Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Logos (en grego λóγος -lôgos- ) significa: a palabra en canto meditada, reflexionada ou razoada, é dicir: "razoamento", "argumentación", "fala" ou "discurso". Tamén pode ser entendido como: "intelixencia", "pensamento", "senso", a palabra grega λóγος -lôgos- foi e adoita ser traducida en linguas romances como Verbo (do latín : Verbum). É un dos tres modos de persuasión na retórica (xunto co ethos e o pathos), segundo a filosofía de Aristóteles.
«Hurrero» e «hurrera» son termos pexorativos utilizados en Paraguai para describir a un activista fanático, caracterizado por apoiar incondicionalmente a un candidato político, disposto a realizar calquera tarefa — mesmo aquelas que poidan resultar denigrantes ou vergoñosas — co obxectivo de obter un favor, xeralmente en forma de cargo público. Nun contexto máis amplo, o termo tamén pode facer referencia a unha persoa que, en eventos deportivos, manifestacións ou concentracións públicas; destaca por vociferar encomios ou loanzas cara a un dirixente político ou figura de autoridade, independentemente da súa reputación ou antecedentes.
Bloques de cores (en inglés: Colourblocks) é unha serie de animación infantil británica que se emitiu en CBeebies dende o 12 de setembro de 2022. A serie segue as aventuras de personaxes de bloques, e cada un leva o nome dunha cor. Xunto coas series Alphablocks e Numberblocks forma parte do "Blocks Universe".
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
18°55′N 155°16′O (situación do monte submarino Kamaʻehuakanaloa (antes chamado Loihi); o punto quente real está a uns 40 km ao sueste) O punto quente de Hawai (ou Hawaiʻi) é un punto quente volcánico localizado preto do arquipélago de Hawai, na parte norte do océano Pacífico. É un dos puntos quentes do mundo mellor coñecidos e máis intensamente estudados. A pluma do manto de Hawai é responsable da creación da cadea de montes submarinos Hawai-Emperador, unha cadea montañosa volcánica principalmente baixo o mar de 6200 km de lonxitude.
O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes. Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos.
O problema do vendedor viaxeiro ou problema do viaxeiro (ás veces chamado TSP Traveling Salesman Problem polas súas siglas en inglés) é un problema algorítmico clásico no campo da informática e da investigación operativa. Está centrado na optimización. Neste contexto, unha mellor solución adoita significar unha solución que é máis barata, máis curta ou máis rápida.
Para a icona de marca comercial, véxase Logotipo Logo é unha linguaxe de programación usada para a programación funcional. É unha adaptación sinxela do Lisp, habendo quen di que é un Lisp sen parénteses. Hoxe en día é coñecido sobre todo polos gráficos da tartaruga, pero tamén ten facilidades significativas para o manexo de listas, ficheiros, E/S e recursión.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Ernst Waldfried Josef Wenzel Mach, nado en Brno o 18 de febreiro de 1838, e finado en Vaterstetten o 19 de febreiro de 1916, foi un físico e filósofo austríaco. De 1864 a 1867 foi profesor de matemáticas en Graz. Despois (1867-1895) ensinou física na Universidade de Praga, cando se opuxo á introdución da lingua checa como lingua oficial na mesma universidade, aliñándose entre os partidarios da dominación alemá na rexión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O buscador de Google, Google Search (tamén coñecido simplemente como Google ou Google.com ) é un motor de busca operado por Google. Permite aos usuarios buscar información na Web introducindo palabras clave ou frases. A busca de Google usa algoritmos para analizar e clasificar sitios web en función da relevancia en función da consulta.
Information Technology Infrastructure Library
A Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información, frecuentemente abreviada ITIL (do inglés Information Technology Infrastructure Library), é un marco de traballo das mellores prácticas destinadas a facilitar a entrega de servizos de tecnoloxías da información (TI).
In the Aeroplane Over the Sea é o segundo e derradeiro álbum da banda estadounidense de indie rock Neutral Milk Hotel, publicado o 10 de febreiro de 1998 nos Estados Unidos a través do selo Merge Records e no Reino Unido no mes de maio a través de Blue Rose Records. Jeff Mangum mudouse de Athens, Xeorxia a Denver, Colorado para preparar a meirande parte do material do co produtor Robert Schneider, no seu novo estudio Pet Sounds na casa do músico Jim McIntyre. O álbum foi o sexto vinilo máis vendido no ano 2008, dez anos despois do seu lanzamento orixinal.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A amplitude é a medida escalar negativa da magnitude da oscilación, ou sexa, a magnitude da distorsión máxima no medio durante un ciclo de onda. Ás veces esta distancia chámase amplitude pico, para diferenciala doutros conceptos de amplitude, e utilízase de xeito especial en enxeñaría eléctrica: o RMS ou amplitude raíz cadrada media, defínese como a raíz cadrada da media temporan do cadrado da distancia vertical da gráfica dende o eixo horizontal. A utilización da amplitude pico é precisa para ondas simétricas e periódicas, como unha onda sinusoidal, unha onda cadrada ou unha onda triangular.
National Basketball Association
A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola Federación Internacional de Baloncesto como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa National Football League, a Major League Baseball e a National Hockey League.
Os morioris son un pobo indíxena das illas Chatham (Rēkohu en lingua moriori, Wharekauri en lingua maorí), un arquipélago ó leste de Nova Zelandia, no océano Pacífico. Son un pobo que vive segundo un código de non violencia e resistencia pasiva (véxase Nunuku-whenua), o cal fixo que os invasores maorís taranaki case os exterminaran na década de 1830. Durante comezos do século XX, críase erroneamente que os morioris eran os habitantes pre-maorís de Nova Zelandia, lingüística e xeneticamente diferentes dos maorís, e posiblemente melanesios.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.757.
Nos Estados Unidos de América, un lugar designado polo censo (tradución literal da frase en inglés: census-designated place, polo que é coñecido polo acrónimo nesta lingua CDP) é un lugar, unha concentración de poboación, identificado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos cunha finalidade estatística. Os CDP inclúense en cada censo decenal como contrapartida na estatística dos lugares incorporados como cidades, aldeas e vilas rurais. Son comunidades que carecen de goberno local, pero que fisicamente se parecen aos lugares incorporados.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Diego Martínez Penas, nado en Vigo o 16 de outubro de 1980, é un adestrador de fútbol galego, que dende outubro de 2024 dirixe a UD Las Palmas, da Primeira División. Dirixiu varios clubs da Primeira e a Segunda División (Sevilla Atlético, Osasuna, Granada e Espanyol), así como o Olympiacos, da Superliga grega. En 2024 foi escollido como adestrador da selección de fútbol de Galicia.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Lista de nomes masculinos galegos máis comúns
A continuación detállase unha lista dos nomes masculinos galegos máis comúns en Galicia segundo datos do Instituto Galego de Estatística.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939 e finada en Majadahonda o 2 de decembro de 2023, foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
En fin é unha serie de televisión española de comedia postapocalíptica creada por David Sainz e Enrique Lojo para Amazon Prime Video. Está producida por Versus Entertainment e Diffferent Entertainment, e protagonizada por José Manuel Poga, Malena Alterio e Irene Pérez. Estreouse en Prime Video o 13 de setembro de 2024, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Referendo de independencia de Transnistria de 2006
O 17 de setembro de 2006 celebrouse un referendo dobre en Transnistria. Os votantes foron preguntados se aprobaban da posibilidade de renunciar á independencia e a súa posible integración con Moldova, ou de maneira alternativa manterse independente para unha integración futura posíbel á Federación Rusa. Os resultados do referendo non foron recoñecidos internacionalmente.
A raposa do aire é un ser imaxinario propio da mitoloxía galega. Case nunca ten forma visible senón que é un berro dunha alma en pena, un ladrido, un ouveo con forma de raposa que bota bafaradas de lume pola boca e polos ollos. Pode ter voz de diferentes animais, e mesmo de gargalladas ou laios de neno.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, o Níxer e o Chad.
Un numismático é un especialista en numismática, a disciplina relacionada co mundo da moeda, ben desde a perspectiva do coleccionismo ou ben desde os puntos de vista comercial ou académico e de investigación. Aínda que o termo se fixou durante a primeira metade do século XIX, o comercio, o estudo e a colección de moedas víñase producindo xa desde épocas moi anteriores. En España instituíuse santo Eloi como patrón dos numismáticos.
A guerra civil siria (en árabe: الحرب الأهلية السورية: [al-Ḥarb al-ahliyya al-sūriyya]) é un conflito bélico iniciado a principios de 2011 e que aínda se dá na actualidade Siria. Nesta guerra enfrontáronse no seu inicio as Forzas Armadas de Siria do goberno do presidente sirio, Bashar al-Assad, contra grupos armados rebeldes de diversa índole, coñecidos en Occidente como a «oposición siria». Máis adiante, numerosos grupos e combatentes dos «rebeldes» uníronse aos xihadistas do Estado Islámico de Iraq e o Levante —Estado Islámico (abreviado como EI) en galego; ISIS en inglés—, tamén coñecido como Daesh (en árabe داعش), o que lle permitiu a este último expandirse e invadir vastas extensións de Siria desde as zonas que xa ocupaba en Iraq.
A UEFA Europa League, tamén coñecida como Liga Europa da UEFA, é unha competición internacional de fútbol que disputan aqueles equipos que, ou ben gañan as copas das súas respectivas federacións nacionais, ou ben quedan en postos inmediatamente inferiores aos que dan acceso a xogar na Liga de Campións da UEFA nas competicións oficiais de liga das súas federacións. Foi creada pola UEFA en 1971 baixo o nome de Copa da UEFA (co que se coñeceu ata a tempada 2008-09) en substitución da Copa de Cidades en Feira, torneo que non estivo afiliado á devandita confederación. O equipo máis laureado da competición é o Sevilla Fútbol Club con seis títulos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A República das Maldivas (en maldivano: ދިވެހި ޖުމްހުރިޔަ, Dhivehi Jumhuriya) é un país de Asia constituído por 1 196 illas, das cales están 203 habitadas, situadas a aproximadamente 450 km ao sur do Decan. A súa superficie é de 302 km². As illas reagrúpanse en 26 atois cada un co nome dunha ou dúas letras do alfabeto maldivano (escritura Taana).
A memoria de acceso aleatorio, ou memoria de acceso directo (en inglés Random Access Memory), máis coñecida como memoria RAM, componse dun ou varios chips e utilízase como memoria de traballo para programas e datos. É un tipo de memoria temporal que perde os datos cando se queda sen enerxía eléctrica (por exemplo, ao apagar a computadora).
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
As Illas Cook (en inglés Cook Islands, en maorí das Illas Cook Kūki 'Āirani) conforman un arquipélago localizado no océano Pacífico Sur, entre Hawai e Nova Zelandia. Posúen un sistema de goberno democrático-parlamentario en Libre asociación con Nova Zelandia. As quince pequenas illas teñen unha área combinada de 240 km².
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran a cerna do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
La Lucha (A Pobra do Caramiñal)
La Lucha foi un periódico publicado na Pobra do Caramiñal entre 1932 e 1933.