Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Qatar Airways Company Q.C.S.C. (árabe: القطرية, Al Qatariyah), operando como Qatar Airways, é a aeroliña nacional de Qatar, propiedade do goberno do país. Ten a súa sede na Torre Qatar Airways Tower en Doha. Opera unha rura hub-and-spoke, unindo uns 150 destinos internacional en África, Asia central, Europa, Extremo Oriente, Sueste Asiático, Oriente Medio, América e Oceanía dende a súa base no aeroporto internacional Hamad usando unha frota duns 200 avións.
«Grândola, Vila Morena» é unha canción composta e cantada por Zeca Afonso, escollida polo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser o segundo sinal para o comezo da Revolución dos caraveis. Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo.
Bambú Producciones é unha produtora de televisión galega que nace en 2007 da man de Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés co obxectivo de desenvolver e producir proxectos de ficción para cine e televisión que destaquen pola súa calidade técnica e artística. En 2013 recibiu o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual Os seus principais activos son, o departamento creativo e a súa carteira de colaboradores habituais. Ambos os dous aspectos conflúen para conxugar experiencia e talento nunha empresa decidida a sorprender e innovar en cada unha das súas apostas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A zona euscalduna de Navarra é, segundo a Lei foral do éuscaro, a zona lingüística do noroeste da Comunidade Foral de Navarra na que o éuscaro é a lingua tradicional da súa poboación e na que, polo tanto, en aplicación do principio de predominio lingüístico consagrado no Amelloramento de Navarra, esta lingua ten cooficialidade xunto co castelán. En 2017 produciuse un cambio significativo na composición das zonas. Pola Lei Foral 9/2017, do 27 de xuño, un concello (Atetz) pasou da zona mixta á zona euscalduna e 44 concellos da zona non euscalduna pasaron a formar parte da zona mixta.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Revolución sen sangue (en portugués: Revolução sem sangue) é un filme portugués de 2024 dirixido por Rui Pedro Sousa. O filme, que é o debut como director de Sousa, estreouse o 11 de abril de 2024 en Portugal, facéndoo cadrar co 50º aniversario da Revolución dos Caraveis, a cal se mostra no filme. Malia que esta revolución se considera en gran parte "sen sangue", o filme céntrase en catro persoas que foron asasinadas durante estes eventos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
O HLA-G (antíxeno de histocompatibilidade HLA, clase I, G, tamén coñecido como antíxeno leucocitario humano G), é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene HLA-G do cromosoma 6. O HLA-G pertence aos parálogos da cadea pesada do HLA non clásico de clase I. As proteínas HLA de clase I clásicas atópanse en todas as células nucleadas humanas e expresan péptidos no seu suco de unión a péptidos. Poden expresar péptidos "propios" cando a célula está sa e tamén péptidos alleos ou anormais cando a célula está infectada por un parasito ou é cancerosa.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Jason Statham, nado o 26 de xullo de 1967 en Shirebrook, Derbyshire, é un actor inglés, produtor, experto en artes marciais, e ex mergullador. É coñecido polos seus papeis de cine policial do director Guy Ritchie Lock, Stock and Two Smoking Barrels (1998), Snatch, cochos e diamantes (2000), e Revolver (2005). Tamén apareceu en películas como a triloxía do suspense de acción Transporter (2002-08), o filme de suspense The Italian Job (2003), a comedia de humor negro/filme de acción Crank (2006), o filme de acción War (2007), que coprotagonizou Jet Li, o suspense de acción e ciencia ficción Death Race (2008), o filme The Bank Job (2008), e a serie de comedias de acción Os Mercenarios (2010-14).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na guerra colonial.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano, actual presidente de Venezuela. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de Relacións Exteriores (2006–2013) e vicepresidente executivo de Venezuela (2012–2013). Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Definimos a ecuación de Pell como calquera ecuación diofantiana da forma x 2 − n y 2 = 1 , {\displaystyle x^{2}-ny^{2}=1,} onde n é un número enteiro non cadrado positivo e procuramos solucións enteiras para x e y. En coordenadas cartesianas, a ecuación represéntase por unha hipérbola, as solucións ocorren sempre que a curva pasa por un punto cuxas coordenadas x e y son ambas as dúas enteiras, como a solución trivial con x = 1 e y = 0. Joseph Louis Lagrange demostrou que, mentres n non sexa un cadrado perfecto, a ecuación de Pell ten infinitas solucións enteiras distintas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
El visitante é un filme boliviano-uruguaio de 2022 dirixido por Martín Boulocq e escrito por Boulocq e Rodrigo Hasbun. Conta a historia de Humberto que busca recuperar o vínculo coa súa filla e ofrecerlle unha vida digna despois de saír do cárcere, aínda que conseguir a súa custodia será moi difícil. Está protagonizado por Svet Mena e Enrique Araoz.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O xaxún no Islam (coñecido en árabe como sawm (صَوْم) ou en farsi como rūzeh (persa: روزه, ), é a práctica de absterse de comer, beber, fumar e de ter actividade sexual. Durante a mes santo islámico do ramadán, o sawm obsérvase entre o alborexar e o anoitecer, cando no solpor soa o adhan (chamada á oración). O ramadán é o noveno mes do calendario lunar musulmán e o xaxún é o cuarto dos cinco alicerces do islam.
A Revolución de Zanzíbar (árabe: ثورة زنجبار) tivo lugar en 1964 e levou ao derrocamento do Sultán de Zanzíbar e o seu goberno principalmente árabe a mans de revolucionarios negros locais. Zanzíbar era un estado etnicamente diverso que constaba dunha serie de illas fronte a costa de Tanganica, ao que o Reino Unido lle concedera a independencia en 1963. Nunha serie de eleccións parlamentarias previas á independencia, a minoría árabe logrou manter o poder que tivera cando Zanzíbar era un territorio de ultramar de Omán.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Das Lehrerzimmer é un filme alemán de 2023 dirixido por İlker Çatak, quen escribiu o guión xunto con Johannes Duncker. Leonie Benesch interpreta a unha profesora encargada de descubrir cal dos seus alumnos é o responsable dunha serie de roubos. Foi nomeado ós Premios Óscar na 96ª edición dos premios na categoría de mellor filme internacional.
Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un piloto de motociclismo español. É bicampeón do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015. Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati.
Baby Reindeer é unha miniserie de thriller e drama psicolóxico de comedia escura británica creada e protagonizada por Richard Gadd. É unha adaptación do show individual autobiográfico de Gadd co mesmo nome, a serie está baseada na experiencia real de Gadd de ser acosado e agredido sexualmente aos seus 20 anos. A serie consta de sete episodios, que se estrearon simultaneamente en Netflix o 11 de abril de 2024.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
O Gran Premio de Qatar é unha carreira do campionato de Fórmula 1. Esérase que se celebre por primeira vez o 21 de novembro como parte do campionato 2021 e volva unirse ao calendario en 2023 cun contrato de 10 anos. A carreira celebrarase no Circuíto Internacional de Losail, antes de pasar a un novo circuíto deseñado especialmente en 2023.
A Banda de Poi foi un grupo galaico-portugués de rock, formado por Tonhito de Poi en 2005 e disolto en 2007. En 2013 volveu para unha serie de concertos con novos membros no grupo, e tras varios anos de silencio volveu a actuar novamente en 2017. Durante a súa carreira a banda publicou unicamente un álbum de estudio, Mór (2005).
Valentino Riroroko Tuki, nado o 13 de febreiro de 1932, e finado o 29 de xullo de 2017, foi un aspirante ao trono Rapa Nui da Illa de Pascua. Era o neto do derradeiro rei, Riro Kāinga, quen morreu en 1899 e pertencía ao clan real Miru, descendentes do fundador e primeiro ariki mau de Rapa Nui, o lendario Hotu Matu'a.
Rosario del Carmen González Flores, coñecida artisticamente como Rosario Flores, nada en Madrid o 4 de novembro de 1963, é unha cantante e actriz española de orixe xitana. Foi a gañadora, entre outros premios, do Grammy Latino ao mellor álbum vocal pop feminino, nas edicións de 2002 e 2004 polos seus traballos Muchas flores e De mil colores, respectivamente. É a filla máis nova de Antonio González El Pescaílla e da mítica artista Lola Flores La Faraona, irmá da actriz-cantante Lolita Flores e o cantautor Antonio Flores, así como tía da actriz Elena Furiase.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Augure é un filme belga de 2023 dirixido polo belga-congolés Baloji. Está protagonizado por Marc Zinga, Lucie Debay e Eliane Umuhire, e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 na sección Un Certain Regard o 23 de maio de 2023, onde gañou o premio New Voice. É unha coprodución entre Bélxica, a República Democrática do Congo, Francia, os Países Baixos, Alemaña e Suráfrica, e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.