Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Qatar Airways Company Q.C.S.C. (árabe: القطرية, Al Qatariyah), operando como Qatar Airways, é a aeroliña nacional de Qatar, propiedade do goberno do país. Ten a súa sede na Torre Qatar Airways Tower en Doha. Opera unha rura hub-and-spoke, unindo uns 150 destinos internacional en África, Asia central, Europa, Extremo Oriente, Sueste Asiático, Oriente Medio, América e Oceanía dende a súa base no aeroporto internacional Hamad usando unha frota duns 200 avións.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
O Gran Premio de Qatar de Fórmula 1 de 2023 (oficialmente Qatar Airways Qatar Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de outubro de 2023 no Circuíto Internacional de Losail de Doha, Qatar. Esta foi a segunda edición do Gran Premio de Qatar que contou para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e a décimo sétima proba do Campionato de 2023. Foi o cuarto fin de semana de Gran Premio da tempada en utilizar o formato de sprint.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.
Bambú Producciones é unha produtora de televisión galega que nace en 2007 da man de Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés co obxectivo de desenvolver e producir proxectos de ficción para cine e televisión que destaquen pola súa calidade técnica e artística. En 2013 recibiu o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual Os seus principais activos son, o departamento creativo e a súa carteira de colaboradores habituais. Ambos os dous aspectos conflúen para conxugar experiencia e talento nunha empresa decidida a sorprender e innovar en cada unha das súas apostas.
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Francis Bacon, nado en Dublín o 28 de outubro de 1909 e finado en Madrid o 28 de abril de 1992, foi un artista plástico irlandés considerado un dos máis importantes e innovadores da segunda metade do século XX. Tratou con compracencia temas que continúan a chocar a nivel social. As fantasías masoquistas, a pedofilia, o desmembramento de corpos, a violencia masculina ligada á tensión homo erótica, as prácticas de disecación forense, a atracción pola representación do corpo (un especial fascinación polos fluídos naturais, sangue, bile, urina, esperma etc.) e, en xeral, con todo o que está directamente ligado á transgresión sexa relacionada co sexo, a relixión (son paradigmáticos os seus retratos do papa Inocencio X que efectuou a partir da obra de Diego Velázquez) ou calquera tabú, foron as pezas coas cales Bacon construíu a súa visión "modernista" do mundo.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O HLA-F (antíxeno de histocompatibilidade de clase I HLA, cadea alfa F) é unha proteína que nos humanos está codificado polo xene HLA-F do cromosoma 6. É unha molécula intracelular baleira que codifica unha cadea pesada non clásica ancorada á membrana, que forma un heterodímero coa cadea lixeira, a β-2 microglobulina. Pertence aos parálogos da cadea pesada da clase I dos HLA que se separa da maioría das cadeas pesadas do HLA. O HLA-F está localizado no retículo endoplasmático e aparato de Golgi, e tamén é único no sentido de que mostra poucos polimorfismos na poboación humana en comparación con outros xenes HLA; porén, atopáronse diferentes isoformas a partir de numerosas variantes de transcrición do xene HLA-F. A súas vías inclúen a sinalización do IFN-gamma e a fosforilación mediada por CDK (quinase dependente de ciclina) e a eliminación da proteína Cdc6 de Saccharomyces cerevisiae, o cal é fundamental para unha replicación do ADN funcional.
A continuación amósase unha lista de países e terrritorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O Club Deportivo Arenteiro é un club de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Primeira División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
Os polinomios de Chebyshev son dúas secuencias de polinomios relacionadas coas funcións coseno e seno, escritas como T n ( x ) {\displaystyle T_{n}(x)} e U n ( x ) {\displaystyle U_{n}(x)} . Pódense definir de varias formas equivalentes, unha das cales comeza con funcións trigonométricas: Os polinomios de Chebyshev do primeiro tipo T n {\displaystyle T_{n}} están definidos por:Os polinomios de Chebyshev do segundo tipo U n {\displaystyle U_{n}} están definidos por:Que estas expresións definen polinomios en cos θ {\displaystyle \cos \theta } pode non ser obvio a primeira vista, mais conséguese escribindo cos ( n θ ) {\displaystyle \cos(n\theta )} e sin ( ( n + 1 ) θ ) {\displaystyle \sin {\big (}(n+1)\theta {\big )}} coa fórmula de de Moivre ou mediante as fórmulas de suma de ángulos para cos {\displaystyle \cos } e sin {\displaystyle \sin } repetidamente. Por exemplo, coas fórmulas de ángulo duplo, obtemos T 2 ( cos θ ) = cos ( 2 θ ) = 2 cos 2 θ − 1 {\displaystyle T_{2}(\cos \theta )=\cos(2\theta )=2\cos ^{2}\theta -1} e U 1 ( cos θ ) sin θ = sin ( 2 θ ) = 2 cos θ sin θ {\displaystyle U_{1}(\cos \theta )\sin \theta =\sin(2\theta )=2\cos \theta \sin \theta } , que son respectivamente un polinomio en cos θ {\displaystyle \cos \theta } e un polinomio en cos θ {\displaystyle \cos \theta } multiplicado por sin θ {\displaystyle \sin \theta } .
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
Praderrei, O Campo, Campo Lameiro
Praderrei é un lugar da parroquia do Campo, no concello pontevedrés de Campo Lameiro na Comarca de Pontevedra. No ano 2009 tiña unha poboación de 122 habitantes, 58 homes e 64 mulleres segundo datos do Instituto Nacional de Estadística. No lugar de Praderrei atópase o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, mostra do enorme patrimonio arqueolóxico que gardan os seus montes.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un piloto de motociclismo español. É bicampeón do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015. Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade. Entre elas: A liga da Coruña, organizada na Federación Galega de Chave dependente da Xunta de Galicia.
«Grândola, Vila Morena» é unha canción composta e cantada por Zeca Afonso, escollida polo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser o segundo sinal para o comezo da Revolución dos caraveis. Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Marc Márquez Alentà, nado na localidade de Cervera (provincia de Lleida) o 17 de febreiro de 1993, é un piloto catalán de motociclismo. Gañou 8 títulos do Campionato do Mundo de Motociclismo en tres categorías diferentes: 125cc (2010), Moto2 (2012) e MotoGP (2013, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019). É piloto do equipo Repsol Honda.
Baby Reindeer é unha miniserie de thriller e drama psicolóxico de comedia escura británica creada e protagonizada por Richard Gadd. É unha adaptación do show individual autobiográfico de Gadd co mesmo nome, a serie está baseada na experiencia real de Gadd de ser acosado e agredido sexualmente aos seus 20 anos. A serie consta de sete episodios, que se estrearon simultaneamente en Netflix o 11 de abril de 2024.
O xaxún no Islam (coñecido en árabe como sawm (صَوْم) ou en farsi como rūzeh (persa: روزه, ), é a práctica de absterse de comer, beber, fumar e de ter actividade sexual. Durante a mes santo islámico do ramadán, o sawm obsérvase entre o alborexar e o anoitecer, cando no solpor soa o adhan (chamada á oración). O ramadán é o noveno mes do calendario lunar musulmán e o xaxún é o cuarto dos cinco alicerces do islam.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela (Redondela), e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.