Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
18°55′N 155°16′O (situación do monte submarino Kamaʻehuakanaloa (antes chamado Loihi); o punto quente real está a uns 40 km ao sueste) O punto quente de Hawai (ou Hawaiʻi) é un punto quente volcánico localizado preto do arquipélago de Hawai, na parte norte do océano Pacífico. É un dos puntos quentes do mundo mellor coñecidos e máis intensamente estudados. A pluma do manto de Hawai é responsable da creación da cadea de montes submarinos Hawai-Emperador, unha cadea montañosa volcánica principalmente situda baixo o mar de 6200 km de lonxitude.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Logos (en grego λóγος -lôgos- ) significa: a palabra en canto meditada, reflexionada ou razoada, é dicir: "razoamento", "argumentación", "fala" ou "discurso". Tamén pode ser entendido como: "intelixencia", "pensamento", "senso", a palabra grega λóγος -lôgos- foi e adoita ser traducida en linguas romances como Verbo (do latín : Verbum). É un dos tres modos de persuasión na retórica (xunto co ethos e o pathos), segundo a filosofía de Aristóteles.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Un anacronismo (do grego ἀνά 'contra' e χρόνος 'tempo') refírese a algo que non se corresponde ou parece non corresponder coa época á que se fai referencia. Por exemplo, se nunha obra de teatro que se desenvolve durante a antiga república romana aparecera un personaxe usando unha computadora, a computadora sería un anacronismo. Hai dous tipos de anacronismos: paracronismos e procronismos.
En mineraloxía, o diamante (do grego antigo αδάμας, adámas, que significa invencible ou inalterable) é un alótropo do carbono onde os átomos de carbono están dispostos nunha variante da estrutura cristalina cúbica centrada na cara denominada "rede de diamante". É a segunda forma máis estable do carbono, despois do grafito; porén, a taxa de conversión de diamante a grafito é desprezable a condicións ambientais. Ten renome especificamente como un material con características físicas superlativas, moitas das cales derivan do forte enlace covalente entre os seus átomos.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Para a icona de marca comercial, véxase Logotipo Logo é unha linguaxe de programación usada para a programación funcional. É unha adaptación sinxela do Lisp, habendo quen di que é un Lisp sen parénteses. Hoxe en día é coñecido sobre todo polos gráficos da tartaruga, pero tamén ten facilidades significativas para o manexo de listas, ficheiros, E/S e recursión.
A pena de morte, pena capital ou execución consiste en provocar a morte a unha persoa condenada por parte do Estado, como castigo por cometer un delito establecido na lexislación. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xuízo dalgúns, merece a decapitación.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Information Technology Infrastructure Library
A Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información, frecuentemente abreviada ITIL (do inglés Information Technology Infrastructure Library), é un marco de traballo das mellores prácticas destinadas a facilitar a entrega de servizos de tecnoloxías da información (TI).
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Lista de personaxes de Family Guy
Estas son as personaxes da serie de animación televisiva Family Guy.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.757.
Czesław Juliusz Niemen-Wydrzycki, coñecido simplemente como Niemen, nado o 16 de febreiro de 1939 na vila de Staryya Vasilishki (no 1939 pertencente á Voivodia de Nowogródek, durante a Segunda República polaca, hoxe en día parte da provincia de Hrodna, en Belarús) e finado en Varsovia o 17 de xaneiro de 2004, foi un compositor, icónico cantautor con letras en polaco e músico experimental de sona internacional. Foi agraciado coa Cruz de Ouro ao Mérito de Polonia (Zasłużony Działacz Kultury) no ano 1974. Popular en toda a nación durante os máis de 30 anos da súa carreira musical foi elixido o artista nacional máis importante da historia do país polo 60 por cento dos participantes nunha enquisa de Polityka de 1999.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
Os Ancares: A serra esquecida é un documental galego dirixido por Enrique Rodríguez e producido por Formato Producciones para a Televisión de Galicia. En 1968 o xornalista Enrique de Arce Temes realizou unha reportaxe para El Ideal Gallego sobre a situación dos habitantes da serra dos Ancares, que vivían completamente illados nunhas condicións máis propias da Idade Media que do século XX. A crónica daquela expedición e dos anos posteriores quedou recollida no libro Os Ancares: A serra esquecida (2010). O documental relata os acontecementos descritos no libro, contando co testemuño dos protagonistas daquela expedición e dos veciños que habitaron nos Ancares durante aqueles anos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Gran Premio de Qatar de Fórmula 1 de 2024 (oficialmente Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2024) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 1 de decembro de 2024 no Circuíto Internacional de Losail de Doha, Qatar. Esta foi a terceira edición do Gran Premio de Qatar que contou para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e a vixésimo terceira proba do Campionato de 2024 e a sexta e última fin de semana de Gran Premio da tempada en utilizar o formato de carreiras de sprint. Lando Norris de McLaren acadou a pole position para o sprint, e despois cedeu a posición ao seu compañeiro de equipo Oscar Piastri na última volta do sprint.
Informer (serie de televisión)
Informer é unha serie de televisión británica creada e escrita por Rory Haines e Sohrab Noshirvani e producida por Neal Street Productions para a BBC. Componse de seis episodios e está protagonizada por Paddy Considine, Bel Powley, Nabhaan Rizwan e Jessica Raine. Emitiuse orixinalmente en BBC One entre o 16 de outubro de 2018 e o 20 de novembro de 2018. Estreouse en galego o 3 de outubro de 2024 a través da plataforma AGalega.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006
O 12 de novembro de 2006 celebrouse un referendo de independencia na república non recoñecida de Osetia do Sur, anteriormente óblast autónomo dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia, coa súa capital en Tskhinvali.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O buscador de Google, Google Search (tamén coñecido simplemente como Google ou Google.com ) é un motor de busca operado por Google. Permite aos usuarios buscar información na Web introducindo palabras clave ou frases. A busca de Google usa algoritmos para analizar e clasificar sitios web en función da relevancia en función da consulta.
Francis John Tovey, coñecido como Fad Gadget, nado en Londres o 8 de setembro de 1956 e finado na súa cidade natal o 3 de abril de 2002, foi un músico e icónico vocalista de sona internacional asociado á música avant-garde, considerado como un promotor inicial da música industrial e new-wave. Tovey influíu o movemento popularizado por bandas como Cabaret Voltaire, The Human League e Depeche Mode coa fichaxe polo selo Mute Records no ano 1979, como primeiro artista contratado pola firma. Usando o alcume de Fad Gadget, lanzou catro álbums, que estaban marcados polo funk electrónico escuro rematado polo distintivo acento inglés e xogos vocais con berros e asubíos do artista.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O fosfatidilglicerol é un fosfoglicérido que forma parte das membranas celulares eucarióticas e bacterianas (nalgunhas bacterias é o principal compoñente), e forma parte do surfactante pulmonar, que reduce a tensión superficial no alvéolo e facilita o intercambio respiratorio de gases. Nas cianobacterias e plantas abunda na membrana tilacoidal (pero tamén está presente noutras membranas), e parece que mantén a proporción de lípidos aniónicos no tilacoide necesarios para realizar a fotosíntese. A estrutura xeral do fosfatidilglicerol pode describirse como un diacilglicérido esterificado cun fosfato cunha molécula de glicerol esterificada no fosfato.
A Internacional (L'Internationale en francés) é a canción socialista máis famosa, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. A letra orixinal é de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.
National Basketball Association
A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola Federación Internacional de Baloncesto como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa National Football League, a Major League Baseball e a National Hockey League.
Nos Estados Unidos de América, un lugar designado polo censo (tradución literal da frase en inglés: census-designated place, polo que é coñecido polo acrónimo nesta lingua CDP) é un lugar, unha concentración de poboación, identificado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos cunha finalidade estatística. Os CDP inclúense en cada censo decenal como contrapartida na estatística dos lugares incorporados como cidades, aldeas e vilas rurais. Son comunidades que carecen de goberno local, pero que fisicamente se parecen aos lugares incorporados.
Decembro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).
En matemáticas, a sucesión de Fibonacci é a sucesión de números naturais: 0 , 1 , 1 , 2 , 3 , 5 , 8 , 13 , 21 , 34 , 55 , 89 , 144 , 233 , 377 , 610 , 987 , 1597 … {\textstyle 0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89,144,233,377,610,987,1597\ldots \,} (secuencia A000045 na OEIS) A sucesión comeza cos números 0 e 1, e a partir destes a relación de recorrencia que a define é que «cada termo é a suma dos dous anteriores». Aos elementos desta sucesión chámaselles números de Fibonacci. Esta sucesión foi descrita en Europa por Leonardo de Pisa, matemático italiano do século XIII tamén coñecido como Fibonacci.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Josef Karl von Habsburg), nado no Palacio de Schönbrunn (Viena) o 18 de agosto de 1830 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1916, foi un emperador austríaco, rei apostólico de Hungría e rei de Bohemia, entre outros títulos (2 de decembro de 1848- 21 de novembro de 1916). O seu reinado de 68 anos foi o terceiro máis prolongado da historia europea, despois de Lois XIV de Francia e Xoán II de Liechtenstein. O seu lema persoal era Viribus Unitis (Coa unión de forzas).
A sopa de pedras e outros contos do revés
A sopa de pedras e outros contos do revés (en francés: La Chouette entre veille et sommeil) é un filme franco-belga de animación de 2016 dirixido por Arnaud Demuynck, Frits Standaert e Pascale Hecquet. Trátase dun conxunto de 5 curtametraxes animadas presentadas por un moucho. Estreouse en galego o 4 de outubro de 2024 na plataforma do Xabarín Club.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Dende o punto de vista etimolóxico, milicia pode referirse a facer a guerra e disciplinar aos soldados para este efecto. Do mesmo xeito, tamén caracteriza o servizo ou profesión militar ou un conxunto de tropa ou xente de guerra. Con todo, o termo milicia utilizouse tamén, nun sentido máis restrinxido, para referirse a unha forza militar composta soamente de cidadáns, os cales se dedican á defensa do seu pobo ou nación, a aplicación da lei de emerxencia, ou de paramilitares de servizos, en momentos de emerxencia, e que non reciben ningún salario regular nin se comprometeron a un prazo fixo de servizo.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Elisabetta Amalia Eugenia von Wittelsbach (Elisabeth Amelie Eugenie Herzogin in Bayern) ou Isabel de Wittelsbach, nada en Múnic o 24 de decembro de 1837 e finada en Xenebra o 10 de setembro de 1898, foi unha princesa bávara que chegou a ser emperatriz consorte de Austria entre 1854 e 1898 e raíña consorte de Hungría entre os anos 1867 e 1898. No mundo xermanófono é máis coñocida como Isabel de Austria (Elisabeth von Österreich). Pertencente á Casa de Wittelsbach, nacida coa dignidade de duquesa en Baviera e tratamento de Alteza Real, era filla do duque Maximiliano de Baviera e da princesa real Ludovica de Baviera.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A electroencefalografía (EEG) é un método para rexistrar un electrograma da actividade eléctrica espontánea do cerebro. Demostrouse que os biosinais detectados polo EEG representan os potenciais postsinápticos das neuronas piramidais no neocórtex e no alocórtex. Normalmente non é invasivo, cos eléctrodos de EEG colocados ao longo do coiro cabeludo (scallp EEG en inglés) usando o sistema International 10–20, ou variacións do mesmo.
Abu Zayd 'Abd al-Rahman ibn Muhammad ibn Khaldún al-Hadrami (عبد الرحمن بن محمد بن خلدون الحضرمي), coñecido como Ibn Khaldún ou Ibn Jaldún nado en Tunisia o 27 de maio de 1332 (732 da héxira) e finado no Cairo o 19 de marzo de 1406 (808 da héxira) foi un famoso sociólogo, filósofo e historiador árabe norte-africano. amplamente recoñecido como un dos máis grandes científicos sociais da Idade Media, e considerado por moitos o pai dos estudos de historiografía, socioloxía, economía e demografía. O seu libro máis coñecido, e o Muqaddimah ou Prolegómenos («Introdución»), que escribiu en seis meses, segundo afirma na súa autobiografía, influíu en historiadores otománs dos séculos XVII e XIX como Kâtip Çelebi, Mustafa Naima e Ahmed Cevdet Pasha, que utilizaron as súas teorías para analizar o crecemento e declive do Imperio otomán.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.