Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Holocausto (en grego antigo: ὁλόκαυστος, holókaustos: ὅλος, "todo" e καυστον, "queimado"), tamén coñecido como Shoá (en hebreo: השואה, HaShoá, "a catástrofe"; yiddish: חורבן, Churben ou Hurban, do hebreo para "destrución"), foi o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus durante a segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e polo Partido Nacionalsocialista e que ocorreu en todo o Terceiro Reich e nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra. Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, cerca de dous terzos foron exterminados. Máis dun millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron neste período.O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Os crocodilianos ou crocodilios son os réptiles da orde Crocodilia (ou Crocodylia), da que existen 24 especies vivas e numerosas fósiles. Son réptiles maioritariamente grandes, predadores e semiacuáticos. Pertencen a esta orde os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e caimáns (ambos da familia Alligatoridae) e os gaviais (familia Gavialidae).
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Desaparición forzada ou tamén, desaparición involuntaria de persoas, é o termo xurídico co que diversos textos internacionais, entre eles a "Convención Internacional para a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas e a lexislación penal de varios países denominan un tipo de delito complexo, que supón a violación grave de múltiples dereitos humanos e que cometido en determinadas circunstancias de práctica xeneralizada ou sistemática, tamén é cualificado de crime de lesa humanidadeO crime de desaparición forzada caracterízase pola privación de liberdade, mediante accións de secuestro, arresto ou detención, se é por parte de axentes do Estado ou por persoas ou grupos que actúan co seu apoio, seguida da negativa a recoñecer devandita privación de liberdade da persoa co fin de subtraela da protección da lei, ocultando o seu paradoiro de sorte que, frecuentemente, resulta na morte da persoa tras un cativerio violento e tortura, de maneira que se favorece deliberadamente a impunidade dos responsábeis, co fin de causar intimidación ou terror á comunidade ou colectivo social ao que pertence a persoa. Os efectos da desaparición forzada, cualificada por Nacións Unidas como unha "ultraxe á dignidade humana", perduran ata que non se resolve a sorte ou paradoiro das persoas, e tamén se estenden co sufrimento causado a familiares ou achegados, considerados tamén vítimas deste delito, así como os nenos que poidan ser subtraídos de pais afectados pola desaparición forzada. Desde o último cuarto do século XX, por mor da multiplicación dos casos de desaparecidos por todo o mundo e en especial, durante os períodos de réximes ditatoriais en diversos países de América Latina, creáronse organizacións non gobernamentais especializadas na súa denuncia e concienciación que requiriron á comunidade internacional o desenvolvemento dunha xurisprudencia para a súa tipificación e persecución, co precedente desenvolvido para xulgar os crimes cometidos polo nazismo durante a segunda guerra mundial.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A testosterona é unha hormona esteroide do grupo dos andróxenos propia dos mamíferos, réptiles, aves, e outros vertebrados. Nos mamíferos, a testosterona prodúcese principalmente nos testículos dos machos e nos ovarios das femias, aínda que se segregan pequenas cantidades polas glándulas suprarrenais. É a hormona sexual principal masculina e un esteroide anabólico.
Corey Todd Taylor , nado en Des Moines (Iowa) o 8 de decembro de 1973, é un cantante, músico, compositor, actor e escritor estadounidense, coñecido por ser o vocalista principal e compositor dos grupos Slipknot e Stone Sour.Taylor é un dos membros fundadores de Stone Sour, grupo co que leva publicados cinco álbums de estudio, e uniuse a Slipknot en 1997 substituíndo ao vocalista orixinal Anders Colsefni, grupo co que leva publicado outros cinco álbums. Tamén colaborou en temas doutros artistas e grupos musicais, como Apocalyptica, Anthrax, Soulfly e Aaron Lewis entre outros. Segundo Hit Parader, foi clasificado no posto número 86 da súa lista Top 100 Metal Vocalists of All Time.
Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como distrito capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos.
O Reino de Asturias ou Reino dos ástures (en latín: Regnum Asturorum) foi fundado no 718 polo nobre visigodo Paio de Asturias. Foi a primeira entidade política cristiá establecida trala invasión musulmá no 718 ou 722. Ese ano, Paio derrotou ao exército Omeia na batalla de Covadonga, o que tradicionalmente se considerou como o comezo da Reconquista.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90. O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época. Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.
As mitocondrias (etimoloxía: do grego μίτος, mítos: fío, e κόνδρος, kóndros: gránulo) son orgánulos citoplasmáticos provistos de dobre membrana que se encontran na maioría das células eucariotas. Só carecen delas algúns eucariotas anaerobios, que no seu lugar teñen hidroxenosomas ou mitosomas, orgánulos á súa vez derivados de mitocondrias. O conxunto de mitocondrias da célula denomínase condrioma.
Célula nai pluripotente inducida
As células nai pluripotentes inducidas (normalmente abreviadas como células iPS, polas súas siglas en inglés de "Induced Pluripotent Stem") son un tipo de células nai con características pluripotenciais (con capacidade de xeraren a maioría dos tecidos) derivadas artificialmente dunha célula que inicialmente non era pluripotencial. Xeralmente, utilízase para obtelas unha célula adulta diferenciada procedente dun tecido, sobre a que se induce a expresión de varios xenes exóxenos, tales como Oct4, Sox2, c-Myc e Klf4, que poden desdiferenciala. Esta desdiferenciación denomínase reprogramación.
Corinto (en grego: Κόρινθος, Kórinthos) foi unha cidade-estado (polis) situada no istmo de Corinto, a estreita franxa de terra que une o Peloponeso coa Grecia continental, a medio camiño entre Atenas e Esparta. A cidade moderna de Corinto atópase a aproximadamente 5 km ao nordés das ruínas antigas. Desde 1896, escavacións arqueolóxicas sistemáticas de Corinto levadas a cabo pola American School of Classical Studies at Athens revelaron grandes partes da cidade antiga e investigacións recentes dirixidas polo Ministerio de Cultura grego ilustraron importantes facetas novas sobre a Antigüidade.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da Península Itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu grande importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe.
A Unión Africana (UA) é unha unión continental formada por 55 estados membros situados no continente africano. A UA foi anunciada na Declaración de Sirte en Sirte, Libia, o 9 de setembro de 1999, na que se pedía a creación da Unión Africana. O bloque fundouse o 26 de maio de 2001 en Adís Abeba (Etiopía), e púxose en marcha o 9 de xullo de 2002 en Durban (Suráfrica).
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.
O fútbol é un deporte de equipo que se xoga entre dous equipos de 11 xogadores que utilizan principalmente os seus pés para impulsar un balón ao longo dun campo rectangular chamado terreo de xogo. O fútbol é o deporte por equipos máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA).
Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía: Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental.
Un transistor é un dispositivo semicondutor usado para amplificar, conmutar, oscilar, rectificar ou modular os sinais electrónicos. O transistor é o compoñente principal de toda a electrónica moderna e permitiu o desenvolvemento da informática. Nos circuítos analóxicos os transistores úsanse como amplificadores, exemplos son os amplificadores de son, as fontes de alimentación estabilizadas e os amplificadores de frecuencia.
A teobromina, anteriormente chamada xanteosa, é un alcaloide amargo presente na planta do cacao, coa fórmula química C7H8N4O2. Encóntrse no chocolate, así como noutros alimentos, como as follas de té e a noz de cola. Clasifícase como un alcaloide de xantina, grupo ao que tamén pertencen a teofilina e a cafeína.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.O caso atraeu un grande interese dos medios en España e no mundo, así como unha "declaración de preocupación" por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.
A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Unión Progreso y Democracia (UPyD) (en galego Unión, Progreso e Democracia) foi un partido político español inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 26 de setembro de 2007. Entre os seus promotores atópanse a ex-dirixente do PSOE Rosa Díez (quen foi a primeira voceira do partido), o catedrático Mikel Buesa ou os filósofos Carlos Martínez Gorriarán e Fernando Savater. Mikel Buesa nunha presentación do partido en 2007 e Irene Lozano nunha entrevista na televisión en 2013 explicaron o significado dos tres conceptos que constitúen a denominación do partido: Unión pola súa defensa incondicional da «unidade de España», Progreso porque afirman ser «un partido progresista respectuoso coa liberdade individual» e Democracia porque din ser «un partido radical que aposta por afondar a democracia».
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Un videoxogo é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo. Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.
Navarra (en éuscaro: Nafarroa, en castelán: Navarra), oficialmente Comunidade Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foru Komunitatea, en castelán: Comunidad Foral de Navarra), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da Península Ibérica, limita ao norte co departamento dos Pireneos Atlánticos en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba. Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza.
Provincias e territorios do Canadá
O Canadá é unha federación de Norteamérica integrada por dez provincias e tres territorios que conforman o segundo país máis grande do mundo en termos de superficie. A diferenza principal entre unha provincia e un territorio canadense é que a provincia recibe os poderes de goberno directamente da Coroa británica, por medio do Acta da Constitución de 1867, o cal outórgalle máis competencias e dereitos que un territorio, cuxos poderes están delegados polo goberno federal. Na actualidade as provincias do Canadá son Alberta, a Columbia Británica, Manitoba, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Ontario, a Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Saskatchewan.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O apéndice vermiforme (ou apéndice cecal) é unha estrutura con forma de tubo pechado no extremo conectado ao intestino groso na zona do cego, a partir do cal se desenvolve embrioloxicamente. O apéndice está localizado preto da unión entre o intestino delgado e o groso. O termo "vermiforme" significa "con forma de verme".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e o Iemen polo sur.
As bacterias ou bacterios son organismos unicelulares procariontes, que se poden atopar illados ou en colonias. Pertencen ao reino Monera e constitúen un dos dominios dos seres vivos. Este microorganismo está constituído soamente por unha célula, non ten un verdadeiro núcleo celular, e xeralmente carece de orgánulos membranosos.
A Game Boy Micro é unha pequena videoconsola pórtatil da empresa xaponesa Nintendo. Lanzada ao mercado en 2005, trátase do derradeiro modelo de Game Boy e o segundo redeseño da Game Boy Advance, á cal se cambiou o seu deseño, facéndoo así máis pequeno, lixeiro, práctico e moderno. Contén unha batería de ión litio e unha pantalla retroalumada con axuste de intensidade.
Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase á beira do río Támese, na illa da Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britania.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén fan parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
A dineína é unha proteína motora celular que converte a enerxía química contida no ATP en enerxía mecánica de movemento. A dineína transporta diversos cargamentos na célula ao "camiñar" ao longo dos microtúbulos do citoesqueleto en dirección ao extremo menos (-) do microtúbulo, que xeralmente é o orientado cara ao centro da célula. Por iso tamén se lles chama "motores dirixidos ao extremo menos".
O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro tamén: Euskal Herria), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte. Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba.
Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Fernando Ruiz Hierro, nado en Vélez-Málaga o 23 de marzo de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba principalmente como defensa central e centrocampista defensivo, aínda que tamén desempeñou a posición de mediapunta. Foi considerado no seu momento como un dos mellores defensores europeos.
Unha civilización, empregando o termo nun sentido restrinxido, é unha sociedade complexa. O termo civilización ten unha gran variedade de significados relacionados coa sociedade humana. Na maioría dos casos faise uso deste termo para referirse ás sociedades complexas ou avanzadas: aquelas que practican a agricultura, teñen unha división do traballo significativa, e unha densidade de poboación suficientemente grande para formar cidades.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas. Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un exfutbolista e adestrador vasco. Dende outubro de 2022 adestra o Bayer Leverkusen da Bundesliga. Xogaba na posición de centrocampista e foi 114 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.París (en francés Paris [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía, céntrase no comportamento e as interaccións dos axentes económicos e en cales son os mecanismos da actividade económica. A microeconomía trata dos axentes individuais, como fogares e empresas, e os mercados.
A enteropeptidase, tamén chamada enteroquinase, é un encima producido polas células do duodeno que intervén na dixestión en humanos e outros animais. A enteropeptidase converte o tripsinóxeno (un cimóxeno) na súa forma activa tripsina, o que produce a activación dos encimas dixestivos do páncreas. A ausencia de enteropeptidase causa unha disfunción na dixestión intestinal.A enteropeptidase é unha serina protease (EC 3.4.21.9) que consiste nunha cadea pesada de 82-140 kDa unida por disulfuro que mantén ancorado o encima ao bordo en cepillo da membrana intestinal e unha cadea lixeira de 35-62 kDa que contén a subunidade catalítica.
Asturias, oficialmente Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias), é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias.
A pirrolisina (abreviada como Pyl ou O) é un aminoácido natural codificado xeneticamente utilizado por algúns procariotas (algunhas arqueas metanoxénicas e unha especie de bacteria), que forma parte de encimas que interveñen no metabolismo de produción de metano. Os eucariotas non o utilizan. É un aminoácido similar á lisina, pero cun anel de pirrolina engadido unido ao final da cadea lateral da lisina (concretamente leva un 4-metilpirrolina-5-carboxilato unido por enlace amida ao ϵN da lisina).
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928, é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. É profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva.
A transcriptase inversa, reversotranscriptase ou retrotranscriptase (RT) é un encima utilizado para xerar unha copia de ADN complementario (ADNc) a partir dun molde de ARN, proceso chamado transcrición inversa, reversotranscrición ou retrotranscrición. A transcrición inversa (ARN→ADN) é o proceso inverso da transcrición (ADN→ARN). A transcriptase inversa é necesaria para a replicación dos retrovirus (por exemplo o VIH), e os inhibidores da transcriptase inversa son drogas antirretrovirais moi utilizadas no tratamento do VIH/SIDA. Nos eucariotas existen tamén encimas con actividade de transcriptase inversa que interveñen na replicación dos extremos dos cromosomas (telomerase) e dalgúns elementos xenéticos móbiles (retrotransposóns).
A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia. Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa.
A inmunoglobulina E (IgE) é un tipo de anticorpo (ou isotipo de inmunoglobulina) que se encontra só en mamíferos. A IgE existe en forma de monómero formado por dúas cadeas pesadas ε e dúas lixeiras; a cadea pesada ε contén catro dominios constantes de tipo inmunoglobulina (Cε1-Cε4). A principal función da IgE é intervir na inmunidade ante parasitos como poden ser os vermes parasitos como Schistosoma mansoni, Trichinella spiralis, e Fasciola hepatica.
Arquitectura do Renacemento ou renacentista é aquela deseñada e construída durante o período artístico do Renacemento europeo, que abarcou os séculos XV e XVI, aínda que hai quen xa non considera propiamente renacentista a arte e arquitectura posterior ao saqueo de Roma. Caracterízase por ser un momento de ruptura na historia da arquitectura, en especial con respecto ao estilo arquitectónico previo: o gótico; mentres que, pola contra, busca a súa inspiración nunha interpretación propia da arte clásico, en particular na súa vertente arquitectónica, que se consideraba modelo perfecto das Belas Artes. Produciu innovacións en diferentes esferas: tanto nos medios de produción (técnicas de construción e materiais construtivos) como na linguaxe arquitectónica, que se plasmaron nunha adecuada e completa teorización.