Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Luís de Castro García, nado na Terrachá (Entrimo) o 10 de agosto de 1912 e finado Ibídem o 4 de outubro de 1977, foi un médico e investigador galego. Con 9 anos mudouse a Valladolid coa súa familia por mor do traballo de seu pai. Concluíu o bacharelato superior por ciencias en 1928, licenciouse en medicina e cirurxía pola Universidade de Valladolid en 1934 e doutorouse o ano seguinte pola Universidade Central.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.114.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Un compositor ou compositora é alguén que escribe (compón) música. Algúns compositores traballan escribindo a súa música en partituras (tradicionalmente no papel, hoxe tamén en programas dixitais) mediante o que se chama "notación musical". Os escritores de música clásica traballan deste xeito para facer as súas composicións musicais; Os compositores de música para televisión e películas tamén adoitan escribir deste xeito, para que unha orquestra ou outros intérpretes poidan ler a música e reproducila.
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.
La última noche en Tremor (orixinalmente coñecida como La última noche en Tremore Beach) é unha serie de televisión por internet española creada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo para Netflix, baseada na novela La última noche en Tremore Beach de Mikel Santiago. Protagonizada por Javier Rey e Ana Polvorosa, entre outros, estreouse o 25 de outubro de 2024 mundialmente.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A lingua yurok (tamén coñecida como chillula, mita, pekwan, rikwa, sugon, weitspek ou weitspekan) é unha lingua da familia áxica. É a lingua tradicional do pobo yurok, o cal vive nos condados de Del Norte e Humboldt, na costa norte de California. O derradeiro falante nativo coñecido, Archie Thompson, morreu en 2013.
A lingua ojibwa occidental (tamén coñecida como nakawēmowin; (ᓇᐦᑲᐌᒧᐎᓐ), saulteaux ou ojibwa das chairas) é unha variedade da lingua ojibwa, membro da familia lingüística algonquina. Fálana os saulteaux, unha subnación do pobo ojibwa, no sur de Manitoba e no sur de Saskatchewan, no Canadá, ao oeste do lago Winnipeg. Saulteaux é o termo xeralmente usado para referirse aos falantes, e nakawēmowin é o autoglotónimo.
Les Schtroumpfs (nome orixinal en francés, traducido a neerlandés como De Smurfen, ao castelán como Los Pitufos, en inglés como The Smurfs e en portugués como Os Smurfs e Os Estrumpfos), son uns personaxes de banda deseñada infantil creados no 1958 polo guionista e debuxante belga Pierre Culliford, popularmente coñecido como Peyo (1928-1992). Os primeiros debuxos e libros de banda deseñada cos personaxes en chegar a Galiza foron en castelán, e o nome que se popularizou en galego é "pitufo". O tradutor afirmou que o nome provén do personaxe tradicional catalán Patufet (diminutivo de Patufo), un neno que leva unha barretina xigante.
Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado (Cortegada, Silleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires o 12 de outubro de 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa. Conseguiu sobrevivir asemade que foi vendo como os seus amigos e compañeiros foron apresados, torturados e asasinados.
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. É diferente dunha rocha, que pode ser un agregado de minerais ou non minerais e que non ten unha composición química específica.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Desde 2023 está incluída como modalidade federativa dentro da categoría deportes autóctonos: chave e billarda. Desde esta iniciativa varios partidos foron televisados na TVG. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A lingua chippewa (cuxo nome nativo é anishinaabemowin, que quere dicir 'a lingua dos anishinaabe', ou ojibwemowin ('a lingua dos ojibwa') é un lingua algonquina falada dende Míchigan cara ao oeste até Dacota do Norte, nos Estados Unidos. Representa a variedade sur da lingua ojibwa. O chippewa forma parte da familia lingüística algonquina e é un continuo dialectal do ojibwa (que inclúe as linguas ottawa, algonquina e oji-cree), que á súa vez están estreitamente relacionadas coa lingua potawatomi.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O proxecto HAARP (do inglés High Frequency Active Auroral Research Program , Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuencia) é unha investigación financiada pola Forza Aérea dos Estados Unidos, a Armada, a Defense Advanced Research Projects Agency (DARPA) e a Universidade de Alasca, para "entender, simular e controla-los procesos ionosféricos que poderían cambiar o funcionamento das comunicacións e sistemas de vixilancia" (tales como a detección de mísiles). Iniciouse en 1993 para unha serie de experimentos durante vinte anos. É similar a numerosos quentadores ionosféricos existentes en todo o mundo, e ten un gran número de instrumentos de diagnóstico que se usan para mellora-lo coñecemento científico da dinámica ionosférica.
A lingua ojibwa ou anishinaabemowin (ᐊᓂᔑᓈᐯᒧᐎᓐ no silábico do ojibwa oriental) é o segundo máis falado dos idiomas amerindios no Canadá (tralo cree), e o terceiro máis falado en norteamérica (tralo navajo e o cree). Fálano os anishinaabe: un grupo composto dos algonquinos, os nipissing, os ojibwa, os saulteaux, os mississaugas, e os ottawa. Unha lingua moi estreitamente relacionada, e frecuentemente incluída nese grupo, son o anishininimowin e o potawatomi.
A lingua ottawa ou odawa é un dialecto da lingua ojibwa falada polo pobo ottawa que habita no sur de Ontario no Canadá, e no norte de Míchigan, nos Estados Unidos. Existen descendentes de falantes de ottawa que migraron e viven en Kansas e Oklahoma. O primeiro encontro rexistrado de falantes de ottawa e europeos tivo lugar en 1615 cando un grupo de ottawas atopou co explorador Samuel de Champlain na costa norte da baía Xeorxiana.
Cadi Iyad (árabe: القاضي عياض بن موسى), formalmente Abū al-Faḍl ʿIyāḍ ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ ibn ʿAmr ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ ibn Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn Mūsā ibn ʿIyāḍ al-Yaḥṣubī al-Sabtī ( árabe: أبو الفضل عياض بن موسى بن عياض بن عمرو بن موسى بن عياض بن محمد بن عبد الله بن موسى بن عياض اليحصبي السبتي ), nado en Ceuta o 28 de decembro de 1083 e finado en Marrakech o 14 de outubro de 1149, foi un polímata sunnita magrebí considerado o principal estudoso do fiqh e hadiz maliki do seu tempo , foi tamén un destacado teólogo, historiador, poeta e xenealoxista . Venerado no islam tradicional marroquí como un dos sete santos de Marrakech.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O ojibwa do río Berens é un dialecto da lingua ojibwa falado ao longo do río Berens, no norte Ontario e Manitoba. As comunidades de Berens inclúen Pikangikum e Poplar Hill, ambas en Ontario, así como Little Grand Rapids, en Manitoba. Berens distínguese fortemente do dialecto ojibwa severn falado nas comunidades veciñas do norte.
A lingua oji-cree ou ojibwa severn (ᐊᓂᐦᔑᓂᓃᒧᐏᐣ, anishininiimowin; sen puntuado: ᐊᓂᔑᓂᓂᒧᐏᐣ) é unha variedade da lingua ojibwa, membro da familia lingüística algonquina. Fálase nunha serie de comunidades oji-cree do norte de Ontario e en Island Lake, Manitoba, no Canadá. A lingua coñécese en inglés como oji-cree, e o termo ojibwa severn é utilizado principalmente por lingüistas e antropólogos.
Kamala Devi Harris, nada en Oakland, California, o 20 de outubro de 1964, é unha avogada e política norteamericana, que se converteu na 49ª vicepresidenta dos Estados Unidos, exercendo dende o 20 de xaneiro de 2021, baixo a presidencia do demócrata Joe Biden. Como tal, foi a primeira muller que chegou á vicepresidencia dos Estados Unidos o que a converte, tamén, na funcionaria de maior rango na historia dos Estados Unidos. Tamén foi a primeira muller afroamericana en ser eleita fiscal de distrito na historia de California, a primeira muller en ser fiscal xeral de California, a primeira senadora asiático-americana e a primera vicepresidenta asiático-americana e afroamericana Nas eleccións presidencias de 2024, presentouse como candidata contra a candidatura polo Partido Republicano do ex-presidente Donald Trump.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Idade de Bronce (c. 3300 – c. 1200 a.C.) foi un período histórico caracterizado principalmente polo uso de ferramentas de bronce e o desenvolvemento de sociedades urbanas complexas, así como pola adopción da escritura nalgunhas zonas. A Idade do Bronce é o período medio principal do sistema das tres idades, que segue á Idade de Pedra e precede á Idade de Ferro. Concibida como unha era global, a Idade do Bronce segue ao Neolítico, cun período de transición entre ambos os coñecido como Calcolítico.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A lingua wiyot (tamén coñecida como wishosk ou soulatluk) é unha lingua álxica morta falada outrora polo pobo wiyot, da baía Humboldt, en California. A derradeira falante nativa da lingua, Della Prince, morreu en 1962. Dende 2019, o goberno tribal wiyot está a fomentar o renacemento da lingua a través de vídeos, dicionarios en liña e un calendario anual en lingua wiyot.
Guy Fawkes (/ˈɡaɪ ˈfɔːks/), nado en York en 1570 e finado o 31 de xaneiro de 1606, tamén coñecido coma Guido Fawkes, nome que adoptou cando loitou no bando español, foi un membro dun grupo de católicos ingleses que planearon a fracasada conspiración da pólvora de 1605. Educouse na súa cidade natal de York. O seu pai faleceu cando el tiña 8 anos de idade, e tras isto a súa nai casou cun católico recusante.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
A lingua miami-illinois ou irenwee, cuxo autoglotónimo é myaamia, é un lingua indíxena algonquina morta que foi falada nos territorios dos actuais estados de Illinois, Missouri, Indiana, oeste de Ohio e áreas adxacentes ao longo do río Mississippi polos pobos miami e wea, así como polas tribos da Confederación Illinois, incluíndo os kaskaskia, peoria, tamaroa e posiblemente mitchigamea. A nación myaamia de Oklahoma e a nación miami do estado de Indiana (unha organización sen ánimo de lucro) aínda practican e usan a súa herdanza nativa para ensinar a mozos e maiores para que poidan manter viva a súa lingua tradicional. Segundo datos de 2016 a lingua está en proceso de revitalización e conta con 500 usuarios con diferentes graos de coñecemento.
José Andrés Guardado Hernández, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 28 de setembro de 1986, é un futbolista mexicano. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Club León, da Primeira División de México. Amplamente considerado un dos mellores futbolistas mexicanos de todos os tempos, é o xogador con máis partidos disputados na historia da selección mexicana (180), cuxa camiseta vestiu durante 19 anos.
Premio de tradución Etxepare - Laboral Kutxa
O Premio de tradución Etxepare-Laboral Kutxa é un galardón literario con remuneración económica creado en 2015 e que distingue a tradución a outras linguas dunha obra escrita orixinalmente en éuscaro.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Luis Rodríguez Vaz, nado na Fraira (Traseirexa, Vilardevós) o 7 de febreiro de 1942, é un ex-militar e ex-adestrador de fútbol galego. Acadou o grao de tenente coronel do Exército, antes de abandonar a carreira militar para se centrar no fútbol. Desenvolveu case toda a súa carreira en Galicia, dirixindo durante 35 anos a Escola Galega de Adestradores e adestrando a maioría de grandes clubs galegos da súa época como o Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol, o Compostela, o Endesa As Pontes, o Lugo e o Ourense.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.