Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A primeira guerra mundial (en adiante IGM), tamén coñecida como a "gran guerra", foi un conflito bélico do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou uns trinta países, polo que se considera o primeiro conflito global da historia. A teor do número de mobilizados (sesenta e cinco millóns de soldados) e falecidos, calculado en vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado da historia, só por detrás da segunda guerra mundial. A guerra enfrontou ao bando aliado contra as potencias centrais.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
O Gran Premio da China (en chinés: 中国大奖赛; pinyin: Zhōngguó Dàjiǎngsài) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. Na actualidade celébrase no Circuíto Internacional de Xangai, Xangai, deseñado por Hermann Tilke. É a máis cara das instalacións dos circuíto de Fórmula Un, cun custo 240 millóns de dólares e conta cunha das máis complicadas combinacións de curvas no calendario da Fórmula 1, comparable á curva 8 de Istambul.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os Apalaches (en inglés Appalachians) é un sistema montañoso de América do Norte que vai de Terra Nova e Labrador (Canadá) ata o centro de Alabama (Estados Unidos), aínda que a parte máis setentrional dos mesmos morre na península de Gaspé, no Quebec. Constitúen o elemento morfolóxico máis destacable da parte oriental de América do Norte. Trátanse de montañas antigas formadas no Paleozoico con relevos suavizados pola prolongada acción dos axentes esóxenos.
Un torque é un colar ríxido semicircular feito de metal dunha soa peza ou de fíos retorcidos entre si. A gran maioría dos torques están abertos na parte dianteira, aínda que algúns teñen pechaduras de gancho e aneis ou teñen caixa e espiga para pechalos. Moitos parecen deseñados para un uso case permanente e debían ser difíciles de quitar.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega. Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España, desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos malos resultados das eleccións europeas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau. Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.324.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O termo Aldea pode referirse a: Aldea, división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación; Aldea global, expresión usada para referirse á comunicación mundial contemporánea; Como topónimo pode referirse a: Aldea, lugar da parroquia de Meixigo no concello de Cambre; Aldea, lugar da parroquia de Bexán no concello de Cospeito; Aldea, lugar da parroquia de Momán no concello de Cospeito; Aldea, lugar da parroquia de Gondel no concello de Pol; Aldea, lugar da parroquia de Milleirós no concello de Pol; Aldea, lugar da parroquia de Belesar no concello de Vilalba; A Aldea lugar da parroquia de Arbo no concello de Arbo; A Aldea lugar da parroquia de Barcela no concello de Arbo; A Aldea lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos no concello de Barreiros; A Aldea lugar da parroquia de Baldomar no concello de Begonte; A Aldea lugar da parroquia de Begonte no concello de Begonte; A Aldea lugar da parroquia de Illán no concello de Begonte; A Aldea lugar da parroquia de Uriz no concello de Begonte; A Aldea lugar da parroquia de Cortiñán no concello de Bergondo; A Aldea lugar da parroquia do Couto no concello da Cañiza; A Aldea lugar da parroquia de Valeixe no concello da Cañiza; A Aldea lugar da parroquia de Artes no concello de Carballo; A Aldea lugar da parroquia de Santa Locaia no concello de Castro de Rei; A Aldea lugar da parroquia de Xermar no concello de Cospeito; A Aldea lugar da parroquia de Filgueira no concello de Crecente; A Aldea lugar da parroquia de Covas no concello de Ferrol; A Aldea lugar da parroquia de Visuña no concello de Folgoso do Courel; A Aldea lugar da parroquia de Bardaos no concello do Incio; A Aldea lugar da parroquia de Mántaras no concello de Irixoa; A Aldea lugar da parroquia de Gaxate no concello da Lama; A Aldea lugar da parroquia de Xende no concello da Lama; A Aldea lugar da parroquia de Figueiras no concello de Mondoñedo; A Aldea lugar da parroquia de San Vicente de Trigás no concello de Mondoñedo; A Aldea lugar da parroquia de Cerdeira no concello das Neves; A Aldea lugar da parroquia das Neves no concello das Neves; A Aldea lugar da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello das Neves; A Aldea lugar da parroquia de Vide no concello das Neves; A Aldea lugar da parroquia de Burgueira no concello de Oia; A Aldea lugar da parroquia de Dexo no concello de Oleiros; A Aldea lugar da parroquia de Corme Aldea no concello de Ponteceso; A Aldea lugar da parroquia de Trado no concello de Pontedeva; A Aldea lugar da parroquia de Santo André de Penosiños no concello de Ramirás; A Aldea lugar da parroquia de Cedeira no concello de Redondela; A Aldea lugar da parroquia de Soutordei no concello de Ribas de Sil; A Aldea lugar da parroquia de Alxén no concello de Salvaterra de Miño; A Aldea lugar da parroquia de Santa Comba no concello de Santa Comba; A Aldea lugar da parroquia de Piñeira no concello de Taboada; A Aldea lugar da parroquia de Estás no concello de Tomiño; A Aldea lugar da parroquia de Forcadela no concello de Tomiño; A Aldea lugar da parroquia de Sobrada no concello de Tomiño; A Aldea lugar da parroquia de Taborda no concello de Tomiño; A Aldea lugar da parroquia de San Vicente de Leira no concello de Vilamartín de Valdeorras; A Aldea lugar da parroquia de Bodaño no concello de Vila de Cruces. A Aldea lugar da parroquia de Mormentelos no concello de Vilariño de Conso; A Aldea lugar da parroquia de Faro no concello de Viveiro; A Aldea lugar da parroquia de Piñeiro no concello de Xermade; A Aldea da Bouza, lugar da parroquia de Besomaño, no concello de Ribadumia; A Aldea da Fonte, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Moraña; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Fraiás, no concello de Abadín; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Cos, no concello de Abegondo; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia das Achas, no concello da Cañiza; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Borela, no concello de Cerdedo-Cotobade; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Noceda, no concello do Incio; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Rubiás, no concello de Lugo; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Covas, no concello de Meaño; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Salgueiros, no concello de Monterroso; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Albá, no concello de Palas de Rei; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Canedo, no concello da Pobra do Brollón; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Somede, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia da Enfesta, no concello de Santiago de Compostela; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Sarria; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Ponte, no concello de Silleda; Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Trazo; A Aldea de Abaixo, lugar da parroquia de Morás, no concello de Xove; Aldea de Acá lugar da parroquia de Rebordechán no concello de Crecente; Aldea de Alá lugar da parroquia de Rebordechán no concello de Crecente; A Aldea de Atrás lugar da parroquia do Bispo no concello de Monterroso; Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Agra, no concello de Agolada; Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Beán, no concello de Ordes; Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Riobó, no concello de Rodeiro; A Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Vilamartín Pequeno, no concello de Barreiros; A Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Ludrio, no concello de Castro de Rei; A Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Fofe, no concello de Covelo; A Aldea de Baixo, lugar da parroquia de Prado de Canda, no concello de Covelo; Aldea de Deva lugar da parroquia de Pontedeva no concello de Pontedeva; A Aldea de Randufe lugar da parroquia das Achas no concello da Cañiza; Aldea de Riba, lugar da parroquia de Agra, no concello de Agolada; Aldea de Riba, lugar da parroquia de Riobó, no concello de Rodeiro; A Aldea de Riba, lugar da parroquia de Vilamartín Pequeno, no concello de Barreiros; A Aldea de Riba, lugar da parroquia de Fofe, no concello de Covelo; A Aldea de Riba, lugar da parroquia de Prado de Canda, no concello de Covelo; A Aldea de Riba, lugar da parroquia de Bascuas, no concello de Vila de Cruces; Aldea de Souto, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada; Aldea de Souto, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda; A Aldea do Medio lugar da parroquia de Cea no concello de Vilagarcía de Arousa; Aldea do Monte, lugar da parroquia de Lois, no concello de Ribadumia; A Aldea do Monte, lugar da parroquia de Ventosa, no concello de Agolada; Aldea do Muíño, lugar da parroquia de Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga; A Aldea do Muíño, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Sobrado; Aldea Ferreiro, lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo no concello da Bola; Aldea Grande, lugar da parroquia de Saídres, no concello de Silleda; Aldea Grande de Lousame, lugar da parroquia de Lousame, no concello de Lousame; A Aldea Grande, lugar da parroquia de Aguións, no concello da Estrada; A Aldea Grande, lugar da parroquia de Callobre, no concello da Estrada; A Aldea Grande, lugar da parroquia de Paradela, no concello da Estrada; A Aldea Grande, lugar da parroquia de Remesar, no concello da Estrada; A Aldea Grande, lugar da parroquia de Ribela, no concello da Estrada; Aldea Nova, lugar da parroquia de Ortoño, no concello de Ames; A Aldea Nova, lugar da parroquia de Lantaño, no concello de Portas; A Aldea Vella, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal; A Aldea Vella, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira; Chan da Aldea, lugar da parroquia da Somoza, no concello da Estrada; Chan da Aldea, lugar da parroquia de Veigue, no concello de Sada; O Chan da Aldea, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada; Cima da Aldea, lugar da parroquia de Rebordechán, no concello de Crecente; Cima da Aldea, lugar da parroquia de Barazón, no concello de Santiso; Cima da Aldea, lugar da parroquia de Castromao, no concello da Veiga; Cima da Aldea, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; Cima da Aldea, lugar da parroquia de Bodaño, no concello de Vila de Cruces; Cima da Aldea, lugar da parroquia de Ollares, no concello de Vila de Cruces; A Cima de Aldea, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Vila de Cruces; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Vizoño, no concello de Abegondo; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Mesía, no concello de Mesía; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Barbeiros, no concello de Ordes; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de San Mamede de Ferreiros, no concello do Pino; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Castromao, no concello da Veiga; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; Fondo da Aldea, lugar da parroquia de Ollares, no concello de Vila de Cruces.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".
Luis Pérez Fernández, nado en Sevilla o 26 de febreiro de 1990, máis coñecido como Alvise Pérez, defínese como un analista e consultor político español. Exerceu como asesor parlamentario e xefe de gabinete no Parlamento Valenciano para o partido Cidadáns. A súa actividade céntrase maiormente na difusión de contidos a través de Internet, concretamente por Telegram e X, os cales a miúdo son considerados como loiadas. Isto levou á suspensión indefinida da súa actividade en X. Na actualidade, presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 como cabeza de lista da agrupación de electores «Se Acabó La Fiesta», sen programa electoral, non ocultando, segundo el, que a súa primeira intención é conseguir así o aforamento dos parlamentarios ante o Tribunal Supremo para dificultar polo menos dúas causas penais que ten pendentes. A súa agrupación obtivo 3 europarlamentarios o 9 de xuño.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O Gran Premio da China de 2024 oficialmente Formula 1 Lenovo Chinese Grand Prix 2024 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 21 de abril de 2024 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un 2024, e marca a décimo sétima vez que o Gran Premio da China disputouse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1. Foi o primeiro fin de semana de Gran Premio da tempada en utilizar o formato de carreiras de sprint.
Agora Repúblicas (en catalán: Ara Repúbliques, en éuscaro: Orain Errepublikak, en castelán: Ahora Repúblicas, en aragonés: Agora Republicas, en asturiano: Agora Repúbliques, en occitano: Ara Republicas) é unha coalición electoral creada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Euskal Herria Bildu (EH Bildu) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con Oriol Junqueras como cabeza de lista. Os demais postos na candidatura repartíronse entre EH Bildu, BNG e ERC. Ademais, Andecha Astur, Puyalón de Cuchas, Alternativa Nacionalista Canaria, Congreso Nacional de Canarias e Unidad del Pueblo tamén participaron na candidatura. Esta coalición é sucesora de L'Esquerra pel Dret a Decidir e Os Pobos Deciden, formacións que participaron nas eleccións europeas de 2014.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Herdanza epixenética transxeneracional
A herdanza epixenética transxeneracional (HET) é a transmisión de marcadores epixenéticos e modificacións dunha xeración a outra durante moitas xeracións posteriores sen alterar a estrutura primaria do ADN. Deste xeito, a regulación de xenes por mecanismos epixenéticos pode herdarse; a cantidade de transcritos e proteínas producidos pode ser alterada por cambios epixenéticos herdados. Porén, para que as marcas epixenéticas sexan herdables, deben encongrarse nos gametos dos animais, pero como as plantas carecen dunha liña xerminal definitiva e poden propagarse vexetativamente, poden herdarse as marcas epixenéticas presentes en calquera tecido. É importante sinalar que a herdanza de marcas epixenéticas na xeración inmediatamente seguinte denomínase herdanza interxeneracional.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Nun inicio estaba formado por un grupo de graffiti, un de breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
A batalla dos outeiros do whisky
A batalla dos outeiros do whisky (en inglés: The Hallelujah Trail) é un filme estadounidense de 1965 dirixido e producido por John Sturges. Está protagonizado por Burt Lancaster, Lee Remick, Jim Hutton e Pamela Tiffin. Baséase na novela homónima de Bill Gulick, publicada en 1963.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A batalla esquecida (en neerlandés: De Slag om de Schelde) é un filme neerlandés de 2020 dirixido por Matthijs van Heijningen Jr. ambientado na segunda guerra mundial. A historia representa a batalla de Scheldt que se produciu en 1944, e o filme segue a un soldado neerlandés do Eixe, interpretado por Gijs Blom, un piloto británico dos Aliados, interpretado por Jamie Flatters, e unha muller da resistencia neerlandesa de Zelandia, interpretada por Susan Radder.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A lingua matsiguenga, tamén coñecida como machiguenga ou matsigenka, é unha lingua da familia arauaca falada no Perú. Pertence ao subgrupo de linguas campa e é falada por 6.200 persoas ao longo do río Manu nos departamentos de Cusco e Madre de Dios. Segundo Ethnologue, está a sufrir a presión do castelán e do quechua na rexión de Urubamba, pero é activo e saudable na rexión do Manu (a maioría dos falantes son monolingües en matsigenka).
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lynn Ann Conway, nada o 2 de xaneiro de 1938 e finada o 9 de xuño de 2024, foi unha informática, enxeñeira eléctrica e activista trans estadounidense. Conway traballou en IBM durante a década dos 60, onde inventou a xestión xeneralizada dinámica de instrucións, un avance fundamental na execución fóra de orde usado pola meirande parte de procesadores informáticos contemporáneos para mellorar a súa eficiencia. Tamén comezou a revolución en deseño de chips VLSI de Mead-Conway, referida aos microchips integrados a gran escala.
O Ferrado é un colectivo galeguista e revista cultural de publicacións periódicas centrado na sociopolítica, historia e economía de Galiza fundado no ano 2022. Os seus traballos abranguen un amplo número de temas tales como a sociolingüística, a antropoloxía, a psicoloxía social, a ciencia política, as relacións internacionais, a demografía, os estudos do territorio, o nacionalismo, o irredentismo e a historia en relación con Galiza e a lingua galega.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A lingua ashéninka (tamén escrita como ashéninca ou ashéninga) é unha lingua arauaca falada polo pobo ashéninka do Perú e do Brasil. É o nome común de varias variedades que pertencen ao subgrupo de linguas campa. Ethnologue distingue sete linguas diferentes no complexo ashéninka, mentres que Pedrós propuxo unha división en tres linguas (ashéninka, asháninka e ashé-ashá norte) baseándose no principio de intelixibilidade mutua.