Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
Information Technology Infrastructure Library
A Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información, frecuentemente abreviada ITIL (do inglés Information Technology Infrastructure Library), é un marco de traballo das mellores prácticas destinadas a facilitar a entrega de servizos de tecnoloxías da información (TI).
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
O estarcido (do latín extergere, limpar), técnica moi primitiva identificada máis recentemente co esténcil (do inglés stencil), é un tipo de decoración a partir dun modelo ou calco cun debuxo recortado ou patrón, método que permite reproducir en serie a imaxe representada. Entre os seus múltiples campos de aplicación destaca como recurso industrial o estarcido na decoración de azulexos. Recurso case prehistórico, o estarcido moderno deriva dos métodos decorativos desenvolvidos en distintos lugares do mundo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A acción social é toda acción que teña un sentido para quen a realizan, afectando a conduta doutros, orientándose a acción mencionada por devandita afectación. Unha acción é toda conduta humana na que o individuo, ou individuos que a producen, establécena cun sentido persoal. A acción social estará referida á conduta doutros.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Merlo, melro ou merliño (do latín merulu) son as designacións comúns da especie Turdus merula de aves paseriformes pertencentes á familia Turdidae. Os merlos presentan un forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas.
Luís de Castro García, nado na Terrachá (Entrimo) o 10 de agosto de 1912 e finado Ibídem o 4 de outubro de 1977, foi un médico e investigador galego. Con 9 anos mudouse a Valladolid coa súa familia por mor do traballo de seu pai. Concluíu o bacharelato superior por ciencias en 1928, licenciouse en medicina e cirurxía pola Universidade de Valladolid en 1934 e doutorouse o ano seguinte pola Universidade Central.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
As enchentes en España en 2024, tamén coñecidas como gota fría, DINA de 2024 en España ou DINA de Valencia, son as denominacións outorgadas á gota fría ou DINA que comezou o 29 de outubro de 2024 en España. A tormenta, designada meteorolóxicamente como sistema convectivo de mesoescala, provocou chuvias torrenciais que acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu o desbordamento de varios ríos e barrancos na vertente mediterránea e unha serie de enchentes lóstrego que foron especialmente catastróficas na provincia de Valencia. En total, a cifra provisional de finados ascende a cando menos 214 persoas, 2 000 desaparecidos e numerosos danos materiais, polo que se considera a segunda peor catástrofe natural na historia de España tralas riadas do Vallès Occidental de 1962.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O éuscaro ou vasco (euskara en éuscaro) é a lingua tradicional do pobo vasco. Na actualidade fálase no territorio coñecido como Euskal Herria. Comprende Euskadi e o norte de Navarra (que conforman Hegoalde) e as rexións de Baixa Navarra/Nafarroa Beherea, Lapurdi e Zuberoa, no departamento francés de Pireneos Atlánticos (o que é coñecido como Iparralde.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.090.
La última noche en Tremor (orixinalmente coñecida como La última noche en Tremore Beach) é unha serie de televisión por internet española creada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo para Netflix, baseada na novela La última noche en Tremore Beach de Mikel Santiago. Protagonizada por Javier Rey e Ana Polvorosa, entre outros, estreouse o 25 de outubro de 2024 mundialmente.
Xenxis Khan ou Xenxis Can (en mongol: Чингис Хаан /ʧiŋgɪs χaːŋ/), O Señor de Toda a Terra, nado en 1155, 1162 ou 1167 e finado o 18 de agosto de 1227, foi un guerreiro e conquistador mongol que unificou ás tribos nómades desta etnia do norte de Asia, fundador e primeiro Gran Khan do Imperio Mongol, considerado o imperio máis grande da historia. Baixo o seu liderado como Gran Khan, os mongois comezaron unha serie de conquistas que estendeu o seu dominio a un vasto territorio, desde Europa Oriental ata o océano Pacífico, e desde Siberia ata Mesopotamia, a India e Indochina. Na primeira fase desta expansión, as hordas mongolas conquistaron importantes reinos de Asia, como o Imperio Jin do norte da China (1211-1216), o Imperio tangut, o khanato de Kara-Khitai, o Imperio corasmio ou a dinastía Song no sur da China.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Les Schtroumpfs (nome orixinal en francés, traducido a neerlandés como De Smurfen, ao castelán como Los Pitufos, en inglés como The Smurfs e en portugués como Os Smurfs e Os Estrumpfos), son uns personaxes de banda deseñada infantil creados no 1958 polo guionista e debuxante belga Pierre Culliford, popularmente coñecido como Peyo (1928-1992). Os primeiros debuxos e libros de banda deseñada cos personaxes en chegar a Galiza foron en castelán, e o nome que se popularizou en galego é "pitufo". O tradutor afirmou que o nome provén do personaxe tradicional catalán Patufet (diminutivo de Patufo), un neno que leva unha barretina xigante.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Pereiro, A Faeira, As Pontes de García Rodríguez
Pereiro é un lugar da parroquia da Faeira no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Tiña 6 habitantes no ano 2014 segundo datos do IGE, dos cales 3 eran homes e 3 eran mulleres.
Giuseppe Arcimboldo, nado en Milán en 1527 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1593, foi un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas ou animais, é dicir, pintaba representacións destes obxectos no lenzo, colocándoos de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecíbel co suxeito retratado.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano naturalizado estadounidense, coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e as súas contribucións ao desenvolvemento da teoría cuántica, a física nuclear, a física de partículas e a mecánica estatística. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 polos seus traballos sobre a radioactividade inducida, e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX. Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University. Foi definido como o arquitecto da era nuclear e da bomba atómica, tendo colaborado nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan).
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
A lingua piscataway é unha lingua algonquina morta falada outrora polo pobo piscataway, un cacicado dominante no sur de Maryland e na costa oeste da baía de Chesapeake no momento do contacto cos colonos europeos. O piscataway, tamén coñecida como conoy (do etnónimo iroqués para a tribo), considérase un dialecto da lingua nanticoke. Esta designación baséase na escasa evidencia dispoñible para a lingua piscataway.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Cadi Iyad (árabe: القاضي عياض بن موسى), formalmente Abū al-Faḍl ʿIyāḍ ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ ibn ʿAmr ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ ibn Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ al-Yaḥṣubī al-Sabtī ( árabe: أبو الفضل عياض بن موسى بن عياض بن عمرو بن موسى بن عياض بن محمد بن عبد الله بن موسى بن عياض اليحصبي السبتي ), nado en Ceuta o 28 de decembro de 1083 e finado en Marrakech o 14 de outubro de 1149, foi un polímata sunnita magrebí considerado o principal estudoso do fiqh e hadiz maliki do seu tempo , foi tamén un destacado teólogo, historiador, poeta e xenealoxista .
O Baix Llobregat (en galego: Baixo Llobregat) é unha comarca que se atopa na provincia de Barcelona, en Cataluña. É a terceira comarca máis poboada con 781.749 habitantes (cifra do 2008, só superada polas do Barcelonès e o Vallès Occidental) e unha superficie de 486,5 km². A capital da comarca é Sant Feliu de Llobregat, aínda que hai diversas cidades importantes e maiores, especialmente no delta do Llobregat e que forman parte da Área metropolitana de Barcelona.
A lingua nanticoke é unha lingua algonquina morta falada outrora por varios pobos indíxenas que habitaban os territorios dos actuais estados de Delaware e Maryland, nos Estados Unidos. A mesma lingua era falada por varias tribos veciñas, incluíndo os nanticoke, que constituían o cacicado primordial; os choptank, os assateague, e probablemente tamén os piscataway e os doeg.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Plan Galicia foi un conxunto de medidas económicas aprobadas polo Consello de Ministros o 23 de xaneiro de 2003, co obxectivo de paliar as consecuencias da catástrofe provocada polo naufraxio do Prestige o 19 de novembro de 2002. A cantidade orzada, 12.459 millóns de euros, representaba case o dobre do orzamento anual da Xunta de Galicia (tamén o dobre do investimento estatal na Expo'92 en Sevilla e dez veces máis có da Olimpíada de Barcelona ). O Plan Galicia presentouse como complementario do aprobado días antes pola Xunta, por un valor de 1.663 millóns de euros.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto. Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa, coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.
A lingua maliseet-passamaquoddy é unha lingua algonquina falada polos pobos wolastoqey e passamaquoddy ao longo da fronteira entre Maine, nos Estados Unidos e Novo Brunswick, no Canadá. A lingua conta con dous dialectos principais: o maliseet, que se fala no val do río Saint John en Novo Brunswick; e o passamaquoddy, falado no val do St. Croix no leste de Maine.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Torrent é unha cidade da área metropolitana de Valencia, na Horta Oest (comarca non oficial, pois é capital administrativa da Horta Sud). Con 76.927 habitantes (INE 2007), trátase do terceiro municipio con máis poboación da provincia de Valencia e o oitavo máis poboado do País Valenciano. Limita con Aldaia, Alaquàs, Picanya, Catarroja, Alcàsser e Picassent (na Horta); con Montserrat (Ribera Alta) e con Godelleta e Xiva (Foia de Bunyol).
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Apocalipse Z. A ira dos xustos
Apocalipse Z. A ira dos xustos é unha novela de literatura fantástica en lingua castelá de Manel Loureiro, publicada en 2010 por Planeta. Foi traducida ao galego por Tomás González Ahola, e publicada en 2015 por Urco Editora.
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. É diferente dunha rocha, que pode ser un agregado de minerais ou non minerais e que non ten unha composición química específica.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.