Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A área do estudo coñecido como a historia de matemáticas é principalmente unha investigación da orixe dos descubrimentos en matemáticas e, a unha extensión menor, unha investigación dos métodos matemáticos e da notation no pasado. Antes de que a Idade Moderna e a extensión mundial do coñecemento, os exemplos escritos dos descubrimentos matemáticos alumeaban só na zona na que se realizaban. Os textos matemáticos máis antigos dispoñíbeis é Plimpton 322 (babilónico c.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A dos insectos (nome científico Insecta Linnaeus, 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.Os insectos comprenden o grupo de animais máis diversos da Terra con aproximadamente un millón de especies descritas, máis que todos os demais grupos de animais xuntos, e con estimacións de ata trinta millóns de especies non descritas, co que, potencialmente, representarían máis do 90 % das formas de vida do planeta.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Unha arma de fogo é aquel instrumento que lanza un ou múltiples proxectís, xeralmente sólidos, a alta velocidade e a unha longa distancia grazas á presión orixinada por unha explosión orixinada pola queima dun propelente confinado. O termo arma de fogo aplícase unicamente aos dispositivos que despiden gas a alta presión tras unha reacción química de combustión dentro do mesmo dispositivo; deste xeito adóitase excluír como armas de fogo aos dispositivos que propulsan proxectís por medio de aire ou CO2 almacenadas a presión por outros medios, as cales en cambio téndese a clasificar como arma pneumática, aínda que nalgúns países como Alemaña, o Canadá e o Xapón clasifícanas como armas de fogo. As armas de fogo poden ser levadas a man como no caso dos fusís, carabinas e pistolas, entón os proxectís denomínanse balas, as cales non adoitan conter explosivos no interior.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
Ángel Pardo y Puzo, nado en Ferrol o 3 de decembro de 1869 e finado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 16 de maio de 1922, foi un mariño e escritor galego. Foi un distinguido oficial da Mariña. Hijo primoxénito do capitán Ramón Pardo y Pardo, que morreu heroicamente na Batalla do Somorrostro durante a Terceira Guerra Carlista o 27 de marzo de 1874.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öresund. Bañada tamén polas costas do Mar Báltico, forma o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
Un shamrock é trevo heráldico, utilizado como símbolo de Irlanda. San Patricio, o patrón de Irlanda, dise que o usou como metáfora da Santa Trindade cristiá. O nome shamrock é unha transcrición inglesa que provén do irlandés seamróg ([ˈʃamˠɾˠoːɡ]), que é o diminutivo da palabra irlandesa seamair óg e simplemente significa "trevo novo".Na maioría das veces, Shamrock refírese á especie Trifolium dubium ou Trifolium repens (trevo branco, en irlandés: seamair bhán).
Solidariedade (Solidarność en polaco) é unha federación sindical autónoma e independente polaca de raíces cristiás, nada das loitas obreiras e campesiñas pola liberdade sindical e en contra do Estado socialista, dirixidas por Lech Wałęsa, fundada en setembro do ano 1980 e considerado un dos maiores sindicatos da historia.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
¡Cu-Cut! foi unha revista satírica de ideoloxía catalanista e independentista, de periodicidade semanal de comezos do século XX que se publicou entre o 2 de xaneiro de 1902 e o 25 de abril de 1912 e conseguiu unha gran popularidade. Nas súas páxinas participaron un feixe de grandes creadores gráficos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia.
Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011, foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador, e presidente executivo de Apple Inc. Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney.
Desde a destrución do segundo templo de Xerusalén no ano 70 dC, os xudeus rezaron para que Deus permitise a reconstrución do terceiro templo. Esta oración foi parte da tradicional oración que os xudeus realizan tres veces ao día. A pesar de seguir sen contruirse, a idea e o desexo dun terceiro templo é sacra para o xudaísmo, sobre todo para o xudaísmo ortodoxo, como un lugar de culto non realizado.
Inhibidor da acetilcolinesterase
Os inhibidores da acetilcolinesterase (AChEIs) con frecuencia chamados con menos precisión inhibidores da colinesterase, inhiben o encima acetilcolinesterase ao degradaren por hidrólise o neurotransmisor acetilcolina en colina e acetato, facendo incrementar desta maneira o nivel e a duración da acción da acetilcolina no sistema nervioso central, ganglios autónomos e unións neuromusculares, que son ricos en receptores da acetilcolina. Os inhibidores da acetilcolinesterase son un dos dous tipos de inhibidores da colinesterase; o outro tipo son os inhibidores da butirilcolinesterase. O encima acetilcolinesterase é o membro principal da familia encimática da colinesterase.Os inhibidores da acetilcolinesterase clasifícanse como reversibles, irreversibles ou case irreversibles (tamén chamados pseudoirreversibles).
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A renda básica universal (RUB), renda básica incondicional (RUB) ou renda do cidadán é unha forma de sistema de seguridade social na que todos os cidadáns ou residentes dun país reciben regularmente unha cantidade de diñeiro sen condicións. Con este sistema preténdese cubrir a toda a poboación cunha renda garantida independentemente das súas condicións laborais, económicas ou sociais. Unha renda que permite a supervivencia básica mes a mes, garantida polo Estado.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
A Game Boy Advance (en xaponés: ゲームボーイアドバンス, Gēmu Bōi Adobansu), frecuentemente abreviada como GBA, é unha popular consola de videoxogos portátil da compañía Nintendo que foi fabricada desde marzo de 2001 até 2010. É a sucesora da popular Game Boy Color, sendo compatíbel con esta e as súas predecesoras.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O zulú é un pobo do sur da África. Vive en territorios que na actualidade pertencen administrativamente a Suráfrica, Lesoto, Eswatini, Cimbabue e Mozambique. Aínda que hoxe teña expansión e poder político restritos, o pobo zulú foi, no pasado, unha nación guerreira que resistiu á invasión imperialista británica e boer no século XIX. A súa lingua principal é denominada isiZulu, un idioma da familia bantú.
O Tupolev ANT-40, tamén coñecido polo seu nome de servizo Tupolev SB e desenvolvido como TsAGI-40, foi un bombardeiro bimotor de alta velocidade que voou por primeira vez en outubro de 1934. O deseño de Tupolev era avanzado pero carecía de refinamento para desgraza das tripulacións, do persoal de mantemente e de Stalin, que sinalaron que "non hai trivialidades na aviación". Numericamente o bombardeiro máis importante do mundo a finais dos anos 30, o SB foi o primeiro avión moderno con construción de media cuncha producido en grandes cantidades na Unión Soviética e probablemente o mellor bombardeiro de mediados desa década.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
En matemáticas, unha fracción continua é unha expresión obtida mediante un proceso iterativo de representar un número como a suma da súa parte enteira e o recíproco doutro número, e escribir este outro número como a suma da súa parte enteira e outra recíproca, e así continuadamente. Todos os números enteiros da secuencia, agás o primeiro, deben ser positivos. Os enteiros ai{\displaystyle a_{i}} chámanse coeficientes ou termos da fracción continua.
O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre. O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al.
Magna Elvine Lykseth-Skogman, nada en Oslo o 6 de febreiro de 1874, e finada en Danderyd o 13 de novembro de 1949, tamén coñecida como Magna Lykseth-Schjerven, foi unha cantante soprano de ópera. Despois de debutar na Ópera Real Sueca en 1901 como Santuzza na Cavalleria rusticana de Mascagni, estivo comprometida alí ata 1918 converténdose na prima donna da compañía. Interpretou papeis principais nunha ampla gama de óperas, pero é lembrada en particular polas súas interpretacións wagnerianas, intepretando a Brünnhilde nas estreas suecas de Siegfried e Götterdämmerung' ', e Isolda en 1909.
O vento (do latín ventus) é o movemento do aire na troposfera desde zonas de alta presión (anticiclóns) a zonas de baixa presión (borrascas). Os ventos globais xéranse como consecuencia do desprazamento do aire dende zonas de alta presión a zonas de baixa presión, determinando os ventos dominantes dunha área ou rexión. Aínda así hai que ter en conta numerosos factores locais que inflúen ou determinan os caracteres de intensidade e periodicidade dos movementos do aire.
Emma Charlotte Duerre Watson, nada o 15 de abril de 1990 en París, Francia, é unha actriz e activista inglesa. É coñecida pola súa participación en producións cinematográficas de éxito mundial e filmes independentes, así como pola súa loita a favor dos dereitos da muller. O longo da súa traxectoria recibiu diversos premios e recoñecementos, entre os que destacan un Premio Young Artist e tres MTV Movie Awards.
O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés), Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI) ou Daesh (داعش), é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo. Estado Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental, seguida da captura de Mosul e o masacre de Sinjar.O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual. EI é coñecido polos seus vídeos propagandísticos de decapitacións e outro tipo de execucións a militares e civís, incluíndo xornalistas e axuda humanitaria, así como pola destrución de lugares considerados patrimonio cultural.
A Eurocopa 2016, oficialmente Campionato Europeo de Fútbol da UEFA de 2016 (en francés: Championnat d'Europe de football 2016) ou UEFA EURO 2016, foi a décimo quinta edición do torneo de seleccións nacionais europeas. Celebrouse en Francia entre o 10 de xuño e o 10 de xullo e está organizada pola UEFA. Esta edición do certame foi a primeira que contou con vinte e catro de participantes na fase final, ampliándose desde 16, formato usado desde 1996. Baixo esta nova forma de disputa, a primeira fase estendeuse de 4 a 6 grupos, e os clasificados a segunda fase, de 8 a 16 equipos.
Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Selección de fútbol dos Países Baixos
A Selección de fútbol dos Países Baixos, a miúdo citada erroneamente como a Selección de fútbol de Holanda, é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Real Federación de Fútbol dos Países Baixos (Koninklijke Nederlandse Voetbal Bond), pertencente á UEFA. A selección de fútbol dos Países Baixos é un dos equipos máis importantes do mundo. Aínda que nunca gañou a Copa Mundial de Fútbol, estivo presente en tres finais deste torneo, en 1974, en 1978 e en 2010.
A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da segunda guerra mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, e un mes despois da batalla do mar do Coral, a armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa. O historiador militar John Keegan chamouna "o golpe máis espectacular e decisivo da historia da guerra naval".
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións. A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas.
Un libro (do latín liber, libri , que significa cortiza.) é unha obra impresa, manuscrita ou pintada nunha serie de follas de papel, pergamiño, vitela ou outro material, unidas por unha banda (é dicir, encadernadas) e protexidas con tapas, tamén chamadas cubertas. Un libro pode tratar sobre calquera tema. Segundo a definición da Unesco, un libro debe posuír vinte e cinco follas mínimo (49 páxinas), pois de vinte e catro follas ou menos sería un folleto; e dunha ata catro páxinas considéranse follas soltas (nunha ou dúas follas).Tamén se chama «libro» a unha obra de gran extensión publicada en varias unidades independentes, chamadas tomos ou volumes.
Xavier Hernández Creus, coñecido como Xavi Hernández ou simplemente Xavi, nado en Terrassa (Barcelona) o 25 de xaneiro de 1980, é un exfutbolista e adestrador español. Xogaba na posición de centrocampista e dende novembro de 2021 adestra o FC Barcelona. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou en xuño de 1991, cando tiña 11 anos, ingresando na Masía.
Thermosphere Ionosphere Mesosphere Energetics and Dynamics
TIMED (acrónimo de Thermosphere Ionosphere Mesosphere Energetics and Dynamics) é un satélite artificial da NASA lanzado o 7 de decembro de 2001 mediante un foguete Delta II 7920 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
A guerra fría foi un conflito semibélico, que enfrontou durante a segunda metade do século XX dous bloques antagónicos ideoloxicamente nunha guerra sen conflito directo pero con conflitos indirectos no que os dous bandos prestaban axuda ós diferentes continxentes, e con guerras de influencia e económicas. Durou do 1948 co Golpe de Praga ata 1991 coa disolución da Unión Soviética.
Raúl Albiol Tortajada, nado en Vilamarxant (Valencia) o 4 de setembro de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa central, aínda que tamén pode facelo de centrocampista defensivo e lateral dereito, e o seu club actual é o SSC Napoli. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
Fernando José Torres Sanz, nado en Fuenlabrada (Madrid) o 20 de marzo de 1984 é un exfutbolista español, de orixe galega. Xogaba na demarcación de dianteiro, o equipo no que xogou máis tempo foi o Atlético de Madrid e retirouse en 2019 no Sagan Tosu do Xapón, adestrado alí polo catalán Lluís Carreras. Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Wesley Sneijder, nado en Utrecht o 9 de xuño de 1984, é un futbolista internacional neerlandés que xoga como centrocampista ofensivo para o Galatasaray da Süper Lig turca. Formouse nas filas do DOS, actual FC Utrecht, da súa cidade natal e pronto pasou a formar parte das divisións inferiores do Ajax Ámsterdam, debutando na Eredivisie durante a tempada 2002/03 xunto ao seu compañeiro de selección e logo noutros clubs, Klaas-Jan Huntelaar. A mediados de 2007 foi fichado polo Real Madrid da Primeira División de España por 27 millóns de euros.
A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro. A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais.
Os fungos son un vasto grupo de organismos heterotróficos clasificados como un reino pertencente ao Dominio Eukaryota. Están incluídos neste grupo organismos de dimensións considerables, como os cogomelos, mais tamén moitos microorganismos, como mofos e lévedos. A pesar de seren tamén sapótrofos, como as plantas, animais e bacterias, os fungos son clasificados nun reino, Fungi, separado destes.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
M. Maryan, pseudónimo de Marie Rosalie Virginie Cadiou Deschard, nada en Brest o 21 de decembro de 1847 e finada na mesma cidade o 28 de xaneiro de 1927, foi unha prolífica escritora francesa, autora de máis dun cento de novelas románticas e outras obras. Empregou, tamén, os nomes de Marie Cadiou e Marie Deschard.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.O caso atraeu un grande interese dos medios en España e no mundo, así como unha "declaración de preocupación" por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.
Pediastrum é un xénero de algas verdes da familia Hydrodictyaceae. Son fototróficas, e forman cenobios non mótiles (con número fixo de células) que habitan en ambientes de auga doce desde climas árticos a tropicais de todo o mundo. A forma do cenobio é plano, circular ou oval e dunha célula de grosor e en total 4-64-128 células.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O guepardo, tamén coñecido como onza, Acinoyx jubatus, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e subfamilia dos felinos, o único representante actual do xénero Acinonyx. É un animal que presenta un comportamento atípico, se o comparamos cos outros membros da mesma familia, xa que as súas garras non son completamente retráctiles, permanecendo visíbeis mesmo cando están recollidas ao máximo, sendo usadas para permitir unha maior adherencia ao solo cando corre, acelera e manobra no terreo (porén, as crías conseguen subir ás árbores por teren as garras máis finas). e caza ás súas presas mediante persecucións a alta velocidade, en vez de tácticas como a caza á espreita ou en grupo; é o máis rápido de todos os animais terrestres, conseguindo atinxir velocidades por riba dos 110 km/h en carreiras curtas (dun máximo de 400 a 500 m).O corpo do guepardo, deseñado para a carreira, ten un aspecto delgado e fino, con longas e esveltas patas e unha cara co fociño curto, marcado por dúas manchas negras que baixan desde os ollos até a comisura dos labios, e unha longa cola.
O meixón é a cría da anguía, única cría permitida polas leis de pesca. Cando se atopa nos mercados de peixe adoita ter 1 gramo de peso, mide algo menos de 8 centímetros de lonxitude e ten entre dous ou tres anos de vida. Os meixóns comercializados adoitan estar cocidas, en caso de estaren vivos son transparentes.
A filita é unha rocha que representa unha gradación no grao de metamorfismo entre a lousa e o xisto. Os seus minerais planares son máis grandes ca os da lousa, pero non o bastante como para seren facilmente identificábeis a simple vista. Aínda que a filita parece similar á lousa, pode distinguirse con facilidade polo seu brillo satinado e a súa superficie ondulada.