que ten como obxectivo a afirmación da autoridade mohawk sobre as súas terras tradicionais, incluíndo o uso de tácticas como controis de estrada, desafiuzamentos e ocupacións. A sociedade fundouse en 1971 en Kahnawake, no Quebec, no Canadá. Gañou notoriedade por primeira vez en 1973 cando eles, xunto cos activistas do American Indian Movement, mantiveron un enfrontamento coa Policía do Quebec en Kahnawake, e de novo durante a crise de Oka en 1990.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.523.
Na mitoloxía grega, as gorgonas eran criaturas fantásticas, espantosas que tiñan serpes na cabeza no canto de cabelos. Segundo Hesíodo eran tres irmás, novas, fillas de Forcis e Ceto, dous deuses mariños de formas monstruosas e irmáns entre si. As gorgonas vivían no Occidente, onda o país das Hespérides, onda o reino dos mortos.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
As mulleres na Idade Media reflectían a pirámide social xeral da Idade Media e, polo tanto, tiñan vidas moi diferentes segundo o estamento e a función para a que estivesen destinadas, mais, en xeral, adoptaban un papel subordinado respecto ao home, sendo relegadas á casa ou á vida relixiosa. Repetíase a relación de vasalaxe na esfera doméstica, onde os homes actuaban como os señores da casa. Aínda así, algunhas mulleres desafiaron estes modelos e cultivaron as ciencias, as artes e o pensamento.
Kasai do Sur (francés: Sud-Kasaï) foi un estado secesionista non recoñecido da República do Congo (a actual República Democrática do Congo) que foi semi independente entre 1960 e 1962. Inicialmente proposto só como unha provincia, Kasai do Sur buscou a autonomía plena en circunstancias similares ás do seu estado veciño de Katanga, moito máis grande e situado ao sur, durante a axitación política xurdida logo da independencia do Congo Belga coñecida como crise do Congo. Con todo, a diferenza de Katanga, Kasai do Sur non declarou de xeito explícito a súa independencia plena da República do Congo ou rexeitou a soberanía congolesa.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Saint Kitts e Nevis (/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/) (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.
Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.
Os Jakobida son unha orde de eucariotas de vida libre, heterótrofos e flaxelares da clase Jakobea do supergrupo Excavata. Son pequenos, de menos de 15 μm, e poden atoparse en ambientes aerobios e anaerobios. A orde Jakobida, que se cre que é monofilética, consta actualmente de só vinte especies, e foi clasificada como grupo en 1993.
Kahn-Tineta Horn, nada en Nova York o 16 de abril de 1940, é unha activista política, funcionaria e modelo mohawk. Dende 1972, ocupou varios cargos nas seccións de políticas de desenvolvemento social, comunitario e educativo do federal canadense do departamento de Asuntos Indíxenas e do Norte do Canadá. É membro do clan do oso de Kahnawake.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Cartago (do fenicio Kart-Hadasht, ou Qrthdst, isto é «Nova Cidade», en árabe قرطاج (Qartax) é unha antiga cidade, orixinariamente unha colonia fenicia no norte en Tunisia, situada ao leste do Lago de Tunes, preto do centro de Tunes. Foi unha potencia do mundo antigo, disputando con Roma o control do mar Mediterráneo. Desa disputa orixináronse as tres guerras púnicas, despois das cales Cartago foi destruída.
En física, polarización é unha propiedade de ondas, tales como a luz e outra radiación electromagnética. Ao contrario de ondas máis familiares como as ondas acuáticas ou sonoras, as ondas electromagnétcas son tridimensionais e a polarización é unha medida da variación do vector do campo eléctrico desas ondas co decorrer do tempo.
A Carta das Nacións Unidas é o tratado internacional fundador do organismo, e que fai ás veces da súa constitución interna. O documento foi subscrito o 26 de xuño de 1945 na cidade de San Francisco, Estados Unidos, suxeito á ratificación de diferentes países. Os primeiros en facelo foron Nicaragua e O Salvador, seguidos polos Estados Unidos.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións). Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro).
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador galego, integrante do golpe de Estado de 1936 contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito en 1939 ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime de inspiración fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo ultraconservador, católico e anticomunista.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A querela das mulleres, coñecida especialmente pola súa expresión en francés: querelle des femmes é o nome polo que se coñece o debate literario e académico que tivo lugar ao longo de varios séculos abarcando desde finais do século XIV, na Europa medieval, até a revolución francesa no século XVIII, que xorde en defensa da capacidade intelectual, o dereito das mulleres ao acceso á universidade e á política das mulleres fronte á misoxinia. Afírmase que esta capacidade non é unha cuestión de natureza senón social, de posibilidade de acceso ao coñecemento. A querela manifestouse publicamente en faladoiros e xerou numerosos escritos en torno ao valor, a diferenza e as relacións entre ambos os sexos.
Republic of Lakotah ou Lakotah é un estado autoproclamado dentro das fronteiras dos Estados Unidos que reclama parte dos estados de Dacota do Norte, Dacota do Sur, Nebrasca, Wyoming e Montana como o fogar do pobo lakota. Ten unha poboación estimada en 2005 de 100.000 persoas (incluída só a xente de orixe lakota). As fronteiras propostas son as establecidas no Tratado de Fort Laramie (1851) entre o goberno dos Estados Unidos e os lakota que delimitaba o territorio con lindes naturais: o río Yellowstone, ao norte; o río North Platte, ao sur; o río Missouri, ao leste; e unha liña irregular marcando o oeste.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Elena Cortés Altabas, coñecida como Helena Cortesina nada en Valencia o 17 de xullo de 1903 e finada en Buenos Aires o 7 de marzo de 1984, foi unha bailarina, actriz de cine e teatro e unha das primeiras directoras e produtoras de cine españolas. En 1923 rodou a película Flor de España o la historia de un torero converténdose xunto a Elena Jordi—que dirixiu en 1918 Thais— nunha das pioneiras do cine español. Tamén foi modelo de Sorolla e amiga de Federico García Lorca.
O pharming é unha variante do phishing consistente na redirección da páxina web solicitada polo usuario a outra predeterminada polo atacante co obxectivo de facerlle crer que se atopa na orixinal e actúe dentro dela con total normalidade. É dicir, cando se visita unha páxina web co navegador web, este diríxese a unha páxina falsa. Adoita empregarse para redirixir a vítima a un enderezo falso, na que introducirá os seus datos, que pasarán a estar en poder dos atacantes.
A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops[Cómpre referencia]. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide.
Alison Bechdel, nada en Lock Haven o 10 de setembro de 1960, é unha autora de banda deseñada estadounidense. O seu primeiro traballo a chamar a atención da crítica foi a serie de banda deseñada Dykes to Watch Out For (producida ao longo de 25 anos, entre 1983 e 2008), disruptiva por tratar nos anos 1980 os relacións lésbicas. Mais foi en 2006 que Bechdel obtivo máis recoñecemento, coa publicación de Fun Home: Unha Familia Traxicómica, unha obra autobiográfica en banda deseñada, apuntado pola revista Time como o mellor libro do ano (única HQ a recibir esa distinción) e finalista do National Book Critics Circle Award.