Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Antonio "Toñito" Blanco, nado na Coruña en 1964, e finado en 1994, foi un guionista, actor e director de cinema galego. É coñecido por ser un dos creadores do programa Xabarín Club da TVG, e codirector do filme de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos xunto con Ricardo Llovo, un dos poucos exemplos do cinema gore galego. Foi actor e guionista na serie Composteláns e colaborou como experto en banda deseñada no magazine A tumba aberta.
Illa Salisbury, (ruso: Остров Солсбери; Ostrov Solsberi) é unha illa situada na zona central da Terra de Francisco Xosé, Rusia. A illa Salisbury é relativamente grande e longa, cunha superficie de 960 km². O seu punto máis alto ten 482 m e practicamente toda a superficie da illa está cuberta de xeo.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Un planeta anano e unha categoría de corpos celestes no sistema solar acordada pola Unión Astronómica Internacional (IAU) o 24 de agosto de 2006. Esta resolución describe un planeta anano coma un obxecto que: está na órbita arredor do Sol; a súa gravidade supera as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica); non limpou o espazo circundante da súa órbita; non é un satélite dun planeta ou doutro corpo non estelar. Esta definición incorpora a Plutón entre os planetas ananos, e deixa de ser planeta porque non liberou o espazo circundante da súa orbita, o Cinto de Kuiper, e o seu planeta dobre Caronte.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Un vector en física e mais no cálculo vectorial é un concepto caracterizado por un valor, é dicir, un escalar (magnitude numérica), e por un sentido (que pode ser definido nun espazo 3-dimensional, ou en xeral p-dimensional). Os vectores utilízanse para describir magnitudes vectoriais tales como velocidades, aceleracións ou forzas, nas cales é importante considerar non só o valor senón tamén a dirección e máis o sentido. Aínda que frecuentemente se describa a un vector por un número de "compoñentes", cada un deles dependente do sistema de coordenadas particular que se use, as propiedades dun vector non dependen do sistema de coordenadas usado para o describir.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A cerámica é calquera dos diversos materiais duros, fráxiles, resistentes á calor e resistentes á corrosión que se obteñen mediante a conformación e posterior cocción dun material inorgánico e non metálico, como a arxila ou a terracota, a alta temperatura (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado ou modelaxe. Exemplos comúns son o barro, a porcelana e o ladrillo. Tamén se refire a arte que fabrica obxectos como olas ou xerras (olaría), tellas e materiais de construción.
O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.
A ocupación de Wounded Knee, tamén coñecida como o segundo Wounded Knee, empezou o 27 de febreiro de 1973, cando aproximadamente 200 oglala lakota (ás veces referidos como oglala síux) e seguidores do American Indian Movement (AIM) ocuparon a cidade de Wounded Knee, en Dacota do Sur, nos Estados Unidos, na reserva india de Pine Ridge. A protesta comezou logo do fracaso da Organización de Dereitos Civís Oglala Sioux (OSCRO) en destituír o presidente tribal Richard Wilson, acusado de corrupción e abuso de poder. Os manifestantes tamén criticaron o fracaso do goberno dos Estados Unidos de cumprir os tratados cos nativos americanos, e esixiron a reapertura das negociacións do tratado co obxectivo de obter un trato xusto e equitativo.
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica. O xadrez é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfis, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8 x 8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente.
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) é un documento internacional adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que consagra os dereitos e liberdades basicas de todos os seres humanos. Elaborado por un comité da ONU presidido por Eleanor Roosevelt, foi aceptado pola Asemblea Xeral como Resolución 217 durante a súa terceira sesión o 10 de decembro de 1948 no Palacio de Chaillot en París (Francia). Dos 58 membros das Nacións Unidas naquel momento, 48 votaron a favor, ningún en contra, oito abstivéronse e dous non votaron.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Nutrimentos Deza (Nudesa) é unha empresa galega que produce penso composto nunha rede de abastecemento a gandeiros, negocio ao que se suman granxas propias de parideiras para venda de porcino que tamén consumirían o seu penso. Actualmente é unha sociedade anónima, fundada como cooperativa de gandeiros. Ten a súa sede en Silleda.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.569.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas. Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son.
Matemáticas ou matemática (do grego μαθηματικός, mathēmatikós, 'o que aprende', que á súa vez deriva de μάθημα, máthēma, 'coñecemento', 'estudo', 'aprendizaxe') é o estudo abstracto de cuestións que abranguen os conceptos de cantidade, estrutura, espazo, cambio, e outras propiedades; se ben non hai unha definición xeralmente aceptada. Os matemáticos buscan patróns e formulan novas conxecturas das que tratan de establecer a súa verdade ou falsidade mediante unha demostración matemática. Cando as estruturas matemáticas son bos modelos de fenómenos reais, o razoamento matemático pode axudar a comprender e facer predicións sobre a natureza.
A República das Seychelles, (en francés: Republique des Seychelles, en crioulo: La Repiblik Sesel), ás veces escrito en galego como Seixeles, (/seɪˈʃɛlz/, /-ˈʃɛl, ˈseɪʃɛl(z)/, Francés: [sɛʃɛl] our [seʃɛl] é un país arquipeláxico formado de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital é Victoria, a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións). Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro).
A bandeira de México está composta por Tres franxas verticais co Escudo de México xusto no centro. Ó longo da historia de México houbo unha multitude de bandeiras e estandartes para representar o país. Mentres que o significado das cores cambiou co tempo, estas tres cores foron adoptadas por México dende a independencia de España durante a guerra de independencia do país, e o subsecuente Primeiro Imperio Mexicano.
Cartago (do fenicio Kart-Hadasht, ou Qrthdst, isto é «Nova Cidade», en árabe قرطاج (Qartax) é unha antiga cidade, orixinariamente unha colonia fenicia no norte en Tunisia, situada ao leste do Lago de Tunes, preto do centro de Tunes. Foi unha potencia do mundo antigo, disputando con Roma o control do mar Mediterráneo. Desa disputa orixináronse as tres guerras púnicas, despois das cales Cartago foi destruída.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
O EF-Tu (do inglés elongation factor-thermo unstable, factor de elongación termoinestable) é un factor de elongación procariota responsable de catalizar a unión dun aminoacil-ARNt (aa-tRNA) ao ribosoma. É unha proteína G e facilita a selección e unión dun aminoacil-ARNt ao sitio A do ribosoma. Como r4eflexo do seu papel fundamental na tradución de proteínas, o EF-Tu é unha das proteínas máis abundantes e altamente conservadas dos procariotas.
Guillerme II (Wilhelm II en alemán), nado como Friedrich Wilhelm Viktor Albrecht von Hohenzollern en Berlín o 27 de xaneiro de 1859 e finado en Doorn (Países Baixos) o 4 de xuño de 1941, foi o último emperador alemán (Káiser) e o último rei de Prusia. Gobernou entre 1888 e 1918. Era fillo primoxénito de Frederico III e da princesa Vitoria, Princesa Real do Reino Unido.
Kasai do Sur (francés: Sud-Kasaï) foi un estado secesionista non recoñecido da República do Congo (a actual República Democrática do Congo) que foi semi independente entre 1960 e 1962. Inicialmente proposto só como unha provincia, Kasai do Sur buscou a autonomía plena en circunstancias similares ás do seu estado veciño de Katanga, moito máis grande e situado ao sur, durante a axitación política xurdida logo da independencia do Congo Belga coñecida como crise do Congo. Con todo, a diferenza de Katanga, Kasai do Sur non declarou de xeito explícito a súa independencia plena da República do Congo ou rexeitou a soberanía congolesa.
Icía de Roma, máis coñecida como Santa Icía ou Santa Cecilia, e coas variantes Cecilia, Cilla, Cecía e Sía, (en latín, Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe, no século III. Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas e dos cegos (xunto con santa Lucía de Siracusa).
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (en castelán: La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos) é unha longametraxe galega dirixida por Toñito Blanco e Ricardo Llovo. Autodenomínase como “posibelmente a película máis noxenta, cutre e divertida de tódolos tempos”. O filme conta coa participación de músicos como Julián Hernández (Siniestro Total), César Strawberry (Def con Dos, Strawberry Hardcore) ou Silvia Superstar (Killer Barbies).
O pharming é unha variante do phishing consistente na redirección da páxina web solicitada polo usuario a outra predeterminada polo atacante co obxectivo de facerlle crer que se atopa na orixinal e actúe dentro dela con total normalidade. É dicir, cando se visita unha páxina web co navegador web, este diríxese a unha páxina falsa. Adoita empregarse para redirixir a vítima a un enderezo falso, na que introducirá os seus datos, que pasarán a estar en poder dos atacantes.
Na Mitoloxía galega, os Xigantes son unha raza de seres míticos que o imaxinario popular adoita situar como defensores de tesouros agochados nos castros ou mámoas. A súa función consiste en arredar a xente que se achegue a estes lugares onde os mouros deixaron os seus tesouros para regresar algún día. Neste obxectivo, axudan ós encantos que gardan os tesouros por orde dos mouros.
San Marcos o Evanxelista (século I) vén sendo considerado tradicionalmente o autor do Evanxeo de Marcos. Represéntase acompañado cun león, porque o seu Evanxeo comeza falando de Xoán o Bautista, "A voz que clama no deserto": dita voz sería como a do león. Adoita identificárselle con "Xoán, tamén chamado Marcos".
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano naturalizado estadounidense, coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e as súas contribucións ao desenvolvemento da teoría cuántica, a física nuclear, a física de partículas e a mecánica estatística. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 polos seus traballos sobre a radioactividade inducida, e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX. Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University. Foi definido como o arquitecto da era nuclear e da bomba atómica, tendo colaborado nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan).
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
En física, polarización é unha propiedade de ondas, tales como a luz e outra radiación electromagnética. Ao contrario de ondas máis familiares como as ondas acuáticas ou sonoras, as ondas electromagnétcas son tridimensionais e a polarización é unha medida da variación do vector do campo eléctrico desas ondas co decorrer do tempo.
O dereito é a orde normativa e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica, baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais. A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Saint Kitts e Nevis (/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/) (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.
Arquitectura prerrománica en Galicia
A arquitectura prerrománica galega enténdese como unha expresión xenérica que designa calquera manifestación artística que preceda temporalmente á arquitectura románica e que sexa posterior ao período clásico romano. Esta definición é aplicable a toda a arte e arquitectura da Europa occidental. Deste xeito, o termo prerrománico aplicaríase, no temporal, a todo o lapso comprendido entre mediados do século V (caída do Imperio Romano de Occidente) e comezos do século XI (espallamento do románico), e no estilístico, á arte ostrogoda, longobarda, carolinxia, otoniana etc., estando representada en Galicia pola arquitectura visigoda, asturiana, mozárabe e de repoboación.
O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes. Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos.
Na mitoloxía clásica, Dioniso (en grego antigo Διώνυσος Diônysos ou Διόνυσος Dionysos) é "fillo de deus" ("Δίος" en grego antigo, significa "divino") e ("νυσος" en lingua tracia-frixia, significa "fillo"). É o deus do viño e da vendima, inspirador da tolemia ritual e a éxtase, e un personaxe importante da mitoloxía grega. Aínda que as orixes xeográficas do seu culto son descoñecidas, case todas as traxedias preséntano como «estranxeiro».
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A Comarca Metropolitana de Jaén é o nome dunha comarca das dez que ten a provincia de Xaén, en España. A súa cabeceira, como centro administrativo, comercial e de servizos, é Xaén, capital da provincia. Tiña unha poboación de 216 260 habitantes (segundo os datos do INE para 2023), unha superficie de 1 755,56 km², e unha densidade de poboación de 123,19 hab/km².